Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O NOSO PROXECTO DE BOAS PRÁCTICAS

bcseoane

Created on September 19, 2024

Con este proxxecto queremos dar a coñecer o noso traballo deste curso para conquerir unha inclusión real na nosa escola.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Pastel Color Presentation

Blackboard Presentation

Higher Education Presentation

Genial Storytale Presentation

Historical Presentation

Scary Eighties Presentation

Psychedelic Presentation

Transcript

TODAS E TODOS SOMOS PEZAS IMPORTANTES

CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO- ARCADE- SOUTOMAIOR

Iniciamos proxecto, buscando a INCLUSIÓN de todas as nenas, nenos, mestres, mestras, persoal non docente, familias, etc,Convidámosvos ao baile pero ante todo convidámosvos a bailar xuntos e xuntas.

BENVIDA Á ESCOLA

PRODUTO FINAL

Título: "Todos, todas somos pezas importantes"

Índice

Obxectivos

Que fixemos?

Planing do 1º T

Planing do 2º T

Que fixemos?

TODAS, TODOS SOMOS PEZAS IMPORTANTES

No noso proxecto de boas prácticas en inclusión, empregaremos o traballo cooperativo e DUA como medidas principais de atención á diversidade.Centrarémonos nas festas e celebracións da escola para achegar a través dos pictogramas a todas e todos as/os nenas/os do Centro. Tendo así a oportunidade de desenvolver as súas fortalezas!O obxectivo principal do proxecto é a inclusión de todo o alumnado, especialmente o de NEE a través de diferentes tarefas e actividades: as festas da escola, colaborar co comercio local e co concello, pórlle voz aos contos, sesións de contacontos feitas polo propio alumnado, etc.

OBXECTIVOS

https://www.vecteezy.com/

  • Crear iniciativas de conversación entre os nenos e nenas, para que nos sirvan de axuda a derribar barreiras entre eles e para que se coñezan mellor.
  • Fomentar a comunicación asertiva e positiva xa que é a clave para a interacción coas persoas. Eliminar a discriminación en todas as súas formas.
  • Afirmar o dereito á diversidade, non excluíndo a ninguén.
  • Promover a utilización de metodoloxías activas (traballo cooperativo e ganmificación) xa que as nenas e nenos aprenden mellor xogando e a a promoción da inclusión é outro aprendizaxe para eles e elas. Polo tanto, unha metodoloxía activa fai que se interesen máis niso que queres ensiñarlles.
  • Buscar xogos e actividades que fomenten o pensamento crítico, así como a colaboración entre eles e elas.
  • Soster o dereito de todo o alumnado a recibir información, clara e adaptada, en relación a todos os asuntos da escola.
  • Protexer os dereitos de liberdade de opinión e expresión.
  • Implementar estratexias para previr conflitos de exclusión.
  • Facilitar o paso dun nivel educativo a outro.

1º TRIMESTRE

OUTUBRO, NOVEMBRO e DECEMBRO

  • No mes de outubro escomenzamos coa unidade de investigación para 5º e 6º
“FORMAS DIVERSAS DE COMUNICARNOS” esta unidade ocupou gran parte do curso 1º e 2º trimestres.
  • Charla motivadora para iniciar o traballo na unidade de investigación.Charla por parte do Equipo de Orientación.
  • ADAPTAMOS UN CONTO SOBRE O SAMAÍN CON PICTOGRAMAS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
  • Investigamos na aula de Galego despois de presentar unha lectura motivadora sobre o autismo, buscamos os seguintes termos e fixemos tarxetas de vocabulario en genially para traballar en todas as aulas. ACEPTACIÓN, AUTISMO, COMUNIDADE ECSOLAR, TEA, TOLERANCIA, INCLUSIÓN, RESILENCIA, EMPATÍA, COLABORATIVO E COOPERATIVO
  • Colaboramos co PDI de Centro.

Escribe aquí un subtítulo

Momentos de traballo na Unidade

Traballamos en equipo, sempre, empregando estratexias DUA conseguindo así que participe todo o alumnado das aulas. O 1º paso foi traballar nunha unidade de Investigación e Coñecemento para saber máis.

Charlas motivadoras

Por parte do equipo de Orientación e coa colaboración do Concello, realizamos unha serie de charlas a cerca da inclusión e da xestión dos sentimentos cara a determinadas condutas e comportamentos, realizando xogos que fomentan a empatía e a asertividade entre o noso alumnado.

O SAMAÍN

Chegou a primeira festa significativa da escola e o alumnado de 5º e 6º decidíu adaptar a historia do Samaín de Arasaac para as nenas e nenos de Educación Infantil e 1º ciclo.En traballo colaborativo todos os equipos prepararon a adaptación a pictogramas co pictotraductor e cos pictos de "Arasaac" Na festa do Magosto, as nenas e nenos de 6º exerceron de guías das nenas e nenos máis pequenos/as da escola para participar nos xogos populares.

Colaboramos co PDI do Centro

Colaboramos en todas as actividades que nos pediron dende o Equipo de biblioteca. Preparando con pictogramas os anuncios e tarefas a traballar. Podedes atopalas en: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelpadintruiteiro/?q=taxonomy/term/170&page=1 Elaboramos marcapáxinas que agasallamos a toda a Comunidade Educativa. Puxémoslle voz aos contos que se escribiron: https://www.youtube.com/watch?v=c_vkIdnWqqE E escribímolos con linguaxe inclusiva: https://view.genially.com/65c620edc684f10013ff26a2/interactive-content-duas-illas-e-unha-historia-de-corsarios-en-pictos

DICIONARIO

Investigamos na aula de Galego, despois de presentar a lectura motivadora. Buscamos os seguintes termos e fixemos tarxetas de vocabulario en Genially para traballar en todas as aulas: ACEPTACIÓN, AUTISMO, COMUNIDADE ESCOLAR, TEA, TOLERANCIA, INCLUSIÓN, RESILENCIA, EMPATÍA, COLABORATIVO E COOPERATIVO

Planing 2º Trimestre

Que fixemos?

PRODUTO FINAL

Grazas!