Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
SERES MITOLÓXICOS
maribel.friol
Created on September 18, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
seres
mitolóxicos
ÍNDICE
OS MOUROS
>
O URCO
>
A LAMIA
>
A MEIGA
>
O GATIPEDRO
>
A COCA
>
AS MOURAS
>
O TARDO
>
O NUBEIRO
>
breogan
>
OS BIOSBARDOS
>
breogán
o primeiro rei galego
Breogán é o nome dun mitico rei galaico no territoria de Galiza.Segundo algúns manuscritos, o rei Breogán construíu en A Coruña unha torre de tal altura que os seus fillos poderían ver terra verde ao lonxe. A visión desa terra levounos a viaxar a Irlanda onde un dos fillos foi asasinado. Como vinganza os fillos navegaron dende Brigantia a Irlanda e a conquistaron. Historiadores relacionan Brigantia coa cidade galaica de A coruña ou Betanzos. Breogán foi representado como o pai mitolóxico do pobo galego.
Ir ao índice
A LAMIA
dorso de muller e cola de serpe ou dragón
Como as sereas clásicas, son moi perigosas para os homes, xa que os encantan e devoran ou chupan o seu sangue. Viven en covas preto de pequenos regatos e fontes, onde aparecen pola noite como fermosas mulleres novas que lavan a roupa, fían en rocas de ouro ou se peitean o pelo mentres esperan unha vítima.
Ir ao índice
coca
dragón galego
A Coca é un dos nomes que reciben os dragóns en Galicia.Adoitan a vivir nas augas dos mares ou ríos. A máis coñecida é a de Redondela, da que conta a lenda que raptaba doncellas da comarca, ata que os veciños uníronse para dar morte a este ser.
Ir ao índice
nubeiro
xigante das tempestades
O Nubeiro é un igante morador dos aires que sae das ferrerías e cabalga as nubes dirixindo tormentas e lóstregos. Sempre vai cargado de tronos o que fai que as nubes descarguen toda a auga e sarabia que levan. Ás veces baixa á terra para ver o resultado das súas fazañas. Os nubeiros collen os lóstregos con tenaces de ferreiro e as súas pisadas, cos típocos zocos, producen tronos. Non están sempre polos aires sesón que temán andan pola terra, onde poden ser recoñecidos pola xente do campo que lles paga para evitar que a prexudiquen as tormentas. Na festa de Santa Bríxida, que se celebra o 1 de xaneiro, ao escurecer, os mozos tacaban as campás para así tratar de espantar ao nubeiro.
Ir ao índice
os mouros
habitantes das mámoas, dólmenes e castros
Os mouros aparecen nas lendas con apareiencia humana ou como xigantes, pero sempre dotados dunha forza sobrenatural. Viven debaixo da terra e nunca abandonan os seus labirintos subteráneos, onde ocultan fabulosos tesouros. Considéranse construtores dos túmulos prehistóricos, dos castros, pontes, dólmenes... Aínda que son máxicos, fan actividades propias de humanos: cociñan , lavan, van por auga, teñen cabalos, tecen, bailan, cantan e tamén gardan tesouros. Os mouros, maila o que poida parecer, nada teñen que ver coas persoas de orixe musulmán
Ir ao índice
as mouras
mulleres fermosas que se aparecen ao amencer
As mouras son mulleres moi fermosas que adoitan sorprender a unha persoa solitaria no amencer, ao pé dun río ou dunha fornte, peiteando os cabelos louros cun peite de ouro ou tecendo con fíos dourados. Cabelo, peite e fíos dourados simbolizan os raios do sol, igual que o amencer representa a liberación do sol da súa prisión nocturna. As mouras están dotadas dunha forza sobrenatural, mentres fían cunha man e mazan leita coa outra son capaces de cargar na cabeza enormes pedras. Adoitan someter aos camiñantes solitarios a algunha proba, dándolles a elixir entre dous obxectos, ou quedan co mozo ao día seguinte e,á hora da cita, no lugar da guapa moza, aparece unha ernome serpe que lle pide un bico.
Ir ao índice
A meiga
bruxas boas
As meigas son herdeiras dos antigos rituais e crenzas máxicas. Coñecen as artes ocultas, a diviñación e os ensalmos. Son tamén coñecedoras da natureza e curandeiras tradicionais ás que acuden para curar certas doenzas, tanto físicas como espirituais, como o mal de ollo
Ir ao índice
o urco
can con cornos
O Urco é un animal fantástico, unha figura mitolóxica que as lendas describen como un tipo de can negro con grandes cornos que arrastra unha grosa cadea. Contan que é un demo que absorve ánimas, sobre todo das persoas envexosas e ruíns que finxen ser boas amigas e, por trás, fan todo o mal que poden.
Ir ao índice
o gatipedro
gato cun corno
O Gatipedro é un ser mitolóxico un pouco malvado pois fai que as súas vítimas mexen na cama.Con forma de gato cun corno na cabeza, ten por costume entrar nas casas polas noites e parar nos cuartos onde hai nenos ou nenas durmindo para subir enccima do seu peito e botar auga polo corno. A persoa durmida, escoitando o pingar da fonte corno, soña que mexa e faino de verdade na cama. Segundo a tradición popular, para protexernos destas pequenas maldades do Gatipedro hai que poñer unhas areas de sal diante da porta do cuarto e a carón da fiestra, porque como camiña apoiándose nas catro patas e na lingua, cando sento o sabor do sal dá a volta e dixa aos nenos e nenas da casa en paz.
Ir ao índice
o tardo
especie de trasno
O Tardo é un trasgo pequeno de cor verdella e ollos grandes e redondos. Vai vestido con roupas vellas e un pucho vermello e leva unha espada pequena e afiada na cintura. É máis malvado que outros trasgos. Tamén é covarde e ten medo dos cans e dos gatos porque eles si que o poden ver. Aproveita a escuridade da noite para entrar nas casas, sentar sobre o peito das persoas que dormen e provocarlles dor e pesadelos. Para librarse del basta con deixar unha cunca con grans de millo ou doutro cereal. Como é moi curioso, mirará o que ten a cunca e empezará a contar os grans, pero como só sabe contar ata dez volverá a empezar unha e outra vez e así pasará a noite sen molestar, desaparecendo ao amencer.
Ir ao índice
os biosbardos
dotadores de boa sorte
Os Biosbardos son difíciles de describir. Din que son pasaros ou mozos de gran beleza, pero a ciencia certa ninguén sabe como son. Si podemos afirmar que son de hábitos nocturnos e que se retiran como moi tarde ao amencer. Tamén que viven nos montes ou camiños afastados e que se consegues facerte con un terás moita sorte toda a vida, iso si, non llo podes ensinar a ninguén senón a sorte acábase. Para cazalos hai que ir de noite a un camiño afastado ou a un monte onde non se escoita canto de galo, nin galiña, nin voces humanas, e levar un saco grande, abrilo e chamalos así: "Biosbardo ven ao fardo, que a alpabarda por ti agarda". Sentimos non poder reproducilos, pois descoñecemos como son.
Ir ao índice
sE QUERES SABER MÁS SOBRE ESTES SERES MITOLÓXICOS NON DUBIDES EN VISITAR A SENDA MITOLÓXICA DO MONTE viso EN SANTIAGO
CEP XESÚS FERRO COUSELO
Ir ao índice