Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Bloque 1. Séculos XVI e XVII

Carmen del Real

Created on September 14, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Visual Presentation

Relaxing Presentation

Transcript

Bloque 1. Séculos XVI e XVII

Historia de España

Cuestión 1. A nova monarquía dos Reis Católios

O matrimonio dos Reis Católicos supuxo unha unión dinástica, mais non política

Chegados a este punto, vamos a deternos en tres conceptos que van a ser clave de aquí en diante:

Unión dinástica

Monarquía Hispánica

Sistema Polisinodial

Castela e Aragón: diferentes modos de goberno

En Aragón, pactismo

En Castela, autoritarismo

O rei estaba sometido á autoridade das Cortes, tendo que observar as leis aprobadas por estas.

A reíña ostentaba todo o poder, estando por riba das Cortes, que eran meros órganos asesores.

Para manter dito control, Isabel reformou o Consello de Castela, dando peso á burguesía (letrados), fronte a nobreza.

Coa finalidade de aumentar a súa influencia, Fernando instaura o sistema da insaculación.

Crea as Audiencias de Galicia e Granada para apoiar á xa existente Chancelería de Valladolid na súa función de impartir xustiza.

Para combatir o peso das élites locais, instáurase a figura do correxidor, representante rexio nos concellos.

Política Interior: consolidar o poder rexio

Culminando a unificación da Península baixo unha mesma fe...

Reducindo o peso político da nobreza...

Lógrase que o Papa conceda o dereito de presentación de cargos episcopais ós monarcas.

Créase a figura do vicerrei. Este encargarase de representar ó monarca nos reinos nos que non poda estar presente.

Institúese unha Inquisición Rexia (1478) totalmente dependente da Coroa e non do Papado.

Ordenan derrubar boa parte das fortalezas da nobreza para evitar que sexan empregadas na súa contra. Ademais, expropian a todos os nobres "beltranexistas".

Apróbanse decretos de expulsión contra os xudeos (1492) e os musulmáns do Reino de Granada (1502)

Compénsase á nobreza aliada coa institución do morgado (1505).

Política Exterior: incrementar o peso internacional

Consolidar a posición internacional de Castela e Aragón...

Culminar a "Reconquista" e expandir as Coroas...

Creando un sistema de embaixadas que sentou as bases da diplomacia europea.

Buscando alianzas co resto de potencias europeas cun obxectivo claro: illar a Francia, o seu inimigo tradicional, do resto de países. Nesto tivo un papel moi importante a política matrimonial dos monarcas, que casaron ós seus fillos con príncipes de estados aliados.

Cuestión 2. A configuración do Imperio Español no s. XVI

En 1504, o pasamento de Isabel I...

Deixa como herdeira de Castela á súa filla Xoana. Esta foi declarada "tola" e invalidada no exercicio do goberno. Así pois, Fernando o Católico asume a rexencia no nome da súa filla, mais entra en conflito co esposo desta: Felipe o Fermoso, quen acaba facéndose co poder grazas ó apoio dos nobles austracistas. Malia todo, morre a finais de 1506 e Fernando volta a asumir o goberno en 1507, no que se manterá ata o seu pasamento en 1516.

A Herdanza de Carlos I ou V de Alemaña

O Imperio onde non se puña o Sol...

Carlos V: Conflitos internos

Revolta das Comunidades de Castela (1520-1522)

Levantamento protagonizado polas cidades castelás, descontentas co monarca ao considerar que as tiña legado a un segundo plano tras o seu ascenso ó trono imperial.

As Xermanías aragonesas (1520-1522)

Insurxencia contemporánea á anterior, protagonizada pola pequena burguesía e o campesiñado aragonés contra as oligarquías, a nobreza e o clero. Pretendía a democratización do acceso ós cargos municipais e melloras nos contratos de arrendamento.

Carlos V: Conflitos externos

O problema protestante: fases

1)

En 1517, Martin Lutero publicou as súa famosas 95 teses na igrexa de Wittemberg. Nelas atacaba a opulencia do papado e criticaba a política de venda de indulxencias, clamando por un saneamento da Igrexa. Na Dieta de Worms (1521), os príncipes alemáns deron seu apoio a Lutero, o cal non foi aceptado polo emperador Carlos V, defensor do ideal da monarquía católica universal. Os príncipes conforman a Liga Esmalcalda e reúnen un exército para facer fronte a Carlos, se ben este logra unha serie de vitorias, destacando a batalla de Mühlberg (1547).Pese a que o emperador logra imporse, chegase a un acordo na Paz de Augsburgo (1555), na que se fixa a tolerancia ao protestantismo e o principio de que cada príncipe terá dereito a elixir a confesión profesada polos seus súbditos (católica ou protestante). Do mesmo xeito, os súbditos terían o dereito de emigrar cara outro principado se non estaban dacordo coa viraxe relixiosa do seu gobernante.

2)

3)

4)

Carlos V: Conflitos externos

Con Francia...

Estourará un conflito polo control de Milán, sobre o que Carlos V tiña intereses para expandir os seus dominios na Península Itálica.

Co Imperio Turco...

Contenderá polas posesións aragonesas no norte de África, acosadas por piratas otománs; e mais pola espansión dos turcos cara os territorios do Sacro Imperio.

A Herdanza de Felipe II

No 1556, Carlos V abdica no seu fillo e retírase ó mosteiro de Yuste

De Carlos V, seu fillo Filipe II herdou os territorios da Coroa de Castela e Aragón, así coma Países Baixos, Luxemburgo, o Franco Condado e o Milanesado. Con todo, perdeu o control de Austria, pois a dignidade imperial pasou de Carlos a seu irmán, Fernando.

Por liña materna, Felipe II suma ás súas posesións Potugal

Herdanza castelá e aragonesa

En 1581, as Cortes de Tomar nomearon a Felipe II como rei de Portugal tras a morte de Enrique I o ano anterior. Tiña dereito ó trono por ser fillo da princesa Isabel de Portugal.

Herdanza imperial

Felipe II e a centralización administrativa

Unha das primeiras medidas de Felipe II...

Foi buscar un maior centralismo á hora de gobernar o seu territorio. Para isto, foron clave tres decisións:

Arrogarse o control total do Estado

Fixar unha capital estable en Madrid (1556)

Promover a monarquía católica universal

Felipe II: Conflitos internos

Rebelión dos mouriscos das Alpuxarras (1567)

Protesta da poboación mourisca pola intransixencia relixiosa do monarca. Rematou coa intervención militar de Xoán de Austria.Foi unha das causas nas que Felipe III se baseará á hora de promulgar o decreto de expulsión de 1609.

Rebelión dos Países Baixos (1566/1568-1648)

Conflito político e relixioso que dividiu ó país en dúas zonas: a Unión de Utrecht ó norte (protestantes) e a Unión de Arrás ó sur (católicos). A pesar de que Felipe II non recoñeceu a independencia do norte, esta estivo vixente dende 1581.

Felipe II: Conflitos externos

Rivalidade con Inglaterra (1585-1604)

Causada pola enemistade coa raíña Isabel I, quen defendeu a actividade de corsarios como Hawkins ou Drake contra barcos españois. Isto levou a Felipe II a organizar en 1588 a chamada Grande Armada (tamén coñecida como a “Armada Invencible”) para atacar Inglaterra, operación que foi un completo fracaso. Tras isto escondíase unha rivalidade entrambos monarcas, pois Felipe II estivera casado con María Tudor, irmá de Isabel I e anterior raíña de Inglaterra. A súa repentina morte hurtoulle a Felipe II o desexo de ter un herdeiro que se fixese coas posesións británicas, ademais de afastar a illa do ideal católico do monarca.

Felipe II: Conflitos externos

Con Francia

Rivalidade herdada de Carlos V a causa da conquista do Milanesado. Solvéntase na batalla de San Quintín (1557), onde Felipe consigue unha importante vitoria.

Co Imperio Turco

Felipe II logrou reunir unha gran armada integrada polos reinos cristiáns, a cal derrotará ós turcos impedindo a súa expansión polo Mediterráneo na batalla de Lepanto (1571).

Cuestión 3. A crise do século XVII

O século XVII foi unha etapa de crise xeneralizada en Europa

Nos reinos da monarquía hispánica, esta viuse agravada pola perda da hexemonía política e militar. Ademáis, os monarcas deixaron o goberno en mans de validos, secretarios persoais plenipotenciarios que miraron máis polos intereses propios que polos da Coroa.

A crise demográfica e económica

A crise económica...

A crise demográfica...

Ven parella á perda de efectivos demográficos, que implicou:

Reduciu a poboación nun millón de habitantes ó longo do s. XVII. Funamentalmente, debeuse ós seguintes factores:

  • Unha disminución da man de obra dispoñible (polo tanto, da produción), pero tamén da demanda.
  • Crisis de subsistencia provocadas polas malas colleitas.
  • Isto trouxo unha crise de prezos, aproveitada polos mercados estranxeiros para gañar forza, ao seren máis competitivos.
  • Recorrentes epidemias de peste, con especial incidencia en Castela.
  • Expulsión dos mouriscos en 1609.
  • A nobreza rendista e a escasa burguesía non inxectaba capital nos sectores clave.
  • Auxe das migracións rumbo a América.
  • Todo remata por desembocar nunha crise monetaria e financeira.
  • Continuas guerras nas que se vía implicada a Monarquía Hispánica.

As conflitividades do século XVII

A Guerra dos Trinta Anos (1618-1648)

Conflito relixioso entre católicos e protestantes que, en realidade, supuxo unha loita pola hexemonía en Europa. Remata coa firma da Paz de Westfalia (1648)

A Unión de Armas (1623)

Para resolver a crise provocada pola guerra, o valido de Felipe IV, o conde-duque de Olivares, propuxo este proxecto. Con el pretendía repartir as cargas militares e fiscais da guerra entre todos os reinos para aliviar o peso que ata o momento recaía sobre Castela. Por baixo disto buscaba transformar a estrutura tradicional da Monarquía (integrada por un conxunto de reinos con privilexios forais e un rei común) nun único Estado coas mesmas leis e institucións

As conflitividades do século XVII

A oposición á Unión de Armas foise enquistando e rematou por tomar forma de Rebelión no ano 1640 en Cataluña e Portugal...

A revolta de Cataluña

A rebelión de Portugal

As demandas da Unión de Armas e os ataques ao imperio portugués por parte de Inglaterra e Holanda, inimigos da Coroa hispánica, foron as principais causas da rebelión de 1640, que proclamou rei ao duque de Braganza co nome de Xoán IV. Para Castela era imposible defender todas as frontes que tiña abertas e reprimir as dúas revoltas; optou por recuperar Cataluña a costa da independencia de Portugal, aínda que esta non foi recoñecida ata 1668.

Estivo causada pola obriga de aloxar as tropas que loitaban na fronteira con Francia e pagar os seus gastos; as actuacións abusivas dos soldados orixinaron a sublevación dos segadors, que entraron en Barcelona e asasinaron o vicerrei no chamado Corpus de Sangue. A revolta estendeuse por todo o Principado sen que o exército real fora quen de sufocala. A Generalitat asumiu o poder e proclamou conde de Barcelona a Luís XIII de Francia, pero pronto foi evidente que o centralismo francés resultaba máis difícil de soportar que o español, de modo que Barcelona rendeuse en 1652 ante a promesa de Felipe IV de manter os privilexios forais de Cataluña.

A fin da Casa de Austria

A crise definitiva chegará durante o reinado de Carlos II, que precipitou a decadencia dos Austrias. En 1700 morre sen descendencia, deixando os reinos inmersos nun conflito sucesorio.

Cuestión 4. Economía e sociedade na Galicia dos Austrias

Nos séculos XVI e XVII, Galicia caracterizouse por...

Sociedade rural (80% da poboación)

Economía agraria de subsistencia

Pervivencia do sistema feudal

Atraso técnico

Abundancia de crises de subsistencia

Malia todo, fóronse introducindo algúns cambios...

Na artesanía e no comercio

No sistema de cultivo

No sistema de arrendamentos

Mantívose a autarquía comercial. Malia todo, Galicia destacou na:

O trigo foi substituido polo millo americano ó longo do s. XVII. Este era máis resistente ás inclemencias do tempo propias do clima oceánico (humidade, xeadas, etc.) e permitía reducir o barbeito. O resultado foi un aumento da produción e unha mellora na alimentación.

Consolídase o foro, contrato agrario de longa duración (enfitéutico) orixinario da Idade Media. Recoñecía diferentes dereitos sobre unha parcela.

  • Produción doméstica de tecidos.
  • Abastecemento de madeira para a Armada Real.
  • Exportación de viño.

A Sociedade Galega

Clero

Nobreza

Campesiñado

Cuestión 5. Conquista e Colonización de América

No 1492, Cristóbal Colón descobre América, iniciando unha serie de expedicións que viñeron seguidas dun proceso de conquista e colonización.

A administración americana

O territorio americano foi integrado dentro da Coroa de Castela. Debido á súa extensión, creáronse institucións e leis específicas para administralo:

Institucións

Lexislación

Casa de Contratación (1503) -funcións comerciais Consello de Indias (1524) -asesora en cuestións territoriais e propón candidatos a cargos do goberno colonial

Baixo o nome de Leis de Indias agrupouse toda a lexislación civil, penal, política e económica específica para América. Dentro dela destacan as Leis de Burgos (1512) e as Leis Novas (1542)

A nivel administrativo

A cuestión da escravitude

  • Correxidores
  • Gobernadores
  • Capitáns Xerais
  • Reais Audiencias
  • Vicerreis

A explotación dos recursos americanos

Un dos obxectivos da administración castelá foi explotar os recursos que ofrecía o Novo Mundo. Como a poboación nativa non podía ser escravizada, creáronse outros sistemas para obter man de obra barata:

A Encomenda

A Mita

Entrega de poboación indíxena a un conquistador ou colono, quen debía protexelos e evanxelizalos a cambio de que estes traballaran para el por un escaso salario. Complementouse coa explotación de escravos negros traídos dende África.

Sistema herdado dos incas e aplicado á explotación mineira. Os grupos de indíxenas debían rotar para traballar na mina unha parte do ano. Fundamentalmente abundaba a explotación de xacementos de prata.

Balance

Podemos afirmar que o proceso de conquista e explotación das Indias trouxo consecuencias a nivel cultural, económico, social, demográfico e político...

Negativas

Positivas

  • Ampliouse o mundo coñecido ata entón.
  • Introducíronse novos alimentos, tanto en Europa coma en América.
  • Leváronse os adiantos técnicos dende Europa cara o novo mundo.
  • Expandiuse o comercio, sendo un importante impulso para o crecemento económico.
  • Favoreceuse a mestizaxe da poboación, dando orixe ós crioulos (fillos de nativos e peninsulares).
  • A chegada de metais preciosos xerou unha revolución dos prezos na Península (inflación)
  • Evanxelizouse de xeito forzoso a miles de indíxenas.
  • Isto provocou a aculturación da poboación americana e a perda, polo tanto, dun importante patrimonio inmaterial (relixión, linguas, etc.).
  • A poboación indíxena viuse decimada ao estar sometida a duras xornadas e pola incidencia das enfermidades.
  • Expandiuse o comercio de escravos africanos.

A herdanza de Carlos V

  • De Isabel a Católica e Xoana recibiu a Coroa de Castela, as posesións americanas e algunhas prazas no norte de África, que incrementaría ao longo do seu reinado.
  • De Fernando herdou Aragón e as posesións mediterráneas (Nápoles, Sardeña e Sicilia), ademais do Rosellón e a Cerdaña.
  • Seu pai, Felipe o Fermoso, legoulle os Países Baixos, Luxemburgo e o Franco Condado, que pertenceran á súa avoa, María de Borgoña.
  • O título imperial e o trono de Austria foi a herdanza recibida do seu avó paterno, Maximiliano de Habsburgo.
Os Sefardíes

Ou xudeos españois reciben este nome xa que a Península Ibérica é referida coma "Sefarad" en hebreo. Eran unha das comunidades hebreas máis importantes de Europa. No século XV foron expulsados polos reis católicos, iniciándose unha diáspora cara distintos países nos que aínda permanecen importantes comunidades. Estas ondas migratorias seguiron nos séculos XVII e XVIII, pois moitos xudeos permaneceron en Castela e Aragón ocultando a súa relixión, pero remataron marchando ante o recrudecemento por parte da Inquisición de prácticas xudaizantes.

A resolución do conflito

Ambos levantamentos foron atallados en 1521, grazas á intervención militar liderada por Adriano de Utrecht (rexente de Castela), que venceu ós comuneiros casteláns na batalla de Villalar; mentres, en Aragón, a nobreza e o clero aliábanse para acabar co levantamento. En 1522 a situación volvía á calma. En recompensa polos seus servizos, Carlos V apoiou a súa candidatura ó Papado, ó que chegou baixo o nome de Adriano VI (1522-1523).

A figura do vicerrei

Permitiu reforzar o poder dos monarcas nos territorios afastados da Corte. O éxito da creación desta figura foi tal que, cando se conquista América, o territorio será dividido en virreinatos, administrados por vicerreis ó igual que os reinos peninsulares.

Sistema Polisinodial

Sistema de goberno da Monarquía Hispánica, caracterizado pola existencia dun Consello de Estado con autoridade sobre todos os reinos; e unha serie de Consellos particulares para cada un dos territorios ou Coroas (Consello Real de Castela, de Aragón, de Indias, de Navarra, de Italia, etc.) así coma Consellos Asesores, tamén chamados "temáticos".

Monarquía hispánica

Fai referencia a un conxunto de territorios política, económica e xuridicamente independentes que se atopan gobernados por un mesmo soberano coñecido como “rei de España”.

Para algúns historiadores comeza cos Reis Católicos. Para outros, este termo non se pode empregar ata o reinado de Carlos V (ao unir as Coroas nunha soa persoa).

Unión Dinástica

Isabel e Fernando asumen o pleno control sobre Castela e Aragón en 1479 (en Castela por ser a data na que se pon fin á Guerra de Sucesión; en Aragón, por ser o ano de finamento de Juan II). Con todo, nunca pretenderon unha unión administrativa das dúas Coroas, que permanecerán como entidades políticas ben diferenciadas. Polo tanto, falamos de Unión Dinástica; é dicir, dous monarcas gobernando conxuntamente. Mais non de unión política, pois os reinos mantéñense como unidades administrativas independentes. Seguirá a ser así cos seus descendentes.

Juan de Herrera e outros (1563-1584): Mosteiro de San Lourenzo do Escorial. El Escorial (Madrid)

A Política Matrimonial dos Reis Católicos

Tiña como obxectivo fundamental selar alianzas coas potencias europeas do momento, coa finalidade de illar a Francia. Con todo, trouxo outra vantaxe, que foi o feito de que Carlos I herdou non só as posesións peninsulares e americanas, senón tamén a dignidade de Emperador do Sacro Imperio por liña paterna. Ademais, seus fillo: Filipe II, foi rei de Portugal por liña materna e rei de Inglaterra por casamento (ata a morte da súa esposa en 1558).

O Morgado

É unha institución propia do dereito civil, creada durante o Antigo Réxime e extendida por toda Europa. A partir de que unha familia noble se adscribe ó sistema de morgado, todos os seus bens pasaban a estar vinculados ó herdeiro (varón) primoxénito. Isto implicaba que os recibía íntegramente e adquiría o compromiso de transmitilos sen mengua ós seus descendentes. Polo tanto, as propiedades só podían aumentar, mais nunca ser vendidas, xa que non pertencían ó nobre que ostentaba o título nun momento determinado, senón á familia (á súa descendencia).

Isto conlevou a creación de grandes propiedades co paso do tempo, mais trouxo o problema de que moitas familias, acosadas polas débedas, non puideron recurrir á venda dos seus bens inmobles e remataron por arruinarse.

O Himno de Cataluña

Himno composto en 1899 por Emili Guanyavents, basado nun romance popular do século XVII que conmemoraba o levantamento "dels segadors" contra a Monarquía Hispánica.

Lorem ipsum dolor sit

Cifras

A Inquisición española

Creada en 1478 mediante a bula "Exigit sincerae devotionis", tiña a particularidade de ser unha Inquisición Rexia; isto é, dependía do control da Coroa e non do Papado, sendo a única de Europa con tal privilexio. Encargouse da persecución das herexías (desviacións do dogma) e da poboación xudaizante (que difundía ou practicaba a relixión hebrea). Malia o que se soe creer, non tivo un papel moi importante na persecución da bruxería.

O Himno de Cataluña

Himno composto en 1899 por Emili Guanyavents, basado nun romance popular do século XVII que conmemoraba o levantamento "dels segadors" contra a Monarquía Hispánica.

Lorem ipsum dolor sit