Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ANPA O CASTAÑAL

CEIP PLURILINGÜE JAV

Created on August 25, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Create Your Story in Spanish

Microcourse: Key Skills for University

Microcourse: Learn Spanish

History Timeline

Education Timeline

Body Parts Game

Resource Bank

Transcript

CURSO 2025-2026

ANPA "O CASTAÑAL"

SOCIO ANPA

CONTACTO COA ANPA

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS

OUTROS SERVIZOS E ACTIVIDADES

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A ANPA O Castañal xestiona as actividades extraescolares do centro, o servizo de aula matinal, o servizo de comedor, a axenda escolar, un banco de libros complementario, carnet de socio, festas de Samaín, Nadal, entroido, fin de curso e actividades de convivencia como a Carreira en familia ou Acampada en familia,...

A ANPA está constituida por pais e nais que traballan voluntaria e desinteresadamente para tod@s.

A nosa escola é unha pequena familia, accesible, manexable, abarcable. Existen moitas formas de participación, e non todas son presenciais ou constantes. Participar un pouco cada un será un moito para todos. Necesitamos o voso apoio, a través da vosa asistencia ás reunións da ANPA, as vosas opinións e os vosos votos para levar a cabo novas iniciativas. Estas accións son a base para realizar novas propostas á Dirección do Centro.

CARNET Y CUOTA DEL ANPA

Para facer uso das actividades organizadas pola ANPA é preciso ser soci@ da ANPA , para iso hay que facer dúas cousas:

1- Ter pagada a cota anual. Esta será de 25 euros/familia e curso escolar. Débese facer o ingreso antes do 25-09-2025. Os nenos que non teñan pagada a cota da anpa non poderán facer uso das actividades extraescolares nin do comedor (exceptuando becados do concello e as familias dos nenos de 3 anos):

Ao cumplimentar o formulario de soci@ da ANPA recibiredes automáticamente un xustificante familiar que vos permitirá desfrutar de descontos en diferentes empresas coas que a anpa se puso en contacto. Este xustificante irá acompañado dun enlace ( ao final do xustificante ) cos descontos e nomes das empresas que colaboran con nos.

Nº de conta: SANTANDER: ES84 0049 0170 5422 1029 4031OLLO NON È O MESMO QUE os ANOS ANTERIORES

2- Xunto co pago da cota cubrirase o formulario de google que se adxuntará ao envío desta nota informativa para poder obter o carnet de Soci@.

CORREO ELECTRÓNICO

BLOGUE

  • https://anpajaviersensat.blogspot.com
  • anpaj.sensat@gmail.com
  • anpa.sensat.actividades@gmail.com (Soamente para actividades)

CONTACTO

  • 660 203 932 (vos devolveremos a chamada en canto poidamos)
  • No local da Anpa de 9:00 a 9:30 - 2 días á semana, que aínda están pendientes de confirmación.
  • Durante o curso enviaremos a información a través do grupo de difusión da Anpa e do blogue. Os que non queiran estar nos grupos de difusión deberán fixarse no blogue.

MADRUGADORES

COMEDOR

CAMPAMENTOS

COMEDOR

É o propio cátering ARELAS quen se encarga da xestión administrativa do comedor (inscricións, pagos, altas e baixas,...) Os interesados debederedes cubrir a ficha de inscrición e enviala por mail a calidad@arelas.es

Días por semana prezo

  • 5 - 87,50€
  • 4 - 70,00€
  • 3 - 52.50€
  • 2 - 35,00€
  • 1 - 17,50€
  • Esporádicos 6,00€/menú.

  • Esta cuota calcúlase contando todos os días lectivos e dividindo entre as dez mensualidades. Emitirase un recibo dentro dos primeiros 30 días do mes.
  • No caso de devolución do recibo, deberase aboar 5 euros en concepto de gastos de devolución.
  • No caso de non resolver o impago nos 15 días naturais dende a notificación, cursarase a baixa no servizo

Calquera cambio na asistencia debe notificarse no teléfono 986 40 81 51 ou no mail: calidad@arelas.es antes das 8.00h do mesmo día. A partires do 5º día consecutivo de ausencia farase o desconto correspondente. Na páxina web do catering (http://cateringarelas.com/) poderedes consultar os menús mensuais.

NOVIDADE COMEDOR

NOVIDADE COMEDOR

Continuamos co sistema de dous turnos de comedor como teñen moitos colexios na nosa cidade, para mellorala convivencia no mesmo.

1º Turno ( 14h - 14.45h ): Infantil, 1º e 2º de primaria2º Turno ( 14.45h - 15.30h ): 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

Para elo é necesario volver a recollida dos nen@s en un só TURNO , é dicir, recollelos entre as 15.30h - 16h da tarde, como sempre se viñera facendo ata antes da Pandemia do 2021.Esperamos que esta modificación sexa sempre para mellorar e polo ben dos nosos rapaces.

MADRUGADORES

Todol@s alumn@s que precisen estar no Centro entre as 07:45h e as 08:50h deben facer uso deste servizo por unha disposición da Xunta, polo que se acceden ao colexio antes das 8.50h deberán ter pagada a aula matinal.

Continuamos coa a xestión da aula matinal a Empresa Imaxina por razones de carga de traballo e dedicación que necesita , establécense as mesmas tres franxas horarias que tiñamos cun escaso incremento económico das mesmas.

  • De 7:45h a 8:50h: 37€/mes. (Traerían tupper de casa co almorzo)
  • De 8:00h a 8:50h: 29€/mes.
  • De 8:30h a 8:50h: 20€/mes.
  • Esporádicos a partir das 8h: 3€/día.
  • Esporádicos + tupper da casa, a partir das 7.45h: 4€/día.

SIGUIENTE PÁGINA

MADRUGADORES

  • INICIO: O primeiro día de clase, o 8 de Setembro.
  • ACCESO: Entrarase pola porta peatonal ao carón do portalón (por favor pechala o saír)
  • ENTREGA: Os rapaces terán que ser entregados de forma persoal na porta do comedor, acompañados sempre dun familiar.

Por favor, lembrade, FACER A INSCRIPCIÓN INDICADA MÁIS ABAIXO SE TEDES PENSADO FACER USO DESTE SERVIZO DE FORMA CONTINUADA E DE FORMA ESPORÁDICA TAMÉN, para poder ter os nenos controlados no listado .

Os datos de contacto da empresa Imaxina para facer uso da matinal son: Email: info@imaxina.net e whatsapp: 644 731 093 Folla de inscripción:

CAMPAMENTOS

Se houbese nenos organizánse campamentos:

  • Nadal
  • Semana Santa
  • Verán

PISTAS DE TENIS

CUMPREANOS

OUTRAS ACTIVIDADES

CUMPREANOS

HORARIOS

Está permitido a celebración de festas de cumpreanos dos alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria (ata 3º curso incluído) do Centro nas instalacións do colexio.

  • Tardes: 16:30 a 20:00
  • Mañás de días non lectivos: 10:30 a 14:00
  • Para celebrar os cumpres no cole deberedes contactar coa ANPA vía email para reservar a data e cubrir e asinar unha circular na que aparecen as normas dos cumpres e a aceptación da responsabilidade.
  • A cota é de 35,00 € e cubre a limpieza dos espazos utilizados (comedor e aseos)
  • Na Conta: ES84 0049 0170 5422 1029 4031 Indicando en concepto CUMPREANOS + NOME ALUMNO e curso

Prégase que se devolva todo o mobiliario utilizado ao seu sitio, e se deixe todo nas mellores condicións posibles, pois ao seguinte día de uso, precisan atopar todo en orde para o servizo de aula matinal.

Lembrade que non se pode facer uso do horto nin da zona das vivendas.

PISTAS DE TENIS

SOLICITUDE: Envio deste formulario ao correo electrónico da Anpa (anpaj.sensat@gmail.com ). Contestarase tras comprobar a dispoñibilidade. No caso de existir moita demanda, establecerase un máximo de dúas solicitudes ao mes por familia.

  • USO: só para fins de semana ou festivos. A solicitude será de dúas horas, dende a hora elexida no formulario.
  • CHAVES: Recolleranse no local da ANPA (luns-mércores-venres de 9h a 9.20h). Devolveranse no seguinte día lectivo no buzón da Anpa.
  • NON se pode levar animais.
  • NON se pode levar bicis, patinetes, skates..... etc

Acceso ao formulario

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Xa debestes recibir o listado e o formulario correspondente das actividades que este ano se intentarán impartir no Centro, dependerá do número de alumn@s que se anoten para que poidan funcionar todas.

As actividades escollidas este curso escolar serían:

  • Surf
  • Patinaxe
  • Inglés
  • Fútbol
  • Baloncesto
  • Acrobática
  • Tenis
  • Breakdance
  • Xadrez
  • Baile moderno
  • Taekwondo, Teatro, Pintura e manualidades, Mini-chef, Robótica.

O prazo para anotarse é ata o 11 de Setembro , iremos informando da evolucion das mesmas de cara a comenzar en Octubre con elas.

OUTRAS ACTIVIDADES

FOTOS DAS ORLAS

ENTROIDO - SAMAÍN

CARREIRA EN FAMILIA