Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

AFRONTEMOS UDC

UDC

Created on August 12, 2024

Programa de atención psicolóxica da Universidade da Coruña

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Project Roadmap Timeline

Step-by-Step Timeline: How to Develop an Idea

Artificial Intelligence History Timeline

Practical Timeline

History Timeline

Education Timeline

Timeline video mobile

Transcript

AFRON TEMOS

TRÁTASE DE ... ?

EMERXENCIA

CRISE

PODO FALAR COA PERSOA AFECTADA SEN CAER NUNHA INTROMISIÓN INDEBIDA NA SÚA PRIVACIDADE?

SI

NON

A PERSOA QUE ME PREOCUPA PÚXOSE EN CONTACTO CON AFRONTEMOS?

SI

NON

SEGUE NA MESMA SITUACIÓN

Afrontemos vai atendeLA

SI,

NON,

MELLOROU

empeorou

CONTACTA de novo

646102004

afrontemos@udc .gal

Se tes unha relación que cho permite debes xestionar moi ben a túa comunicación con esa persoa:• Debes manter a rutina habitual de comunicación con ela.• Amosa a túa preocupación, o teu interese xenuíno, pero non te alarmes nin sexas catastrofista. Non insistas demasiado, porque podes xerar máis estrés.• Infórmaa do programa Afrontemos como unha alternativa para ter en conta e ofrécete como ponte para contactar con Afrontemos se a persoa afectada non se ve capaz (ofrécete para chamar ti estando con ela, ou incluso para chamar ti da súa parte, se te autoriza, e informala despois).• Avalía ben os temores que ten para pedir axuda, que tipo de resistencia ou bloqueo lle impide facelo, que experiencias anteriores tivo de axuda (puideron ser boas ou malas).

Unha emerxencia é unha necesidade urxente e repentina, como cando un incidente pon en perigo a vida ou a integridade psicolóxica ou física da persoa afectada, ou cando se pon en risco outras persoas, cando hai violencia... Afrontemos non pode ocuparse dun caso dese tipo. Que facer? Chamar e colaborar no posible cos servizos de urxencia médica, policía ou outros dispositivos de emerxencias.

Debes manter a rutina habitual de comunicación con esa persoa, interesarte pola situación e, se che é posible, eloxiar e apoiar a súa melloría. Se falaches ti con Afrontemos para explicar a túa preocupación, deberías volver chamar para informar de que a persoa afectada está mellorando e consultar calquera dúbida que teñas sobre como axudala máis.

Debes manter, na medida do posible, a relación que tiñas con esa persoa e sobre todo non cerrarlle a porta a calquera contacto que poida ter contigo. Infórmaa do programa Afrontemos como unha alternativa para ter en conta e ofrécete como ponte para contactar con Afrontemos se a persoa afectada non se ve capaz (ofrécete para chamar ti estando con ela, ou incluso para chamar ti da súa parte, se te autoriza, e informala despois). Deberías chamar a Afrontemos (unha simple chamada telefónica) para xestionar a túa propia preocupación e recibir consello sobre como seguir e que se pode facer.

Se se puxo en contacto e ten unha cita, en Afrontemos van atender a súa problemática nas sesións de terapia ou ben, se se considera necesario, ocuparse de que contacte cun servizo especializado. Como podo axudar? Debes manter a rutina habitual de comunicación con esa persoa, interesarte polo seu proceso sen caer na intrusión e respectando súa privacidade. Podes colaborar coas persoas profesionais de Afrontemos se cho piden.

Debes manter, na medida do posible, a relación que tiñas con esa persoa e sobre todo non cerrarlle a porta a calquera contacto que poida ter contigo. Se a situación empeorou seguramente agora hai novos aspectos que poderían abrir a porta a que reciba algún tipo de axuda. Se fose necesario, volveriamos iniciar o proceso (analizando se hai unha emerxencia ou segue sendo unha crise). Deberías volver chamar a Afrontemos para xestionar a túa preocupación e ver se che poden axudar con algunha alternativa nova.

Se pensas que podería interpretalo como unha intrusión na súa privacidade deberías chamar ti a Afrontemos (unha simple chamada telefónica) para xestionar a túa propia preocupación e recibir consello sobre como seguir e que se pode facer. Podes indagar se hai persoas próximas á persoa afectada (familia, compañeiras ou amigas de moita confianza) que compartan a túa preocupación. Se existen e podes falar con elas, explícalles a túa preocupación por se poden facer algo máis. É importante que non desveles nada privado ou confidencial da persoa pola que estás preocupada/o.

Un problema psicolóxico (recente ou que leva moito tempo afectando unha persoa) pode crear unha crise porque se xera moito estrés e/ou síntomas visibles. Esta crise adoita ser difícil de resolver sen axuda profesional, pero hai tempo para afrontala e buscar axuda e solucións. Se a resposta a esta situación de estrés ou desregulación psicolóxica pode esperar varios días ou semanas sen danar ou poñer en perigo a persoa afectada ou outras persoas veciñas, podemos considerala unha crise, e non unha emerxencia. Nestes casos o programa Afrontemos pode ser de axuda.