O teu farmacéutico de atención primaria axúdache
SABES QUE INFORMACIÓN CHE MOSTRA O INFORME MÉDICO DE ALTA CANDO TE VAS DO HOSPITAL?
CLIC para obter máis información
O informe de alta é o documento que resume como foi a túa estancia no hospital. Contámosche o máis importante que tes que coñecer e entender deste informe.
CLIC para ir a outras infografías
+ info
... e para saber cal é o teu tratamento e como hai que actuar.
Que información teño nun informe de alta?
Para coñecer máis do teu estado de saúde.
Para que serve un informe de alta?
Os teus datos : é importante que revises sempre que o informe sexa o teu.
Coa información que conteñen os informes, sabemos que che pasa, que medicación tomas ou que atención sanitaria necesitas.
Motivo do teu ingreso: indica cal foi a causa pola que se decidiu que tiñas que quedar no hospital.
Os teus antecedentes: reflicte que outras enfermidades ou problemas tes de saúde.
.. pregunta se hai cambios na túa medicación!
Explicarémoschomellor!
... e se non o entendo?
Diagnóstico: é a enfermidade que te levou a ingresar no hospital nesta ocasión.
Os informes poden ser complicados. É necesario que entendas que medicamentos tes que tomar, como os debes tomar e os coidados e a dieta que tes que seguir.
Tratamento e recomendacións: sinala que medicación debes tomar, como e canto tempo, e tamén se necesitas curar feridas e/ou realizar cambios no teu estilo de vida.
Próximas citas
Ante calquera dúbida, consulta co teu farmacéutico ou con outro profesional
sanitario
Para saber máis: - A alta hospitalaria. - Alta hospitalaria. Manuel MSD.
Autores : C. Casal Llorente (CPC, SEFAP), A. Gil Valiño (CPC, SEFAP), B. Martínez Miranda (CSM, SEFAP)Revisión interna: L. Alonso Fito (CPC, SEFAP) Traducción galego: A. Gil Valiño (CPC, SEFAP) Validación da tradución ao galego: Secretaría Xeral da Lingua. Subdirección Xeral de Política Lingüística_ Xunta de Galicia.
Publicación: 12/2024. Nº 35Editado en Madrid pola Sociedade Española de Farmacéuticos de Atención Primaria (SEFAP) ISSN 2952-1734 Para realizar consultas ou para obter información sobre conflitos de intereses: pacientes@sefap.org
Atribucións de imaxes: - "Cruz hospital" by Amazona Adorada. "Home falando", " Paciente alta" e "Paciente alta urxencias" by C. Casal Llorente.
"Infografías sobre medicamentos dirixidas a pacientes e cidadanía". Máis información sobre medicamentos en www.sefap.org/ciudadania
Que debo revisar no meu informe de alta?
O informe de alta inclúe moita información necesaria para cando chegas á casa. Antes de marchares do hospital, asegúrate de que comprendes a información que che aparece no informe e que che explica cal é o teu tratamento e como o debes de tomar e tamén cales son os coidados necesarios e os cambios no estilo de vida que necesitas. Se non entendes algo, pregunta e resolve as túas dúbidas sobre: • O motivo do teu ingreso no hospital. • Se hai novos medicamentos que debes usar e como se usan. • Que medicamentos debes deixar de tomar e cales debes seguir tomando. • Os signos que poderían indicar un empeoramento do teu problema e se debes volver ao hospital ou acudir ao teu centro de saúde. • Se debes facer axustes necesarios no teu estilo de vida ou na túa dieta. • Se o hospital ten algún contacto para resolver preguntas. • Cando tes que pedir cita co teu médico de atención primaria. • En caso de que necesites revisión en atención especializada, verifica que o teu informe de alta inclúa o día e a hora para a cita en consultas externas. Se non está especificado, infórmate de se é necesario xestionala.
CLIC para ir a outras infografías
+ info
Ao facer clic no botón de "+ info", accederás a outra infografía (ou folleto) que elaboramos desde SEFAP e que conten información sobre o aspecto do que estamos falando nese punto.
Para que usan os sanitarios o meu informe de alta?
O informe de alta, ademais de facilitarche información, tamén permite a comunicación entre os distintos profesionais que te van atender: enfermeiras, médicos e farmacéuticos. Coa información que vén no informe, sabemos se necesitas algunha cura, que seguimento precisas do teu médico e que medicación tes que tomar desde agora. Permítenos conciliar o teu tratamento. Sabes o que é conciliar un tratamento?
A conciliación é un proceso polo cal o persoal sanitario se asegura de que o paciente recibe todas as medicinas que necesita. É dicir, están as medicinas novas engadidas e non están as que se suspenderon. Podo facer algo para facilitar a conciliación do meu tratamento?
Se sincero con respecto a como tomas a medicación e se por algún motivo non queres ou non podes tomala. Informa sempre sobre outros produtos ou medicamentos que compres sen receita médica. Nalgúns casos, podería ocorrer que tomes un mesmo medicamento á vez. Un medicamento pode ter distintos nomes comerciais e, polo xeral, non teñen o mesmo aspecto, polo que é fácil confundirse. Se queres saber máis sobre os conceptos básicos dos medicamentos, podes acceder a estas dúas infografías que elaboramos para ti: - COÑECES OS CONCEPTOS BÁSICOS PARA UTILIZAR BEN OS TEUS MEDICAMENTOS?- A CAIXA DUN MEDICAMENTO É MOITO MÁIS CA UN ENVASE- QUE NECESITAS SABER CANDO SE REALIZA ALGÚN CAMBIO NA TÚA MEDICACIÓN? Pregúntalle sempre ao persoal sanitaria cando teñas dúbidas ou se sospeitas que algo na túa medicación está repetido. Se sabes que na túa receita electrónica ou no teu informe de alta hai algo que está mal, avisa o teu médico. A túa receita electrónica debe coincidir co que estás a tomar.
Información sobre a elaboración/deseño da infografía:
Autores:
- Carmen Casal Llorente (Comité de Pacientes e Cidadanía, SEFAP): Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela
- Alicia Gil Valiño (Comité de Pacientes e Cidadanía, SEFAP); Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomatura de posgrao en Deseño e Estadística en Ciencias da Saúde pola Universidade Autónoma de Barcelona.
- Beatriz Martínez Miranda (Comité de Seguridade do Medicamento, SEFAP); Licenciada en Farmacia pola Universidade de Salamanca. Especialista en Farmacia Hospitalaria.
Revisión Interna:
- Luisa Alonso Fito (Comité de Pacientes e Cidadanía, Sefap). Licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid. Especialista en Farmacia Hospitalaria. Mestrado en Enfermidades Infecciosas pola Universidade Cardenal Herrera.
Bibliografía:
- Área sanitaria de A Coruña e Cee. A alta hospitalaria [Internet]. A Coruña; [citado 2024 xuñ 20]. Dispoñible en: https://xxicoruna.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?idTax=12504&idLista=8&idContido=72&migtab=72&tipo=paxtxt&idioma=ga
- Pistoria MJ. Alta Hospitalaria [Internet]. Estados Unidos: Manual MSD; 2023 [citado 2024 xuñ 20]. Dispoñible en: https://www.msdmanuals.com/es-es/hogar/temas-especiales/atenci%C3%B3n-hospitalaria/alta-hospitalaria
- Zapatero Gaviria A. Por que é importante o informe médico de alta? Rev Clin Esp. 2010;210(7):355-8.
- Orden de 6 de setembro de 1984 pola que se regula a obrigatoriedade do informe de alta. BOE [Internet]. 1984 set 14 [citado 2024 xuñ 20];221:2 p. Dispoñible en: https://www.boe.es/eli/es/o/1984/09/06/(1)
Atribución de imaxes:
- "Home falando", "Paciente alta" e "Paciente alta urxencias" by C. Casal Llorente. "Cruz médica" by Amazona Adorada.
Conflitos de intereses e ficha legal:
- Esta infografía dispón dunha ficha legal relacionada coa súa elaboración. Inclúe información ampliada sobre as fontes, atribución de imaxes, dereitos de autor, licenza de autor da infografía, conflitos de intereses dos autores e das autoras, da Sefap e das sociedades científicas colaboradoras.
- Para realizar consultas sobre estes temas escriba a: pacientes@sefap.org.
Que é un informe de alta e que requisitos ten?
Os hospitais teñen a obriga por lei de entregar un informe de alta que lles garanta aos pacientes o dereito a unha información adecuada. Este informe é un documento oficial que está escrito polo teu médico e que conta o que pasou durante a túa estancia no hospital. Debe estar escrito a máquina ou con letra claramente lexible. Permite a comunicación entre o hospital, o paciente ou a persoa coidadora e outros centros sanitarios, por exemplo o teu centro de saúde. Ten que ter polo menos a seguinte información: • Nome do hospital e unidade asistencial: enderezo e teléfono.
• Nome, apelidos e sinatura do médico responsable.
• Datos do paciente: número da historia clínica, nome e apelidos, data de nacemento, sexo e domicilio habitual.
• Datos do motivo da estancia no hospital.
• O día en que ingresas e o día en que che dan a alta.
• O motivo polo que ingresas e o motivo da alta.
• O resumo da historia clínica e da exploración física realizada.
• O diagnóstico principal, os procedementos cirúrxicos e as recomendacións terapéuticas.
Este cadro informa sobre a existencia de información ampliada na versión en liña da infografía. Concretamente, ao facer clic nos círculos "+" que hai ao longo da infografía, abrirase información ampliada do punto en concreto no que nos atopemos: explicacións, vínculos a outras fontes...
Que información teño no informe de alta?-SEFAP
Sociedad Española de
Created on July 10, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Puzzle Diagram
View
Gear Diagram
View
Square Timeline Diagram
View
Timeline Diagram
View
Timeline Diagram 3
View
Timeline Diagram 4
View
Timeline Diagram 2
Explore all templates
Transcript
O teu farmacéutico de atención primaria axúdache
SABES QUE INFORMACIÓN CHE MOSTRA O INFORME MÉDICO DE ALTA CANDO TE VAS DO HOSPITAL?
CLIC para obter máis información
O informe de alta é o documento que resume como foi a túa estancia no hospital. Contámosche o máis importante que tes que coñecer e entender deste informe.
CLIC para ir a outras infografías
+ info
... e para saber cal é o teu tratamento e como hai que actuar.
Que información teño nun informe de alta?
Para coñecer máis do teu estado de saúde.
Para que serve un informe de alta?
Os teus datos : é importante que revises sempre que o informe sexa o teu.
Coa información que conteñen os informes, sabemos que che pasa, que medicación tomas ou que atención sanitaria necesitas.
Motivo do teu ingreso: indica cal foi a causa pola que se decidiu que tiñas que quedar no hospital.
Os teus antecedentes: reflicte que outras enfermidades ou problemas tes de saúde.
.. pregunta se hai cambios na túa medicación!
Explicarémoschomellor!
... e se non o entendo?
Diagnóstico: é a enfermidade que te levou a ingresar no hospital nesta ocasión.
Os informes poden ser complicados. É necesario que entendas que medicamentos tes que tomar, como os debes tomar e os coidados e a dieta que tes que seguir.
Tratamento e recomendacións: sinala que medicación debes tomar, como e canto tempo, e tamén se necesitas curar feridas e/ou realizar cambios no teu estilo de vida.
Próximas citas
Ante calquera dúbida, consulta co teu farmacéutico ou con outro profesional sanitario
Para saber máis: - A alta hospitalaria. - Alta hospitalaria. Manuel MSD.
Autores : C. Casal Llorente (CPC, SEFAP), A. Gil Valiño (CPC, SEFAP), B. Martínez Miranda (CSM, SEFAP)Revisión interna: L. Alonso Fito (CPC, SEFAP) Traducción galego: A. Gil Valiño (CPC, SEFAP) Validación da tradución ao galego: Secretaría Xeral da Lingua. Subdirección Xeral de Política Lingüística_ Xunta de Galicia.
Publicación: 12/2024. Nº 35Editado en Madrid pola Sociedade Española de Farmacéuticos de Atención Primaria (SEFAP) ISSN 2952-1734 Para realizar consultas ou para obter información sobre conflitos de intereses: pacientes@sefap.org
Atribucións de imaxes: - "Cruz hospital" by Amazona Adorada. "Home falando", " Paciente alta" e "Paciente alta urxencias" by C. Casal Llorente.
"Infografías sobre medicamentos dirixidas a pacientes e cidadanía". Máis información sobre medicamentos en www.sefap.org/ciudadania
Que debo revisar no meu informe de alta?
O informe de alta inclúe moita información necesaria para cando chegas á casa. Antes de marchares do hospital, asegúrate de que comprendes a información que che aparece no informe e que che explica cal é o teu tratamento e como o debes de tomar e tamén cales son os coidados necesarios e os cambios no estilo de vida que necesitas. Se non entendes algo, pregunta e resolve as túas dúbidas sobre: • O motivo do teu ingreso no hospital. • Se hai novos medicamentos que debes usar e como se usan. • Que medicamentos debes deixar de tomar e cales debes seguir tomando. • Os signos que poderían indicar un empeoramento do teu problema e se debes volver ao hospital ou acudir ao teu centro de saúde. • Se debes facer axustes necesarios no teu estilo de vida ou na túa dieta. • Se o hospital ten algún contacto para resolver preguntas. • Cando tes que pedir cita co teu médico de atención primaria. • En caso de que necesites revisión en atención especializada, verifica que o teu informe de alta inclúa o día e a hora para a cita en consultas externas. Se non está especificado, infórmate de se é necesario xestionala.
CLIC para ir a outras infografías
+ info
Ao facer clic no botón de "+ info", accederás a outra infografía (ou folleto) que elaboramos desde SEFAP e que conten información sobre o aspecto do que estamos falando nese punto.
Para que usan os sanitarios o meu informe de alta?
O informe de alta, ademais de facilitarche información, tamén permite a comunicación entre os distintos profesionais que te van atender: enfermeiras, médicos e farmacéuticos. Coa información que vén no informe, sabemos se necesitas algunha cura, que seguimento precisas do teu médico e que medicación tes que tomar desde agora. Permítenos conciliar o teu tratamento. Sabes o que é conciliar un tratamento? A conciliación é un proceso polo cal o persoal sanitario se asegura de que o paciente recibe todas as medicinas que necesita. É dicir, están as medicinas novas engadidas e non están as que se suspenderon. Podo facer algo para facilitar a conciliación do meu tratamento? Se sincero con respecto a como tomas a medicación e se por algún motivo non queres ou non podes tomala. Informa sempre sobre outros produtos ou medicamentos que compres sen receita médica. Nalgúns casos, podería ocorrer que tomes un mesmo medicamento á vez. Un medicamento pode ter distintos nomes comerciais e, polo xeral, non teñen o mesmo aspecto, polo que é fácil confundirse. Se queres saber máis sobre os conceptos básicos dos medicamentos, podes acceder a estas dúas infografías que elaboramos para ti: - COÑECES OS CONCEPTOS BÁSICOS PARA UTILIZAR BEN OS TEUS MEDICAMENTOS?- A CAIXA DUN MEDICAMENTO É MOITO MÁIS CA UN ENVASE- QUE NECESITAS SABER CANDO SE REALIZA ALGÚN CAMBIO NA TÚA MEDICACIÓN? Pregúntalle sempre ao persoal sanitaria cando teñas dúbidas ou se sospeitas que algo na túa medicación está repetido. Se sabes que na túa receita electrónica ou no teu informe de alta hai algo que está mal, avisa o teu médico. A túa receita electrónica debe coincidir co que estás a tomar.
Información sobre a elaboración/deseño da infografía:
Autores:
- Carmen Casal Llorente (Comité de Pacientes e Cidadanía, SEFAP): Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela
- Alicia Gil Valiño (Comité de Pacientes e Cidadanía, SEFAP); Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomatura de posgrao en Deseño e Estadística en Ciencias da Saúde pola Universidade Autónoma de Barcelona.
- Beatriz Martínez Miranda (Comité de Seguridade do Medicamento, SEFAP); Licenciada en Farmacia pola Universidade de Salamanca. Especialista en Farmacia Hospitalaria.
Revisión Interna:- Luisa Alonso Fito (Comité de Pacientes e Cidadanía, Sefap). Licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid. Especialista en Farmacia Hospitalaria. Mestrado en Enfermidades Infecciosas pola Universidade Cardenal Herrera.
Bibliografía:- Pistoria MJ. Alta Hospitalaria [Internet]. Estados Unidos: Manual MSD; 2023 [citado 2024 xuñ 20]. Dispoñible en: https://www.msdmanuals.com/es-es/hogar/temas-especiales/atenci%C3%B3n-hospitalaria/alta-hospitalaria
- Zapatero Gaviria A. Por que é importante o informe médico de alta? Rev Clin Esp. 2010;210(7):355-8.
- Orden de 6 de setembro de 1984 pola que se regula a obrigatoriedade do informe de alta. BOE [Internet]. 1984 set 14 [citado 2024 xuñ 20];221:2 p. Dispoñible en: https://www.boe.es/eli/es/o/1984/09/06/(1)
Atribución de imaxes:- "Home falando", "Paciente alta" e "Paciente alta urxencias" by C. Casal Llorente. "Cruz médica" by Amazona Adorada.
Conflitos de intereses e ficha legal:Que é un informe de alta e que requisitos ten?
Os hospitais teñen a obriga por lei de entregar un informe de alta que lles garanta aos pacientes o dereito a unha información adecuada. Este informe é un documento oficial que está escrito polo teu médico e que conta o que pasou durante a túa estancia no hospital. Debe estar escrito a máquina ou con letra claramente lexible. Permite a comunicación entre o hospital, o paciente ou a persoa coidadora e outros centros sanitarios, por exemplo o teu centro de saúde. Ten que ter polo menos a seguinte información: • Nome do hospital e unidade asistencial: enderezo e teléfono. • Nome, apelidos e sinatura do médico responsable. • Datos do paciente: número da historia clínica, nome e apelidos, data de nacemento, sexo e domicilio habitual. • Datos do motivo da estancia no hospital. • O día en que ingresas e o día en que che dan a alta. • O motivo polo que ingresas e o motivo da alta. • O resumo da historia clínica e da exploración física realizada. • O diagnóstico principal, os procedementos cirúrxicos e as recomendacións terapéuticas.