Want to make interactive content? It’s easy in Genially!

Over 30 million people build interactive content in Genially.

Check out what others have designed:

Transcript

TEMA 1

O COMEZO DA IDADE MEDIA

Xeografía e Historia - 2º ESO

1. Crise e caída do Imperio Romano

3. As invasións xermanas e o reino suevo

4. O reino visigodo de Toledo

2. Bizancio. O Imperio romano en Oriente

5. A ruralización de Europa e o Imperio Carolinxio

INDICE

Que é a Idade Media?

Que é a Idade Media?

Chamamos Idade Media a aquel período histórico comprendido entre a caída do Imperio Romano de Occidente (476 d.C.) ao descubrimento de América polos europeos (1492)

IDADE MEDIA

Idade Antiga

Idade Moderna

476 d.C.

1492

1. Crise e caída do Imperio Romano

O Imperio Romano

Conocemos como Imperio Romano o período máis longo da civilización romana e, ao mesmo tempo, a aquel no que esta cultura alcanzou o seu maior impacto e extensión territorial.

A crise do Imperio

En torno ao s. III d.C. o Imperio Romano entrou en crise. No ano 395, o imperio foi dividido en dous para unha mellor xestión do territorio:1) Imperio Romano de Occidente, con capital en Roma.2) Imperio Romano de Oriente, con capital en Constantinopla

A caída do I. Romano de Occidente

Finalmente, no ano 476 d.C. as invasións xermanas rematan coa existencia do I. Romano de Occidente. Este territorio será ocupado por novos reinos xermánicos, mentres que o Imperio de Oriente pasará a denominarse como Imperio Bizantino.

2.O Imperio Bizantino

Constantinopla, capital de Bizancio

A capital do Imperio Bizantino era a cidade de Constantinopla. Fora fundada polo emperador Constantino no estreito do Bósforo sobre as ruínas dunha antiga colonia grega, Bizancio, e, con máis de 500.000 habitantes, converteuse na principal urbe do Mediterráneo. Logo da caída de Bizancio no 1453, mudou o seu nome polo actual: Estambul.

O reinado de Xustiniano

A época de maior esplendor do Imperio Bizantino coincidiu co reinado de Xustiniano (527-565). O seu reinado caracterizouse polo intento de recuperar as provincias perdidas tras as invasións xermanas.

O basileus concentrou todo o poder na súa figura. Recompilou as leis romanas no Código de Xustiniano e revitalizou ao Imperio Bizantino.

A arte bizantina

A arte bizantina recolle características da arte grecorromana e oriental.

Arquitectura

Emprega elementos clásicos como as columnas ou o arco para erguer enormes edificios. O máis relevante é Santa Sofía de Constantinopla.

Mosaicos

Para a decoración dos muros empregaban unha técnica romana, os mosaicos, dun colorido e riqueza de tradición oriental.

Iconos

Teñen especial importancia os iconos, imaxes relixiosas cheas de cor que acostumaban a ser pintadas sobre paneis de madeira.

Santa Sofía de Constantinopla

Ábside

Naves laterais

Cúpula

Nártex

O declive do I. Bizantino

Morto Xustiniano, Bizancio entrou nun momento de declive. Pese a que tivo unha certa recuperación na Segunda Idade de Ouro (s. IX-X), viuse moi afectado polas diferenzas relixiosas. O Imperio Bizantino caeu finalmente no ano 1453.

A mediados do s. XI produciuse o Cisma de Oriente (1054), que separaba definitivamente á Igrexa Católica e á nova Igrexa Ortodoxa.

1) Completa o seguinte texto

O Imperio Binzatino tiña a súa capital na cidade de .............................., chamada anteriormente ........................ e, na actualidade, ..................... O gobernante máis relevante do I. Bizantino foi un basileus chamado ........................ que, xunto á súa muller ........................., trataron de reconquistar os antigos territorios do Imperio Romano de Occidente. A arte bizantina tamén é moi particular. Os gobernantes acostumaban a ser retratados nos ................................., con grande colorido e riqueza, mentre sque as imaxes relixiosas correspondían aos ........................... No campo da arquitectura, o edificio máis relevante foi ............................................................, caracterizado pola súa gran ........................ Finalmente, o Imperio Bizantino rematou no ano .............. tras a súa conquista por parte dos otománs.

1453

iconos

Santa Sofía de Constantinopla

Xustiniano

Estambul

mosaicos

Teodora

Constantinopla

Bizancio

Cúpula

3. As invasións xermanas e o reino suevo

Os pobos xermanos

Os pobos xermanos estaban asentados na fronteira norte do Imperio Romano. A comezos do s. V, os hunos, un pobo asiático dirixido por Atila, irrumpiu en Europa e obrigou aos xermanos a fuxir en masa cara os territorios imperiais.

Os reinos xermánicos

Dende finais do s. V, formáronse diversos reinos xermánicos:

  • Ostrogodos: Italia e Dalmacia.
  • Francos: Na Galia.
  • Burgundios: Leste da Galia.
  • Alamáns: Beira do río Rin.
  • Anglosaxóns: Britania
  • Suevos e Visigodos: P. Ibérica.
  • Vándalos: Norte de África.

A cultura dos xermanos

Os pobos xermánicos tiñan costumes moi diferentes ás dos romanos

Clanes familiaresEstaban organizados en clanes e os nobres escollían a un xefe militar que actuaba como rei.

AgriculturaVivían dunha economía agrícola centrada no cultivo da terra e un modo de vida rural

Valores romanosAsimilaron certas costumes romanas como o latín e remataron por aceptar o cristianismo.

O reino suevo de Galicia

A comezos do s. V os suevos, vándalos e alanos chegaron á P. Ibérica pero, tras a expulsión dos últimos polos visigodos, os suevos asentáronse en Galicia e no norte do actual Portugal. Fixeron de Braga a súa capital.

A evolución do reino suevo

Durante os 150 anos de existencia do reino suevo, este viviu nunha constante tensión. Foi dependente do reino visigodo de Toledo e, pese a vivir certa expansión pola P. Ibérica, foi conquistado polo rei visigodo Leovixildo a finais do s. VI (ano 585).

Rei suevo Ariamiro. Crónica Albeldense. s. IX

O problema relixioso

Os suevos profesaban o priscilianismo, unha variante do arrianismo. Era unha doutrina cristiá que negaba o carácter divino de Xesús.

Co fin de combater esta tendencia, a mediados do s. VI chegou a Galicia San Martiño de Dumio, que influiu na conversión dos suevos ao cristianismo no Concilio de Braga (569).

Os suevos eran un cultura agrícola que vivía da agricultura e da gandaría. Non obstante, tamén cederon ao presente un relevante legado cultural.

O legado cultural dos suevos

Ourivaría

Restos arqueolóxicos

Numismática

Moeda do rei suevo Requiario (s. V)

Anel de Teuderico (s. V)

Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos)

4. O reino visigodo de Toledo

A diferencia de suevos, vándalos e alanos, os visigodos entraron na P. Ibérica como aliados ao servizo de Roma para expulsar ao resto de pobos xermánicos.

A chegada dos visigodos

Comezado o s. VI foron expulsados da Galia por outro pobo xermano, os francos, polo que se instalaron de forma definitiva na P. Ibérica.

Os visigodos constituíronse na P. Ibérica e lograron establecer unha monarquía caracterizada por:

A organización do reino visigodo

Expansión territorial

Unificación relixiosa

Monarquía forte

Moeda do rei Leovixildo. s. VII

A comezos do s. VIII, as desputas familiares entre os nobres por ver que linaxe ocupaba o trono xeraron unha situación de inestabilidade.

A situación foi aproveitada por un exército musulmán procedente do norte de África que, no ano 711, se asenta na Península Ibérica.

A fin do reino visigodo

CULTURA RELIXIOSA

O papel dos clérigos cristiáns era moi relevante no reino visigodo, pois foron os que conservaron a cultura romana nos seus textos. Isidoro de Sevilla foi o máis destacado.

Cultura e arte visigodas

Na arquitectura destacan as pequenas igrexas de pedra, con muros grosos que, en moitas ocasións, aproveitaban pezas reutilizadas romanas. Santa Comba de Bande, en Ourense, é a máis destacada.

ARQUITECTURA VISIGODA

OURIVARÍA

Tamén destaca o traballo dos metais en pezas como a Coroa de Recesvinto.

1) Cando chegaron os visigodos á Península Ibérica? De onde proviñan? Onde situaron a súa capital?

2) Que características tiña a monarquía visigoda?

3) Por que se caracterizaban as igrexas visigodas?

5. A ruralización de Europa e o Imperio Carolinxio

Os saqueos perpetrados polos pobos xermanos provocaron que moitos habitantes das cidades tivesen que fuxir ao campo. Así, as cidades foron decaendo e a vida rural reactivouse.

Moitas persoas decidiron encomendarse a un nobre, é dicir, traballar as súas terras a cambio de protección. Polo tanto, moitos campesiños pasaron a ser servos.

A Europa rural da Alta Idade Media

Os campesiños que fuxían da cidade a vivir no campo organizábanse en aldeas. Alí estaban protexidos por un señor e traballaban a terra, coidaban de animais ou realizaban actividades artesanais. En definitiva, vivían do que cultivaban, é dicir, do autoabastecemento.

A vida nunha aldea campesiña

O reino dos francos era moi extenso. Ocupaba territorios da Galia, da P. Itálica e de Europa central e a familia real que o gobernaba eran os merovinxios.

Desta dinastía, a figura máis importante foi Carlos Martel, que logrou frear aos musulmáns en Poitiers (732).

O reino dos francos

Os descendentes de Carlos Martel foron os fundadores da dinastía carolinxia. Pipino "o Breve", primeiro, e sobre todo Carlomagno.

Carlomagno (Carlos "o grande) conquistou gran parte das terras de Europa occidental, impuxo o cristianismo aos pobos conquistados e obrigou aos bispos a xurarlle fidelidade. Por iso, no ano 800, foi coroado emperador polo papa e asentou a súa corte na cidade de Aquisgrán.

A dinastía carolinxia

Na actualidade descoñecemos como era o aspecto físico de Carlomagno, pero foi unha figura tan importante que o seu rostro foi recreado por moitos estilos artísticos ao longo da Historia.

Moeda co rostro de Carlomagno. s. VII

Como era Carlomagno?

Retrato ecuestre de Carlomagno. s. VII

Busto en ouro de Carlomagno. s. XIV

Retrato de Carlomagno no s. XIX

Durante o reinado de Carlomagno tamén se produciu un esplendor cultural. Na súa corte en Aquisgrán, o emperador quería vivir como no Imperio Romano. Creáronse escolas, volveu ensinar latín e construíronse grandes edificios.

O renacemento carolinxio

Tras a morte de Carlomagno e o reinado do seu fillo, o imperio carolinxio dividiuse entre tres dos seus descendentes:

  • Carlos "o Calvo" recibiu o reino franco occidental.
  • Lotario o reino franco central
  • Luis "o Xermánico" o reino franco oriental.

A división do imperio carolinxio

Responde ás preguntas ou elabora un texto

1) Quen eran os francos? Que territorios ocupaban?2) Quen fundou a dinastía carolinxia?3) Quen era Carlomagno? Cando foi coroado emperador?4) Onde situou a súa capital?5) Por que se caracterizou a nivel artístico?6) Que sucedeu co imperio tras a súa morte?

Comentario de mapa

ACTIVIDADE ESQUEMA VISUAL VISIGODOS CARPETA ORDENADOR

Os mosaicos e a arte bizantina

Chama

Quiz Juego de Tronos

Comenzar

Valyria

Pregunta 1/5

¿De dónde procede originalmente la familia Targaryen?

Rocadragón

Volantis

¿Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit aenean commodo ligula eget dolor aenean massa? z

Siguiente

¡Correcto!

Pregunta 2/5

Meereen

Antigua

¿Dónde recluta Daenerys su ejército de Inmaculados?

Astapor

¿Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit aenean commodo ligula eget dolor aenean massa? z

Siguiente

¡Correcto!

¿Quién jura absoluta lealtad a Catelyn Tully, prometiéndole proteger con su vida a sus hijas?

Pregunta 3/5

Bryenden Tully

Petyr Baelish

Brienne de Tarth

¿Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit aenean commodo ligula eget dolor aenean massa? z

¡Correcto!

Siguiente

Drogon, Rhaegal y Viserion

Pregunta 4/5

Drogon, Viserion y Balerion

Meraxes, Balerion y Vhagar

¿Cuál es el nombre de los dragones de Daenerys Targaryen?

¿Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit aenean commodo ligula eget dolor aenean massa? z

¡Correcto!

Siguiente

Pregunta 5/5

Daenerys Targaryen

Tyrion Lannister

¿Qué personaje afirma: "Cuando juegas al Juego de Tronos o ganas o mueres. No hay término medio"?

Cersei Lannister

¿Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit aenean commodo ligula eget dolor aenean massa? z

¡Correcto!

Siguiente

¡ENHORABUENA!

Volver a empezar

¡Error!

Vuelve a intentarlo

Actividade 3-2-1

3) Escribe tres aspectos que aprenderas sobre o Reino Suevo de Galicia2) Redacta dúas dúbidas/preguntas que aínda teñas1) Expón 1 exemplo de como o Reino Suevo está conectado a outros eventos históricos estudados neste tema.

Expansión territorial

  • Durante o reinado de Leovixildo, o reino Visigodo sufriu un proceso de expansión.

  • Expulsou aos suevos do norte e aos bizantinos do sur peninsular.

  • Freou aos francos e dominou aos pobos prerromanos cántabros e vascóns.

  • A capital estaba fixada na cidade de Toledo.

Unificación relixiosa

  • Os visigodos comezaron a mesturarse coa poboación hispanorromana.

  • No ano 587, o rei Recaredo converteuse ao cristianismo.

  • Tamén se estableceu unha lei única para todo o reino.

Mosaico de Teodora. s. VII. Igrexa de San Vital de Rávena (Italia)

Mosaico que representa a un guerreiro vándalo a cabalo. s. V

Mosaico de Xustiniano. s. VII. Igrexa de San Vital de Rávena (Italia)

Valerio e Elvira, campesiños visigodos, encoméndanse a un señor para protexerse.

De campesiños a servos

Santa Sofía de Constantinopla (s. VI) é o mellor exemplo de arquitectura bizantina

Unha monarquía forte

  • O rei era escollido polo resto da nobreza. Tratábase dunha monarquía electiva.

  • O rei estaba apoiado por un consello asesor chamado Aula Rexia.

  • Tamén dirixía os Concilios de Toledo, unha serie de asembleas civís e relixiosas.

  • Algúns dos máis relevantes foron Leovixildo, Recaredo ou Recesvinto.

Fíbula visigoda en forma de águia

Coroa de Recesvinto

Exterior

Interior

Muros grosos en pedra

Ventás moi pequenas

Columnas romanas reutilizadas

Os francos, dirixidos por Carlos Martel, vencen aos musulmáns na Batalla de Poitiers (732)