Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O libros dos paxaros

ireabalboacosta

Created on June 25, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Flow Presentation

Dynamic Visual Presentation

Pastel Color Presentation

Transcript

As nosas experiencias cos paxaros do cole

Sempre que o tempo nolo permitiu os nenos e nenas de 5 anos saimos ó xardín a observar os paxaros do cole. Como somos moi amigos das nosas árbores estivemos estudando cal preferían. Despois aprendémoslle os nomes e debuxámolos cando Luísa Villalta agasallounos coa palabra do día.

ALCIPRESTE

Coas nosas observacións soubemos que unha pomba tiña un niño no alcipreste e miramos como entraba e saía

Algunha vez mirámola cun verme no bico!!

LIQUIDÁMBAR

Tamén no liquidámbar estivemos axexando a unha pomba que descansaba nas súas pólas. Tería tamén un niño?

Chamounos a atención que non nos tiña medo e non se botaba a voar cando nos achegabamos

PRADAIRO

Os pardais e pegas ían e viñan con moito apuro. Os pardais cos seus moitos rechouchíos

Viñan dende a buganvilea da porta do comedor, ateigada deles, pousaban no teito do cole ou do comedor e voaban a fume de carozo ata o pradairo.

ACIVRO

Soubemos que o ferreiriño é un paxariño ó que lle encanta pousarse nas pólas do acivro. Ainda que non o temos no cole, gustounos presentárvolo.

CERDEIRA

Cantos merliños miramos nas mesas dese patio debaixo da cerdeira. Lembramos que cando estabamos en 3 anos puxeramos unha casiña de paxaros pendurada dela para poder alimentalos no inverno.

De certo son eles os que comen as cereixas, antes de nós poder apañalas.

TUIA

Non esquezades que temos 4 tuias no cole!!. 3 no patio de infantil e unha no patio dianteiro

Mentres estabamos no recreo os pardais e as pegas entraban e saían das tuias sen preoucparse de nós

Debuxamos e coloramos os paxaros

Estes son algúns dos debuxos. Intentamos facelo o mellor posible , pero preferimos pintalos de xeito fantasioso