Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Recomendacións lectoras para o verán

covadonga

Created on June 20, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Urban Illustrated Presentation

3D Corporate Reporting

Discover Your AI Assistant

Vision Board

SWOT Challenge: Classify Key Factors

Explainer Video: Keys to Effective Communication

Explainer Video: AI for Companies

Transcript

No alto das montañas, Coco e Ketu, dúas irmás, cachorros de panda vermello, viven baixo a protección da súa nai. Ambas prometen non afastarse e coidar a unha da outra. Pero, a medida que crecen, o desexo de explorar faise cada vez maior. Un día, Ketu emprende unha emocionante fazaña lonxe de casa e obriga a Coco a tomar unha difícil decisión. Unha aventura sobre o amor da familia e a importancia de cumprir as promesas.

Resolve os casos máis divertidos con Sher & Lock, axencia de detectives. Sergio e Lorena van á mesma clase e non se soportan. Así que cando a profe de Mates obrígalles a facer un traballo xuntos, saltan faíscas. Como pasan de ser archienemigos a crear unha axencia de detectives? É un misterio! ...

A Escola de Artefactos e Oficios acolle aos mozos máis brillantes, inventores de casas motorizadas, chapeus voadores e demais proezas. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. ...

Coñece aos Herdeiros, a última defensa contra as forzas do mal. Fai cen anos, a poderosa Organización axudou a protexer o mundo e erradicar o mal.

Guiados por Félix, cinco ratiños saen do seu tobo na procura de comida. Un a un irán atopando saborosos manxares, pero o perigo axexa... Un álbum ideal para contar cara adiante e cara atrás, que remite aos grandes temas e estruturas da tradición oral.

Desde avelaíñas a escaravellos, vermes e arañas, o mundo está cheo de bichos fascinantes! O gran libro dos bichos está cheo de datos para que os nenos empecen a explorar a ampla gama de insectos que poboan nosa Terra.

Nunca volverás mirar unha árbore cos mesmos ollos. Hai tantas árbores diferentes! Sabes cantas especies hai no noso planeta? Por que son tan importantes para o resto das especies? Como construír unha casa na súa copa? Que idade ten a árbore máis vella do mundo? ou cal é a semente máis grande que existe?

Corenta rechamantes lapelas para descubrir os misterios de como viven as avespas, as abellas, as termitas ou as formigas! A través de datos e curiosidades, o libro ofrece información moi visual, clara e atractiva sobre a súa forma de vida, alimentación, defensa e sistemas de castes nos que os animais se organizan e conviven.

Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova... Adiviñas quen é?

Cando se fala de animais prehistóricos adoitamos pensar nos dinosauros, pero naqueles tempos remotos viviron tamén moitos outros animais. Atópalos con axuda da túa lanterna.

Mus e Wagner, unha rata e un oso, atopan un robot no medio da estrada. Deciden levalo a casa e arranxalo. O seu nome é Bitmax e ten unha estraña profesión: é axudador! Xunto aos habitantes do Bosque Azul vivirán aventuras e axudarán a todo aquel que o necesite.

Emotiva, conmovedora, diferente... Invisible narra, a través dos ollos dun neno, unha historia que podería ser a de calquera de nós. Quen non desexou algunha vez ser invisible?

Nura descubriu o secreto que garda o embigo. Agora xa sabe que del sae un fío invisible que a une a todas as persoas que máis quere: a súa nai, o seu pai, os seus avós, os seus tíos, os seus curmáns, os seus amigos... Nunca máis terá medo cando non estean con ela, porque sabe que ese fío únea a eles, máis aló do tempo e do espazo, e que estarán conectados para sempre!

Un cento de ocorrentes adiviñas completan este libro. Textos sinxelos para poñer a proba a perspicacia das crianzas e enriquecer o seu vocabulario.

Que atoparías se cortases pola metade unha máquina de escribir, unha pelota de golf, unha colmea, unha máquina expendedora ou até un carrusel?

A verdadeira historia da gran viaxe de Magalhães e Elcano no século XVI, abranguendo aspectos complexos do mundo actual.

Divertida e encantadora historia, contada desde dous puntos de vista, sobre a importancia de ver o mundo de maneiras diferentes Unha nena rescata unha estraña besta dos bosques e lévaa a casa. Pero por algunha razón a pequena besta non é feliz. Perfecta para entender que hai que aceptar as diferenzas entre opinións e desexos, este álbum ilustrado presenta un único dilema e como é visto polos seus dous protagonistas. Unha lección sobre aprender a respectar a liberdade dos demais!

O maléfico doutor Malévolo transformou a Supermax, o defensor da xustiza co mellor peiteado, nunha pataca. E non só iso, senón que ameaza con transformar en pataca a todo aquel que lle leve a contra. Co que non contaba o doutor Maligno é con que Supermax, aínda que agora sexa unha pataca, non é un tubérculo calquera. É Superpataca.

No bosque hai balbordo: Grumo, o pajarito, está farto da ortografía! Cando se cruza co Lobo en calzóns, está que rabea. Por que a H é muda? Quen decide que se escribe con J ou con G? Xuntos, Grumo e Lobo empezan unha aventura tentando entender mellor as palabras que usamos para falar... que lles mete nunha chea de leas!

As súas páxinas están repletas de chistes, xogos de palabras, retos creativos, tests aloucados, curiosidades incribles e ... unha chea de pasatempos máis!

O Ourizo, o Osiño, o Coello e o Esquío son os protagonistas de sete divertidas e tenras historias que nos convidan a reflexionar sobre a importancia de compartir e de respectar os demais.

Daniel é un neno que sabe mirar doutra maneira o mundo e rir, tamén para dentro. En realidade, chámase Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, aínda que será lembrado como Castelao. Vive en Rianxo, pero vai ter que emigrar á Arxentina coa súa nai, pero antes quere debuxar todos os lugares e as persoas que coñece, para non esquecer nada. A súa amiga, Baltasara, que sabe de contos e de misterios, proponlle algo especial, algo que só el pode facer nas horas antes de marchar: quitarlle o feitizo á Dona Encantada, que se agocha na cova dos Carcamáns.

Billy vive nunha casiña a beiras dun misterioso bosque ao que a súa nai nunca lle permite ir porque está habitado por monstros terribles e bestas salvaxes. Pero un día o neno se interna no bosque e descobre un mundo marabilloso, o dos mimpins, cos que establecerá unha bonita amizade.

A Astro-Rato éntralle a morriña espacial e , para animalo, os seus compañeiros de tripulación organizanlle unha viaxe de vacacións , sen decatarse de que a súa boa intención acaba por levalos a un universo paralelo máis alá do espazo ... e do tempo !

Aventuras, ciencia e estética manga: unha serie coreana con todos os ingredientes do éxito. Que farías se os dinousaurios do museo prehistórico cobrasen vida? Ou se se achegase un tornado á túa cidade? Como sobrevivirías nunha illa deserta? Nesta serie manga, os protagonistas vivirán as aventuras máis sorprendentes e apaixonantes e descubrirán as marabillas da ciencia e a natureza.

Os castros foron as primeiras aldeas de Galicia. Fai uns tres mil anos as xeentes comezaron a construír casa circulares, con teito de palla e muros de pedra ...Primeira colección dos Bolechas sobre a historia de Galicia.

Os irmáns Wolfie e Wilfie son dous pequenos lobos que non queren dar medo, eles non queren ser salvaxes. Son educados e queren axudar aos demais. Por eses motivos a manada de lobos salvaxes e feroces métese con eles e presiónanlles para cambiar asustándolles. Cando chega a avoíña coa súa cesta chea de tortas... A manada lánzase a por elas! Será entón cando Wolfie e Wilfie saquen o seu lado máis feroz. Que ocorrerá coas tortas da avoíña? E os irmáns lobo? Serán capaces de deter á manada?

Entra no misterioso mundo dos animais máxicos con Magalina! Magalina acaba de chegar ao campamento de criptozoología para aprendelo todo sobre a súa paixón: o estudo de animais máxicos! Ademais de estudar a gorgonas, vampiros e fadas, Magalina coñecerá a novos compañeiros. Algúns se converterán nos seus amigos; outros, nos seus rivais... E quizais algún en algo máis. Cando parece que os misterios se multiplican e as vidas dos estudantes corren perigo... poderá Magalina descubrir que sucede e salvar aos seus amigos?

Na selva hai un problema grande, mooooi grande! Pero os animais teñen demasiado medo para tentar descubrir quen é o ser misterioso que os aterroriza cada día. Grazas a unha valente avespa, todo cambia inesperadamente. Unha divertida historia que nos lembra que, moitas veces, as cousas non son como pensamos…

Cereixa, unha nena de dez anos que soña con ser escritora, é a protagonista de «Os diarios de Cereixa», unha colección de cómic infantil.

As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia».

OLA! Chámome JIMMY e agora mesmo estou a vivir unha APOCALIPSE ZOMBI en grao sumo friki. Todos os adultos da miña cidade, Birriavilla, convertéronse en zombis, pero non en zombis devoracerebros como os das pelis. Estes zombis son VACAS! Das de verdade! Van por aí facendo mu e babexando a saco! E, coidado, porque se che babexan encima estás listo. Pero non listo en plan superdotado, precisamente...Por sorte, os meus amigos e eu temos un plan para salvar o mundo!

Achégase o ickabog... un monstro lendario que ameaza un reino e que poñerá a proba a valentía de dous mozos. Descobre unha aventura sumamente orixinal sobre o poder da esperanza e a amizade e o seu triunfo contra todo prognóstico, obra dunha das mellores narradoras do mundo.