Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O efecto dominó

nivecaro

Created on June 18, 2024

Explicacións de diferentes elementos a incorporar nun efecto dominó.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Pixel Challenge

Corporate Icebreaker

Retro Bits Quiz

Stopwatch Quiz

How much do you know quiz

Santa's Helpers Quiz

Festive Holiday Quiz

Transcript

EFECTO DOMINÓ

ACCIÓNS

COMEZAR

ESCALEIRAS

A diferenza na altura entre os pasos permite ao dominó caer cando unhas pezas chocan contra as outras. Vai facendo probas. Usa as pezas Kapla, pezas de dominó, caixas, cartóns ou calquera outro material que che permita facer chanzos.

ESPIRAIS

O máis importante é que TES QUE DEIXAR SUFICIENTE ESPACIO ENTRE OS CÍRCULOS. Do contrario, unha peza de dominó caída dende unha fila pode bloquear a seguinte fila e acabarse o efecto. CONSELLO: é máis sinxelo ter éxito se empezas a cadea dende o interior.

CAMIÑOS

Cada cadea pode dividirse en dúas, e, se fas isto varias veces podes terminar con varias beiras na túa cadea. Cando constrúas unha división, fíxate que as dúas pezas do dominó queden preto unha da outra para que se derruben ambas.

PONTE

Constrúe escalóns ata a altura da ponte. Asegúrate que é o suficientemente alto para que collan por debaixo as pezas do dominó. Usa os bloques de madeira para apoiar a ponte, tamén podes usar libros, caixas, regras...

REACCIÓNS RODANTES

Crea unha reacción en cadea na que, unha fileira de caídas das pezas, golpeen unha pelota facendo que rode cara abaixo e derrube unha segunda sección de pezas. Usa unha pelota lixeira. Podes usar material diverso: rampas de coches, rolos de papel...

CAMBIO DE DIRECCIÓN

Imos crear un elemento que cambie a dirección do percorrido. Precisas unha peza de madeira, un depresor, un encuadernador e dúas arandelas. Segue os pasos que se indican.

ALTURAS

Xogamos coas alturas incluíndo rampas nas caídas. Usa as Kapla, caixas, cartóns, libros... calquera elemento que vos permita darlle altura ao percorrido. Se incorporades rampas lembrade que deben ter un pouco de inclinación para favorecer que a bóla se deslice.

TÚNEIS

Para crear túneis precisamos pezas que esten ocas por dentro. Podemos usar rolos de papel hixiénico, pezas de montaxe específicas que xa traen burato ou usar as ferramentas dos Polos Creativos para crear elementos polos que pase unha bóla.

INVENTA

Crea novos modelos pero, ten en conta como deben estar colocadas as pezas para que unhas tiren coas outras.

UNE ACCIÓNS

Fai unha construción na que unas varias das accións que vimos ao longo do recurso. Ten en conta as indicacións de cada unha delas para que o teu efecto teña éxito.

EFECTO DOMINÓ

repasamos

PREGUNTA 1/10

Sempre que temos unha rampa, a bóla roda?

Si, claro.

Se ten unha lixeira pendente.

Cunha rampa de madeira si.

Ben feito!

seguinte

PREGUNTA 2/10

Para lograr que unhas pezas tiren a outras interesan as pezas máis pesadas.

Verdadeiro

Falso

Ben feito!

seguinte

PREGUNTA 3/10

Cal é unha espiral?

Espiral

Espiral

Ben feito!

seguinte

PREGUNTA 4/10

Con que elemento podemos facer un túnel?

Non se pode.

Cunha regra.

Cun rolo de papel hixiénico.

Ben feito!

seguinte

PREGUNTA 5/10

Que acción estamos usando na imaxe?

A espiral

A ponte

Bóla rodante

Ben feito!

seguinte

PREGUNTA 6/10

Pódense unir diferentes accións no mesmo percorrido?

Non é posible.

Si, as que queiras.

Depende do percorrido.

Ben feito!

seguinte

PREGUNTA 7/10

Nun mesmo percorrido non pode haber varias bólas e varios camiños á vez.

Verdadeiro

Falso

Ben feito!

seguinte

PREGUNTA 8/10

No mesmo percorrido hai varios camiños.

Hai varios camiños

Hai varios camiños

Ben FEITo!

SEGUINTE

PREGUNTA 9/10

Para facer unha espiral con éxito, o mellor é...

Comezar de fóra a dentro.

Ter moito coidado.

Comezar de dentro a fóra.

Ben feito!

seguinte

PREGUNTA 10/10

As rampas precisan sempre escaleiras para funcionar.

Si, claro.

Non

Non, necesitan outra rampa.

Ben feito!

seguinte

Proba superada!

vai ser que non!

Volve probar