Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Liña do tempo Baile Galego

Ana Loureiro

Created on June 8, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Education Timeline

Images Timeline Mobile

Sport Vibrant Timeline

Decades Infographic

Comparative Timeline

Square Timeline Diagram

Timeline Diagram

Transcript

o traballo de fran sieira a través das compañias de danza

2012

2018

2007

2021

2024

2016

DeMente con Fran Sieira

Ceibe con Fran Sieira

Entre soños con Fran Sieira

Son con Nova Galega Danza

Alén da croa con Quique Peón e cía.

Isolma con GS21

A evolución dos tratamentos ás persoas con trastornos mentais a través do baile

Danza e música tradicional para narrar as lendas das Mouras

Unha mestura da tradición galega con outras formas de expresión de referencias latinas e centroeuropeas

3 Bailadores e bailadoras, un soño do que falar e danza galega de inspiración contemporánea

Movemento e baile para afondar na relación entre a tradición e os roles de xénero

Un espectáculo para reflexionar sobre a propia creación

Entre Soños Fran Sieira

Espectáculo de danza e música tradicional galega con elementos do baile contemporáneo. Con 70 minutos de duración e un elenco de 3 bailadores e bailadoras, Fran Sieira emprega esta obra para reflexionar sobre os soños a través do movemento.

Ensaios estrea Teatro Noela/Foto: Vilarinyo Produciton

Isolma de GS21

Isolma configura a historia dun namoramento a través do traballo de 8 parellas de bailadores e 14 músicos en escena. Un proxecto co que GS21 consolidaba o seu afán por converter o baile galego en algo atemporal.

Ceibe, de Fran Sieira Danza

Ceibe constitúe unha homenaxe á forma na que hoxe en día se interpretan as foliadas. Unha forma de liberarse a través do baile onde o vestiario e os xogos de luces cobran un papel fundamental. Danza e música tradicional para afondar na relación entre os roles de xénero e a tradición e seguir contando co movemento.

Son

Nova Galega Danza

Nunha mestura entre a danza tradicional galega, o baile contemporáneo, a estlización da danza española e o flamenco, Son trata o proceso de creación e a escultura desde a estética e beleza do movemento.

DeMente Fran Sieira Danza

Nesta obra Fran Sieira emprega a danza, cun elenco xa máis nutrido de oito bailadores e bailadoras, para poñer sobre a mesa, ou o escenario, unha cuestión tan importante como a da saúde mental. Con este eixo temático, o baile emprégase para narrar a evolución históricas dos tratamentos ás persoas con algún tipo de trastorno mental. Reivindicación, arte e baile en DeMente.

Érase unha vez unha historia baseada nos relatos das lendas das Mouras. Un espectáculo no que sete bailadores e bailadoras mesturan baile tradicional galego, coa tradición oriental-tribal e a danza contemporánea. Todo isto para recrear o imaxinario popular da cultura galega.

Alén da Croa de Quique Peón e Cía