Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

EDLG 24-25

Susana Rego

Created on June 4, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Business Proposal

Essential Dossier

Essential One Pager

Akihabara Dossier

Akihabara Marketing Proposal

Akihabara One Pager

Education Dossier

Transcript

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

CRA DE CULLEREDO

CURSO 2024-2025

1º TRIMESTRE

. Adiviña que...? . Caixas Científicas

Secciones como esta te ayudarán a poner orden

Adiviña que?

Tras un proceso de recollida e selección, o EDLG creou 12 tarxetas con adiviñas impresas agrupadas por temática que rotaron polas aulas, chegando a todo o alumnado, para desenvolver a actividade ao longo de catro semanas. A solución do acertixo viña agochada detrás dunha portiña e podíase coñecer ao abrila.

Caixas científicas

En colaboración co Equipo de biblioteca, creamos as Caixas científicas. Cada caixa contén un libro de investigación, o material e as instrucións necesarias para realizar un experimento e elaborar hipósteses sobre o resultado do mesmo. En total son catro caixas que rotarán por todas as aulas durante catro semanas.

2º TRIMESTRE

. Día de Rosalía. Banco de palabras: Acrósticos

Día de Rosalía

Damos a coñecer a obra de Rosalía de Castro a través do poema número 1 de Cantares gallegos, Has de cantar. Escoitamos diferentes versións musicadas do mesmo e creamos unha rosa de agasallo para as familias, co poema no envoltorio, seguindo o noso lema ... No día de Rosalía, unha flor e unha poesía.

Banco de palabras: Acrósticos

Creamos 36 tarxetas con palabras en lingua galega para completar con elas 6 acrósticos de palabras relacionadas coa música tradicional: muiñeira, xota, maneo, ferreña, serán e foliada.

3º TRIMESTRE

.Letras galegas.Romaría das Letras galegas .Calendario escolar

Letras galegas

CANTAREIRAS, POETAS DO POBO: A partir da imaxe dunha pandeireta, cada familia recolleu e escribíu unha copla dunha peza tradicional cantada. Con todas elas faremos un libro de poesía popular e decoraremos os espazos da romaría.

MÚSICA NA LINGUA: Polo dorso da imaxe da pandeireta de cartolina, cada familia escolleu e escribiu unha palabra en galego con sonoridade musical xunto cun elemento decorativo. Para crear unha estética uniforme, achegamos a todas as familias os rotuladores correspondentes.

Letras galegas

VISITA DUNHA CANTAREIRA ÁS NOSAS ESCOLAS: A través das familias, contactamos cunha cantareira que veu ao noso cole e visitou todas as escolas ensinándonos distintos instrumentos tradicionais, cantándonos diferentes ritmos e coplas, e, respondendo a todas as dúbidas do alumnado.

Letras galegas

RECLAMO DA MOUCHA: A Moucha do Xalo fixo chegar ao alumnado unha carta pedíndolles que escriban palabras musicais en galego. Cada palabra elixida foi pegada nun tubo de cartón decorado nas aulas. Posteriormente faremos con eles os móbiles musicais o día da Romaría.

CREACIÓN DUN GENIALLY CON INFORMACIÓN E ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE AS CANTAREIRAS: Con este Genially o alumnado coñeceu ás cantareiras homenaxeadas (os seus nomes, lugares de orixe e outros datos curiosos). Ademais resolveron encrucillados e mapas interactivos online, a partir da información achegada.

Romaría das Letras Galegas

Como cada curso, o 16 de maio celebramos a Romaría das Letras Galegas, unha xornada festiva de convivencia do profesorado, alumnado e familias.

XORNADA DA MAÑÁ: Organizamos contacontos, xogos populares e baile tradicional.

MEDIODÍA: Xantar campestre e música tradicional.

Romaría das Letras Galegas

ESPECTÁCULO FIN DE FESTA: Actuación de Çé Orquestra Pantasma.

XORNADA DA TARDE: Carreira saudable. Obradoiros para o reclamo da Moucha: O Maio, cadros florais e móbiles sonoros. Chamada e baixada da Moucha.

Calendario

O EDLG deseñou un calendario escolar con imaxes e textos das pandeiretas feitas polas familias. Dito calendario levouse a unha imprenta e será un agasallo de fin de curso para todo o alumnado.

fin