Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Bravú: unha paixón que queima o peito

María Rodríguez Gómez

Created on June 4, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Higher Education Presentation

Psychedelic Presentation

Vaporwave presentation

Geniaflix Presentation

Vintage Mosaic Presentation

Modern Zen Presentation

Newspaper Presentation

Transcript

BravúUnha paixón que queima o peito

María Rodríguez Gómez

Do bravú

Resume nunha liña o contido do texto:

Fala do movemento bravú, e o que esta palabra significa, que reflexan os valores desta música que busca unha forma de manifestarse.

Fachenda:(substantivo feminino)Aprecio esaxerado que alguén ten cara a si mesmo, ás súas calidades ou aos seus intereses.

Arroutada: (substantivo feminino)Axitación súbita e violenta do ánimo durante a que un perde o control de si mesmo.

Define os termos subliñados

Heteroxeneidade:(substantivo feminino)Calidade de heteroxéneo (que está composto por elementos de distinta natureza ou moi diferentes, ou que é moi distinto das cousas do conxunto ou do grupo do que forma parte).

Cheiro:(substantivo masculino) Emanación de moléculas de substancias de certos corpos, que produce unha determinada sensación no olfacto.

Por que cres que escolleron o termo "bravú" para denominar o movemento musical?

Na miña opinión, penso que escolleron o termo bravú para designar este movemento musical debido a que o significado das palabras "bravún, bravío, bravo ou bárbaro", das que provén o nome, concorda moito co que busca o movemento bravú.Estas palabras significan "valente". Ademais, por exemplo "barbarus" provén do grego e servía para designar a aquelas persoas que non eran gregas nin falaban a lingua, a aquelas persoas diferentes. Estes termos tamén son usados para describir de maneira despectiva a aquelas persoas que teñen mal carácter. O movemento bravú coincide con estes valores, xa que buscan unha reivindicación da cultura galega, música sen ataduras e libre " o rock sen capar". O bravú intenta manifestar dunha maneira (na miña opinión) graciosa e despreocupada que non está mal ser galego, vivir en Galicia e falar galego, que é todo un orgullo e aceptalo como parte de nós, e fundamental para comprendernos mellor. Estes valores do bravú son os mesmos que os das palabras mencionadas anteriormente. Ou case os mesmos. Outra das razóns polas que penso que escolleron "bravú" en vez de "bravún" é porque "bravún" era o suxerido pola normativa e as regras, xusto o que intenta evitar o movemento. Podería ser tamén unha maneira máis para ensinar estes valores que persegue.

Como imaxinas ser un adolescente na Galiza do ano 90?

Eu imaxino a miña vida tendo lugar nos anos 90 dun xeito ben distinto, xa que a maneira na que se comporta a sociedade, a cultura, a tecnoloxía e especialmente a música cambiaron moito dende entón. Aínda que, cronolóxicamente, 34 anos supoñan un abrir e cerrar de ollos, houbo importantes cambios. Para comezar, a tecnoloxía. A miña vida sería ben diferente nos anos 90 debido a que experimentou un sorprendente desenvolvemento nestas últimas décadas. Paréceme que grandes aspectos da miña vida serían os mesmos. Para comezar, a maneira a través da cal estudo no colexio ou elaboro traballos, a comunicación cos meus compañeiros ou a sociedad, o trato recibido na escola. Inlcuso o papel da muller non sería o mesmo daquela, quizais estaba aínda moi infravalorada. Por outra parte, o diñeiro sería distinto, e consecuentemente o seu valor, todavía se estaría pagando con pesetas...

Por outra banda, a música non sería igual, estaría presenzando o nacemento da música bravú, que non contén para nada os mesmos temas que a música actual. Seguindo esta liña, a cultura e a sociedade distanciaríanse moito da actual, pola maneira na que estaba organizada a sociedade (que era moi distinta), as ideoloxías políticas, de igualdade de xénero...En conclusión, viviría dunha maneira diferente, falaría máis cos meus compañeiros, non empregaría tanto a tecnoloxía e usaría libros en papel, as miñas ideas e cultura non sería iguais e o papel que tería nesa sociedade estaría ambientado hacia outros entornos.

Documental:Galicia Bravú

Ficha técnica:

Nome: Galiza BravúDirección: Xaime Miranda, Elena Albán Lombao e Sabela Sampedro, alumnos de 4º CAV como práctica dunha asignatura (Comunicación Audiovisual). Xaime Miranda realizou outros filmes para grupos como Agoraphobia, Basanta, Heredeiros da Cruz. Ano de publicación: 14 de maio de 2016 Personaxes que participan: aparecen distintas personalidades moi importantes neste movemento: Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Richi (Rastreros), Antón Reixa (Os Resentidos), outros persoeiros de Xenreira, Ruxe Ruxe, Papaquiexos, Túzaros, Impresentables, Skornabois... Repercusións: Mostrou e lembrou á xente de hoxe en día o movemento bravú e a súa importancia nos anos 90, así como os testimonios de distintos membros de grupos bravú. Concienciou máis á xente sobre a música en galego. Duración: 19 minutos Non se atoparon críticas nin premios.

Bandas estranxeiras que serviron como referentes dos grupos bravú

Os grupos musicais estranxeiros (e algúns de España) que serviron como referentes para os grupos bravú son os seguintes:

3. Por que cres que se coñecía antes unha banda de EEUU que unha de Galicia?

Na miña opinión, é máis sinxelo que se coñeceran antes as bandas do EEUU que as que tiñamos en Galicia, debido a que elas eran moi famosas por todo o mundo, mentres que as bandas de Galicia eran a un nivel máis local, sen tanta importancia. Paréceme que este feito é debido, tal e como di o documental, á falta de comunicación interna de Galicia, é necesario que a xente teña máis coñecemento das cousas que ocorren na nosa comunidade. Ademais, en aqueles tempos, os medios de comunicación eran máis restrinxidos. Xa comentaban tamén no documental que a radio, a televisión e outros medios eran moi escasos e non retransmitían moitas produccións <<Made in Galicia>>. Do mesmo xeito, lembramos que o galego (agora pero en mair medida naquela época), o galego é unha lingua marxinada e afastada de ámbitos importantes. É unha auténtica mágoa.Así pois, todos estes factores propiciaron que non se coñecera a existenza de bandas galegas, só as do EEUU, Reino Unido, etc. Mais a día de hoxe, tamén ocorre este feito, xa que a gran maioría da poboación non coñece tantos artistas galegos ou traballos galegos coma do resto do mundo. Paréceme que é necesario concienciar máis á xente sobre a importancia da nosa cultura, de Galicia.

4. Persoeiros importantes: Manuel Rivas

Manuel Rivas é un periodista e escritor galego de Coruña, cuxas obras son principalmente na lingua galega. Ten diversos traballos, como a publicación de artigos en galego no periódico "O País", ademais de dirixir a revista galega Luzes. Recibiu diversos recoñecementos, como o premio da Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes. No movemento bravú foi clave, era unha das persoas que se atopaba no comité de redacción da revista bravú. Esta revista reinvindicou á nosa comunidade galega. Mostraba diversos artigos como a reinvindicación dunha selección galega de fútbol e outros contidos alternativos cunha mirada satírica da realidade. De feito esta revista gañou o premio da Crítica Galicia. Com o curiosidade, é membro da Real Academia Galega.

Revista bravú

4. Persoeiros importantes: Manu Chao

Manu Chao e o cantautor líder de "La Mano Muerta". Esta banda foi fundada por el en 1987 xunto cos seus amigos e mais o seu irmán Antoine Chao. Tivo un gran éxito, especialmente en Europa. Debido a que a súa familia emigrou durante os anos de Franco de España a Francia, as súas cancións son un apoyo a diversas causas sociais. Este músico francés con familia galega, compón as súas cancións en diversas linguas, entre as que se atopa o galego. Foi outra das figuras importantes do movemento bravú. Tamén foi membro do comité de redacción da revista bravú. O seu grupo musical foi un dos grupos bravús que xurdiu un Galicia.

5. Que supuxo o Xabarín Club para as bandas Bravú?

O Xabarín club permitiu dar a coñecer un piuco máis as bandas galegas, xa que permitiu apostar polo rock e estas aparecían nos programas. Este programa de TVG tiña cen mil socios, o que permitiu a importante difusión deste grupos bravús. A súa primeira emisión foi en 1994 e o seu éxito masivo ó principio debeuse ós Xabaclips, nos que tocaban grupos galrgos como Herdeiros da Cruz, Diplomáticos de Monte Alto... Tamén son moi coñecidas as Xabaxiras, que consistían en concertos con músicos do movemento bravú. Este programa buscaba a normlización da lingua galega, buscando unha consciencia ideomática na audiencia e unha dignificación da lingua galega. Mais, por outra banda, houbo certos grupos que pensaban que non era tan bo, xa que había algúns grupos con cancións en castelán que só cantaban en galego unha canción para aparecer no programa. De feito, algunhas bandas bravú acordaron non aparecer.

6. Causas da finalización do movemento bravú

Segundo o documental, algunhas das causas da finalización do movemento bravú foron as seguintes:1. As xeracións que viñeron despois do movemento bravú cargaron contra el. Existían detractores do bravú que non apoiaban ós grupos musicais deste estilo. 2. Houbo unha falta de trascendencia do movemento. Pode ser debido á falta de equilibrio do disco publicado por Xurxo Bamonde con cancións bravús, xa que a portada non representaba de todo o movemento, tiña unha gran inestabilidade... Quizais fora esa a razón pola que houba unha falta de trascendencia: a falta de organización ou as irregularidades.

Ser dun tempo e dunha terra

Canción 1: Oda ó Futbolín

Nesta canción, falan do creador do futbolín, Alejandro Campos Ramírez, que naceu en Fisterra no ano 1919. Era apodado como Alejandro Fisterre. A sñua historia é un tanto cambiante:Fixo os seus estudos en Madrid, mais como o negocio de seus pais fracasou, tivo que costear os estudos traballando como aprendiz de imprenta, bailarín de claqué, peón de albanel e dando clase a alumnado de párvulos. Neste tempo, ocorría a Guerra Civil, e por iso foi ferido. Foi trasladado ó Hospital de Montserrat, e mais tarde nas colonias de Puig. onde se namorou dunha pianista e inventou o primeiro pasapartituras que funcionaba a pedal, o cal patentou. No hospital viu que moitos nenos que perderan algunha extremidade pola guerra non podían xogaró fútbol, aínda que lles encantaba. Así pois, coa axuda do carpinteiro Francisco Javier Altuna inventou o futbolín. Mais como se atopaban na Guerra Civil, as fábricas de xoguete estaban fabricando armas e non o podían fabricar. Cando fuxiu de España a pé (tras a Guerra Civil), a través dos pirineos, perdeu a patente deste xogo debido ás dificultades da travesía e o mal tempo. Na canción fálase del e de como de importante foi sobre os comentarios nos bares (tascas).

Canción 2: Tratorada

Vídeo tratorada

A gran tratorada de Galicia ocorreu o 14 de setembro de 1990. Esta protesta realizouse como intento para evitar as multas da supertaxa. A supertaxa era unha multa que debían pagar aquelas granxas que habían excedido a producción que tras a entrada de España na UE, había imposto Europa. Isto aconteceu principalmente cos leiteiros.Este feito consistiu no bloqueo de estacións de autobuses e trens, e incluso aeroportos por 40000 tractores. o lema desta manifestación era "Queremos producir para vivir". Cidades como Lugo e Santiago foron bloqueadas. De feito, houbo algúns acontecementos un tanto violentos: como un policía que disparou a un protestante que impedía que unha muller fora trasladada ó hospital, unha das persoas da tractorada que foi atropelada por un turismo, os manifestantes e a policía enfrontáronse. Na canción este tema está moi presente apoiando esta manifestación.

Gaiteiro

1. Persoeiros coñecidos: Pucho Boedo

Pucho Boedo foi un músico galego. Era o representante da música gelega e que era un dos membros do grupo musical Los Tamara.José Puncho Boedo foi un coruñés nacido en 1928 e cunha vida marcada pola dor a causa da morte de seu pai e dun dos seus irmáns, debido a que pertencían ó CNT. Por sorte, un dos seus irmáns puido marchar a Francia e salvarse. Isto fixo que atopara refuxio na música, onde destacaba pola súa incrible voz e polo seu gran carisma. Forma parte de diversas orquetras como Os Trovadores ou Os Satélites. De maneira parelela, a banda Los Tamara, aparece no ano 1958, e, debido ó abandono da voz da banda, Prudencio Romo decide meter a Pucho Boedo. Esta banda entrera nos circuitos de actuación de Francia, suiza, Alemania e Magreb. É a MÁIS IMPORTANTE FIGURA DA MÚSICA GALEGA, debido a que creou o pop galego, ademais de que acercaba a poetas gelegos universais como Rosalía de Castro, Censo Emilio Ferreiro ou Curros Enríquez. Pola súa fama, recibiu diversos homenaxes en vida e tras a súa morte en 1986.

1. Persoeiros coñecidos: Zeca Afonso

José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos foi un cantautor portugués. Este un persoeiro moi importante, xa que se converteu nunha figura de liberación durante a súa vida, a pesar de que, durante parte da súa infancia, atoparíase baixo os coidados do seu tío, totalmente partidario da dictadura de Salazar. O Salazarismo ou Estado Novo foi a ditadura máis lonxeva do século XX en Europa Occidental. Ocorreu en Portugal e este réxime de dictadura, autoritario e corporativista estivo baixo as ordes do dictador António de Oliveira Salazar.José Afonso, tamén chamado Zeca Afonso, pasaría ser o compositor da canción protesta desta ditadura. De feito, a súa canción "Grândola, Vila Morena" converteuse no contrasinal para a Revolución dos Claveis, un golpe de estado contra a ditadura do Novo Estado. El pasou un tempo en Galicia, exiliado. Dicía que Galicia era a súa "patria espiritual". Tiña amizades en Galicia e residiu en Santiago durante un tempo. Asimesmo, defendía que o portugués e o galego eran unha soa lingua.

1. Persoeiros coñecidos: Mijaíl Bakunin

Mijaíl Bakunin (1814 - 1876) foi un Teórico político e axitador revolucionario anarquista ruso. El foi un dos pais do pensamento, sentando as bases do coñecido como anarcocolectivismo. O seu legado foi de vital importancia para o socialismo revolucionario, o ateísmo militante, o movemento obreiro, o anarcosindicalismo, os posicionamentos ético-filosóficos e críticos do autoritarismo e o poder político.El reinvindicaba o ateísmo, a abolición das clases sociais, a igualdade entre mulleres e homes, a propiedade comú da terra e as riquezas... A súa obra máis coñecida e <<Deus e o Estado>>, que, como todas as súas obras anteriores, está incompleta. Isto é debido a que Bakunin dicía que <<A miña vida é unha fragmento>>, e polo tanto, este libro tamén o é. Esta obra constitúe a máis importante do ateísmo e o movemento anarquista. Este libro foi atopado por dous amigos cercanos tras a súa morte e publicáronno como panfleto en Xinebra. Mais foi traducido a 10 linguas e tivo unha importante relevancia mundial.

Mira unha frase do seu libro

1. Persoeiros coñecidos: Arsenio Iglesias

Arsenio Iglesias, coñecido como o bruxo de Arteixo ou o zorro de Arteixo foi un futbolista e entrenador do Real Club Deportivo da Coruña. El levou ó Deportivo por vez primeira na historia ás competicións europeas, ademais de que gañou unha Copa do Rey e dous subcampaonatos da Liga. Entrenou a oito clubs e militou catro equipos, mais sepre estivo ligado ó Deportivo.É un dos técnicos que máis partidos odiciais dirixiu. Está lembrado na historia do deportivismo. El naceu na Coruña, en decembro de 1930 e morreu en 2023 padecendo párkinson.

Lverdadeiramente orgullosos desta terra. Gústalles expresar que son galegos, e non teñen vergoña diso. De feito, é unha honra. Defenden a súa lingua ante todos eses "repunantiños" que critican o galego e reinvindican a importancia deta nosa lingua.

2. Por que cres que lles chaman gaiteiros?

A gaita, podería dicirse que é un dos grandes símbolos da nosa terra, de Galicia, xa que a representa e é moi asociada connosco. Mais eu penso que lles chaman así porque vai máis aló, non é simplemente porque sexan persoas que toquen a gaita, senón que se sintan identificados e

3. Por que gaiteiros frente a toureiros?

Ser toureiro é un símbolo moi coñecido en toda España, está relacionado co San Fermín, festividade moi coñecida en toda a nación e que atrae a miles de turistas cada ano. Desta maneira, ser toureiro representa o identificarse con España e sentir gran orgullo. Mais neste caso, danlle máis importanza ó termo gaiteiro, que, como xa expliquei, representa a Galicia e á súa cultura. Na canción, opino que se lle da unha maior importancia ó gaiteiro debido a queren reinvindicar o ser gelegos frente a españois, porque normalmente están infravalorados e polo tanto queren darlle máis importancia a este termo frente ó ser toureiro, ser español.

4. Estrofa incial

Cantigas populares de Rosalía de Castro

A estrofa inicial está sacada da canción <<Aluméame>> de Amancio Prada, cantautor español cuxas cancións cancións de raíces populares (algunhas) están basadas en textos de poetas antigos e modernos como Rosalía de Castro ou Federico García Lorca.De feito, esa estrofa é de Rosalía de Castro, e forma parte das cantigas populares desta autora. De feito, ela publicou un libro, Cantares Galegos, que está inspirado nas cantigas populares galegas.

1. <<Queridiña, dame un ai,damo caladiñamente sin o saber túa nai>> 2. <<Unha abella con modo desfai o enxamio todo e si se pon de rizos fura vinte cortizos>>

Cantares Galegos

Escoita a canción de Amancio Prada

5. <<Miña nai era mulata e meu pai un sachador>>

Unha persoa mulata é aquela cuxa pel é de cor café con leite (marrón claro), polo tanto un dos seus proxenitores era unha persoa negra e o outro branca. Un sachador é un agricultor que traballa ó sol durante moitas horas, así pois, o cor da súa pel é un pouco escuro de tantas horas baixo a calor do sol. O protagonista da canción era a mezcla entre esas dúas persoas. Pertencían a unha clase obreira (o seu pai era sachador), non tiñan moito diñeiro, e polo tanto, o seu avó, da mesma clase, intentaba reinvindicar os dereitos desa clase. Expresando que non tiñan medo de falar das súas ideas, senón que debido á situación económica na que se atopaban era deplorable e apenas tiñan para comer.En conclusión, iso quería dicir que formaban parte da clase obreira.

6. Resume nunha liña o tema da canción:

É unha crítica social, expresando a situación na que se atopan as persoas da clase obreira e reinvindicando a súa honra por ser galegos.

7. Banda que máis me gustou

A canción que a min máis me gustou foi a de Os Eskornabois, xa que me gustou moito o mensaxe que intenta transmitir. O tema da canción é o seguinte: o cantante fala da falsidade da xente, que fai cousas distintas ó que di, e que incluso é capaz de vender ó seu pai por uns poucos cartos. De feito, pon o exemplo de que hai xente rica que d ter ideas radicais, pero que só busca favorecerse a sí mesmos. Expresa que como sigamos tendo esta falta de coherencia e tanta hipocreasía, a nosa sociedade vai acabar moi mal. Di que é moi perigoso. Fala de que á xente lle falta opinión propia, personalidade... Conta como a xente na nosa sociedade minte e só intenta buscar o seu propio benefizo aínda que as súas intencións parezan nobres. O egoísmo está presente dunha maneira tan granda no noso mundo que, se non facemos nada por cambiar toda esta falsidade acabaremos facendo unha desfeita. Ten que haber algunha forma de finalizar coa hipocresía. Conclúe con que a utopía ideal sería aquela na que a xente non predicaría algo non que non cree, que teña opinións propias e que sexa honesta.

Información Os Eskornabois:

Os Eskornabois foi unha das máis importantes bandas bravús que existiu en Galicia. Formouse en 1988, en Vilanova de Lourenzán, en Lugo, e desfíxose no 2000. Os seus integrantes foron Emilio López (cantante), Xan Villlamel "Torzón" (betería), Xermán Viluba "Villano" (guitarra), Iván Laxe e Carlos Sea (ambos baixos).A súa historia remóntase cando, tras o instituto, os rapaces se reunian na Casa Vella e comezaban a cantar e golpear latas de conserva e bidóns para facer música. Eles gravaban cintas na súa casa onde empregaban esas latas como percusión. De feito, no seu pobo coñecíanse como "os das latas". Mais quen lles deron o impulso definitivo foron os Diplomático de Monte Alto, en espacial Xurxo Souto, quen os animou a seguir e mostrarlles que si que podían facelo. Nas súas cancións, móstranse os posicionamentos políticos dos seus integrantes, á vez que se mezcla con isto o hip-hop e o funk. Foron referentes da música gelga do século XX. En canto a discografía, teñen "O Verme Homicida" e "Os Eskornabois", ademais de que tamén fixeron colaboración en "Unión Bravú" co tema "Nova Fifi", en "Bamban vol.2" co "Verme homicida" e en "Terra Remota" con "Planta-te".

Olla algunhas imaxes deste grupo!

Aos nosos días

Entra eiquí!!!

1. Por que cres que coñeces a tan poucos grupos galegos?

Eu coñezo moi ben o grupo das "Tanxugueiras", xa que, ademais de velas no Benidorm Fest son unha gran fan dalgunhas das súas cancións, como "Terra", "Figa", "Midas" e outras máis, xa que me parece que transmite unha mensaxe bastante profunda. Da mesma maneira, tamén coñezo a "Fillas de Cassandra", pero menos que fai pouco que as escoitei por vez primeira. Finalmente, mentres facía este traballo, teño lido sobre "Heredeiros da Crus", mais nunca escoitei ningunha canción súa.Eu creo que coñezo poucos grupos galegos porque na nosa comunidade non se valora como debería ser toda producción galega, parece irrelevante e a xente non coñece deles. Eu penso que isto debería cambiar, xa que son parte da nosa cultura, e deberíamos coñecelos e valoralos, xa que están reinvindicando a fala da nosa lingua nai. Unha maior concienciación da cultura galega nos galegos (enfádame o feito de que soe tan irónico) e urxente e de vital necesidade.

2. Mellores cancións

O terceiro posto foi complicado de adxudicar, xa que me gustaron moito os mensaxes de cancións como "A Ferro e Lume" ou a do grupo "Dios ke te Crew" . Mais finalmente o posto é para Dakidarría, xa que o mensaxe que intenta transmitir o vídeo e o que di a canción sobre a persecución da cultura galega e como nos debemos enfrenter a iso pareceume realmente estupendo.

O segundo posto é para "Fillas de Cassandra", outro dos meus grupos preferidos, xa que me gustan moitas cancións súas e paréceme que fan cousas incríbles coa voz.

O primeiro posto é para Tanxugueiras, xa que adoro os mensaxes da súa canción e un dos meus estilos preferidos é o folk galego.

PRIMEIRO POSTO

SEGUNDO POSTO

TERCEIRO POSTO

Activa o son da presentación no ligazón para mellorar a experiencia!!

TANXUGUEIRAS

FIN