Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A Idade Moderna

Aspas10

Created on May 30, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Word Search

Sorting Cards

Word Search: Corporate Culture

Corporate Escape Room: Operation Christmas

Happy Holidays Mobile Card

Christmas Magic: Discover Your Character!

Christmas Spirit Test

Transcript

1469 Casamento dos Reis Católicos.
Mario Bértolo Varela. 5º Primaria.
1492 Inicio da Idade Moderna
1492 Conquista de Granada.
1479 Aparición da 1ª Monarquía Hispánica.
1401 Renacemento
Mario Bértolo Varela. 5º Primaria.
1519 Conquista do Imperio Azteca.
1501 Barroco.
1516 Inicio da Dinastía dos Austrias.
1496 Conquista das Illas Canarias.
1512 Conquista do Reino de Navarra.
Mario Bértolo Varela. 5º Primaria.
1533 Conquista do Imperio Inca.
1557 Batalla de San Quintín.
1568 Levantamento dos Mouriscos en Granada.
1520 Rebelións no Reinado de Carlos I.
1556 Inicio Reinado de Felipe II.
Mario Bértolo Varela. 5º Primaria.
1581 Felipe II Rei de Portugal.
1598 Reinado de Felipe III.
1609 Inicio da Expulsión dos Mouriscos.
1588 Derrota da Armada Invencible.
1571 Batalla Naval de Lepanto.
Mario Bértolo Varela. 5º Primaria.
1621 Inicio do Reinado de Felipe IV.
1700 Guerra de Sucesión.
1713 Paz de Utrecht.
1665 Inicio Reinado de Carlos II.
1618 Inicio Guerra dos 30 Anos.
Mario Bértolo Varela. 5º Primaria.
1746 Reinado de Fernando VI.
1789 Fin da Idade Moderna.
1788 Inicio Reinado de Carlos IV.
1759 Reinado de Carlos III.
1714 Paz de Rastatt.

No 1482 iniciouse a Guerra de Granada, que rematou o 2 de xaneiro de 1492 coa Conquista da cidade de Granada. Este fito marcou o final da Reconquista da Península Ibérica por parte dos Reinos Cristiáns.

O 24 de xullo, as tropas do Duque de Alba asentáronse nas portas da cidade de Navarra. A Capital negociou a súa rendición e firmou unhas capitulacións honrosas polas que preservaron os seus privilexios. Ó outro día, o Duque entrou na cidade.

Chegou ó Trono porque era o 1º fillo que tivo Felipe V coa súa 2ª muller e porque o seu antecesor, e medio irmán, Fernando VI morreu sen deixar fillos. Reinou entre os anos 1759 e 1788, que foi o ano da súa morte. Neste tempo unificou numerosas leis e Institucións para todo o Reino; tentou mellorar a situación do país modernizando a economía, o exército, a agricultura e a industria; creou bibliotecas e fundou o Museo do Prado. Ademais, recuperou a Illa de Menorca para España.

Foi o último Rei que estivo ó mando durante o século XVIII. Era fillo de Carlos III e decíase del que tiña pouco caracter polo que deixou o Goberno do país nas mans do seu Ministro, Manuel Godoy. O seu Reinado estivo marcado polo estourido da Revolución Francesa ó pouco de empezar. Isto non lle impediu seguir coa liña de reformas ilustradas impulsadas tanto por el como por Godoy. A Ilustración foi un gran movemento cultural que chegou a España durante o século XVIII. Con ela queríase defender a creación dun novo mundo e dunha nova crencia baseada na Razón. Destacaron ilustrados como: Montesquieu, Voltaire ou Rousseau.

No ano 1580 ocorreu a crise de Sucesión de Portugal, que tivo como consecuencia a morte dos Reis Sebastián I de Portugal e do seu sucesor Enrique I, sen deixar fillos. Felipe II aproveitouse da situación, amparouse nos seus dereitos de sucesión á Coroa Portuguesa e invadiu o país veciño coas súas tropas militares. O exército español gañoulle ó portugués na Batalla de Alcántara e ó ano seguinte, Felipe II foi nomeado como Rei de Portugal. Empezou así un periodo no que os dous países compartiron Rei ata que, no 1640 empezou a guerra de separación de Portugal.

Durante o Reinado de Carlos I e polo descontento que había con el, tiveron lugar: 1. Levantamento das Comunidades en Castela: foi un levantamento armado que protagonizaron os chamados Comuneiros, procedentes das cidades do interior de Castela; os alzamentos de Toledo e Valladolid puxéronse á cabeza. 2. Revelión dos Xermáicos en Valencia e Mallorca: foi un conflicto que se iniciou no Reino de Valencia e despois se extendeu ó de Mallorca. Tivo lugar ó mesmo tempo que os levantamentos anteriores , pero sen haber conexión aparente. Nesta data, Carlos I xa era Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Ao longo do século XVI desenvolveuse O Renacemento, que tivo a súa orixe en Italia e estaba inspirado nas obras gregas e romanas. - Arquitectura: era un estilo que buscaba liñas rectas. - Pintura e Escultura: os renacentistas buscaban o ideal do corpo humano, a simetría, a harmonía e transmitir tranquilidade. En España destacaron dous estilos arquitectónicos: - Platetresco: con edificios moi decorados. - Herreriano: obras caracterizadas pola súa simplicidade e sobriedade. - Escultura: abondaban as tallas de madeira con debuxos relixiosos. - Pintura: os pintores italianos tiveron moita influencia.

Chegou ó Trono Felipe III (fillo de Felipe II), Reinou entre os anos 1598 e 1621 e deixou o reino nas mans dos seus validos destacando, o Duque de Lerma. O acontecemento máis destacado deste periodo foi a expulsión dos Mouriscos da Península.

Hernán Cortés, na expedición que el dirixiu ó continente americano, logrou a Conquista do Imperio Azteca e as Cidades Maias entre os anos 1519 e 1521.

Batalla que se enmarca nas Guerras Italianas entre as tropas do Imperio Español e o exército francés. As tropas francesas invadiron o Reino de Nápoles e Felipe II ordeou ás tropas imperiales, que estaban nos Países Baixos españois, invadir Francia. A Batalla saldouse cunha victoria decisiva para España.

Despois de retirarse e de cederlle o Trono o seu pai, comezou o Reinado de Felipe II, que mantivo as posesións do seu antecesor e ademais, incorporou terras de América e África. Anos máis tarde incluso se convertiu no Rei de Portugal. Durante o seu Reinado tivo que afrontar conflictos nacionais (levantamento dos Mouriscos), batallas no exterior e unha Gran Guerra.

Pasados 10 anos do casamento dos Reis Católicos, herdaron os seus Reinos e uniron as dúas Coroas nacendo así, a 1ª Monarquía Hispánica. Desde ese momento e pouco a pouco, foron aumentando o territorio con diferentes conquistas tanto dentro da Península como fóra das súas fronteiras. Incorporaron o Reino de Nápoles (Italia) e Melilla (África) grazas a unha nova política matrimonial baseada en ir casando ós seus fillos e fillas con príncipes deses Reinos extranxeiros. Baixo este Reinado partiu Colón o 3 de agosto de 1492 para descubrir América. Levaron a cabo as seguintes tarefas: - Nace a Santa Irmandade, que vixiaba as rúas e camiños. - Nomean Correxidores. Eran funcionarios que representaban ós Reis en cada municipio e encargábanse de que as Leis funcionaran ben. - Nomean Vicerreis. Persoas designadas para representar ós Reis en cada un dos seus territorios. - Aparecen os Terzos que é un exército formado por soldados de infantería, artillería e cabalería. -Crean o Santo Tribunal da Inquisición que velaba polo cumplimento dos principios e valores Cristiáns. Durante o Reinado dos Reis Católicos e a finais so século XV, tiveron lugar unha serie de acontecementos que marcaron este período e favoreceron o paso cara a Idade Moderna. - Crecemento da poboación nas cidades favorecendo que se convertesen nos lugares donde se levaban a cabo os intercambios comerciais. - Creación das Monarquías Autoritarias. - Avances científicos e técnicos (telescopio, microscopio, barómetro, termómetro) que melloraron a navegación (compás, astrolobio, mapas). -Nace o Humanismo. Francisco Petrarca (pai do movemento) cambiou a visión medieval baseada na Fe Relixiosa. Foi un movemento filosófico e cultural que priorizou a razón por enriba da Fe e interesouse polo concepto do home como centro do Universo. Destacaron: Cópernico ou Miguel Servet.

Tivo lugar na Europa Central entre os anos 1618 e 1648. Enfrontáronse Católicos contra Protestantes e estiveron implicadas a maioría das Grandes Potencias Europeas da época. España caeu derrotada perdendo os Países Baixos e outros territorios do Continente Europeo.

Chegou a España desde Gante (Bélxica) Carlos I ( pola política matrimonial que había na Península) como sucesor dos Reis Católicos e comezou así, co seu reinado, a Dinastía dos Austrias. Foi coroado no 1516 sen coñecer nin a lingua nin os costumes do país así que, non foi do gusto dos españois que se opuxeron o seu Reinado. O descontento foi a máis cando o Monarca lle deu o poder dos Cargos Públicos a extranxeiros, que subiron os impostos. Por este motivo tiveron lugar dúas Revelións que o Rei logrou superar e desde ese momento, nomeou Conselleiros españois. Durante este Reinado houbo guerras contra Francia, os turcos e os Protestantes alemáns. En 1556 decidiu retirarse.

Iníciase a Revolución Francesa, fito que marcou o fin da Idade Moderna porque se asentaron as bases da democracia moderna e abreuse un horizonte político baseado no principio da Soberanía Popular. Foi un conflicto social e político, con distintos periodos de violencia que convulsionaron a Francia do Antigo Rexime. Iniciouse coa autroplocamación do Tercer Estado como Asamblea Nacional (1789) e rematou co Golpe de Estado de Napoleón Bonaparte (1799) poñendo así fin a un proceso de 10 anos. Nese momento en Francia a corrente de pensamento era a Ilustración sendo o seu máximo representante e líder do movemento revolucionario, Robespierre. Os seus principios eran: a Razón, a Igualdade e a Liberdade.

Conxunto de Tratados asinados, no marco da Guerra de Sucesión española, polas Dinastías Borbónicas e Habsburgo. En eles púxose fin á Guerra, pero despois da súa firma continuaron as hostilidades no territorio español. O mapa político de Europa cambiou despois deste Tratado.

O 19 de outubro de 1469 tivo lugar o casamento de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón na cidade de Valladolid; foi en segredo. Este fito marcou o comezo da formación territorial de España.

O 12 de outubro de 1942, o almirante Cristovo Colón, estando ó mando das tres Carabelas que formaban a expedición, chegaron ás costas do continente americano. Esta viaxe puidose facer grazas ó apoio dos Reis Católicos. A expedición partiu do Porto de Palos (Huelva) coa idea de chegar a Asia, facendo a ruta do oeste. Esta foi a 1ª das tres viaxes que se fixeron e ó chegar, Colón pensou que ese novo territorio descuberto, era Asia. Así se creu ata que anos despois, Américo Vespuccio demostrou que non, que esas terras eran o Novo continente; nomeouno como América, na súa honra. Nesta 1ª viaxe logrouse, en moi pouco tempo, a Conquista das Illas do mar Caribe e posteriormente empezaron a explorar o Continente. As seguintes expedicións dirixíronas Hernan Cortés e Francisco Pizarro, que conquistaron cadan seu Imperio. O Descubrimento de América tivo unha serie de consecuencias: - As novas conquistas fixeron que España se convertese no Imperio máis poderoso de Europa. - O comercio mundial aumentou de xeito moi importante. - Aparición de plantas e productos que ata daquela eran descoñecidos (patacas, cacao...). -Aparición de novas enfermidades que afectarían ós nativos (fiebre amarela, varicela, tifo...) e ós españois (sífilis). - Os españois implantaron as Leis de castela, o castelán como lingua oficial e a Relixión. Esta Evanxelización foi pola forza e en moitos casos abusando do seu poder, roubándolle ós pobos conquistados o ouro que tiñan. Nesta época, a Sociedade do noso país mantívose dividida en 2 estamentos ó igual que na Idade Media. - Privilexiados: Nobreza (alta e baixa) e o Clero.Seguían sen pagar impostos, eran altos cargos no Goberno e os propietarios da maior parte das terras do territorio. - Non Privilexiados: Campesiños (algúns posuían as súas propias terras pero a maioría seguían traballando nas terras do Clero e a Nobreza), Artesáns e Comerciantes. A economía estaba baseada na agricultura pero houbo un desenvolvemento maior da Artesanía e do Comercio.

Tivo lugar entre os anos 1402 e 1492. Diferéncianse dous periodos: 1. Conquista Señorial: levada a cabo pola Nobreza e sen participación directa da Coroa. A orde de conquista foi: Lanzarote, El Hierro, Fuerteventura e La Gomera. 2. Conquista Realenga: levada a cabo directamente pola Coroa de Castela durante o Reinado dos Reis Católicos, que en parte financiaron a Conquista das Illas que faltaban: Gran Canaria, La Palma e Tenerife sendo esta, a última.

A abundante poboación Mourisca do Reino de Granada alzouse en armas para protestar contra a Pragmática Sanción de 1567 na que se limitaban as súas liberdades culturais. Trala victoria do Poder Real, os Mouriscos que sobreviviron ou ben, foron deportados a varias puntos do resto da Coroa de Castela ou ben, foron vendidos como esclavos dentro de España. Este Levantamento tamén se coñeceu cos nomes de Rebelión de las Alpujarras ou Guerra de las Alpujarras.

Neste ano chegou ó Trono Carlos II tendo só 4 anos polo que, a súa nai foi a súa Rexente ata que cumpriu a maioría de idade. Foi o último Rei do século XVII, morreu sen descendencia empezando así un periodo de inestabilidade no Trono, que desembocou nunha Guerra de Sucesión. A hexemonía conseguida durante os Reinados de Carlos I e Felipe II foi perdéndose ó longo do século XVII principalmente por: - Novo sistema comercial no que os productos se intercambiaban por ouro e plata así que, empezaron a escasear. - Crise Demográfica. A poboación diminuíu polas constantes guerras, por enfermidades como a peste e a fame (provocada polas malas colleitas). Isto provocou a miseria nas rúas e o aumento das persoas sen fogar. - Crise Económica polo aumento dos gastos para organizar o Imperio e pola necesidade de custear ós exércitos (eran derrotados con máis frecuencia) que loitaban nas continuas guerras.

Na expedición a América dirixida por Francisco Pizarro, este conseguíu a Conquista do Imperio Inca.

Comezou o Reinado de Felipe IV e reinou xunto co seu valido, o Conde Duque de Olivares. Neste periodo houbo guerra contra Francia e vivíuse o tramo máis longo da Guerra dos 30 anos, que empezara tres anos antes durante o Reinado de Felipe III.

España viuse envolta nunha gran guerra contra os Países baixos ós que apoiaban os ingleses polo que, tralo triunfo da Batalla de Lepanto e a consolidación do Poder Español en Europa, Felipe II planificou unha expedición militar marítima para invadir Inglaterra e destroar a Isabel I. O ataque foi un fracaso e a guerra durou 16 anos ata que se lle puxo fin co Tratado de 1664, favorable a España.

O Rei Felipe III ordeou a expulsión dos Mouriscos de España e levouse a cabo en varias etapas, entre os anos 1609 e 1613. Primeiro foron os do Reino de Valencia (setembro de 1609), segundo Andalucía (xaneiro de 1610), terceiros os da Coroa de Aragón (maio de 1610), cuartos Extremadura e as dúas Castelas (xullo de 1610) e por último, os do Reino de Murcia (outubro de 1610 e outubro de 1613).

Era o cuarto fillo de Felipe V coa súa primeira muller. Non era o primeiro na liña sucesoria pero chegou a Rei, pola morte prematura dos seus tres irmáns maiores.Reinou desde 1746 ata que morreu no 1759. Continuou coas reformas do seu pai e foron homes clave nestas reformas, o Marqués de la Ensenada e José Carvajal y Lancaster.

Tratado firmado en marzo de 1714 entre o Reino de Francia e o Imperio Habsburgo, poñendo fin á Guerra de Sucesión española. Este Tratado incluiuse no conxunto de Tratados de Paz de Utrecht e por isto tamén se coñecen como Tratados de Utrecht-Rastatt.

Ao longo do século XVII desenvolveuse o Barroco, que tamén tivo o seu nacemento en Italia. A diferenza do Estilo do Renacemento, usaba liñas curvas e coidaba máis os adornos das fachadas. En España tivo a mesma evolución: - Arquitectura: apareceu un Estilo Barroco característico do país chamado Churrigueresco. - Escultura: sigueuse traballando coa madeira. - Pintura: aparecen obras de temática moi diversa. Eran máis realistas e asímetricas, non había interese por facer figuras ideais, buscábase conmover ó espectador.

Despois da morte de Carlos II empezou en España a coñecida como Guerra de Sucesión entre os anos 1700 e 1713. Enfrontáronse dun lado España e Francia e do outro Austria, Gran Bretaña, as Provincias Unidas, Portugal e Saboia. No ano de inicio da guerra subíu ó Trono Felipe V, primeiro Rei Borbón, instaurando así a Dinastía dos Borbóns no noso país. Para converterse en Rei renunciou á unión dinástica de España e Francia, perdeu terras en Europa e cedeu Xibraltar e Mallorca a Gran Bretaña. Felipe V instaurou en España o que se coñeceu como Monarquía Absoluta, o Rei tiña todos os poderes do Estado. Foi o responsable de levar a cabo moitas reformas importantes coas que seguíu o seu sucesor.

Foi a maior Batalla Naval da Historia Occidental desde a Antigüidade Clásica e nela enfrontáronse a Armada Otomana contra a Coalición Católica. Esta Coalición chamábase a Liga Santa e estaba formada por: Imperio Español, Estados Pontifícios, República de Venecia, Orden de Malta, República de Genova e Ducado de Saboia. O Imperio Español e a República de Venecia eran as súas principais potencias porque Felipe II financiaba a Liga e a República de Venecia aportaba os barcos. Coa victoria da Coalición, freouse o Expansionismo Otomano no Mediterráneo Oriental.