memoria de polos creativos
ceip plurilingüe enrique barreiro piñeiro - curso 23/24
Despois de recibir o curso pasado todo o material, crear a aula de Polos Creativos, e de recibir algunha formación para aprender a empregalos , este curso decidimos que iamos comezar traballando con todos os nenos e nenas do colealgúns aspectos básicos e moi sinxelos desta nova aula. Para iso, cada mestre/-a anotouse nun ou en varios talleres que lle gustaría impartir, no que se sentira cómodo/-a e seguro. Desa lista creamos unha nova con quince talleres diferentes, cada un levado a cabo por un mestre/-a do noso centro, algúns con materiais da aula de Polos Creativos e outros con materiais que xa tiñamos no cole. Foi labor de cada mestre/-a adaptar o seu taller semanalmente á idade do alumnado que lle tocaba, xa que todos os nenos e nenas do cole pasaron por todos os talleres. Creamos grupos interciclos, mesturando aulas, e fixemos un calendario. Deste xeito, cada neno/-a sabía que taller lle tocaba cada semana e con quen. O resultado foi excelente, e a nosa idea é que o vindeiro curso cada mestre realice algún proxecto mais amplo relacionado con estes talleres cun curso en concreto. O que ven a continuación é un pequeno resumo dalgunhas das actividades que se levaron a cabo.
Talleres interciclos
CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro
Ioga
Horta
Expresión oral e corporal
Dramatización
Vida diaria
Cociña
Radio
Bricolaxe
Chapas
Xadrez
Pensamento lóxico
Manualidades
Papiroflexia e resina
Costura (e-textiles)
Impresora e lapis 3D
Legos
Espazo maker 2
Espazo maker
Plotter
Robótica
Máquinas simples
Taller de xadrez
En Infantil e 1º ciclo aprenderon a recoñecer e a colocar as pezas no taboleiro así como os seus movementos. Nos cursos 3º, 4º, 5º e 6º además diso aprenderon as regras básicas do xogo e xogaron entre eles
máquinas
simples
Falamos do que sabemos sobre as máquinas, diferenciando simples de complexas e poñendo exemplos. Seguindo as instrucións dos manuais de Lego creamos máquinas e xogamos con elas. A continuación tivemos que propoñer un cambio nas nosas máquinas para mellorar a súa funcionalidade. Comprobamos se ese cambio realmente mellorou o seu funcionamento.
polos creativos
Taller de chapas
Talleres interciclos
Primeiro elaboramos os nosos propios deseños
Despois aprendemos a facer as chapas coa máquina
Por último puxémoslle o imán
Taller de Legos
- En Infantil traballamos co parque Steam de Lego, elaborando maquetas, creando as nosas propias atraccións, e descubrindo conceptos como rampas, engranaxes e reaccións en cadea. - En Primaria traballamos o efecto dominó. - Todo o alumnado de todos os cursos creou o seu pato coas pezas de Lego para traballar conceptos como a diversidade, o respecto ás diferenzas e a creatividade.
Construímos as maquetas
Elaboramos as nosas propias atraccións para o parque, puxémoslles nome e explicamos o seu funcionamento.
Investigamos sobre o efecto dominó
E aplicamos o aprendido en robótica
Como actividade final en cada sesión, cada alumno/-a elaborou un pato onde todos/-as tiñan o mesmo número de pezas, do mesmo tipo e da mesma cor. Ningún neno/-a fixo un pato igual ao de ninguén, o que nos fixo reflexionar sobre as diferenzas, o respecto aos demais, a creatividade e o valor das nosas ideas.
Taller de cociña
Desenvolvemento das sesións
- Presentación dos ingredientes, para tentar averiguar que tipo de receita se ía elaborar. - Pesado nas básculas das cantidades precisas seguindo a receita proporcionada. - Unha vez a receita estaba lista e dentro do forno, a mestra contaba unha historia en inglés relacionada co doce que se estaba a elaborar. - Creación e decoración dos sobres para gardar a receita. -Por último, xogo das cadeiras musicais para repasar os diferentes ingredientes da receita.
Taller de ioga
Aprendemos a coñecer e escoitar ao noso corpo
Asamblea colectiva
Falamos sobre o que sabemos do ioga e para que nos serve
2. Atención plena
Fixemos atención plena pasándonos obxectos que nos poden axudar a respirar e a relaxarnos.
A través da música fixemos xogos con posturas de ioga
4. Realizamos mandalas colectivas no chan con pezas soltas e diferentes obxectos.
5. Fixemos a relaxación da mariposa por parellas.
TALLER DE
Costura
Tomamos contacto coa agulla e o fío
En Infantil coseron letras e fixeron chaveiros
En Primaria coseron etiquetas para maletas, pasaportes e neceseres
SECTION 01
Taller de robótica
Traballamos co true true
Traballamos a competencia STEM ao través do razoamento computacional enfocado a construción de algoritmos empregando distintos desafíos. Tanto en infantil coma en primeiro e segundo de primaria traballouse co robot True True. En infantil empregaron as tarxetas para construír o algoritmo mentres que primeiro e segundo empregaron xa a tablet.
SECTION 01
2º e 3º ciclo
TRABALLAMOS COA MAKEY MAKEY
Os cursos de 3º, 4º , 5º e 6º traballaron co hardware Makey Makey e o software Scratch para acadar os distintos retos. Neses retos atopamos dende conseguir diferentes obxectos debuxados nun taboleiro empregando o True True ata a construción dun instrumento musical ca Makey Makey e Scratch.
Taller de papiroflexia e resina
En Infantil, 1º e 2º ciclo estivemos a traballar con formas xeométricas. Para levalo a cabo utilizamos folios de cores, e fixemos papaventos, unha rá e un barquiño de papel, entre outras cousas.
Taller de plotter
(Cortadora láser)
let's go
1) Fixemos unha proba inicial co nome de cada neno que pegaron en carpeta, caderno, botella...
2) Deseñamos marcapáxinas con pegatinas sobre base de metacrilato.
3) Decoramos tapas plásticas con pegatinas para elaborar cadernos de notas ou debuxo.
3) Deseñamos e imprimimos con pegatinas diferentes decoracións para o Samaín.
taller de radio
Pola radio pasaron todos os nenos e nenas do colexio. Xurdiron diferentes temas dos que falar, desde o que é para nós un fin de semana ideal ata consellos para ir ao cine a ver a mellor peli. Ademais tamén aprenderon cousas máis técnicas como o que hai dentro dunha radio e tamén o programa que precisas para poder facer as gravacións. Un ano radiofónico do máis divertido, en definitiva.
taller de manualidadese bricolaxe
Do it yourself
Fixemos un gato de cartón. Cortamos o cartón co makedo,iniciando ao alumnado en marquetería .Logo decoramos con lá de cores.
Inicíamonos no uso do pirógrafo,facendo distintos xogos con madeira.
Usamos a pistola de silicona,axeitadamente para pegar letras na madeira
Fixemos pompóns con lá
Do it yourself
Taller de horta escolar
A través deste taller preténdese achegar ao alumnado cara a agricultura ecolóxica, local e de tempada.
Téntase integrar na vida diaria unha alimentación saudable, coñecemento e coidado do medio.
taller de dramatización e expresión corporal
desenrolamos a expresión corporal como medio de comunicación verbal
favorecemos a vertente lúdica
TALLER DEIMPRESIÓN E LAPIS 3D
2º E 3º CICLO
Co alumnado de máis idade achegámonos ao deseño con Tinkercad, aprendemos acerca do funcionamento da impresora 3D (partes, carga e descarga de filamento, posta en marcha, posibles problemas co filamento…)
Falamos da posibilidade que temos de imprimir pezas xa deseñadas por outras persoas. Buscamos pezas que nos interesaban na páxina de https://www.thingiverse.com/ e puxemos a impresora en funcionamento para imprimir monumentos dos países nos interesaban: a Torre inclinada de Pisa en Italia, a pirámide de Guiza e Exipto, unha porta Torii das que podemos atopar en Xapón ou a Porta de Brandenburgo en Alemania.
Tamén nos iniciamos no emprego do lapis 3D: posta en marcha, recambio de filamento, impresión e unión de pezas. Fixemos a Torre Eiffel e a torre do reloxo Big Ben.
Co alumnado de menor idade fixemos prácticas cos nomes propios, ovos de pascua, colares co símbolo da paz, farolillos chinos e pai pais. Empregamos tamén a aplicación Doodle3D para deseñar coas tablets.
ADORNOS
NOMES
FAROLILLOS
DESEÑOS
Polos Creativos 23-24
CEIP Enrique Barreiro
Created on May 27, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Map
View
Akihabara Map
View
Discover Your AI Assistant
View
Match the Verbs in Spanish: Present and Past
View
Syllabus Organizer for Higher Education
View
Mathematical Operations
View
Frayer Model
Explore all templates
Transcript