Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Genially sin título

CEIP Saco e Arce

Created on May 21, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Discover Your AI Assistant

Urban Illustrated Presentation

Geographical Challenge: Drag to the map

Decisions and Behaviors in the Workplace

Tangram Game

Process Flow: Corporate Recruitment

Weekly Corporate Challenge

Transcript

CEIP Saco e Arce

Día das Letras Galegas 2024

Luísa Villalta

Cartel

Actuacións

A homenaxeada

Galería de fotos

Inicio

Luísa Villalta

(A Coruña 1957 - 2004)

Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual poliédrica que traballou en diferentes campos, e en todos ben; poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas.Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. En 2024 Luísa Villalta é homenaxeada co Día das Letras Galegas, sendo a sexta muller nas 61 edicións.

Luísa Villalta

FOTOS

LIBROS

Luísa Villalta

Luísa Villalta cos seus pais e a súa irmá na fraga da Espenuca.

Luísa Villalta de bebé no colo da súa nai, María Gómez.

Luísa Villalta co seu pai, Rafael Villalta, na primeira metade dos anos 60, no río Mandeo ao seu paso por Betanzos.

Luísa Villalta coa súa irmá Susana posiblemente na rapa das bestas de Mondoñedo.

Luísa Villalta

Luísa Villalta, coa súa nai e a súa irmá, celebrando o seu aniversario a comezos dos anos 70.

Luísa Villalta tocando o violín.

Luísa Villalta retratada nun verán en Estepona (Málaga) a mediados dos anos 70.

Luísa Villalta, Juan Fernán Vello, Paulino e Xosé Luís Pereiro, integrantes de Escaino, durante unha actuación en Cospeito (1980).

Luísa Villalta

Luísa Villalta con Perfecto Estévez, Yolanda Yáñez e Francisco Pillado, en Santiago de Compostela o Día da Patria Galega de 1994.

Luísa Villata pintando versos.

Luísa Villalta na celebración do día da Galiza Mártir organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, escoitando a Miguel Anxo Fernán Vello.

Luísa Villalta con outros músicos participantes nunha xornada de concertos na praza de touros de Pontevedra.

Luísa Villalta

Luísa Villalta xunto a outros autores e autoras participantes no I Congreso de Cultura Popular e Mariñeira, organizado pola AELG (2003).

Luísa Villalta intervén nunha homenaxe a Manuel María no ano 1995.

Luísa Villalta no XIII Galeusca (Andorra, 1996), canda a Manuel María, Cesáreo Sánchez Iglesias, Saleta Goy, Manuel Forcadela, Manuel Miragaia, Manuel Vidal Villaverde, Rafa Villar e Bernardino Graña.

Luísa Villalta en Portugal.

A música é motivo central de Música reservada (1991). O primeiro poemario da autora reúne poemas de corte existencial escritos nos anos 80.

Concerto para un home só (1989), primeira obra teatral de Luísa Villalta, fora inicialmente concibida como un relato.

O paseo das esfinxes (1991) viu a luz nos Cadernos da Escola Dramática Galega, onde Villalta xa publicara Concerto para un home só (1989) e O representante (1990).

No ensaio O outro lado da música, a poesía (1999) a autora percorre os vínculos entre o son e o texto. O volume foi reeditado no ano 2021.

Villalta, á procura dun teatro persoal, introduce na obra Os doce anos da guerra (2001) recursos de diferentes linguaxes e desafíos escénicos.

Lino Braxe levou á escena O paseo das esfinxes no ano 2018. O dramaturgo editou ademais ese mesmo ano, canda Alexandrina Fernández Otero, Sinfonía de escenas: obra dramática completa de Luísa Villalta.

Luísa Villalta pechou o ano 1991 con Silencio, ensaiamos, o seu único libro de relatos publicado, aínda que como narradora tamén cultivou este xénero en distintos volumes colectivos.

As palabras ingrávidas (2020) é unha edición facsimilar do poemario en construción que Luísa Villalta estaba a plasmar nas páxinas dun calendario poético do ano 2004. Remata días antes do seu pasamento.

O interese da autora polo teatro levouna a escribir, ademais de varias obras, o ensaio O don Hamlet de Cunqueiro nun tempo no que ambos os xéneros, dramático e ensaístico, eran espazos maioritariamente masculinos.

Os artigos que a autora publicou entre xaneiro de 2002 e marzo de 2004 no semanario A Nosa Terra foron recollidas n’O libro das colunas (2005).

En concreto, homenaxe poética da escritora á cidade da Coruña, mereceu en xaneiro de 2004 o premio Espiral Maior. Luísa Villalta morreu en marzo dese ano, antes de que saíse do prelo.

Na novela Teoría de xogos (1997) Villalta relata as vivencias íntimas dun círculo de cinco personaxes que comparten lugar de traballo.

As chaves do tempo (2001) é unha novela breve sobre o sometemento e a liberdade nunha imaxinaria Galicia medieval.

O Papagaio (2006) reúne as fotos de Maribel Longueira sobre o derrubamento do barrio coruñés en diálogo cos poemas que Luísa Villalta escribiu inspirándose nelas.

Inicio

A Xiraldiña

Dou mil voltas

Mamasiña, que medo !!

Camiño do Viseu

Igual Talent

Regaleguízate XA !!

A consulta da doutora Casi-Mira

Himno Galego

Inicio

A Xiraldiña

máis actuacións

DOU MIL VOLTAS

máis actuacións

MAMASIÑA, QUE MEDO !!

máis actuacións

CAMIÑO DO VISEU

máis actuacións

IGUAL TALENT

máis actuacións

REGALEGUÍZATE XA !!

máis actuacións

A CONSULTA DA DOUTORA CASI-MIRA

máis actuacións

HIMNO GALEGO

máis actuacións

Inicio