ROMPE A CADEA
Proxecto interdisciplinar e internivelar
Plan Proxecta Donas de si 2023-2024
Empezar
OBxEcTIVOS
participantes
METODOLOxÍA
INTRODUCIÓN
produto
introdución
Un curso máis propoñemos ao alumnado a produción dun videoclip para concienciar na loita contra a violencia de xénero. Este ano o leitmotiv será a sororidade -idea clave na terceira onda do Feminismo- e a ruptura coa educación sexista interxeracional. De novo unímonos dous departamentos na consecución deste obxectivo. Ademais de sensibilizar aos participantes activos a través das fases de investigación, análise, debate e creación, pretendemos mentalizar a toda a contorna, sacudir as conciencias e sensibilizar sobre as consecuencias dunha educación machista e patriarcal.
Seguinte
OBxEcTIVOS
- Detectar os comportamentos sexistas na educación recibida.
- Analizar as consecuencias da transmisión interxeracional do "sexismo benévolo" transmitido de nais a fillas que limita as expectativas e aspiracións das mulleres.
- Concienciar como o sexismo refórzase polos estereotipos de xénero que afectan a mulleres e homes e que imposibilita o logro dunha sociedade igualitaria e inclusiva.
- Observar como o sexismo constitúe un obstáculo para o empoderamento das mulleres e as nenas, que acaban desproporcionadamente afectadas por actitudes sexistas, constatando ademais que os seus rumbos inherentes determinan o comportamento e expectativas.
- Escribir unha canción de denuncia adaptada a unha melodía reflectindo o aprendido na fase de investigación e análise.
- Planificar conxuntamente a estrutura da canción atendendo á mensaxe que se pretende transmitir.
- Utilizar distintos recursos literarios e, en especial, aqueles que contribúen a crear o ritmo da canción.
- Servirse dos distintos dicionarios para a produción da letra: RAG, sinónimos, rimador...
- Traballar de forma cooperativa para escribir a letra.
- Redactar un texto persoal de intención literaria seguindo as convencións do xénero, con intención crítica e creativa.
- Usar correcta e eficazmente os dicionarios e outras fontes de consulta, tanto en papel como en formato dixital, para resolver dúbidas sobre o uso correcto da lingua e para progresar na aprendizaxe autónomado desenvolvemento persoal.
OBxEcTIVOS
- Ensaiar e interpretar en pequeno grupo unha peza vocal ou instrumental, ou unha coreografía, aprendidas de memoria a través da audición ou da observación de gravacións de audio e vídeo, ou mediante a lectura de partituras e outros recursos gráficos.
- Participar activamente nalgunhas das tarefas necesarias para a celebración de actividades musicais no centro: planificación, ensaio, interpretación, difusión, etc.
- Compoñer unha peza musical utilizando diferentes técnicas e recursos.
- Analizar os procesos básicos de creación, edición e difusión musical, considerando a intervención de distintos/as profesionais.
- Entoar cunha correcta emisión da voz, individual ou conxuntamente, unha melodía ou unha canción con acompañamento.
- Identificar e executar instrumentalmente ou vocalmente estruturas e patróns rítmicos ou melódicos simultáneos dunha obra breve ou dun fragmento, con ou sen cambio de compás, nun tempo establecido.
Metodoloxía
Seguinte
A metodoloxía obedece a unha aprendizaxe baseada en proxectos fomentándose a iniciativa do alumnado, o espírito crítico, a creatividade e o traballo cooperativo. As profesoras implicadas no proxecto organizamos o proceso de traballo e determinamos as liñas de actuación. Na primeira avaliación abordamos o sexismo nos comportamentos cotiáns a través doutras actividades vinculadas ao Proxecta Donas de si e ao currículo de cada materia. Este tempo de inflexión obedecía á necesidade dun tempo de investigación, análise, reflexión e absorción de contidos e tarefas levadas a cabo. Na segunda avaliación propuxemos a elaboración da letra para a canción como actividade voluntaria. Considerouse como unha tarefa de ampliación e foi valorada como tal. A aula virtual constituíu un instrumento básico para coordinar todo o proceso de traballo. Ferramentas como Foro, Tarefa, Base de datos ou Libro serviron para informar e guiar nas distintas fases, debater, entregar actividades, corrixir e facer a revisión, corrección e coavaliación.
Seguinte
metodoloXía
aprendizaxe
principios
A aprendizaxe do alumnado prodúcese desde distintas vertentes:
- Fomento do interese do alumnado por participar de forma activa, informada e lúdica como oínte, intérprete ou compositor/a, tanto na súa vida educativa como na súa vida privada.
- Desenvolvemento de valores como o esforzo, a constancia, a disciplina, a toma de decisións, a autonomía, o compromiso, a asunción de responsabilidades e o espírito emprendedor, innovador e crítico.
- Realización do traballo en equipo e desenvolvemento do pensamento crítico.
- Desenvolvemento da creatividade, a sensibilidade artística e o criterio estético.
- Desenvolvemento dunha aprendizaxe por descubrimento investigando distintas fontes, analizando, contrastando e debatendo.
- Atención á diversidade como fonte de enriquecemento.
- A escoita activa dos patróns tanto rítmicos como melódicos.
- A repetición dos fragmentos que estruturan a canción.
- O traballo individual tanto dos instrumentistas como das voces.
- O traballo grupal por unha banda dos seis instrumentistas e, doutra banda, de todas as voces tanto solistas como as do coro ata chegar a un grao óptimo de aprendizaxe para poder chegar ao resultado final que é a interpretación conxunta de todos os membros da orquestra.
metodoloXía: fases
FASE DE PRODUCIÓN
Fase de repartición de partituras
FASE DE CREACIÓN
Fase de creación
Composición da parte instrumental
Creación da letra
Temática: sororidade, violencia machista, sexismo interxeracional
Creación dun ritmo dinámico, moderno
Creación da base rítmica da batería. Este instrumento é primordial para conseguir unha base moderna, motivadora, acorde cos gustos musicais do alumnado.
Composición da harmonía do piano e melodía de todos os instrumentos (piano, violín, saxofón, guitarra, baixo e batería)
Composición dun rap desde o punto de vista dun espectador que denuncia a violencia sufrida polas mulleres. É a parte reivindicativa que abre e pecha a canción.
A canción está posta na boca dunha nai que se dirixe á súa filla exhortándoa a romper coa tradición sexista.
Fase de produción
Chega en nada...
Produción do videoclip
Gravación da canción no estudio
produto: videoclip
Composición das voces solistas e coro A melodía está pensada para ser interpretada por varias voces solistas, que son as que se encargarán de transmitir a mensaxe de concienciación contra a violencia de xénero acompañadas dun coro cuxa función vai ser afianzar a mensaxe de reivindicación.
ALUMNADO
- 3º ESO
- 4º ESO
- 1º BACHARELATO
Realizáronse ensaios nalgunhas sesións vinculadas á materia e nos recreos asignados ao grupo implicado na produción da canción. As clases impártense na aula de Música. O alumnado de Lingua e Literatura acode á aula de Informática. O uso das tecnoloxías constitúe unha ferramenta clave no proceso de creación, corrección e revisión.
PROFESORADO
Beny Argüelles Ortega Departamento de Música Felisa Redondo Valín Departamento de Lingua e Literatura
Rompe a cadea
felicia
Created on May 14, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Visual Presentation
View
Relaxing Presentation
Explore all templates
Transcript