Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Películas drag

Paula Hernández

Created on May 12, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Connectors Infographic

Essential Infographic

Practical Infographic

Akihabara Infographic

Vision Board

The Power of Roadmap

Artificial Intelligence in Corporate Environments

Transcript

O drag na gran pantalla

Parole de King! (2015)

Documental dirixido por Chriss Lag que busca dar a coñecer aos drag kings de Francia e cuestionar a masculinidade e a feminidade.

Paris is Burning (1990)

Película documental dirixida por Jennie Livingston. Amosa a cultura ball (baile drag) no Nova York dos anos oitenta e os sectores sociais máis implicados nel e en risco de exclusión: gays latinos e afroamericanos e persoas trans.

Kinky Boots (2005)

Dirixida por Julian Jarrold, un home debe facerse cargo da fábrica de zapatos do seu pai tras a súa morte e, ante a mala situación do negocio, decide comezar a fabricar botas altas de plataforma para as drag queens.

Connie and Carla (2004)

Dirixida por Michael Lembeck, dúas amigas que queren ser cantantes vense obrigadas a escapar a Los Ángeles, onde deciden presentar un show drag.

Tacones lejanos (1991)

Dirixida por Pedro Almodóvar, un xuíz que pola noite é unha drag queen investiga o asasinato do xenro e examante da diva á que imita.

Todos hablan de Jamie (2021)

Dirixida por Jonathan Butterell, é unha adaptación do musical co mesmo nome. Trata sobre un adolescente que soña con ser drag queen en lugar de ir á universidade.

Huracán Bianca (2016)

Dirixida por Matt Kugelman, un mestre é despedido por ser gay e decide vengarse a través do seu drag. Está protagonizada por Bianca Del Rio, gañadora de RuPaul's Drag Race, e contén aparicións doutras concursantes.

A Wong Foo, gracias por todo, Julie Newmar (1995)

Dirixida por Beeban Kidron, tres drag queens inician unha viaxe en coche desde Nova York a Hollywood para participar nun concurso, mais teñen unha avaría e acaban nunha vila remota.

Pink Flamingos (1972)

Polémica película dirixida por John Waters, logrou consagrar á drag queen Divine, quen fai da "persoa máis sucia e despreciable do mundo" ata que un matrimonio pretende quitarlle o posto.

Venus Boyz (2002)

Dirixida por Gabriel Baur, é unha película documental que amosa aos homes trans de Londres e aos drag kings de Nova York, que exploran o erotismo masculino e as estratexias de poder na Noite de Drag King.

Hedwig and the Angry Inch (2001)

Dirixida por John Cameron Mitchell, conta a historia dunha cantante punk-rock trans que se realiza unha cirurxía de cambio de sexo para poder casar cun home americano.

Las aventuras de Priscilla, reina del desierto (1994)

Dirixida por Stephan Elliot, narra a xira en autobús de dúas drag queens e unha muller trans para actuar en distintos locais de Australia.