Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ABAU 2025
sdanslagoa
Created on May 3, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
ABAU 2025E ACCESO Á UNIVERSIDADE
AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE
FASE OBRIGATORIA
(0 a 10 puntos) Validez indefinida
FASE VOLUNTARIA
Permite mellorar a cualificación da fase obrigatoria (ata 4 puntos) Validez de 3 cursos
QUE MATERIAS SE VAN AVALIAR?
FASE OBRIGATORIA
Consta dos seguintes exercicios:
- Lingua Castelá e literatura
- Lingua Galega e literatura
- Lingua Estranxeira
- Historia de España /Hist.da Filosofia
- Materia de modalidade:
- Matemáticas II
- Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
- Latín II
- Ciencias Xerais
- Análise Musical II
- Debuxo Artístico II
- Artes Escénicas II
NOTA DA PARTE OBRIGATORIA
Cada exame puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais
A nota desta parte será a Media Aritmética das cualificacións de todos os exercicios, de 0 a 10 , con 3 cifras decimais, arrodeando á milésima máis próxima.
Mínimo de 4 puntos
Validez indefinida, pero a efectos de ponderación os 3 anos académicos seguintes.
Exemplo: 7.30+4.20+5.90+6.10+7.80=31.30/5=6.260
NOTA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE
DENDE BACHARELATO
Calcúlase ponderando: 60% nota media de bacharelato + 40% nota media de parte obrigatoria
Enténdese que se reúnen os requisitos de acceso á universidade cando o resultado desta ponderación é 5 ou superior a 5.
Esa nota pódese mellorar presentándose á fase específica (voluntaria) e elixindo materias dentro da rama de coñecemento da titulación elixida consideradas prioritarias para esa titulación.
DENDE FORMACIÓN PROFESIONAL
A nota de acceso será a nota media acadadada no ciclo cursado.
FASE VOLUNTARIA
Poderaste presentar de 1 a 3 materias máis. Non é necesario ter cursado a materia obxecto de exame.
- Deb. Técn. Aplicado ás Artes Plást
- Fundamentos Artísticos II
- Técn. Expresión Gráfico Plástica
- Artes Escénicas II
- Análise Musical II
- Coro e técnica vocal
- Deseño
- Hª da Música e Danza
- Literatura dramática
- Bioloxía
- Xeoloxía e ciencias ambientais
- Debuxo Técnico II
- Física
- Química
- Tecnoloxía e Enxeñaría II
- 2ª Lingua Estranxeira II*
- Empresa e deseño de modelos de negocio
- Xeografía
- Grego II
- Historia da Arte
- Movementos culturais e artísticos
- Materia de modalidade distinta da fase obrigatoria:
- Matemáticas II
- Matemáticas Aplicadas ás ciencias sociais II
- Latín II
- Ciencias Xerais
- Análise Musical II
- Debuxo Artístico II
- Artes Escénicas II
- Historia da Filosofía
- Historia de España
* Inglés, Francés, Alemán, Italiano e Portugués
NOTA PARTE VOLUNTARIA
Exame dun máximo de 3 materias a elixir entre as materias de opción do bloque de troncais de 2º de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distinta da da parte obrigatoria
Permiten mellorar a nota de admisión
Considérase superada a materia si se obtén unha cualificación igual ou superior a 5 , en caso contrario non pondera.
Cada exame puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais
As notas das materias desta fase multiplicaranse por 0.1 ou 0,2 segundo a relación da materia co grao correspondente.(Consultar parámetros de ponderación)
Validez os tres cursos seguintes
CÁLCULO DA NOTA DE ADMISIÓN Á UNIVERSIDADE
Para o cálculo da nota admisión a un determinado grao téñense en conta a nota dun máximo de dúas materias sempre o exame estea aprobado cunha nota mínima de 5 puntos.
Multiplicarase polo seus respectivos parámetros de ponderación: 0,1 ou 0,2.
CÁLCULO DA NOTA DE ADMISIÓN Á UNIVERSIDADE
NOTA DE ACCESO
NOTA MÁXIMA DE ADMISIÓN
aM1 + bM2
a e b parámetros de ponderación M1 e M2 materias mellor nota
14 PUNTOS
0,6 NMB + 0,4 NPO
DIFERENTES NOTAS DE ADMISIÓN
Os que soliciten diferentes titulacións, poden ter diferentes notas de admisión, en función da ponderación (0,1 ou 0,2) das materias elixidas na fase voluntaria, que lle conceda cada titulación
ADMISIÓN
CÁLCULO DE NOTA EXEMPLO
Nota media bacharelato: 9´00 Nota da Parte Obrigatoria: 8´00 Nota de acceso: (0´60*9´00) + (0´40*8´00)=8´60 Parte voluntaria:
- Materia 1: Química: 8´50
- Materia 2: Bioloxía: 7´00
- Nota da materia troncal xeral (matemáticas II): 8´20
ADMISIÓN NAS TITULACIÓNS DE GRAO CON LÍMITE DE PRAZAS
Cando hai máis solicitudes que prazas, as universidades públicas empregan a nota de admisión para ordenar as solicitudes de maior nota ata a menor.
O último estudante que consigue entrar marca a nota de corte que sirve de referencia para o seguinte curso.
ACCESO E ADMISIÓN
Parámetros ponderación
BACHARELATO
- Superar a parte obrigatoria a lo menos cun 4.
- A nota de acceso será a nota media ponderada entre esta parte (40%) e a cualificación final de bacharelato (60%). O resultado debe ser igual ou superior a 5.
- A nota de admisión pódese mellorar presentándose á fase específica (voluntaria). titulación.
CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR
- A nota de acceso será a nota media acadada no Ciclo Superior
- Esa nota pódese mellorar presentándose á parte voluntaria (nota admisión)
TÍTULO BACHARELATO E MATRÍCULA NA ABAU
ALUMNADO DE BACHARELATO
Prazo : do 15 ao 19 de maio
- Solicitar o título de bacharelato na secretaría do centro/online na web axencia tributaria cumprimentando a instancia e facendo o pagamento da TAXA que corresponda.
- Imprimir e cubrir o documento de TAXAS (da ABAU) e facer o pagamento no Banco. Tamén se pode facer o pagamento de Taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito.(consultar condicións de reducción e exención).
- Cubrir o impreso de matrícula indicando as materias das que te queres examinar.
- Entregar no centro educativo de secundaria: dúas copias DNI, unha copia do xustificante do pagamento de Taxas ou o de exención e o impreso de matrícula.
- O centro de secundaria cubre os datos de matrícula e os de pagamento de Taxas na aplicación Nerta e envía un listado ao LERD.
Documento Taxas
Impreso matrícula ABAU
NOTA
Da materia troncal da modalidade cursada xa te matriculas na parte obrigatoria, non tes que facelo na parte voluntaria
O alumnado recibirá no seu correo electrónico un "código de acceso" a unha conta de usuario en Nerta. Esta conta Nerta é necesaria para realizar as solicitudes de revisión e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazs do SUG
Revisión datos ata o 20/5
MATRÍCULA NA ABAU
ALUMNADO DE CICLO SUPERIOR
Impreso de matrícula
Prazo : do 5 ao 19 de maio
O centro grava as cualificacións do alumnado en Nerta e asina un certificado de estudos ( o expediente figura con pendente da FCT)Dúas opcións:
- Realizar a matrícula a través da aplicación informática NERTA.
- Aquí xérase un impreso para facer o pagamento que se pode facer de forma telemática ou imprimir e pagar en ABANCA. Neste último caso é necesario enviar o xustificante ao LERD
- Enviar a documentación por correo electrónico ao LERD correspondente.(impreso de matrícula, DNI, xustificante de ter pagadas as taxas)
Documento de Taxas
Certificado
O alumnado recibirá no seu correo electrónico un "código de activación" necesario para realizar na aplicación NERTA as solicitudes de revisión e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazs do SUG
CALENDARIO
En xornada de mañá e tarde
HORARIO
MODELOS DE EXAME
LUGAR DA ABAU
O alumnado do IES As Mariñas realizará o exame na Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña - A Coruña.
Comisión Delegada 10Código CIUG 1181 Código do centro 15001148
REQUERIMENTOS QUE DEBE CUMPRIR O ALUMNADO PARA ACCEDER AOS EXAMES
Non haberá medidas restrictivas específicas de acceso ao centro onde se celebre a proba.
Entradas e saídas do centro e da aula ordenadas, en fila , e mantendo a distancia interpersoal prudente
Pódense levar panos de usar e tirar, xel desinfectante e bebida (auga ou refresco en botella de plástico transparente sen etiquetado)
O alumno/a pode introducir na aula mochila, carteira ou bolsa de deporte coas súas pertenzas. Custodiada polo alumno.
DOCUMENTACIÓN
DNI ou Pasaporte
Resgardo de matrícula e xustificante de pago
NON ESTÁ PERMITIDO
Xogo de etiquetas adhesivas con código de barras identificativas (serán entregadas no momento de entrar)
- Teléfono móbil,
- reloxio dixital (smarwatch) ou
- dispositivos electrónicos activados
Pluma ou bolígrafo azul ou negro, indeleble
OLLO!!!
O acceso á aula con algún destes dispositivos activado é motivo de medida diciplinaria ( expulsión da aula, cualificación do exame con 0 puntos ou anulación total da proba)
Material para debuxo (para o exame de Debuxo Técnico II
Calculadora non programable e sen capacidade gráfica, para Matemáticas, Física, Química , Ciencias Xerais, Tecnoloxía e Enxeñaría e Empresa e deseño de modelos de negocio.
DIccionarios de Latín e Grego: cos apéndices gramaticais, pero non contidos literarios (estas páxinas deben graparse ou extraerse) Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal. Os diccionarios serán revisados para comprobar se hai anotacións
NORMAS E INSTRUCIÓNS
Presentación primeiro día das probas ás 9:00h. Se o alumno só se presenta á parte voluntaria e non ten erros na súa matrícula pode presentarse no momento de realizar os exames.
Despois o alumno presentarase a cada un dos exames na hora de comezo
No momento da presentación un vogal da comisión delegada colocará ao alumnado en fila. Chamarase individualmente de viva voz, identificarase ao alumno e asignaráselle un posto que será o mesmo durante todos os exames.
Neste momento entrégaselle ao alumno un xogo de etiquetas adhesivas con código de barras que o identifican. Acompañarán sempre ao alumno. En caso de pérdida ou deterioro avisar. Os exames son anónimos, entregar coa etiqueta adhesiva.
Dende que se inicia o exame, debe permanecerse na aula como mínimo 30 minutos
O acceso ao exame implica entregar o exame etiquetado ainda que estea en branco.
Manter pabillóns auditivos despexados para comprobación por parte dos membros da comisión delegada.
CADERNO DE EXAME
En cada exame entregarase un caderno de exame con: 2 follas A3 grampadas (unha portada e 7 páxinas A4 en branco ) e unha cabeceira adhesiva. Nas 7 páxinas A4 en branco que é nas que debe escribir. Non se pode engadir nin arrincar páxinas.
Cada exame consta de catro preguntas obrigatorias, a primeira de resposta única e as restantes con posibilidade ou non de elección entre apartados. Se se responde a máis das permitidas só serán corrixidas as primeiras respondidas ata o número máximo permitido.
Os exames son anónimos. Non poden asinarse nin poden levar marcas que permitan unha eventual identificación.
Se se detecta a un alumno copiando ou non respectando as instrucións despois da súa identificación, poderá ser obxecto de medida disciplinaria.
Recollida de exames evitando aglomeracións. Entregaráselle en man a un vogal.
Cando o alumno saia da aula non pode permanecer nos pasillos, debe abandoar o centro.
Cualifición provisional:
12 de xuño
Cualifición definitiva:
19 de xuño
Cada alumno/a recibirá ao día seguinte a súa tarxeta por correo electrónico
Datas revisión: do 13 ao 17 de xuño (ata as 14:00h)
(Prazo 3 días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións) 1º Analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sen corrixir)
- No caso de existir algún erro que dea como resultado unha cualificación superior á provisional esta modifícase e pasa a ser a nova cualificación e indentifícase como P)
- Se non houbo erro mantense a cualificación provisional e indícase por P.
- Se a diferenza é menor de dous puntos (S+P)/2
- Se a diferenza é igual ou maior de dous puntos, dúas persoas diferentes ás anteriores efectuarán unha 3ª corrección. A cualificación definitiva será a consensuada por estas dúas persoas.
Solicitude a través da aplicación Nerta
PODO PRESENTARME A SUBIR NOTA?
PARTE OBRIGATORIA
PARTE VOLUNTARIA
TERÁS QUE EXAMINARTE DE TODAS AS MATERIAS DESTA FASE. A NOTA DA PARTE OBRIGATORIA É UNHA ÚNICA CUALIFICACIÓN E CONSÉRVASE A MÁIS ALTA.
CONSÉRVASE A MELLOR CUALIFICACIÓN DE CADA UNHA DAS MATERIAS DAS QUE TE EXAMINES. PODES CAMBIAR DE MATERIAS OU EXAMINARTE SÓ DAS QUE TI DECIDAS.
TEN EN CONTA QUE ...
no proceso de admisión ten prioridade o estudantado que ten superada a PAU na convocatoria ordinaria ou anteriores, polo que se melloras a nota de admisión esta non terá efectos ata o curso seguinte.
PREINSCRIPIÓN NA UNIVERSIDADE
A solicitude de acceso deberá facerse a través da aplicación informática NERTA ou entregándoa debidamente cuberta nos LERD.
DATAS: Do 19 de Xuño ao 1 de xullo
UNHA ÚNICA SOLICITUDE
POR ORDEN DE PREFERENCIA
UN MÁXIMO DE CINCO TITULACIÓNS DIFERENTES
MÁXIMO DE DEZ TITULACIÓNS IMPARTIDAS EN DIFERENTES CENTROS
OPCIÓNS POSIBLES DE ESTADO NO NERTA
- CONVOCADO/A
- EN ESPERA
- PECHADA
- LIBERADA
Se o solicitante aparace convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberá matricularse no prazo establecido, do contrario perderá todos os seus dereitos.
Se o solicitante aparace convocado/a para matricularse nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. É necesario reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG No caso de matricularse nela decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso.
O peche de matrícula dunha determinada titulación implica a desaparición automática das listas de espera, de xeito que non se volverá a abrir de novo a matrícula desa titulación.
Fai clic para acceder ao calendario
(*) Nota: Os días festivos non hai soporte para resolver os problemas que poidan xurdir. Suxírese que se faga a matrícula no primeiro día do prazo para poder resolver calquera incidente que poida xurdir. Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).
LUGARES DE MATRÍCULA
A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro/)
A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.usc.es/MatriculaPrimeiro/)
IMPORTANTE:
A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.uvigo.es/MatriculaPrimeiro/)
- Indicar no momento de realizar a matrícula si se solicita bolsa.
- O alumnado que acceda despois de cursar un ciclo superior pode solicitar a validación de créditos. Consultar o catálogo.
Para máis información...
Acceso a Nerta
Lerd Coruña (acceso y admisión) lerdcoruna@udc.gal
Asesoramento
SIE
SOLICITUDE TÍTULO BACHARELTO
Datos a cubrir:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Código 07 Delegación de Servizos Centrais Código 13 Servizo de Ensino Medio Código 03 Taxa denominación: Expedición de Títulos Académicos e Profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE Código 302003 Liquidación: Título de Bacharelato Tipo de tarifa: - Normal : 54,00€ - Familia numerosa categoría xeral: 27,03€ -Familia numerosa categoría especial: 0 €