Recomendacións lectoras de verán
Comezar
Recomendacións lectoras de verán
Prelectores e primeiros lectores
Lectores autónomos
Lectores expertos
PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES
PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES
¿De quién es este huevo?
Todo aconteceu unha mañá de primavera. Na granxa xurdiu un gran revuelo pola aparición dun misterioso ovo no medio do curral. Os paxaros estaban moi nerviosos, sobre todo as nais que, con tanto coidado, incubaban os ovos. A curiosidade é un comportamento natural que estimula a aprendizaxe. Permítenos avanzar e facer cousas novas, aínda que ás veces necesitemos paciencia para acadar a calma e a tranquilidade necesarias para esperar a que algo suceda.
PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES
Milo e Loberto
Un cómic cheo de historietas onde coñecerás a dous personaxes que estamos seguras/os que non deixarán indiferente a ninguén. A través de Milo (un pequeno morcego cheo de pencas) e do seu recente amigo Loberto, as máis cativas e cativos vivirán aventuras e situacións cotiás con moito humor á vez que imos aprendendo sobre eles e o seu peculiar xeito de relacionarse.
PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES
La cocina de dibujos
Benvida/o á túa cociña artística. Tes o mandil posto? Pois colle os teus lapis de cores e ponte a traballar! Con este inxenioso libro de debuxo, paso a paso, ás nenas e nenos poñerán a proba a súa creatividade con formas e cores, mentres debuxan pratos como "Doodle Delight" ou "Magic Jam".
PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES
SMART GAMES. Caperucita Roja
Poderías axudar a Carapuchiña Vermella a atopar o camiño correcto para chegar á casa da avoa? Coloca a casa e a árbore no taboleiro de xogo e usa as pezas do crebacabezas para chegar. Despois podes xogar co lobo... pero ten coidado, pode chegar máis rápido!
LECTORES AUTÓNOMOS
LECTORES AUTÓNOMOS
Marcus Pocus
Na moderna cidade de Suncity non hai lugar para a maxia. Ou polo menos iso é o que cre Marcus Pocus, un travieso aprendiz de feiticeiro do Club da Lúa Chea. Pero só ata que accidentalmente entra nunha misteriosa tenda escondida ao final dunha rúa. É alí onde Marcus descubrirá que a cidade non só ten maxia... ¡tamén fai entrega na casa!
LECTORES AUTÓNOMOS
A señorita Bubble
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.
LECTORES AUTÓNOMOS
Mis robots en pijamarama
Crea e anima personaxes, transportándote a un mundo futurista cheo de inxenios tecnolóxicos empregando as pezas que se atopan no interior do libro, os mecanismos estriados e a lámina máxica que se superpón sobre as figuras para desfrutar do seu asosmbroso dinamismo.
LECTORES AUTÓNOMOS
GRAVITRAX
Descobre un novo mundo onde, divertíndote, aprenderás e probarás os principios do magnetismo, a cinética e a gravidade. GraviTrax é unha pista de mármore creada por Ravensburger onde liberarás a túa creatividade e crearás cursos incribles.
LECTORES EXPERTOS
LECTORES EXPERTOS
Wonder. Todos somos diferentes
Unha historia deliciosa, sinxela e amable que ilustra a importancia da diversidade e de aceptar aos demais tal e como son. Non te perdas a lección de August!
LECTORES EXPERTOS
O misterio de Portomarín
Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre, mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido. Durante séculos unha vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz...
LECTORES EXPERTOS
Lo que imagina la curiosidad
Este libro é unha invitación a plantexar hipóteses baseadas na imaxinación, que aínda que sexan absurdas e divertidas, haberá que argumentalas como se foran os descubrimentos máis serios do mundo. Trátase de deixares guiar pola intuición e o bo humor.
LECTORES EXPERTOS
Ubongo
Un xogo aditivo e inxenioso para toda a familia! Porque cando comeces a xogar non poderás parar e agardarás impaciente por cada nova rolda.
BO VERÁN!
Vémonos á volta!
Recomendaciones lectoras de verán
monicavieitesageitos
Created on May 3, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Chaotic Chef Quiz
View
Robotics quiz
View
Superheroes Quiz
View
True or false quiz
View
Essential quiz mobile
View
Professional quiz mobile
View
Corporate Training Quiz
Explore all templates
Transcript