Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Letras Galegas

ceipunionmugardesa

Created on May 2, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Transcript

Eva Castiñeira

Letras Galegas 2025"As Cantareiras"

Pandereteiras de Arcos de Mazaricos

Ceip plurilingüe Unión Mugardesa
Preme nas imaxes e goza da arte das nosas cantareiras.

Pandereteiras de Mens

AS CANTAREIRASAs cantareiras son agrupacións musicais femininas que interpretan cantigas da nosa música tradicional. Estas cantigas interprétanas nos festexos tradicionais, foliadas, seráns ou ruadas ao remate dalgún labor agrícola : esfolladas, espadelas, fiadas... ou mesmo nas festas familiares ou veciñais.

Normalmente nestas celebracións había música e baile. Normalmente estas cantareiras usaban instrumentos de percusión como as pandeiretas, os pandeiros e tamén usaban ferriños, cunchas, latas grandes de pemento, sellas, tixolas... calquera cousa que producira son. As pandeireteiras normalmente actuaban en grupos, botando as cantigas por quendas, de tal xeito que todas, nalgún momento puideran participar no baile.

As cantareiras

Este ano 2025 a Real Academia Galega dedícalles ás cantareiras o Día das Letras Galegas pola súa contribución ao noso idioma ,á nosa cultura e a súa importancia na poesía popular oral.

Representantes das cantareiras :- Adolfina e Rosas Casás ( Cerceda) - Eva Castiñeiras (Muxía) - Prudencia , Asunción Garrido e Manuela Lema .Tres das integrantes das pandereteiras de Mens ( Malpica de Bergantiños)

Adolfina e Rosa Casás(Cerceda)

Adolfina e Rosa Casás(Cerceda)

Adolfina e Rosas Casás , tía e sobriña, eran dúas cantareiras da Vila da Igrexa, en Cerceda, que traballaban en labores agrarios durante os cales cantaban. Destacaron polo seu enxeño , a orixinalidade das súas coplas, a súa capacidade de improvisación e polos moitos estilos empregados: xotas, muñeiras , pasodobres, . . .

Eva Castiñeiras(Muxía)

Eva Castiñeiras (Muxía)

Eva Castiñeiras naceu en Muxía en 1926. Dende cativa , con só oito anos de idade, xa cantaba nas festas, bailes e romarías coa súa irmá Engracia.Marchou para Coruña para traballar no servizo doméstico e viviu no barrio coruñés de San Pedro de Visma. No ano 1981 actuou nun concerto con Milladoiro, sendo a primeira pandereteira que acompañou a un grupo Folk. As cantigas de Eva formaron parte do seu álbum "Galicia no País das Marabillas".

Pandereteiras de Mens(Malpica de Bergantiños)

Pandereteiras de Mens(Malpica de Bergantiños)

As pandereteiras de Mens, tamén chamadas "As Vellas de Mens" , foron un grupo de mulleres labregas que interpretaban cantigas galegas. Cando algunha xa superaba os 80 anos, viaxaron por Europa e América coa súa música formando parte, a partir de 1972, da Agrupación Folclórica Aturuxo.

Actuaron na Televisión Española e na Galega, no programa Ruada. Tamén participaron na gravación do disco do festival folclórico DE CHÂTEAUNEUFDU-FAOU, en 1981. Beatriz Busto Miramontes ,musicóloga e antropóloga social, recolleu no libro "Pandereteiras de Mens" a traxectoria deste grupo de cantareiras.

Traballos de recopilación e recollida de cantigas.

Traballos de recopilación e recollida de cantigas

O Cancioneiro Popular Galego é un traballo de investigación realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, editado pola Fundación Barrié en 1984. Son sete volumes nos que se recollen unha chea de cantigas populares galegas. Antífona da Cantiga , obra de Ramón Cabanillas, foi o primeiro libro publicado pola editorial Galaxia en 1951. Nesta obra recóllense novecentas cantigas populares galegas. Cantares é o segundo traballo de cancións para a infancia publicado por Manuel Rico e Carme López, con ilustracións de Francisco Salvá. Editado en 1983 pola editorial Casals e nel recóllense as letras e partituras de trinta e tres cancións . Cantigas Sociais Recollidas do Pobo publicación de Edicións Castrelos do ano 1969, cunha escolma de cincuenta e nove cantigas populares galegas coa presentación e notas de Xesús Alonso Montero.

Que sabes das cantareiras?

Preme na pandeireta e averigua o que aprendiches sobre as cantareiras.