Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

2, dor, de maio.

Fernando Pintos

Created on April 24, 2024

Poema de traballo na clase sobre o acoso escolar.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Word Search: Corporate Culture

Corporate Escape Room: Operation Christmas

Happy Holidays Mobile Card

Christmas Magic: Discover Your Character!

Christmas Spirit Test

Branching Scenario: Save Christmas

Correct Concepts

Transcript

2, dor, de maio. Por que o cuspe se torna tan denso, tan duro e áspero que non escorre gorxa abaixo. Por que as mans apértanse automaticamente espremendo suor acre nas palmas que non se permiten acariñar xamais. Por que estas duras e fortes pernas deixan vencerse por miradas frías que acoitelan. Por que o ventre mol e brando, suave, retórcese en mil espirais infinitas que aforcan. Por que esta pel que ama e precisa da cálida brisa so consegue tremelicar, morta de frío, cada día ao erguerse. Permanente, eterno, interminable suceder de días sen sosego. Incerto, terrible, inseguro. Inmutable camiñar sen chan nin sendeiros, arrastrando os ollos, cegos, oculto ás vosas miradas. Invariable biografía feita de eternos covardes silencios calados, de mudas bocas e risas cómplices. Inhumanas, crueis, duras e desapiadadas almas que agochan os coitelos cos que asasinan... armas que crean mortos en vida. Fernando Pintos. 2 de maio de 2024.