Want to make interactive content? It’s easy in Genially!

Over 30 million people build interactive content in Genially.

Check out what others have designed:

Transcript

LETRAS GALEGAS 24

Escolas Católicas

PRESENTACIÓN

AUDIOVISUAL

A MÚSICA DAS LETRAS

PODCAST

ALGÚNS RECURSOS WEB

PASATEMPOS

MATERIAL DIDÁCTICO EN LIÑA

Nesta Festa da Lingua Virtual, que xira ao redor das Letras Galegas 2024, ofrecémosvos unha serie de actividades e recursos para todos os niveis. Iniciamos a proposta cun Manifesto redactado e presentado polo escritor e editor Xabier Domínguez para a Festa da Lingua dos EDLG de Ourense o 23 de abril de 2024. MANIFESTO POLA LINGUA. XABIER DOMÍNGUEZ Primeiro de nada, gustaríame comezar dando as grazas aos organizadores deste evento tan necesario e tan fermoso como é a Festa da Lingua. A escolas católicas polo gran labor que desempeñan incansablemente contra vento e marea, ao colexio Carmelitas Vedruna por acollernos no día de hoxe, a todas las mestras e mestres polo seu tesón na educación das xeracións vindeiras e a toda a rapaza aquí presente. Dito isto, hoxe quero falarvos de algo moi especial e moi importante: 4 cousiñas de nada a nosa lingua galega, a lectura, a literatura e a nosa cultura. Sabedes que teñen en común todas estas cousas? Todas forman parte do que somos, da nosa historia e de como nos expresamos e conectamos cos demais e co mundo. Primeiro, falemos do galego, a nosa lingua. Coidar a nosa lingua é como coidar un tesouro único que nos regalaron os nosos antepasados. Falar en galego e mantelo vivo axúdanos a lembrar de onde vimos e a compartilo co mundo. Ademais, cada idioma ten palabras e formas de dicir as cousas que non existen noutros idiomas. Non é incrible pensar que ao falar en galego estamos a usar palabras que só nós podemos entender completamente? Agora, pensemos na lectura. Ler é como ter unha chave máxica que abre mil portas a mundos descoñecidos. Cada libro que lemos é unha aventura nova e unha oportunidade para aprender e soñar. Ao ler, podemos viaxar a lugares afastados, coñecer personaxes incribles e vivir historias emocionantes, todo desde a comodidade do noso fogar. A literatura galega, en particular, está chea de contos, de poemas e de historias escritas por xente da nosa terra. Estes libros contánnos como era a vida aquí hai moitos anos, que cousas lles importaban ás persoas e como vían, e ven actualmente, o mundo. A literatura tamén nos axuda a conectar coas nosas raíces e ensínanos sobre nós mesmos. Finalmente, a nosa cultura galega é todo o que nos rodea e define: a nosa música, a nosa danza, as nosas festas e, por suposto, a nosa lingua e a nosa literatura. Coidar a nosa cultura é coidar a nosa identidade, é asegurarnos de que o que somos agora, o que foron os nosos pais e avós, non se perda co tempo. Así que vos convido a todos a ler en galego, a falalo, a escribilo e a celebrar a nosa cultura galega. Cada vez que contamos unha historia, lemos un libro ou lle ensinamos a alguén unha palabra en galego, estamos a construír unha ponte cara ao futuro da nosa lingua e da nosa identidade. Non vos parece emocionante ser parte de algo tan especial? Lembrade, temos por diante un misión de vital importancia. Imos coidar a nosa lingua, IMOS ler moitos libros e imos sentirnos orgullosos de ser galegos! Grazas a todos e todas por escoitar e convídvos a seguir lendo e aprendendo cada día na nosa lingua. Grazas!

> DOCUMENTAL LUÍSA VILLALTA EDLG de Escolas Católicas da Coruña. > PARA COÑECER A L.VILLALTA Unha proposta para alumnado de primaria realizada por Franciscanas de Ourense. >BIOGRAFÍA VILLALTA Pablo VI A Rúa > HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA. XIX XORNADA DE NORMALIZACIÓN LGTCA. ESCOLAS CATÓLICAS celebrada en novembro de 2023. > SERIE WEB DA RAG 'Luísa Villalta: a rebelión da palabra' > AUDIOVISUAL DE ILLA BUFARDA: Música e poesía en Luísa Villalta. > VIDEOS FESTA DA LINGUA OURENSE Vídeos de promoción do galego elaborados polos EDLG de varios colexios de Ourense para a FESTA LINGUA presencial que tivo lugar o 22 de abril de 2024 VIDEO CARMELITAS VIDEO A PURÍSIMA VIDEO FRANCISCANAS CARBALLIÑO VIDEO SALESIANOS VIDEO JOSEFINAS

EN GALEGAS. Elaborado polo EDLG do colexio Esclavas da Coruña. Luísa Villalta, a rebelión da palabra. Radio Galicia

CANCIÓNS EDLG Ourense. Entre elas, destacan a CANCIÓN DAS LETRAS Letra é música de Elías Piñeiro do colexio Divina Pastora de Ourense. Interpretada por Elías Piñeiro, Adriana Piñeiro e Mila da Aira e mais o RAP DA LINGUA. Letra é música de Elías Piñeiro do colexio Divina Pastora de Ourense. Interpretada por Elías Piñeiro, Adriana Piñeiro e Mila da Aira. RAP DOS (premios) SARMIENTO. Letra, música e interpretación. Alumnado do colexio Juventud de Santiago. "A ESTACIÓN" POEMA MUSICADO

> LUÍSA VILLALTA NO PORTAL DA LINGUA DA SXPL > L. VILLALTA NO CONSELLO DA CULTURA > LUÍSA VILLALTA NA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA > EXPOSICIÓN DE FOTOS E DE POESÍAS de L. Villalta en O ollo de vidro > ROTEIRO LITERARIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

ALGUNHA PROPOSTA > SEMINARIO GALÁN > GUÍA DIDÁCTICA LUÍSA VILLALTA > LUÍSA VILLALTA, MULLER DE MÚSICA E POESÍA > BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA

AUTODEFINIDO E XINCANA elaborado por Carlos Medrano, docente do colexio Fogar de Santa Margarita da Coruña. PASAPALABRA elaborado por EC

Secuencia Didáctica

Empezamos

Lorem ipsum dolor