8 de marzo 2024
E ti que fas pola igualdade?
ÍNDICE
4. COORDINACIÓN E METODOLOXÍA
3. DESCRICIÓN
1. MOTIVO DO PROXECTO
3.1. Presentación
5. DIFUSIÓN
2. OBXECTIVOS
3.2 Taller
3.3 Imaxes cedidas
3.4 Produtos finais
E TI QUE FAS POLA IGUALDADE?
1. O MOTIVO DESTE PROXECTO
O 8 de marzo, “Día Internacional da Muller Traballadora”, é unha data na que se conmemora, se simboliza e se reforza a loita das mulleres pola participación na sociedade e o seu desenvolvemento integral como persoas en igualdade de condicións e oportunidades.
Con tal motivo, dende a coordinación da Biblioteca, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e a Vicedirección da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía, decidiuse realizar unha actividade que levase a un traballo reflexivo en relación á Igualdade de xénero entre todo o alumnado dos departamento de alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués, baixo o título E TI QUE FAS POLA IGUALDADE?.
2. OBXECTIVOS
A conmemoración do 8 de marzo era o punto de partida para traballar neste proxecto dende a Biblioteca do centro e acadar entre todo o alumnado dos seis departamentos: - Unha xornada de reflexión compartida sobre o papel da muller na nosa sociedade. - Concienciar dende o noso centro sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres, a presión social que sofren as mulleres e as situacións de discriminación e desigualdade no ámbito laboral. - Promover unha mellor convivencia entre o alumnado a partir desta reflexión sobre as propias prácticas e comportamentos, dentro e fóra da aula.
3. DESCRICIÓN
AFRA TORRADO presenta o seu libro "Fago o que podo"
Mira o programa aquí
Afra Torrado na Biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía para o programa G24.gal
3. DESCRICIÓN
A autora, debuxante e alumna de inglés da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía, Afra Torrado, realiza dende a Biblioteca da Escola, unha entrevista a finais de xaneiro de 2024 para G24.gal da CRTVG, cunha importante repercusión mediática. Con tal motivo e, destacando o feito de ser alumna do noso centro, dende a coordinación da Biblioteca e o EDLG considérase unha boa oportunidade para achegar esta primeira obra en banda deseñada da autora "Fago o que podo", para os fondos da biblioteca, concretamente para o departamento de galego. Esta obra reúne os seus traballos dende 2018, historietas que falan da súa historia persoal, do que Afra pensa e sinte e sobre a súa loita contra o que ela considera a síndrome da impostora. Este é polo tanto o punto de partida deste proxecto e a conmemoración do 8M na EOI de Vilagarcía neste curso 2023-2024.
3.1
PRESENTACIÓN DA OBRA
Que mellor oportunidade que ter a autora en persoa para presentar o seu primeiro traballo en banda deseñada "Fago o que podo", publicado pola editorial Rodolfo e Priscila. Deste xeito organizamos a presentación do libro na Biblioteca o día 7 de marzo ás 19:00h cunha gran acollida e numerosa participación por parte do alumnado. Esta obra é unha mostra da loita contra o síndrome da impostora. Un punto de partida que mostrará outros aspectos cos que se enfrontan as mulleres na súa vida diaria, tales como a dificultade de atopar un traballo, a menstruación como tema tabú, o desexo da muller e a morte. Afra Torrado mostra a súa intimidade e vulnerabilidade como muller, moitas veces en clave de humor, tal e como ela cita: "O humor é o meu mecanismo de defensa. Son eu así".
3.1
PRESENTACIÓN DA OBRA
3.2
TALLER DE BANDA DESEÑADA
Trala presentación da obra e despois dun interesante debate entre autora e alumnado sobre numerosos aspectos tratados no libro, organizouse un taller de banda deseñada con Afra. O alumnado trasladouse á sala Obradoiro da Escola e traballouse en pequenos grupos. O alumnado de alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués empregou varias viñetas cedidas previamente pola autora para crear diálogos na lingua meta sobre a Igualdade de Xénero e a non discriminación. O traballo foi moi dinámico e creativo, tal e como mostran as seguintes imaxes.
3.2
TALLER DE BANDA DESEÑADA
3.2
TALLER DE BANDA DESEÑADA
3.2
TALLER DE BANDA DESEÑADA
3.3
IMAXES CEDIDAS POLA AUTORA
Afra Torrado cedeu á Escola catro imaxes da súa obra para ser empregadas polo alumnado no taller de banda deseñada e producir diálogos creativos, relacionados coa igualdade, a non discriminación e os rexeitamentos sexistas. Nestes produtos finais o alumnado empregou a súa lingua de estudo na nosa EOI, coa axuda da autora e do profesorado.
3.3
IMAXES CEDIDAS POLA AUTORA
3.4
PRODUTOS FINAIS ALUMNADO
3.4
PRODUTOS FINAIS ALUMNADO
3.4
PRODUTOS FINAIS ALUMNADO
3.4
PRODUTOS FINAIS ALUMNADO
3.4
PRODUTOS FINAIS ALUMNADO
4. COORDINACIÓN E METODOLOXÍA
Este proxecto foi coordinado pola responsable da Biblioteca no curso 23-24, Sonia Fernández, o responsable do EDLG, Christopher George, así como pola Vicedirectora da EOI de Vilagarcía, Marta Gago. Tanto a presentación de "Fago o que podo" como o taller de banda deseñada contou coa activa participación da autora, Afra Torrado, o alumno de francés Marcos Vence coa súa difusión da actividade na Radio Escolar, as xefaturas de departamento e o alumnado de alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués. A autora facilitou varias imaxes da súa obra, cedidas para o taller. O alumnado traballou colaborativamente, coa axuda da autora e do profesorado, creando producións de textos escritos na súa lingua de estudo. A través destes recursos gráficos, o alumnado debía crear diálogos e/ou reflexións para contextualizar o 8M, traballar a igualdade entre homes e mulleres dende a propia experiencia, así como contextualizar a súa explicación cunha historia.
5. DIFUSIÓN
A actividade tivo unha importante repercusión na prensa escrita o 8 de marzo. A autora foi entrevistada pola "Voz de Galicia" e trascendeu como unha actividade a destacar en Vilagarcía e na súa contorna.
Prensa
Consulta aquí o artigo escrito
RRSS
5. DIFUSIÓN
O alumno de francés, Marcos Vence, entrevista a Afra Torrado na Radio Escolar da EOI de Vilagarcía no programa número 9 de "Tupper".
A actividade foi publicitada na web e en RRSS, Instagram e X.
Radio
Escoita aquí o programa!
EOI
5. DIFUSIÓN
RRSS
Todos os produtos finais do alumnado estiveron expostos na Escola durante os meses de marzo e abril.
Grazas!
EOIVGA_ E ti que fas pola igualdade?
sfcastro44
Created on April 17, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Hanukkah Presentation
View
Vintage Photo Album
View
Nature Presentation
View
Halloween Presentation
View
Tarot Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Women's Presentation
Explore all templates
Transcript
8 de marzo 2024
E ti que fas pola igualdade?
ÍNDICE
4. COORDINACIÓN E METODOLOXÍA
3. DESCRICIÓN
1. MOTIVO DO PROXECTO
3.1. Presentación
5. DIFUSIÓN
2. OBXECTIVOS
3.2 Taller
3.3 Imaxes cedidas
3.4 Produtos finais
E TI QUE FAS POLA IGUALDADE?
1. O MOTIVO DESTE PROXECTO
O 8 de marzo, “Día Internacional da Muller Traballadora”, é unha data na que se conmemora, se simboliza e se reforza a loita das mulleres pola participación na sociedade e o seu desenvolvemento integral como persoas en igualdade de condicións e oportunidades. Con tal motivo, dende a coordinación da Biblioteca, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e a Vicedirección da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía, decidiuse realizar unha actividade que levase a un traballo reflexivo en relación á Igualdade de xénero entre todo o alumnado dos departamento de alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués, baixo o título E TI QUE FAS POLA IGUALDADE?.