Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
PROTOCOLO PROTECCIÓN DE DATOS GALICIA
anabel_dominguezdiaz
Created on March 29, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Math Lesson Plan
View
Primary Unit Plan 2
View
Animated Chalkboard Learning Unit
View
Business Learning Unit
View
Corporate Signature Learning Unit
View
Code Training Unit
View
History Unit plan
Transcript
protocolo de protecCión de datos persoais
Protocolo de Protección de Datos Persoais. Edita: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Lugar: Santiago de Compostela. Ano: 2022 Depósito legal: C 1554-2022
Empezar
datos persoais no ámbito educativo
definición de dato persoal
O RXPD define “datos persoais” como “toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable (a persoa interesada)”. No ámbito educativo teñen a cualificación de datos persoais do alumnado o seu nome e apelidos, o seu número de teléfono, o seu domicilio, o correo electrónico, etc., e tamén os datos relativos ás cualificacións, ás ausencias xustificadas ou inxustificadas e ás fotografías ou vídeos (imaxe persoal).
persoa responsable e persoa encargada do tratamento de datos
O RXPD establece que por tratamento de datos persoais se entende calquera operación ou conxunto de operacións realizadas sobre datos persoais ou conxuntos de datos persoais, xa sexa por procedementos automatizados ou non, como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución. Desta forma, o concepto de tratamento de datos persoais terá un sentido amplo, incluíndo calquera uso que se faga deles e a súa comunicación a terceiras persoas.
No sistema educativo galego a persoa responsable do tratamento respecto dos centros privados (concertados ou non) será o propio centro o que teña en cada caso a consideración de responsable do dito tratamento.
bases lexitimadoras dos diferentes tratamentos de datos persoais
O artigo 4.11 do RXPD, así como o artigo 6 da LOPDGDD, definen o consentimento das persoas afectadas ou interesadas como toda manifestación de vontade libre, específica, informada e inequívoca pola que estas aceptan, xa sexa mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, o tratamento de datos persoais que lle concirne.
Cando se pretenda basear o tratamento dos datos no consentimento da persoa afectada para varias finalidades diferenciadas, será preciso recoller o consentimento de maneira específica e inequívoca para todas elas.
consideracións particulares sobre o tratamento de imaxes
A imaxe é un dato persoal que ademais ten unha especial relevancia e protección, non só na normativa de protección de datos de carácter persoal, senón tamén na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, sobre protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, e no caso das persoas menores, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
uso de imaxes no exercicio da función docente e orientadora
Se o centro escolar realiza gravacións con fins educativos, como traballos escolares ou avaliacións, o tratamento estaría lexitimado, no caso dos centros públicos, en base ao cumprimento dunha misión de interese público, sen necesidade do consentimento do alumnado ou dos seus proxenitores ou titores/as.
xestión dos datos persoais nos centros privados concertados
Os centros concertados son centros privados, aínda que conten cun concerto educativo non perden a súa condición e, polo tanto, son responsables dos seus propios tratamentos de datos persoais independentes dos da Administración educativa, polo que deberán adaptar os seus tratamentos ás previsións establecidas polo RXPD e LOPDGDD principalmente, sen prexuízo das comunicacións de datos que poidan ser necesarias conforme á normativa vixente.
peculariedades do consentimento outorgado por persoas menores de idade
Poderá solicitarse o consentimento para o tratamento dos seus propios datos persoais ás persoas maiores de 14 anos, incluídos os datos relativos á súa propia imaxe, como os obtidos a través de fotografías ou vídeos, salvo naqueles casos nos que a lei esixa para a súa prestación a asistencia dos/as titulares da patria potestade. Así, por exemplo, nos supostos nos que se requira a capacidade de obrar, esta corresponderá aos seus proxenitores ou titores/as (saídas fóra do centro escolar, participación en determinadas actividades extraescolares ou non relacionadas directamente coa función educativa…). Nestes casos, o pai, nai ou titor/a do/a menor autorizará a participación do neno ou nena na actividade e o propio neno ou nena consentirá o tratamento dos seus datos (achégase no anexo Modelo de autorización para o tratamento de imaxes segundo este formato e Modelo de autorización para a participación en actividades segundo este formato).
No caso de persoas menores de 14 anos requirirase sempre o consentimento dos pais/ nais ou titores/as.