Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

RECOMENDACIONES LECTORAS 2023-2024 (PASCUA)

monicavieitesageitos

Created on March 13, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Science Breakout

Mystery Breakout

Musical Room Escape

Submarine Escape Game

Earth Day Escape Room

Corporate Escape Room: Operation Christmas

Witchcraft Escape Room

Transcript

Recomendaciónslectoras

Comezar

CEIP A Escardia

Lectores autónomos

Prelectores e primeiros lectores

Lectores expertos

Prelectores e primeiros lectores

Lectores autónomos

Lectores expertos

Abezoo

Un alfabeto animal para descubrir o mundo das letras e da poesía. Unha reunión de fantásticos poemas para nenos escritos por Carlos Reviejo.

Isto non é unha selva

Todo comezou o día que Paula decidiu dicir que non. Dicir que non era ben divertido. Paula podía facer o que lle dese a gana. Foi daquela cando aconteceu: a súa casa converteuse nunha auténtica selva con árbores, lianas, vexetación frondosa e unha chea de animais facendo o que lles petaba.

El espacio

Un apaixonante libro, con lapelas e pezas móbiles, co que os nenos poderán despegar cara ao espazo e vivir unha emocionante aventura xunto aos astronautas máis importantes da historia. Cunha roda para virar e un despregable final, aprender nunca sería tan divertido!

Trastario. Nanas para lavadoras

Facendo honra ao seu nome, "Trastario" reúne 31 poemas dedicados ou inspirados en aparellos de uso cotián que atopamos na nosa contorna doméstica: desde a lavadora ao frigorífico, pasando polo ferro, a tostadora ou o aspirador.

Cuentos clasicos para siempre

Goza desta xenial recompilación de contos clásicos, perfecta para achegar aos máis pequenos aos contos de toda a vida. Unha marabillosa antoloxía de 14 contos inesquecibles: "La princesa y el guisante", "Hansel e Gretel", "Aladino y la lámpara maravillosa", "El flautista de Hamelín", "El gato con botas", "Ricitos de oro" e moitos máis.

Astromitos

Por que os planetas e outras estrelas teñen nomes de deuses e personaxes mitolóxicos? Sempre chamamos así ao Sol? A que temperatura está Venus? E que hai máis aló de Plutón? Busca as respostas a todas estas preguntas en Astromitos e... nunca máis volverás ver o Sistema Solar da mesma maneira.

Poemas bestas e outros bechos

Despois do éxito de «Bechopoemas», chega esta segunda parte protagonizada por máis criaturas que voan, nadan, reptan e ruxen ao ritmo dos versos. A rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente.

Planetarium

Viaxa a través do espazo visitando o noso sistema solar, a Vía Láctea e todo o universo que se extende máis aló a través deste fascinante libro no que poderás atopar impresionantes ilustracións dos elementos astronómicos e aprenderás un montón sobre o universo e os misterios que entraña.

Matilda

Matilda é unha ávida lectora que só ten cinco anos. Sensible e intelixente, todos a admiran menos os seus pais mediocres, que a consideran inútil. Ademais, ten poderes estraños e marabillosos... Un día, Matilda decide liberarse e comeza a utilizalos contra a abominable e cruel señorita Trunchbull.

Boas vacacións!

Vémonos á volta!