Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Educación Emocional

Jose Paredes Gómez

Created on March 10, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Create Your Story in Spanish

Microcourse: Key Skills for University

Microcourse: Learn Spanish

History Timeline

Education Timeline

Body Parts Game

Resource Bank

Transcript

Emocións e Música

Que imos traballar?

1. Falaremos sobre que son as emocións e cal é a súa función. 2. Reflexionaremos sobre o tipo de emocións que coñecemos e as sensacións que nos provocan. 3. Escoitaremos algúns fragmentos musicais para entender como a música pode expresar algunhas desas emocións. 4. Traballaremos sobre o manexo desas emocións.

1. Que son as emocións?

As emocións son respostas automáticas, intensas e temporais do noso corpo ante distintos estímulos. Teñen distintas funcións: Poden axudarnos a comunicar un estado de ánimo, a adaptarnos ante algo que acontece nas nosas vidas ou a tomar decisións. A partir das emocións construímos os nosos sentimentos, que teñen un carácter máis estable, duradeiro e menos intenso.

2. Que emocións coñecemos?

Alegría

Medo

Noxo

Ao longo da nosa vida temos sensacións moi diversas que podemos catalogar en 6 emocións básicas. Sabes cales poderían ser?

Sorpresa

Tristeza

Ira

3. Que nos transmite a música?

A música é unha linguaxe universal capaz de transmitir distintas emocións. A continuación tedes unha serie de exemplos. Traballade por parellas e pensade nas emocións que vos transmite cada un deles. Saberíades explicar por que?

3. Que nos transmite a música?

Unha vez clasificados os exemplos anteriores:

Tódalas respostas foron iguais? A que credes que se debe?

Traballade por grupos: Propoñede algunha canción que relacionedes coas emocións que coñecemos. Que opina o resto?

4. Que sinto? Que fago?

Xa identificamos as distintas emocións básicas. Como vos fai sentir cada unha delas? Temos ferramentas para manexalas? Que facemos cando as sentimos? No caso da música: Cando nos sentimos tristes, escoitamos música alegre ou triste? Por que credes que facemos isto?

Conclusións

Aínda que podemos percibir as emocións como positivas ou negativas (non nos gusta sentirnos tristes) todas elas cumplen unha función: Informar de como nos estamos sentindo e como podemos actuar en consecuencia. Por isto é importante que aprendamos a identificar as nosas emocións dándolles o espazo que necesitan. Pensa que todas elas son transitorias e que poden ensinarnos como coidar mellor de nós mesmos.