Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Copy - A HISTORIA DA TERRA

M.COMPOSTELA

Created on February 29, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Learning Unit

Akihabara Learning Unit

Genial learning unit

History Learning Unit

Primary Unit Plan

Vibrant Learning Unit

Art learning unit

Transcript

A HISTORIADA TERRA

Índice

A escala do tempo

A orixe da Terra

Acontecementos na Historia da Terra

Os métodos de datación

Cambios na Historia da Terra

1. A ORIXE DA TERRA

A orixe da Terra

Hai algo máis de 4500 m. a., despois da aparición e morte de dúas estrelas, comezou a formarse o sistema solar.Unha nube de gas comezaría a xirar e se iría aplanando, con case toda a súa materia no centro, formando o sol, e o resto uníndose por acreción para formar planetesimais e protoplanetas. O choque da prototerra con Theia orixinaría a actual Terra e Lúa. Ao fundirse todos os materiais, os máis densos situáronse no centro, no actual núcleo.

O sistema solar

Hai uns 13700 m.a. ten lugar a orixe do Universo a partir do Big bang.Nunha singularidade xorden o espazo-tempo e a materia-enerxía, e este espazo comeza unha gran inflación. Cando o Universo medrou suficientemente para que baixase a súa temperatura (uns 300000 anos) fórmanse os primeiros átomos de H e He, e iso permite que circule a luz, dando lugar a un primeiro fogonazo que hoxe se detecta como un fondo de microondas.

Big bang

En canto existe materia comeza a actuar a gravidade, así que nas zonas máis densas deste Universo aínda novo os gases van xuntándose en inmensas masas, que dan lugar ás primeiras galaxias. A Vía Láctea formaríase hai uns 8000 m.a. e dentro dela habería estrelas que aparecerían e completarían o seu ciclo, formando novos elementos químicos e explotando para orixinar outras nebulosas.

As galaxias

2. A ESCALA DO TEMPO

A escala do tempo

Actualidade

Denominamos tempo xeolóxico ao transcorrido dende que se formou a Terra até a actualidade.Para poder orientarnos dentro desta enorme escala temporal dividímolo en intervalos organizados de forma xerárquica. Entre estes, os principais son os eóns, que marcan 4 grandes etapas na Historia da Terra. Os eóns divídense en eras, e as eras en períodos.

65m.a.

250m.a.

540m.a.

2500m.a.

4000m.a.

4600m.a.

3. ACONTECEMENTOS NA HISTORIA DA TERRA

4600m.a.

4000m.a.

2500m.a.

540m.a.

65m.a.

Actualidade

Acontecementos na Historia da Terra

Ao longo dos distintos eóns, eras e períodos a Terra foi cambiando, tanto a nivel xeolóxico e atmosférico, como sobre todo pola aparición e evolución dos seres vivos. Iremos vendo que ocorreu de forma cronolóxica.

250m.a.

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN HÁDICO (4600-4000m.a)

No Hádico a Terra estaba recén formada e non posuía unha cortiza sólida. A caída de meteoros sería constante, e neste eón tamén se produciría o choque co protoplaneta Theia.

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN HÁDICO (4600-4000m.a)

No Hádico a Terra estaba recén formada e non posuía unha cortiza sólida. A caída de meteoros sería constante, e neste eón tamén se produciría o choque co protoplaneta Theia.

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN ARCAICO (4000-2500m.a)

No Arcaico a cortiza da Terra vólvese sólida e o vapor de auga atmosférico condensa formando océanos.Comeza tamén a actividade xeolóxica e atopamos as primeiras rochas sedimentarias. Neste eón orixínanse os primeiros seres vivos (procariotas) e algúns deles forman os estromatólitos máis antigos. Ao final desta etapa evolucionan os primeiros organismos fotosintéticos.

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN PROTEROZOICO (2500-540m.a)

O Proterozoico comeza coa Gran Oxidación, debido á liberación de osíxeno da fotosíntese, e a meirande parte de organismos que existían desaparecen.Nesta etapa a dinámica litosférica estaría consolidada e hai evidencias da formación e disgregación de supercontinentes, así como de oroxenias e das primeiras glaciacións. Aparecen os primeiros eucariotas e posteriormente a vida pluricelular e os primeiros animais. A fauna de Ediacara, sen case relación cos animais actuais, data de finais deste eón.

Fauna de Ediacara

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN FANEROZOICO (540m.a-Actualidade)

No Fanerozoico as placas tectónicas fragmentáronse, volveron a unirse nun supercontinente (Panxea) e volveron a separarse até ocupar a súa posición actual. As oroxenias máis visibles datan deste eón Desenvólvese a gran diversificación dos organismos pluricelulares, especialmente de animais e plantas, e por primeira vez a vida se desenvolve en terra firme, fóra dos océanos.

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN FANEROZOICO; ERA PALEOZOICA (I)

SILÚRICO

ORDOVICIANO

CÁMBRICO

Prodúcese a chamada Explosión Cámbrica, un evento no que en moi pouco tempo apareceron a meirande parte de grandes grupos de animais que existen hoxe.Aparecen estruturas duras coma cunchas e esqueletos, o que facilita a súa fosilización.

Prodúcese unha diversificación enorme nos grupos de invertebrados, e aparecen os primeiros vertebrados (peixes sen mandíbula). Por primeira vez algunhas plantas e fungos ocupan a terra firme. Acaba cunha extinción masiva froito dunha glaciación.

Os océanos están dominados por trilobites, peixes acoirazados e moluscos.Sobre a superficie terrestre aparecen plantas vasculares e algúns artrópodos como milpés.

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN FANEROZOICO; ERA PALEOZOICA (II)

PERMIANO

CARBONÍFERO

DEVÓNICO

Iníciase a gran colonización animal da terra firme, principalmente por insectos e anfibios, que conviven con fentos.Nos mares aparecen diversifícanse os peixes mandibulados e aparecen as quenllas, mentres empeza o declive dos trilobites.

Sobre terra firme, coa aparición das árbores, esténdense grandes bosques, o que fai que os niveis de osíxeno sexan máis altos ca nunca e proliferen os insectos xigantes.Tamén aparecen os primeiros réptiles. Acumúlanse grandes depósitos de carbón.

Neste período os continentes únense formando Panxea.Esténdense as ximnospermas.Ao final do Permiano, por unha combinación de varias causas, prodúcese a maior extinción da historia da Terra.

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN FANEROZOICO; ERA MESOZOICA

CRETÁCEO

XURÁSICO

TRIÁSICO

Despois da gran extinción do Permiano dáse unha gran diversificación, tanto de plantas como animais, e os dinosauros comezan a ocupar un lugar destacado.Tamén se inicia a fragmentación de Panxea.

Prodúcese a diversificación dos dinosauros, que dominan ecosistemas terrestres e acuáticos.Tamén aparecen os primeiros mamíferos e dinosauros avianos. O fósil guía son os ammonites. Ábrese o mar de Tetis, que divide Laurasia (ao norte) e Gondwana (ao sur).

Comeza o declive dos dinosauros, mentres se diversifican aves e mamíferos, aínda cun papel secundario. Nos mares o fósil guía son os belemnites. Ábrese o océano Atlántico. Ao final do Cretáceo un meteorito causa a extinción de todos os dinosauros non aves, ademais de moitas outras especies.

Acontecementos na Historia da Terra

EÓN FANEROZOICO; ERA CENOZOICA

NEOXENO

CUATERNARIO

PALEOXENO

Aparecen as anxiospermas (plantas con flor) e comezan a dominar os ecosistemas terrestres.Diversifícanse os mamíferos (entre eles evolucionan os primates) e aves.A India choca con Asia e comeza a oroxénese alpina, que continúa actualmente.

Os mamíferos aumentan de tamaño e dominan os ecosistemas terrestres.Aparecen os primeiros homínidos.

É o período actual. Desaparecen a meirande parte de mamíferos de gran tamaño e evoluciona o Homo sapiens . Continúa a oroxénese alpina.

4. CAMBIOS NA HISTORIA DA TERRA

Cambios na historia da Terra

Esencialmente, os procesos xeolóxicos que suceden hoxe en día son semellantes aos que ocorreron noutros momentos, pero a súa acumulación ao longo de millóns de anos produciu cambios importantes no planeta. O máis obvio é a evolución biolóxica, pero imos ver polo miúdo os cambios a nivel atmosférico e climático. CAMBIOS NA ATMOSFERA CAMBIOS NO CLIMA

Cambios na historia da Terra

CAMBIOS ATMOSFÉRICOS

A atmosfera terrestre formarase no Arcaico, fundamentalmente a partir de gases volcánicos, polo que na súa composición dominaría o CO2, vapor de auga, metano e gases de xofre e nitróxeno. Segundo a Terra arrefría o vapor de auga formaría os océanos e se volvería máis escaso na atmosfera. Tampouco había neste momento osíxeno nin ozono, o que faría que a radiación fose intensa e impedía a vida sobre os continentes. A vida xorde nos océanos, e cando aparece a fotosíntese, tamén no Arcaico, comeza a liberarse osíxeno que vai acumulándose na atmosfera. Isto conduce á Gran Oxidación que dá paso ao Proterozoico e a que apareza unha capa protectora de ozono. Os niveis de osíxeno e CO2 foron variando posteriormente na atmosfera debido a cambios biolóxicos.

Cambios na historia da Terra

CAMBIOS CLIMÁTICOS: O EFECTO INVERNADOIRO

A temperatura media da Terra a principios do S.XX era duns 14ºC, aínda que esta temperatura foi variable ao longo da historia do noso planeta, sendo máis cálida a meirande parte do tempo. En gran parte esta temperatura se debe á acción atmosférica, que retén a calor do sol grazas a algúns gases coma o metano, o vapor de auga ou o CO2. A isto chamámolo efecto invernadoiro. Nos últimos milenios o principal gas de efecto invernadoiro que explica os cambios de temperatura é o CO2. Actualmente a concentración de CO2 atmosférico atópase disparada por causa do ser humano, que está a queimar inxentes cantidades de combustibles fósiles. Isto está a causar un quencemento global repentino nos últimos anos, que pode ter consecuencias desastrosas tanto para os ecosistemas globais como para o noso xeito de vida.

Cambios na historia da Terra

CAMBIOS CLIMÁTICOS: AS GLACIACIÓNS

As glaciacións son períodos fríos na historia da Terra, no que gran parte da superficie terrestre quedaría cuberto por casquetes de xeos polares. Sábese que houbo varios períodos glaciais, de distinta intensidade. A primeira glaciación ocorrería a principios do Proterozoico e a máis severa a finais dese mesmo eón. Na actualidade, dende hai uns 10000 anos, estamos atravesando un período interglacial. As causas das glaciacións son variadas e funcionarían combinadas: a variación na concentración de gases de efecto invernadoiro, cambios na inclinación do eixe terrestre, cambios na distribución da calor na terra polas variacións nas correntes oceánicas debido á tectónica de placas, alteracións na emisión de calor solar,...

5. MÉTODOS DE DATACIÓN

Métodos de datación

A datación é o proceso polo cal se determina hai canto tempo ocorreu un determinado suceso e cal foi a súa duración. DATACIÓN ABSOLUTA Os métodos de datación absoluta dan información precisa, con datas concretas e duracións exactas. Algúns exemplos son a dendrocronoloxía, o estudo de camadas glaciarias e a radiometría. DATACIÓN RELATIVA Baséanse na estratigrafía e dan datas menos precisas, pero axudan a ordenar acontecementos nunha secuencia, dende o máis antigo ao máis moderno, e achegan información complementaria.

Métodos de datación: Datación absoluta

Camadas glaciarias

Dendrocronoloxía

Radiometría

Existen isótopos radioactivos, que van desintegrándose co paso do tempo e dando lugar a outros elementos (p.ex o 14C dá 14N ou o 235U dá 207Pb).O período de semidesintegración dun destes isótopos é o tempo no que a metade de átomos presentes ao principio se transformarán no novo elemento, e é constante. Sabendo a proporción entre os elementos orixinais e os formados por desintegración podemos calcular a idade con precisión.

Nas lagoas glaciarias deposítanse sedimentos, coa particularidade de que en verán, cando aumenta o caudal de auga, chegan arxilas e limos que forman unha capa clara no medio das demais. Contando estas capas (chamadas varves) podemos determinar os anos con precisión. Son moi útiles para determinar a duración das glaciacións.

Determina a idade das árbores (incluíndo fósiles e madeira) a través dos aneis de crecemento das mesmas.Os aneis claros fórmanse en primavera e os escuros en outono, e ademais serán máis estreitos se as condicións foron secas. Combinando o estudo de árbores actuais e antigas podemos remontarnos no tempo alén das árbores vivas hoxe en día.

Métodos de datación: Datación relativa

A estratigrafía encárgase do estudo dos estratos que forman o solo e as rochas sedimentarias para determinar a súa orixe, disposición, orde e os acontecementos que deixaron pegada neles.Baséase en 3 principios:

  • Horizontalidade e superposición de estratos
  • Superposición de procesos xeolóxicos
  • Sucesión faunística

Métodos de datación: Datación relativa

Na estratigrafía é moi útil o estudo de fósiles: restos de organismos que viviron no pasado, ou da súa actividade, que se conservan nas rochas.Xeralmente atopamos fósiles en rochas sedimentarias ou en metamórficas que sufriron un metamorfismo suave. Os fósiles guía son aqueles que resultan máis útiles para datar estratos, para o cal deben cumprir certas condicións: ser fácilmente identificables, ter vivido nun intervalo temporal concreto e coñecido e ser abundantes e con ampla distribución xeográfica na súa época. Algúns fósiles guía serían os seguintes:

Trilobites, principalmente do Silúrico

Belemnites, principalmente do Cretáceo

Ósos de dinosauro, do Mesozoico

Ammonites, principalmente do Xurásico