Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
A fauna das pozas intermareais
M.COMPOSTELA
Created on February 26, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Correct Concepts
View
Microcourse: Artificial Intelligence in Education
View
Puzzle Game
View
Scratch and Win
View
Microlearning: How to Study Better
View
Branching Scenarios Challenge Mobile
View
Branching Scenario Mission: Innovating for the Future
Transcript
Autor: David Villar Docampo
Autor: David Villar Docampo
A FAUNA GALEGA: POZAS INTERMAREAIS
Autor: David Villar Docampo
Preme nas imaxes para obter máis información das distintas especies.
escribe una introducción aquí
Escribe un título
Autor: David Villar Docampo
A Taxinomía: Como se clasifica un animal?
Exemplo: A mincha
Dominio
Reino
Filo
Clase
Orde
Familia
Xénero
Especie
Eukarya
Animalia
Mollusca
Gastropoda
Littorinimorpha
Littorinidae
Littorina
Littorina littorea
Autor: David Villar Docampo
Autor: David Villar Docampo
Autor: David Villar Docampo
Autor: David Villar Docampo
Autor: David Villar Docampo
Minchas ou Caramuxos
Littorina littorea
As minchas son moluscos gasterópodos, parentes dos caracois. Viven sobre algas e rochas da zona intermareal, alimentándose principalmente de algas, pero tamén de pequenos invertebrados. A súa reprodución é sexual, con sexos separados e fecundación interna. Poden chegar a vivir 20 anos.
Mexillóns
Mytilus galloprovincialis
Os mexillóns son moluscos bivalvos, parentes de berberechos e ameixas. Son sésiles e viven fixados ás rochas, en zonas de mar batida. Aliméntanse de materia orgánica en suspensión, que capturan por filtración. A súa reprodución é sexual, con sexos separados e fecundación externa. As súas larvas , chamadas trocóforas, viven libres por períodos de ata un mes.
Camarón
Palaemon serratus
Os camaróns son crustáceos decápodos, parentes das nécoras e as centolas. Viven en pozas e fendas rochosas. Son omnívoros e aliméntanse de algas, zooplancto e pequenos animais, ademais de restos de materia orgánica. A súa reprodución é sexual, con sexos separados e fecundación interna.
Actinia, anemone ou apegón
Actinia equina
Os apegóns son cnidarios, parentes dos corais e as medusas. Son sésiles e viven sobre as rochas, alimentándose de pequenos animais, que capturan cos seus tentáculos urticantes. Teñen reprodución sexual e asexual, con formas como a bipartición ou a xemación.
Alga
As algas son protistas, polo que non fan parte da fauna!! Iso si, como produtoras, son importantes na cadea trófica de moitos animais.
Estrela de mar
Ex: Marthasterias glacialis
As estrelas de mar ou gradicelas son equinodermos, parentes dos ourizos de mar. Viven en todo tipo de substratos e adoitan ser carnívoras e voraces depredadoras de crustáceos, moluscos e outros equinodermos. Para alimentarse expulsan o seu estómago, que rodea a presa e a dixire. A súa reprodución é sexual, con sexos separados e fecundación externa.
Arneiróns
Exemplo: Semibalanus balanoides
Os arneiróns ou balanos son crustáceos cirrípedes, parentes dos percebes. Son sésiles e viven fixados ás rochas, en zonas de mar batida. Aliméntanse de zooplancto e partículas de materia orgánica que capturan por filtración. A súa reprodución é sexual e adoitan ser hermafroditas, aínda que non poden autofecundarse.
Lapas
Patella vulgata
As lapas son moluscos gasterópodos, parentes dos caracois. Viven sobre as rochas da zona intermareal, alimentándose de algas. Cando a marea baixa péganse á rocha, evitando a desecación. A súa reprodución é sexual e os individuos poden cambiar de sexo. A fecundación é externa e as súas larvas viven libres durante unhas 3 semanas.
Plancto
O plancto é un conxunto de organismos, xeralmente microscópicos ou de pequeno tamaño, que son arrastrados polas correntes mariñas. Parte deles son algas (fitoplancto) ou protozoos, pero tamén existen animais e as súas larvas (zooplancto). Teñen unha gran importancia nas redes tróficas dos ecosistemas.
