Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Fauna Galega
Jose Iglesias
Created on February 25, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Akihabara Connectors Infographic
View
Essential Infographic
View
Practical Infographic
View
Akihabara Infographic
View
Interactive QR Code Generator
View
Witchcraft vertical Infographic
View
Halloween Horizontal Infographic
Transcript
JOSÉ LUIS IGLESIAS GRANJA
Cetáceos (24 especies); Quirópteros (26); Roedores (17); Carnívoros(19); Insectívoros (10); Lagomorfos(3); Artiodáctilos (7)
106 ESPECIES
MAMÍFEROS
448 ESPECIES
Mariñas; Zonas húmidas; Anátidas; Rapaces; Limícolas; Paxaros e semellantes; Introducidas
AVES
- Tartarugas: Galápagos (3 especies) e Tartarugas mariñas (5);
- Escamosos: Lagartos (2 especies); Lagartixas (8); Escánceres, esgonzos e Ladras (5); Cobras (6); Víboras (2)
31 ESPECIES
RÉPTILES
14 ESPECIES
- Anuros: Sapos (4); Ras (5)
- Urodelos: Píntegas (2); Pintafontes(3)
ANFIBIOS
- Agnatos: Lampreas; Mixinos
- Cartilaxinosos: Quenllas; Raias; Quimeras
- Óseos: Actinopterigios; Sarcopterigios
450 DE MAR 25 DE AUGA DOCE
PEIXES
- Artrópodos:Insectos; Arácnidos; Miriápodos; Crustaceos
- Equinodermos:
- Moluscos: Bivaldos; Cefalópodos; Gasterópodos
- Artrópodos: Anélidos; Nematodos; Platelmintos
- Equinodermos:
- Moluscos: Medusas; Pólipos
40.000 ESPECIES
INVERTEBRADOS
JOSÉ LUIS IGLESIAS GRANJA
JOSÉ LUIS IGLESIAS GRANJA
JOSÉ LUIS IGLESIAS GRANJA
JOSÉ LUIS IGLESIAS GRANJA
MAMÍFERO
RAPOSO (Vulpes vulpes)
Pequeno cánido de ente 4 e 10 quilogramos de peso. A cor da pelaxe é variable, entre amarelado, alaranxado, avermellado e gris, podéndose atopar incluso individuos case negros (melánicos) . No inverno a pelaxe é mesta debido á borra, un tipo de pelo cuxa función é protexer do frío e da auga; na primavera fai a muda: perde pelo adquirindo un aspecto como descoidado.
RÉPTIL
SAPOCONCHO COMÚN (Emys orbicularis)
Tartaruga de auga doce, coa parte dorsal da coiraza (espaldar) bombeada e escura, duns 20 centímetros de longo como moito. A parte ventral (plastrón) é amarelado. Cabeza, patas, e cola escuras con pintas amareladas. Os dedos das patas están unidos por membranas interdixitais e rematan en fortes uñas. A cola é bastante longa. Presentan dimorfismo sexual, machos máis pequenos, co plastrón algo cóncavo e cola máis longa.
AVE
PAPORRUBIO (Erithacus rubecula)
Pequeno paxaro, de apenas 16 gramos de peso, gordecho, que destaca, como o seu nome di, por ter o peito e a cara alaranxada, sen aparente dimorfismo sexual. Os poliños son pardos con pintas claras ata o final do seu primeiro verán, momento no que comezan a mudar cara a plumaxe que teñen os adultos.
INVERTEBRADO
PULGA DE PRAIA (Talitrus saltator)
Crustáceo de corpo aplanado lateralmente, e de até 2 centímetros, con 13 pares de patas;7 pares parten do tórax, e 6 pares do abdome, destas, 3 pares son para nadar e os outros 3 para saltar. Ollos compostos e un par de longas antenas e outro de anténulas na cabeza. Habita o nivel intermareal, e nas zonas máis elevadas escava galerías das que sae sobre todo ao amencer e ao caer a tarde a alimentarse, principalmente de algas e restos orgánicos en descomposición que trae a marea.
ANFIBIO
ESTROZA (Hyla molleri)
Pequena ra, de non máis de 50 milímetros de longo, de pel lisa, brillante e rechamante cor verde intensa, que pode variar a tons amarelados e pardos, isto sucede tanto entre individuos, como dentro dun mesmo exemplar, o cal dependerá da época do ano e da temperatura, en xeral máis escuros cando vai máis frío. Ás veces poden verse exemplares de cor azul, debido a un defecto nos pigmentos amarelos da súa pel. Presenta unha característica liña escura que vai dende o fociño ata a ingua. Pupila horizontal e iris dourado.
PEIXE
CABALIÑO DE MAR NARIGUDO Hippocampus guttulatus
Esta é unha das dúas especies que poden verse en augas galegas, a outra é o cabaliño de mar común (Hippocampus hippocampus), de cabeza e cola máis curta e sen as expansións corporais a modo de ramas que leva o narigudo, o cal aumenta a camuflaxe entre as algas. A coloración varía duns exemplares a outros; verdes, amarelados, marróns, con pintas...imitando normalmente o entorno no que habitan.