Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024
letrasgalegaseminari
Created on February 22, 2024
Actividades para o alumnado de primaria sobre o Día das Artes Galegas e sobre a biografía e obra de Francisco Asorey.
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
FRANCISCO ASOREY
1 de abril de 2024
DÍA DAS ARTES GALEGAS
COMEZAMOS?
FRANCISCO ASOREY
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Audio: Alejandra Campo Penín CEIP R. Otero Pedrayo A Laracha (A Coruña)
1 DE ABRIL DE 2024
CEIP RAMÓN DE LA SAGRA, A CORUÑA CEIP J. FERNÁNDEZ LATORRE, A CORUÑA CEIP PLURILINGÜE BRAGADE, OZA-CESURAS (A CORUÑA) ceip emilia pardo bazán, a coruña CEIP PLURILINGÜE MANUeL MURGUÍa, A CORUÑA ceip salgado torres, a coruña CEIP RAMÓN OTERO PEDRAYO, A LARACHA (A CORUÑA) CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMA, A CORUÑA
SEGUIMOS?
O Día das Artes Galegas é unha conmemoración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes no ano 2015 e que se celebra cada 1 de abril. O primeiro artista homenaxeado foi o Mestre Mateo, autor do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.
Que institución constituíu o Día das Artes Galegas?
Real Academia Española
Real Academia Galega
Real Academia Galega de Belas Artes
Que día se celebra o Día das Artes Galegas?
1 de abril
24 de decembro
14 de febreiro
Quen foi o primeiro homenaxeado no Día das Artes Galegas?
Alfonso R. Castelao
Mestre Mateo
Laxeiro
De que obra é autor o Mestre Mateo?
Pórtico da Gloria
Dolmen de Dombate
Castelo de Andrade
En que cidade está o Pórtico da Gloria?
Navia de Suarna
Ponte Caldelas
Santiago de Compostela
Despois do Mestre Mateo dedicóuselles o Día das Artes Galegas a Castelao, Maruxa Mallo, Alejandro de la Sota, Luís Seoane, Domingo de Andrade, Laxeiro e Martín Códax.
A cal destas tres persoas se lle dedicou, no ano 2023, o Día das Artes Galegas?
Isaac Díaz Pardo
Laxeiro
Martín Códax
Cal é o nome da única muller homenaxeada no Día das Artes Galegas?
Rosa Guisán
Maruxa Mallo
Rosalía Dans
En que ano se homenaxeou a Luís Seoane no Día das Artes Galegas?
No ano 2019
No ano 1993
No ano 2001
Este ano 2024, o Día das Artes Galegas dedícaselle ao escultor cambadés Francisco Asorey.
Ofrenda a San Ramón
A que escultor se lle dedica o Día das Artes Galegas 2024?
Mon Vasco
Acisclo Manzano
Francisco Asorey
10
Cal era a profesión de Asorey?
Escultor
Músico
Mariñeiro
Francisco Asorey naceu o 4 de marzo de 1889 en Fefiñáns, Cambados (Pontevedra).Foi profesor de Debuxo en Barakaldo, Biskaia, e en Madrid comezou os seus primeiros traballos artísticos.
11
Onde naceu Francisco Asorey?
Avieira, Palas de Rei
Fefiñáns, Cambados
Vilaboa, Culleredo
12
Cal é a data do seu nacemento?
Casa natal de Asorey
4 de marzo de 1889
7 de xullo de 1999
20 de abril de 2004
13
Onde comezou os seus primeiros traballos artísticos?
Pazo de Oriente. Madrid
Verín
Ourense
Madrid
14
De que traballou en Barakaldo?
"O fidalgo", ilustrado por Asorey
Profesor de Música
Profesor de Galego
Profesor de Debuxo
Aos 29 anos trasladouse a Santiago de Compostela onde traballou como escultor anatómico na Facultade de Medicina.
15
Cal era o traballo de Asorey na Facultade de Medicina?
Escultor anatómico
Auxiliar de clínica
Protésico dental
16
Que idade tiña Asorey cando chegou a Santiago de Compostela?
Dezasete anos
Trinta e un anos
Vinte e nove anos
En Santiago de Compostela montou un taller de escultura, a carón do convento de San Domingos de Bonaval, e de aí saíron as primeiras obras en madeira policromada: Picariña, Naiciña... e San Francisco, coa que acadou a Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes.
17
A carón de que convento compostelán estaba o primeiro taller de Asorey?
Convento de San Domingos de Bonaval
Convento de Santa Clara
Convento das Orfas
18
Por que escultura recibiu a Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes?
Santa Minia
San Francisco
San Breixo
19
De que material estaba feita a escultura de San Francisco?
Plástico
Cartón
Madeira
20
Que significa "policromada"?
Que non ten cor ningunha
Que ten varias cores
En 1930 trasladou o taller á rúa compostelá de Santa Clara e alí fai os grandes monumentos en granito: o do aviador Joaquín Loriga, o do poeta Curros Enríquez, o do astrónomo Ramón Aller...
Taller de Asorey na rúa Santa Clara
21
A que rúa compostelá trasladou Asorey, en 1930, o seu taller de escultura?
Fonte de Santa Clara
Rúa Santa Clara
Rúa Moeda Vella
Rúa Casas Reais
22
A que poeta galego lle dedicaron na Coruña un monumento tallado por Asorey?
Eduardo Pondal
Ramón Cabanillas
Curros Enríquez
23
Que profesión tiña Joaquín Loriga, personalidade ao que Asorey lle fixo un monumento en Lalín?
Cantante
Aviador
Escritor
Faleceu o 2 de xullo de 1961.Foi soterrado no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela.
24
En que ano faleceu Francisco Asorey?
1101
1961
2024
25
Onde está soterrado Francisco Asorey?
Altar de San Domingos de Bonaval
No Panteón de Galegos Ilustres
No cemiterio de Aríns
No cemiterio de Boisaca
Cal destas esculturas é obra de Francisco Asorey?
26
Naiciña
Fita
Arroaz
27
Lembras a quen se lle dedica o Día das Artes Galegas 2024?
Francisco Asorey
Francisco Leiro
Jorge Peteiro
PARABÉNS!
DÁMOSLLLE OUTRA VOLTA?
Monumento a San Francisco
SÍNTOO!
A RESPOSTA QUE ESCOLLICHES NON É A CORRECTA!
VolTAMOS?