Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
A fauna galega
Irene J
Created on February 22, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Higher Education Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Vintage Mosaic Presentation
View
Modern Zen Presentation
View
Newspaper Presentation
Transcript
A fauna galega
Proxecto final
Irene Justo Pérez Curso para certificar a competencia dixital B2: A4 e A5. Genially: avaliación e empoderamento do alumnado
Índice
Características
Animais significativos
Cuestionario: É o teu turno!
Irene Justo Pérez
01
CARACTERÍSTICAS A FAUNA GALEGA
Irene Justo Pérez
CARACTERÍSTICAS
DA FAUNA GALEGA
Non sempre tivemos esta paisaxe. E houbo outras especies, por exemplo, hai uns 110.000 anos...
A IMPORTANCIA DA XEOGRAFÍA
Unha ollada ó pasado
A situación xeográfica da Galiza, a influencia oceánica, a intricada paisaxe de vales e montañas, bosques… a continuidade coa Cordilleira Cantábrica, as illas e illotes, os 1498 quilómetros de costa (con rías, esteiros, cabos, cantís, sistemas dunares, praias, lagoas, marismas), a extensa rede fluvial e a situación fronteiriza entre dúas rexións bioxeográficas, a mediterránea e a eurosiberiana, dá lugar a unha gran variedade de ambientes e a unha gran biodiversidade.
O futuro, nas nosas mans
75 especies en perigo de extinción. 126 especies vulnerables.
VÍDEO
Irene Justo Pérez
02
ANIMAIS SIGNIFICATIVOS A fauna galega
Irene Justo Pérez
ANIMAIS SIGNIFICATIVOS
DA FAUNA GALEGA
Irene Justo Pérez
O RAPOSO
Irene Justo Pérez
03
É O TEU TURNO! cuestionario A fauna galega
Irene Justo Pérez
PREGUNTA 1/4
Irene Justo Pérez
PREGUNTA 2/4
Irene Justo Pérez
PREGUNTA 3/4
Irene Justo Pérez
PREGUNTA 4/4
Irene Justo Pérez
Grazas pola atención!
Irene Justo Pérez Curso para certificar a competencia dixital B2: A4 e A5. Genially: avaliación e empoderamento do alumnado
Cetáceos
Fauna mariña
Hai máis de 20 especies documentadas en augas galegas. As máis abundantes en augas costeiras son o golfiño mular (Tursiops truncatus), a toniña común (Phocoena phocoena) e o golfiño común de hocico corto (Delphinus delphis). Outras especies no área son a orca (Orcinus orca), o cachalote (Physeter macrocephalus), a balea chepuda (Megaptera novaeangliae) e a balea azul (Balaenoptera musculus).
- Contan cunha aleta dorsal que lles aporta estabilidade e a cola remata nunha aleta horizontal que lles aporta velocidade.
- Periodo de xestación das femias: 7-13 meses.
- Viven entre 20 e 30 anos.
Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI)
OSO PARDO
É o mamífero máis grande que habita na Galiza. O seu reino son os Ancares, mais O Courel tamén se presenta como un medio apropiado para a especie. Aínda que houbo centos de exemplares nas serras galegas, hoxe contamos 11, polo que é unha especie declarada en perigo de extinción.
Plan de recuperación do Oso Pardo
- Nome científico: Ursus arctos
- É unha das especies máis ameazadas da fauna galega
- Omnívoro.
coñecendo...
O raposo común
O raposo común (Vulpes vulpes), raposo vermello ou tamén denominado como golpe no norte da Galiza, é a meirande especie de raposo e un dos membros máis espallados no mundo da orde dos carnívoros, estando presente en todo o hemisferio norte. Entre tódolos raposos, este representa a forma máis evolucionada en termos de alimentación carnívora. Ademais do seu tamaño maior, o raposo común diferénciase doutras especies de raposo pola súa grande habilidade de adaptarse a novos ambientes.
FALCÓN PEREGRINO
É unha ave rapaz robusta de entre 500 e 1200 gramos. As femias poden chegar a ser un terzo maiores cós machos. Nos adultos, destaca a extensa bigoteira negra na cara, que contrasta co anel amarelo que rodea os ollos negros e o seu curto pero poderoso peteiro. Os xuvenís son pardos e con listas ventrais verticais. Pode facer picados de ata 400 Km/h. Técnica que emprega para atrapar ás súas presas coas garras. Primeiro as localiza coa súa aguda vista dende moi alto, prega as ás, e se lanza vertixinosamente.
Vídeo documental sobre a fauna do norte da península ibérica: Galiza, Asturias e Cantabria.
OLLADA Ó PASADO
Entre glaciación e glaciación houbo longos períodos cun clima cálido, no que en Galicia podían verse hipopótamos nas lagoas ou elefantes bañándose nos ríos, dos que parece que os nosos antepasados paleolíticos galegos deron boa conta para alimentarse. Moitas especies extinguíronse, ás veces por causa natural como ocorreu con parte da paleofauna, e outras por influencia humana, como é o caso do que chamaban popularmente “o tigre ou lobo cerval” que era un lince, pero non o ibérico (Lynx pardina), senón o boreal (Lynx lynx), que habitou en Galicia ata comezos do século XX.
ESPECIES
Hai uns 110.000 anos, no último interglacial, os neardentais convivían en Galicia con leóns, hienas, leopardos, osos, cabalos e rinocerontes. Eran protagonistas, por aquel entón, da nosa fauna; tal como testemuñan os fósiles atopados nun xacemento en Becerreá . Tamén houbo un tempo no que existían Mamuts, tal como se puido comprobar ao atopar un fósil desta especie no Incio.
CONSERVACIÓN
O FUTURO, NAS NOSAS MANS
Hoxe en día asistimos a unha taxa de extinción anual de 1.000 a 10.000 veces maior que a taxa normal nos últimos 60 millóns de anos, que sería de entre 1 a 5 especies por ano. E nisto, evidénciase a influencia humana. Respecto á conservación da nosa natureza, temos o 12% de superficie galega protexida (fronte á media estatal do 27%). En relación ás especies, contamos cun Catálogo Galego de Especies Ameazadas, aprobado en 2007, e ampliado posteriormente, no que constan 201 especies de fauna e flora na situación de perigo de extinción ou vulnerable.