Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Fauna galega
traballoies
Created on February 20, 2024
Curso para certificar a competencia dixital B2: A4 e A5. Genially: avaliación e empoderamento do alumnado
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Akihabara Connectors Infographic
View
Essential Infographic
View
Practical Infographic
View
Akihabara Infographic
View
Interactive QR Code Generator
View
Witchcraft vertical Infographic
View
Halloween Horizontal Infographic
Transcript
Diversidade
Mamíferos
Reptís e anfibios
Galicia é unha terra de frondosa vexetación e clima oceánico con varias rías que protexen as costas do embate do mar aberto. Estes factores facilitan a proliferación de numerosas especies de todo tipo de animais; aínda que na actualidade estean ameazadas pola actividade humana e explotación dos seus hábitats..
Son o tipo de animais máis abundantes na nosa terra, convivindo especies domesticadas como as vacas con especies salvaxes. Destas últimas podemos atopar herbívoros como liebres, cervos ou corzos; xunto a depredadores grandes como o oso pardo (O Courel) ou máis pequenos como a donicela.
A fauna galega
En Galicia existen numerosas especies de serpes, ras e lagartos, entre os que destacan a píntega ou a cobra rateira. a existencia de dúas víboras velenosas (víbora de Seoane e víbora fociñuda), xunto coas creanzas cristiás deron mala fama a estes animais.
Breixo de Santiago Pita
En Galicia existen varias zonas de protección da fauna como: - Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.- Parque das Illas Atlánticas ou o parque - Parque natural das fragas do Eume,natural das fragas do Eume.
Perigo
Aves
Mar
+ info
Os 1500 quilometros de costa con diversas rías lugar ideal para que floreza un monton de vida mariña como os mariscos centolas ou cigalas, moluscos bivalvos como os mexilóns e navallas, pero incluso animais máis grandes como o ollomol, peixe sapo ou pescada; e mamíferos mariños como o arroaz.
Aínda que a extinción de especies é un fenómeno natural; este fenómeno aumentou provocado pola contaminación, o aumento da actividade humana no campo e o mar e a súa sobreexplotación. En Galicia unhas 24 especies están en perigo de desaparecer se non actuamos para cambialo.
A diversidade de paisaxes (fragas, lagoas, campiñas, ríos, praias, embalses, acantilados, …) produce que a nosa terra presente unha gran diversidade de aves como as de rapiña gabián ou miñato, marinas como a gaivota ou corcomorán moñudo, nocturnas como a curuxa, ou insectívoros como o paporroibo.
Pequenos depredadores - Breixo de Santiago Pita
Cuestionario
Fauna galega - Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Breixo de Santiago Pita
Mustela nivalis
Donicela
Tamén coñecida como doniña, delunciña, feiticeira ou galana entreo moitos outros. Forma parte da familia dos mustélidos como os armiños, martas, furóns ou lutras.Son animais pequenos cunha lonxitude promedio en machos de 130–260 mm, e de 114–204 mm nas femias. Aínda así, son cazadores temibles podendo capturar presas maiores que ela, como ratas, ratos e arvicolinos; ás veces incluso lebres ou aves. Moi relacionado coas crenzas populares, dise que non se debe pronunciar o seu nome, porque facelo atrae a mala sorte.
- Son carnívoros, comendo roedores, insectos, serpes ou ras.
- Vive en calquera hábitat aínda que prefire os prados ous lindes de bosques.
- Presente en toda Europa agás Irlanda.
Teixugo
Meles meles
Tamén coñecido como porco teixo, teixo ou toruróné un máis das diferentes variedades de mustélidos que habitan as nosas fragas. Mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos. É moi doado de identificar polas bandas brancas e negras da cabeza e o seu abdome prateado. As patas dianteiras teñen as poutas con uñas moi longas,
- Animal nocturno.
- A súa pelaxe usábase para facer brochas..
- É omnívoro, come animais como miñocas, caracois, vermes, ras, pequenos mamíferos, prea, raíces, bulbos, froita ou castañas.
- Vive en bosques frondosos en soidade.
Xeneta
Genetta genetta
Tamén coñecida como rabilongo, algaria, gato algario, gato de algalia ou rabisaco. A xeneta é unha das dúas especies de vivérridos que se poden atopar actualmente en Europa xunto coa mangosta. Polo seu aspecto externo, a xeneta aseméllase a un gato alongado de pelo amarelado a agrisado salpicado de pintas negras. Pode chegar aos 55-60 centímetros, lonxitude que iguala ou supera a cola. A altura na cruz é de 20 centímetros, e o peso oscila entre 1'2 e 2'5 quilos.
- É un cazador nocturno
- Vive tanto en bosques como prados.
- Aliméntanse de insectos, mamíferos pequenos, lagartos e aves. Ás veces inxeren tamén froitos, en especial figos