Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

UD3: Reino Vexetal @aconciencia

Mª Jesús Rosales

Created on February 16, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Women's Presentation

Vintage Photo Album

Geniaflix Presentation

Shadow Presentation

Newspaper Presentation

Memories Presentation

Zen Presentation

Transcript

UNIDADe DIdÁCTICA 3

REINO VEXETAL

COMEZAR

@acon_ciencia

Traducido por: @susy_rosan

Índice

1. CARACTERÍSTICAS XERAIS

DOCUMENTAL

2. BRIOPHITAS

guía DIDÁCTICA DO ALUMNO

3. PTERIDOPHITAS

4. SPERMATOPHITAS

TARXETAS BIOKINGDOM

5. FUNCIÓNS VITAIS DAS PLANTAS

6. IMPORtancia DAS PLANTAS

CONTIDOS E CRITERIOS

7. ELABORACIÓN DUN HERBARIO

8. PRÁCTICAS DE LABORATORIO

CONTIDOS BÁSICOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Características XERAIS

O Reino das plantas, vexetal ou metafitas inclúe aos seres vivos eucariotas, sen capacidade locomotora, pluricelulares, con células rodeadas por unha parede celular de celulosa, e con cloroplastos cos que realizan a fotosíntese (nutrición autótrofa). Son capaces de fabricar materia orgánica a partir de dióxido de carbono, auga e sales minerais.). As plantas xurdiron fai uns 500 millóns de anos a partir dun grupo de protoctistas acuáticos parecidos ás algas verdes. Aínda que a maior parte das plantas viven no medio terrestre, as plantas máis primitivas (os musgos e os fentos) aínda necesitan a auga na súa reprodución. O resto de plantas, máis evolucionadas, adaptáronse a todos os ambientes porque as súas células forman tecidos e órganos. A botánica é a ciencia que se encarga do estudo das plantas.

O poder das plantas

Clasificación

Actividade inicial

Clasificación

As plantas clasifícanse en dúas grandes divisións segundo se producen ou non sementes:

  1. Plantas sen sementes. Son plantas que non posúen flores, nin pole, nin producen sementes. Neste grupo atopamos dúas divisións:

  • Briófitas. Son os musgos.
  • Pteridófitas. Son os fentos.

2. Plantas con sementes: Teñen flores, producen polen e sementes. Son as Espermatófitas. Divídense en dous grupos:

  • Ximnospermas: Plantas que producen sementes pero non están contidas dentro dun froito, por exemplo, o piñeiro.
  • Anxiospermas. Producen sementes que están contidas dentro dun froito, por exemplo, o almendro.

2. BRIÓFITAS

A División Briófitas foron as primeiras plantas que colonizaron o medio terrestre e inclúen aos vexetais máis sinxelos: antóceras, hepáticas e musgos.

  • Son plantas NON VASCULARES (non teñen vasos conductores)
  • Son talófitas, é dicir, non teñen texidos nin órganos ben desenvolvidos. Non teñen nin raíz, nin talo, nin follas, nin flores nin froitos. Están formadas por un pequeno talo que está fixado ao chan por uns peliños (rizoides) e numerosas falsas folliñas (filoides).
  • As briófitas seguen ligadas á auga e necesitan zonas húmidas para vivir. A auga é necesaria para a fecundación.
  • As briófitas son moi importantes á hora de crear un solo xa que, xunto aos liques, son os primeiros colonizadores do medio terrestre.

As briófitas non teñen flores. A súa reprodución é alternante (sexual e asexual), onde se produce unha alternancia de xeracións:

  • Gametófito. É a forma do musgo ou a hepática máis habitual, a que produce gametos.
  • Esporófito. Crece sobre o gametófito e está formado por un filamento terminado nunha cápsula na que se produce esporas que, cando maduren e dispérsense, orixinarán un novo gametófito.

3. PTERIDÓFITAS

As pteridófitas son plantas que:

  • Non teñen sementes.
  • Foron as primeiras que tiveron texidos e órganos especializados.
  • Non teñen nin flores nin frutos.
  • Son plantas vasculares.
As pteridófitas máis características son os fentos, os equisetos e licopodios. Reprodúcense por alternancia de xeracións (sexual e asexual):
  • Fase de esporófito: formación de esporanxios (soros) no envés das follas uo frondes onde se producen as esporas.
  • Fase de gametófito. Fórmanse e desenvólvese a partir das esporas. Nel prodúcense os gametos que, trala fecundación dará lugar ao esporófito.

4. EspermatÓfitas

As espermatófitas son plantas con texidos verdadeiros, vasculares, con flores, producen polen y sementes.

A flor é a parte da planta encargada da reprodución. Producen gametos que xa non dependen da auga para que poida producirse a fecundación (como pasa en briófitas e pteridófitas). A flor produce os gametófitos femininos e masculinos: Óvulo e gran de pole. As flores e as sementes protexen ao embrión da desecación, o que permitiu que as espermatofitas poidan colonizar todos os ecosistemas e que sexan as plantas dominantes.

Estructura xeral das Spermatófitas

Clasificación: ximnospermas e anxiospermas

Estructura xeral das Spermatófitas

  • Raíz: é un órgano, xeralmente subterráneo, cuxas principais funcións son fixar a planta ao chan, absorber a auga e os sales minerais (zume bruto) a través dos seus pelos absorbentes e cumular substancias de reserva.
  • Talo: Sostén ás follas, ás flores e aos froitos.Contén no seu interior os vasos condutores polos que se transporta a auga e os sales minerais (zume bruto) da raíz ata as follas (a través do xilema), e a materia orgánica (zume elaborado) producida nas follas por fotosíntesis desde as follas ao resto da planta (a través do floema).
  • Follas: son uns órganos verdes, xeralmente aplanados, que saen do talo e que realizan funcións básicas para as plantas:
  1. Realizan a fotosíntese, transformando a materia inorgánica (CO2, auga e sales minerais) en materia orgánica (glúcidos, lípidos, proteínas) utilizando a enerxía do sol.
  2. Realizan a evapotranspiración, eliminando vapor de auga a través dos seus estomas.
  3. Realizan o intercambio gasoso: captan o osíxeno para a respiración e o CO2 para a fotosíntesis e expulsan substancias gasosas de refugallo.
  4. Outras funcións: algunhas se transforman espiñas para protexerse da desecación e dos herbívoros, outras en follas carnosas para almacenar auga.

Clasificación das Spermatófitas

As espermatófitas (plantas con sementes) clasifícanse en dous grupos:

  • Ximnospermas. Son as máis antigas. Son plantas que producen sementes pero non están contidas dentro dun froito. Os seus óvulos están espidos, sen ovario, polo que despois da fecundación só prodúcese a semente e non aparece o froito. Por exemplo, o piñeiro.
  • Anxiospermas. A súa flor ten un ovario que contén óvulos que se fecundan coa chegada do gran de pole. Fórmase unha semente encerrada dentro dese ovario que despois se transforma nun froito. Por exemplo, o almendro. Clasifícanse en Monocotiledóneas (cunha soa folla ao xerminar a semente) e Dicotiledóneas (con dúas follas ao xerminar a semente).

Ximnospermas

Anxiospermas

Ximnospermas

As ximnospermas son o grupo de espermatófitas (plantas con sementes) cuxas sementes non están contidas dentro dun froito. Foron as primeiras plantas con flores e, aínda que apareceron no Paleozoico (300 m.a.), o seu máximo desenvolvemento produciuse no Mesozoico (250 m.a.). As principais características das gimnospermas son:

  • Adoitan resistir ben o frío e a aridez, polo que poden crecer en zonas moi frías ou en zonas temperadas e secas.
  • As súas follas adoitan ser perennes e pequenas, con forma acicular (como nos piñeiros) ou escamosa (cipreses). Deste xeito evitan a perda de auga.
  • As súas flores non son rechamantes non teñen nin cáliz nin corola e son unisexuais (hai flores masculinas e femininas). Adoitan estar agrupadas en inflorescencias ou conos (masculinos ou femininos)

- Conos masculinos: son de pequeno tamaño, producen grans de pole, que conteñen os gametos masculinos. - Conos femininos: son as piñas, e conteñen gametos femininos que darán lugar ás sementes (piñóns).

cono femenino

cono masculino

  • Xeralmente son árbores de talos grandes e leñosos, pero tamén poden ser arbustos. As gimnospermas máis abundantes son as coníferas como piñeiros, abetos e cipreses. Outros exemplos son o Tezo, a Secuoya, enebros ou Ginkgos.

Exemplos de Ximnospermas

TEXO (Taxus baccata)

PINO (Pinus pinea)

CIPRÉS (Crupessus siemprevivens)

ABETO (Abies alba)

SECUOYA (Sequoiadendron giganteum)

CICA (Cica revoluta)

ENEBRO (Juniperus oxicedrus)

Anxiospermas

As anxiospermas son as espermatófitas máis evolucionadas. Adaptáronse a todos os ambientes e climas da Terra, polo que son o grupo de plantas máis abundante e de maior diversidade. As principais características das anxiospermas son:

  • Teñen as súas sementes protexidas por froitos. Esta ventaxa evolutiva favorece a dispersión das plantas. O froito fórmase trala fecundación do óvulo.
  • Teñen os vasos conductores moi desenvolvidos.
  • A súas follas soen ser anchas.
  • Teñen flores vistosas, completas e na sua maioría bisexuais ou hermafroditas.
  • O seu tamaño é moi variado, puidendo ser herbas, arbustos e árbores.

As anxiospermas clasifícanse segundo o número de follas ou cotiledones que produce cando xermina a semente:

  • Monocotiledóneas: caracterízanse por ter un único cotiledón (primeira folla primitiva que as plantas producen na súa forma de embrión). Exemplos: palmera, tulipán, platanero, bambú...
  • Dicotiledóneas: presentan dous cotiledóns. Exemplos: carballos, aciñeiras, rosais, almendros, margaridas, etc.

Exemplos de Anxiospermas

OLIVO (Olea europaea) ACIÑEIRA (Quercus ilex) ALMENDRO (Prunus dulcis) ROSAL

MANZANO (Malus somestica) MARGARIDA (Bellis perennis) PALMEIRA (Phoenix dactelifera) TULIPÁN ( Tulipa sp)

5. FUNCIÓNS VITAIS

FUNCIÓN DE RELACIÓN

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

As plantas teñen nutrición autótrofa xa que deben sintetizar a súa materia orgánica a partir de materia inorgánica mediante a fotosíntese. A materia orgánica sintetizada será usada pola planta para obter enerxía a través da respiración celular.

  • OBTENCIÓN DE NUTRIENTES: A planta absorbe auga e sales minerais a través da raiz (sabia bruta) e dióxido de carbono a través dos estomas (estruturas microscópicas situadas no envés das follas).
  • FOTOSÍNTESE: é o proceso polo que as plantas fabrican materia orgánica a partir de materia inorgánica (auga, sales, CO2). Para transformar a materia inorgánica en orgánica necesitan a enerxía procedente da luz do Sol. Os organismos autótrofos fotosintéticos captan a enerxía mediante a clorofila, un pigmento de cor verde que está nos cloroplastos das células vexetais que utilizan a enerxía da luz solar para transformar a materia inorgánica en materia orgánica (glúcidos, lípidos, proteínas) e liberar osíxeno á atmosfera que poden utilizar os seres vivos para respirar. A materia orgánica obtida na fotosíntese utilízase para crear novas estruturas e para obter enerxía mediante a respiración celular.
  • RESPIRACIÓN CELULAR: As plantas, tamén respiran. Absorben o osíxeno do aire, a través dos estomas e utilízano para oxidar a materia orgánica (creada na fotosíntese) e transformala en materia inorgánica e obter enerxía útil para as células. A respiración prodúcese nas mitocondrias, uns orgánulos celulares, e libérase auga e substancias de refugallo, como o dióxido de carbono.

FUNCIÓN DE RELACIÓN

Aínda que pode parecer que as plantas non teñen función de relación, non é así. As plantas tamén reaccionan aos estímulos do ambiente, como a luz, a temperatura, humidade etc. Así, aínda que non se poden desprazar, adáptanse aos cambios que se producen no seu medio interno e mantéñense estables. Cando a planta capta un estímulo, algunhas células detéctano e reaccionan ou envían sinais químicos (hormonas vexetais ou fitohormonas) a outras células para que se produza unha resposta coordinada de toda a planta ante este estímulo. As respostas máis típicas das plantas son de dous tipos:

NASTIAS

TROPISMOS

NASTIAS

As nastias son movementos rápidos e reversibles dalgunhas partes da planta que se producen como resposta a un factor externo. Algúns tipos de nastias son:

  • Fotonastia: a planta responde á luz, como cando se abren algunhas flores ao amencer ou á noitiña ou cando as follas ou as flores oriéntanse seguindo o movemento do Sol.
  • Tigmonastia: resposta por contacto, por exemplo cando detectan un golpe ou sacudida, como o movemento dalgunhas mimosas e das plantas carnívoras.

TROPISMOS

Os tropismos son movementos permanentes da planta, que crece ou cambia de dirección, como resposta a un estímulo ambiental. As plantas, ou algunhas dos seus partes, crecen polos tropismos ou respostas dadas polas plantas segundo a dirección dos estímulos que reciben. Se o órgano da planta achégase ao estímulo dise que é un tropismo positivo, e se se afasta é un tropismo negativo.Os principais estímulos que provocan tropismos son:

  • Fototropismo: é a resposta da planta a un estímulo luminoso. As plantas presentan fototropismo positivo en talos e follas, que crecen cara á luz, e fototropismo negativo na raíz, que crece cara á escuridade.
  • Xeotropismo o Gravitropismo: resposta producida cando o estímulo é a forza de gravidade. Os talos, que crecen en dirección contraria á forza de gravidade presentan xeotropismo negativo. En cambio, a raíz presenta xeotropismo positivo porque crece cara á mesma dirección da que procede o estímulo (gravidade).
  • Tigmotropismo: prodúcese nalgúns vexetais, como resposta ao contacto cun sólido, que crecen ao redor dos obxectos que tocan, como ocorre cos talos das enredaderas.

FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN

As plantas pódense reproducir dos seguintes xeitos:

REPRODUCIÓN ALTERNANTE

REPRODUCIÓN ASEXUAL

REPRODUCIÓN SEXUAL

REPRODUCIÓN ASEXUAL

A reprodución asexual consiste na formación dun novo individuo a partir dun individuo anterior. Só intervén un único individuo e non hai ningún intercambio de material xenético con outro individuo, polo que a nova planta é xeneticamente idéntica á súa proxenitora.

ESPORAS

REPRODUCIÓN ALTERNANTE

As plantas sen sementes, como os musgos e os fentos, teñen unha reprodución alternante na que alterna unha fase de reprodución asexual (por esporas) con outra de reprodución sexual (por gametos). Neste ciclo de reprodución pódese distinguir:

  • Esporófito: contén os esporanxios onde se forman as esporas (reprodución asexual).
  • Gametófito: contén os gametanxios onde se forman os gametos (reprodución sexual).
Nos musgos a parte visible da planta é o gametófito. Tras a fecundación, o esporófito desenvólvese como un filamento cunha cápsula no seu extremo, o esporanxio, produtor de esporas.Nos fentos, a parte visible é o esporófito que conteñen os esporanxios no envés das follas (soros), onde se forman as esporas.

REPRODUCIÓN SEXUAL

A reprodución sexual nas plantas ten varias etapas:

Formación de gametos: a flor

Polinización

Fecundación

Formación de semente e froito

Dispersión das sementes

Xerminación das sementes

Formación de gametos: a flor

A flor é a estrutura reprodutiva característica das plantas fanerógamas ou espermatófitas, formada por follas modificadas Estas plantas son máis evolucionadas que as plantas sen flores (musgos e fentos).

A flor dunha anxiosperma é un talo curto modificado, con follas modificadas para realizar as funcións de produción de gametos.

Polinización

A polinización é o proceso de transferencia do pole desde que sae dos estambres ata que chega ao estigma das flores nas angiospermas. Alí, no pistilo se fecundan os óvulos que darán lugar ás sementes e froitos.A polinización pode ser:

  • Polinización anemófila. Os grans de pole son transportados polo vento ata outras flores.
  • Polinización hidrófila. Cando a auga a que transporta o pole.
  • Polinización zoófila. As plantas atraen aos animais (e insectos na polinización entomófila) polas súas flores vistosas e porque producen néctar, substancias azucradas que lles serve de alimento, e fan que transporten o pole a outras flores.

Fecundación

Cando o gran de pole chega ao estigma (parte feminina) da flor, fórmase un tubo polínico que crece polo estilo ata chegar ao ovario.O gameto masculino baixa polo tubo polínico ata o ovario, onde se une ao gameto feminino (fecundación) e créase o cigoto.

Formación de semente e froita

As anxiospermas son plantas que se caracterizan por producir sementes que están contidas dentro dun froito.Os cigotos (óvulos fecundados) transfórmanse en sementes, nas que se distinguen tres partes:

  • Embrión da nova planta.
  • Albumen ou endospermo (un texido coas reservas alimenticias necesarias para a futura planta).
  • Cubertas protectoras que rodean á sementes.

O ovario da flor desenvólvese e forma o froito, que servirá de protección ás sementes e facilitará a súa diseminación.

Dispersión de sementes

A dispersión do froito ou da semente pódese realizar por acción do vento, outros animais etc., e permite que a planta poida chegar a colonizar outros lugares. Por iso, os froitos adoitan ter características que faciliten a súa dispersión como cores atractivas para os animais, que llos comen e cuxas sementes, non dixeridas, son depositadas xunto ao resto de feces a distancia da planta que a orixinou.Algúns froitos teñen estruturas que facilitan a súa dispersión, tanto para desprazarse polo vento (olmo, arce etc.)/ etc.) como adheríndose a animais.

Xerminación de sementes

Cando cae ao chan, se as condicións son as adecuadas (a época do ano, temperatura, humidade etc.)/ etc.), a semente comezará a xerminación. A semente absorbe auga e incha ata romper a cuberta protectora. O embrión comeza a crecer, aparecendo unha pequena raíz que penetra no chan, e unha ou dúas follas (cotiledones) que seguirán desenvolvéndose ata formar unha nova planta.As sementes poden esperar a xerminación durante moitos anos, ata que atopen as condicións adecuadas para o seu desenvolvemento.

6. IMPORTANCIA DAS PLANTAS

Importancia ecolóxica. As plantas son fundamentais nos ecosistemas terrestres porque son a base da cadea trófica. Son as encargadas de proporcionar a materia orgánica e o osíxeno aos seres autótrofos. Tamén protexen ao chan da erosión e da desertización.

Importancia alimenticia Ademais de servir de alimento aos animais, as plantas son imprescindibles na nosa dieta. Os cereais, froitas, hortalizas son a base da cadea alimentaria.

Importancia medicinal As plantas poden curar ou previr enfermidades ben tomándoas directamente ou mediante medicamentos que se producen a partir delas.

Importancia forestal A madeira das árbores dos bosques pode ser utilizada como materia prima na industria madeireira ou papeleira. Importancia ornamental As plantas fan máis agradable a nosa contorna. Por iso as rúas dos nosos pobos, cidades, ou o patio do noso instituto, teñen plantas que melloran o noso ambiente.

Importancia como recurso natural As plantas constitúen a base de ecosistemas moi diversos que é necesario tratar de conservalos pola súa beleza ou pola singularidade das plantas que o compoñen.

7. ELABORACIÓN DUN HERBARIO

En botánica, un herbario (do latín herbarium) é unha colección de plantas ou partes de plantas, secadas, conservadas, identificadas, e acompañadas de información crítica como a identidade do recolector, o lugar e data da recolección, e o hábitat onde se atopaba a planta.Neste apartado do tema e, como produto final, vas elaborar un herbario con plantas da túa contorna. Para iso segue as instrucións que che achega a túa profesora.

Descarga toda a información para realizar o herbario en

@acon_ciencia

8. PRÁCTICAS DE LABORATORIO

OBSERVACIÓN DE ESTOMAS

DETECCIÓN DA ACTIVIDADE FOTOSINTÉTICA POR PRESENCIA DE ALMIDÓN