Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

CORESMA 2024

catesancristovodasvi

Created on February 15, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Teaching Challenge: Transform Your Classroom

Frayer Model

Math Calculations

Interactive QR Code Generator

Interactive Scoreboard

Interactive Bingo

Interactive Hangman

Transcript

CORESMA 2024

De oficio en oficio ata chegar aos "oficios".

Jesús, mi maestro

Escanea o código qr e accede á canción "Jesús, mi maestro".
(Co material de Fano para esta Coresma)
PARROQUIA SAN CRISTOVO DAS VIÑAS (A CORUÑA)

CORESMA 2024

Aprendede de min. Sede mansos e humildes de corazón.
De oficio en oficio ata chegar aos "oficios".
Aprendede de min. Sede mansos e humildes de corazón.

1º Domingo de CORESMA: aprendemos a ser

Mensaxeiro/a
Estamos chamados e chamadas a anunciar a Boa Nova do evanxeo. O amor de Deus sobre todas as cousas.
Aprendede de min. Sede mansos e humildes de corazón.

2º Domingo de CORESMA: aprendemos a ser

Montañeiro/a
Busquemos un lugar tranquilo e oremos. Recoñezamos a Xesús como o fillo amado de Deus. Escoitémolo e sigámolo para ser felices.

3º Domingo de CORESMA: aprendemos a ser

Aprendede de min. Sede mansos e humildes de corazón.
Árbitro/a
Saquemos tarxeta vermella ás cousas que están mal, ao que non nos deixa achegarnos a Deus. Expulsemos das nosas vidas o que non axuda a que os demais estean ben.

4º Domingo de CORESMA: aprendemos a ser

Aprendede de min. Sede mansos e humildes de corazón.
Electricista
Deixemos que a luz de Xesús ilumine a nosa vida, "enchufados" a el pola oración e a Eucaristía e o servizo aos demais. Que saibamos recoñecer o que nos alonxa da luz e pidamos perdón polo que nos fai e fai mal ás demais persoas.

5º Domingo de CORESMA: aprendemos a ser

Aprendede de min. Sede mansos e humildes de corazón.
Sementador/a
Igual que o gran de trigo morre para dar froito, tamén nós estamos chamados e chamadas a morrer a nós mesmos/as e dar froitos de entrega, servizo, esperanza e amor.

Coma Moisés alzou a serpente no deserto, así debe ser alzado o Fillo do Home, para que todo o que cre nel, teña vida eterna. Pois de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el se salve o mundo. O que cre nel, non é xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado, porque non creu no Fillo Unixénito de Deus. Nisto consiste o xuízo: en que, vindo a luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz, pois as súas obras eran ruíns. Pois todo o que fai o mal, odia a luz e non vén cara á luz, para que non o delaten as súas obras. Polo contrario, o que obra a verdade vén cara á luz, para que se vexan as súas obras porque están feitas como Deus quere.

Seis días despois colleu Xesús a Pedro, Santiago e Xoán, e subiu con eles sós ó coto dun monte. Alí transfigurouse na súa presenza. Os seus vestidos viráronse resplandecentes, brancos coma ningún bataneiro do mundo os podería branquexar. Nisto apareceron Elías e mais Moisés, e estaban a falar con Xesús. E Pedro, tomando a palabra, díxolle a Xesús:‑¡Mestre, que ben estamos aquí! Imos facer tres tendas: unha para ti, outra para Elías e a outra para Moisés.Tan asustado estaba, que non sabía o que dicía. E unha nube cubriunos coa súa sombra, mentres saía dela unha voz:‑Este é o meu fillo benquerido, escoitádeo.E de súpeto, mirando arredor, xa non viron a ninguén, fóra de Xesús. Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles que non contasen nada ata que o Fillo do Home resucitase de entre os mortos. Eles colleron ben o aviso; pero empezáronse a preguntar uns a outros o que querería dicir aquilo de "cando resucite de entre os mortos.

Estaba a chegar a Pascua dos xudeus e subiu Xesús a Xerusalén. Atopou no templo os que vendían bois, ovellas pombas e mais os cambiadores, sentados; foi el e fixo un vergallo con cordas de xunco, botounos a todos fóra do templo e as ovellas e os bois tamén; guindou cos cartos e virou as mesas dos cambiadores e ós que vendían as pombas, díxolles:‑Arredádeme de aquí estas cousas, non fagades da casa do meu Pai unha casa de negocio.Lembráronse os seus discípulos de que estaba escrito: "O celo da túa casa devórame".Pola súa parte, os xudeus preguntáronlle:‑¿Que sinal nos mostras, para faceres estes feitos?Respondeulles Xesús:‑Derrubade este templo e erguereino en tres días.Replicáronlle os xudeus:‑Corenta e seis anos levou edificar este templo ¿e halo erguer ti en tres días?Pero el dicíao referíndose ó templo do seu corpo. Cando se ergueu de entre os mortos, lembraron os seus discípulos o que dixera e creron na Escritura e no dito de Xesús,Estando Xesús en Xerusalén pola festa da Pascua, moitos creron nel, vendo os signos que facía. Pero, pola súa parte, Xesús non se fiaba deles, porque os coñecía a todos. Non precisaba de que ninguén lle dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o que había no home.

Tede coidado de non practicardes a vosa xustiza para que vos vexa a xente, que daquela o voso Pai celestial non vos dará recompensa ningunha.Cando deas unha esmola non o vaias proclamando diante de ti cunha trompeta, como fan os hipócritas nas sinagogas e nos rueiros para seren loados polos homes; asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa. Ti, en troques, cando deas unha esmola, que non saiba a túa man esquerda o que fai a dereita. Así a esmola será secreta e teu Pai, que ve o segredo, xa te recompensará.Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa. Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuarto, pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no segredo; e teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.

Algúns dos que subían a adorar no día da Festa eran gregos. Achegáronse a Filipe, o de Betsaida de Galilea, e pedíronlle:‑Señor, queremos ver a Xesús.Foi Filipe e díxollo a Andrés; Andrés e mais Filipe foron dicirllo a Xesús. Xesús respondeulles:‑Chegou a hora de que sexa glorificado o Fillo do Home. Évos ben certo: se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se morre, dará froito abondoso. Quen ama a súa vida, pérdea; mais quen aborrece a súa vida neste mundo, poñeraa a salvo para unha vida eterna. Se alguén quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honrar o Pai. Agora o meu espírito está turbado. ¿E que hei de dicir: Pai, sálvame desta hora? ¡Pero se para iso cheguei a esta hora! Pai, glorifica o teu Nome.Chegou entón unha voz do ceo:‑Xa o glorifiquei, e glorificareino aínda de novo.O oílo o xentío alí presente, dicía que fora un trono; outros dicían: "faloulle un anxo". Xesús interveu dicindo:‑Esta voz non foi por min, senón por vós. 31Agora é o xuízo deste mundo; agora ó príncipe deste mundo vano botar fóra. 32E eu, cando me ergan da terra, atraerei a todos cara a min.Dicía isto, indicando de que morte había de morrer.

Axiña o encamiñou o Espírito ó deserto. Alí permaneceu corenta días, alí o tentou Satán; vivía entre as feras, e servíano os anxos.Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea a anunciar a Boa Nova de Deus, dicindo:‑O tempo está cumprido, e chega o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa Nova.