Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Pizarra interactiva Entroido_Curso 2023/2024
nora francisco
Created on January 25, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Akihabara Connectors Infographic
View
Essential Infographic
View
Practical Infographic
View
Akihabara Infographic
View
Interactive QR Code Generator
View
Witchcraft vertical Infographic
View
Halloween Horizontal Infographic
Transcript
COMECEMOS!
Timeline Entroidal
Isto é un pequeno adianto do que veremos
2024 Carnaval Barranquilla
2024 Carnaval El Callao
2024 Entroido Xinzo
2024 Entroido Oímbra
2024 Entroido Esgos
PERO ANTES...
Xoguemos un pouco
E sen máis dilación completaredes un pequeno
Imos a traballar as
2]
1]
rimas.
pregón.
Volver
Act. 5.
Act. 6.
Volver
Lectura
Actividade 8.
Volver
Danzas
Barranquilla
Personaxes
Gastronomía
Gastronomía
Gastronomía
Vídeo
Volver
Ritmos
Personaxes
Gastronomía
Vídeo
Volver
Actividade 11.
Actividade 12.
Volver
FIN (?)
Inicio
Nesta comarca, o Entroido non dura un mes enteiro. Non presenta ao público ningunha personaxe emblemática. Os habitantes non realizan "batallas" de fariña, nin se lanzan olas de barro...Non. Pero iso non significa que non vivan o Entroido co mesmo sentimento. Aquí, os habitantes son máis de abrir as súas portas aos visitantes que veñen a gozar do seu Entroido e da tradición que pon no mapa a esta comarca: 🔥A Queima dos Fachucos🔥
Días grandes do Entroido : Sábado, Domingo, Luns, Martes de Entroido; e o Mércores o Enterro da Sardiña.
Días grandes do entroido : Sábado, Domingo, Luns, Martes de entroido; e o Mércores o Enterro da Sardiña.
DOMINGO CORREDOIRO :
Domingo Fareleiro : Festa que se celebra o domingo seguinte ao Petardazo, e que consiste no lanzamento de fariña entre os participantes e curiosos/as .
"A Voltas coa Rima" (Parte 2)
6. Cando todos os do grupo teñan lido todo, comentaredes no grupo os poemas (as modificacións, correccións, valoracións, etc.) e lles poredes un título a cada un (de forma consensuada, a elección deberá ser democrática, é dicir, o que diga a maioría). Lembrade que os poemas deben ter un ton de despedida. 7. Escolleredes a un dos 4 poemas, que vos representará como grupo. 8. Ensaiaredes a súa lectura (entoación, paradas, pronunciación...) e o dividiredes de forma equitativa entre os integrantes do grupo. Anímovos a que intentedes memorizar, cando menos a vosa parte.😉 9. Recitaredes o voso poema ante o resto de grupos. (Se vos sentides máis segur@, podedes levalo e lelo no momento). 🧐
DOMINGO DE PIÑATA : mm
Nesta comarca, o Entroido dura un mes enteiro, sucedéndose algunhas das festas máis recoñecidas ata chegar ao propio día grande. De el dise que é o Entroido máis longo de Europa! 🤯 Polo seu legado, o Entroido de Xinzo de Limia conta co título de FESTA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL , ademais do de Ben de Interés Cultural, compartido co resto de Entroidos Galegos. 🥳
"A Voltas coa Rima" (Parte 1)
Nos grupos formados, deberedes crear poemas para despedir ao Entroido, PERO, seguindo estas instruccións: 1. CADA UN, no seu folio, escribirá a 1ª ESTROFA do SEU POEMA. (Requisito: Mín. 3 versos e rima) [Si, se estades inspirad@s poden ser máis de todo]. 2. Coa 1º estrofa xa lista en todo o grupo, darédeslle o voso folio ao compañeir@, seguindo o sentido das agullas do reloxo. 3. Continuaredes o poema que comezou o anterior compañeir@. Igual que no Paso 1 (1 Estrofa, Mín. 3 Versos e rima). E ao rematar volvedes a proceder coma no Paso 2. 4. Cando vos toque escribir a 4ª estrofa deberedes pechar o poema. 5. Cos 4 poemas rematados, faredes unha lectura en baixo individual de todos os poemas, corrixindo as faltas e/ou facendo as modificacións oportunas.
Individualmente...
- Parte 1:
1. Cada un de vós escollerá e describirá a unha das persoaxes vistas hoxe (Felo ou Madama), no folio que se vos entregará.2. Á hora de describilos, deberedes empregar cando menos 2 das palabras vistas no exercicio anterior. 3. Agás o vestiario que é tradicional, poderedes imaxinar ao voso personaxe con certa creatividade, é dicir, non ten porqué ser tal cal como os vistos nas imaxes e vídeos. Pero sí deberán ter os elementos típicos nomeados.
En parellas...
- Parte 2:
Un/Unha de vós terá que lerlle o escrito ao compañeiro/a de mesa e este/a deberá debuxalo e pintalo na súa folla, seguindo as consignas.
As MADAMAS de El Callao: O traxe de Madama é un dos máis importantes e respectados do Carnaval de El Callao. Representa a unha dama, unha muller de gran elegancia, que se encarga de conducir os desfiles. É, polo tanto, unha personaxe integramente feminina.
A MARIMONDA : Unha das personaxes máis representativas deste Carnaval. Destaca a súa careta, por parecer a fusión dun mono cun elefante; con grandes orellas, ollos e boca e unha longa trompa. O resto da vestimenta (traxe parchado, chaleco, pantalóns do revés), adoita ser colorida, estrafalaria, pero intentan non perder a elegancia, por iso conservan a gravata 😄👔
DOMINGO DE PIÑATA : A xentes despídense definitivamente do Entroido e máis das súas queridas Pantallas...ata o ano que vén!
Os Felos
Dato: Actualmente, tanto homes como mulleres poden vestir co traxe de Felo.
Vestimenta:
- Polainas negras.
- Medias, saia e camisa → brancas.
- Fitas de cores.
- Na cintura, cinto con esquilós (cencerros).
- Máscaras alongadas, de diferentes cores, e co animal que os represente debuxado.
- Caiada (Bastón).
+ Info
AS MADAMAS
A tradición dos Felos e Madamas de Esgos estímase que se recuperou alá polo século XX, pero que, porén, o seu patrimonio cultural é máis antigo; nacendo nas montañas de Rocas, pertencente ao mesmo municipio de Esgos.
DOMINGO CORREDOIRO :
DESFILE E COLGAMENTO DO MECO :O meco é paseado polas rúas durante o día e, pola noite, acompañado de fachóns de palla ardendo, é colgado do alto dun poste.
Imaxe de Felos e Madama
Inclúese un vídeo de felos de distintas xeracións paseando polas rúas de Esgos e outro vídeo de felos e madamas en acción.
DOMINGO OLEIRO : Celébrase o domingo seguinte á "Colga do Meco". Nela, os participantes (colocados normalmente en corro), pásanse olas de barro, pero...POLO AIRE!. Finaliadade: que non caian ao chan e....PASALO XENIAL!
DOMINGO CORREDOIRO : As Pantallas, por fin, fan a súa aparición e percorren as rúas en busca de despistados/as que ousen acudir a Xinzo sen disfrace (pero sempre mantendo o seu bo talante).
O SÁBADO DE PETARDAZO : Dá comezo ás festas do Entroido de Xinzo.
DOMINGO OLEIRO :
Días grandes do entroido : Sábado, Domingo, Luns, Martes de entroido; e o Mércores o Enterro da Sardiña.
DOMINGO DE PIÑATA : mm
O MONOCUCO :Outro dos personaxes imprescindibles de Barranquilla. Con el, chega o enigma enchido de cor, grazas ao capuchón e antiface (do que colga un anaco de tea) que tapan a súa cara. O resto do traxe é unha especie de vestido ancho de longas mangas. Para manter o segredo da súa identidade, mesmo distorsionan a voz, facéndoa máis aguda; e van "armados" cunha vara flexible, para apartar a todo aquel que os atosigue.
"Chámome Co. O teu personaxe do Entroido"
De forma INDIVIDUAL, partindo do roliño de papel reciclado que vos entregarei, deberedes crear o voso propio Meco de Entroido. O roliño de papel será o seu tronco. Vós teredes que ir dándolle forma, empregando distintos materiais da aula (folios de cores, cartulinas, plasetilina...) e outros que vos achegarei (recortes de revistas, pintura acrílica...),pero, ante todo, usando a vosa creatividade e imaxinación. E como non hai Meco sen comandas, tamén deberedes de crealas (5 distintas, unha para cada día da semana e, a ser posible, rimadas).
O Carnaval de El Callao, ao igual que sucede co de Barranquilla, é o resultado da mistura e evolución das diferentes tradicións e culturas que chegaban a esta terra a través da poboación migrante.Isto vese moi claramente, tanto nas personaxes que hoxe en día son tan representativas, como as Madamas. Polo seu mantemento da tradición e a súa relevancia, este Carnaval está declarado PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE pola UNESCO.
Outras DANZAS
A CUMBIA
A dos GUSANOS
Info
DANZA DO GARABATO: É unha danza na que participan homes e mulleres. Elas levan flores vistosas adornándolles a cabeza; vestidos negros, pero con volantes coloridos; e zapatos negros. Eles, sombreiro branco adornado con flores e fitas vistosas; cara pintada de branco con coloretes vermellos; camisa longa amarela; peto; babeiro; capa con adornos carnavalescos; pantalóns negros; medias e zapatos planos negros. E na man... un Garabato (que é un bastón).
Callao Calipso: O Carnaval de El Callao non se pode entender sen o Calipso, un ritmo propio da rexión que pon de manifesto ese sentimento festivo e de alegría que inunda cada recuncho e invade a cada habitante e visitante.
Ente carnaval representa un gran símbolo de unión. De unión das distintas culturas que conviviron e conviven nesta rexión e das que hoxe en día perviven as súas tradicións ou o resultado da mistura coas locais. Pero tamén representa a unión dun pobo, que decidiu firmar a paz despois de anos de guerras internas, das que só perduran batallas...pero agora de flores 🌺 Polo seu mantemento da tradición e a súa relevancia, este Carnaval está declarado (dende 2003) PATRIMONIO ORAL INMATERIAL DA HUMANIDADE pola UNESCO.
O Luns de Adegas ou Bodegas:Celébrase o luns de Carnaval. Nesta festa, polo día, sucédense os desfiles das comparsas da vila, pero, cando chega a tarde-noite, é cando as adegas abren as súas portas a veciños e curiosos, ofrecendo viño e máis tamén comida. É sen dúbida unha das festas que mellor reflicte a hospitalidade do pobo galego, especialmente do rural.
OS DIABLOS:Polo xeral, son homes vestidos de vermello, negro, amarelo (ou unha mistura das 3 cores), coa cabeza cuberta cunha colorida máscara (nalgúns casos, empréganse enormes carautas moi elaboradas). E como bos demos, levan de complemento ou ben un tridente ou ben un látego.