Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Deportes de Loita

Iago S.E.

Created on January 22, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Visual Presentation

Relaxing Presentation

Transcript

DEPORTES DE LOITA

Iago S.E. - isaco@edu.xunta.gal

DEPORTES DE LOITA

CURIOSIDADES

CLASIFICACIÓN

ACTIVIDADES

TÉCNICAS

Iago S.E. - isaco@edu.xunta.gal

DEPORTES DE LOITA

CURIOSIDADES

Son unha das modalidades deportivas máis antigas, podemos atopar probas da existencia de xogos e deportes de loita en practicamente tódalas culturas e dende o comezo dos tempos. Así pois:

  • Antiga Grecia: Nos xogos olímpicos antigos existía proba do pankration (pancracio) na que se permitía tanto golpear con diversas partes do corpo como agarrar ao oponente, algo así como as actuais M.M.A. Era o deporte de loita máis violento. Por outra banda, o pálē ("Loita") consistía en vencer ao oponente a través de derrubos. Homero, tanto na ilíada como na Odisea describe combates en distintas modalidades. Estamos a falar en torno ao século VIII a.C.
  • Roma: Os xogos de combate máis famosos son as loitas de gladiadores, onde se empregaban armas. Ademais destes, continuou o "Pancratium" procedente do imperio grego e tamén había unha modalidade con golpeo semellante ao boxeo chamado "pugilum" ou "pugilato", así como a "lucta" onde se incluían os agarres.
  • Xapón: As artes marciais, moi arraigadas á cultura asiática son consecuencia dunha cultura con gran vinculación aos deportes de combate e loita, así podemos falar do Judo, Sumo, Aikido, Jiu-jitsu, Kendo, Karate...
*As artes marciais, ademais da parte deportiva/física, inclúen unha dimensión filosófica e/ou relixiosa. Aínda hai máis artes marciais doutras zonas do mundo, tradicionalmente se asocian a Asia e podemos destacar Taekwondo (Korea), Wu-Shu (China), Muay Thai (Tailandia). Poderíamos atopar antecedentes históricos en calquera civilización antiga e que derivaron nas diferentes prácticas actuais.

DEPORTES DE LOITA

CLASIFICACIÓN

Os deportes de loita son clasificados como deportes de oposición ou adversario, posto que se resolven situacións de 1 contra 1 e as nosas decisións estarán directamente determinadas polo que faga o contrario. Dentro dos deportes de oposición/adversario, tamén se inclúen aos deportes de pala e raqueta. E xa dentro dos deportes de loita podemos diferenciar en:

  • Deportes de agarre: o Judo, loita olímpica e grecoromana...
  • Deportes de golpeo co corpo: boxeo, Kick boxing, Karate, Taekwondo...
  • Deportes de agarre e golpeo (mixtos): artes marciais mixtas, sambo, Sanda...
  • Deportes de golpeo con arma: esgrima, kendo...

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Á hora de diferenciar actividades onde está implicada a loita, en xeral, podemos ver:

  • Actividades con situacións de loita: Son actividades que poden ter ou non competición e en tal caso, a competición non é o obxectivo principal se non que hai outros obxectivos principais como coidar a saúde, a diversión, aprender a defenderse...
  • Deportes de Loita: Son actividades de loita competitivas, regulamentadas e institucionalizadas. É dicir son actividades de loita nas que se compite, tendo en conta un regulamento claro e xestionadas a través de unha federación.
  • Artes Marciais: Ademáis de implicar elementos de loita e combate, fan unha proposta filosófica-existencia, sendo o obxectivo principal o desenvolvemento integral da persoa en torno a unha serie de valores e códigos de conduta. Adoitan vincularse á cultura asiática, pero non necesariamente.
PREME EN CADA:

Deportes de loita e loitas tradicionais

Actividades con situacións de loita

Artes Marciais

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Actividades con situacións de loita: Son actividades que poden ter ou non competición e en tal caso, a competición non é o obxectivo principal se non que hai outros obxectivos principais como coidar a saúde, a diversión, aprender a defenderse... Dentro deste grupo, son significativas as actividades de defensa persoal (tamén auto-protección ou seguridade persoal) e moitas destas, son sistemas con métodos, habilidades e técnicas concretas cuxo obxectivo é previr, rexeitar ou contrarestar unha agresión nun contexto determinado. Algúns exemplos son:

  • Krav-magá: Sistema de orixe israelí, que usa o exercito e corpos de seguridade dese país. Inclúe un abano moi completo de técnicas antes situacións variadas: Golpeos, derribos, inmovilizacións, desarmes, situacións de 1 ou varios agresores...
  • Sambo: Sistema de orixe rusa, creado durante a Unión sovieta e no que destacan a eficacia dos agarres, as proxeccións (derribos), inmovilizacións e actuacións ante agresións con armas. Actualmente tamén existen variantes regulamentadas e competitivas en Rusia sendo consideradas como un deporte nese país.
  • Wing Chun: Sistema de orixe chinés relacionado co Kung-fu ou Wu-shu e cuxa especialidade son as series rápidas de golpeos co puño, man aberta e os agarres.

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Deportes de Loita: Son actividades de loita competitivas, regulamentadas e institucionalizadas. É dicir son actividades de loita nas que se compite, tendo en conta un regulamento claro e xestionadas a través dunha federación. Deportes e loitas tradicionais: Dentro deste grupo podemos incluír aquelas loitas que son tradicionais e en moito casos vernáculas, isto quere dicir que se orixinaron nunha zona concreta e que perduraron ao longo do tempo, de xeración en xeración. Co tempo, moitas destas loitas convertéronse en deportes como é o caso da loita canaria. A continuación exemplos, preme en cada un:

Jiu-jitsu

Mixed Martial Arts (M.M.A.)Artes Marciais Mixtas

Judo

Loita libre olímpica e loita Grecoromana

Lucha Canaria

Lucha leonesa

Loita tradicional galega

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Loita libre Olímpica: Deporte olímpico onde se enfrentan 2 loitadores co obxectivo de derribar ao rival e mantelo durante un tempo cos ombreiros (omóplatos) pegados ao chan. Pódese gañar tamén por puntuación grazas ás diversas técnicas executadas e que os xuíces van valorando. Loita Greco-romana: Tamén é unha modalidade olímpica, é semellante ao anterior só que non se pode empregar as pernas propias para facer técnicas nin actuar sobre as pernas do rival (por debaixo da cintura).

Loita Greco-romana non se permite actuar sobre as pernas do rival.

Loita libre olímpica permítese actuar sobre as pernas do rival.

Mira este vídeo

Mira este vídeo

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Judo: Deporte olímpico no que se enfrontan 2 "judokas" sobre un terreo de 10x10m. chamado "Tatami". O obxectivo é vencer o rival a través de derribos e/ou inmovilizacións. Se o judoka fai unha técnica perfecta derribando ao rival sobre as costas ou mantendo a este inmovilizado sobre as costas durante 20" conséguese a vitoria a través do que se denomina "Ippon". En caso de non conseguir ippon, pódese gañar ao finalizar o tempo a través doutras puntuacións menores como "waza-ari" ou "yuko". Os combates de judo teñen unha duración de 5 minutos parando o tempo nas pausas que se producen ao longo da contenda. As técnicas realízanse sobre o corpo do rival e tamén sobre o "judogui", que é o traxe que visten e os "judokas" son organizados en categorías por peso.

Mira este vídeo

Highlights

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Jiu-jitsu: O obxectivo é derribar ao contrario para conseguir a victoria mediante a loita no chan mediante sumisión, luxación ou estrangulación. Se ben ten a súa orixe en Xapón, tivo un notable desenvolvemento en Brasil dándose neste país a variante de Jiu-jitsu Brasileiro, orientada á competición e non tanto como arte marcial (Xapón).

Mira este vídeo

Highlights

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Mixed Martial Arts (M.M.A.): Como seu nome indica, é un deporte de combate onde se combinan técnicas de distinas artes marciais e deportes. Combina elementos como puñetazos, patadas, golpes co cóbado e o xeonllo, derribos, agarres... Entre outras combina elementos de kárate, kickboxing, boxeo, savate, muay thai, taekwondo, judo, hapkido, lucha libre, lucha grecorromana, jiu jitsu brasileño, wushu, San Da, sambo... O combate realízase unha xaula octogonal, os deportistas están organizados en categorías por pesos, empréganse guantillas nas mans que permiten tanto agarrar como golpear, tendo un acolchado de 4 onzas. É un deporte que está con gran popularidade na actualidade, porén destaca pola súa agresividade, o que non o deixa exento de polémicas.

Mira este vídeo

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Loita tradicional galega: É a forma de loita autóctona de Galicia. Tamén se designa cos termos "tumba", "chimpa", "caiados", e coas expresións ir aloitar ou ir botar loitas entre outras. A loita desenvolvíase coma un xeito de actividade lúdica asociada aos traballos do agro ou mariñeiros. En xeral pelexábase dentro dun círculo de arredor dos catro metros de diámetro (Variable). Os obxectivos dos combates eran tres:

  • Tirar ao contrario de costas no chan.
  • Facelo renderse, inmobilizándoo no chan.
  • Botalo fóra do círculo vivo.
Entre as características que diferencian á loita tradicional galega doutras loitas tradicionais temos:
  • Tamén a practicaban as mulleres, loitando mozos con mozos, mozas con mozas e incluso mozos con mozas.
  • Loitábase tanto en pé coma de xeonllos. Esta última versión dábase cando as condicións do lugar non eran axeitadas para a loita en pé.

Mira este vídeo

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Lucha leonesa: Tamén chamada "el aluche" Deporte autóctono e tradicional da provincia de León. O obxectivo é derribar ao contraro e caracterízase porque os 2 participantes deben agarrar coas 2 mans ao cinturon do contrario, a partir desta posición se realizan as distintas "mañas".

Mira este vídeo

Algunhas técnicas

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Lucha canaria: Deporte de loita auctóctono e tradicional das illas Canarias. Considérase que dito tipo de loita é anterior á conquista das Illas Canarias polo reino de castela, orixinado polo tanto entre os aborixes desa illas. Como dato curioso, o seu regulamento foi deseñado en Cuba no ano 1872. Caracterízase por desenvolverse nun círculo de area onde están marcados 2 círculos concéntricos de 15 e 17m. respectivamente. Ao comezo da contenda, ambos loitadores deben agarrar coa súa man esquerda no remango do pantalón dereito do rival. Os seus ombreiros dereitos queda pegados á mesma altura e o brazo dereito queda cara abaixo, perpendicular ao chan. A patir de aquí se trata de derribar ao contrario mediante técnicas denominadas "mañas". Os combates coñécense como "agarradas".

Mira este vídeo

Algunhas "agarradas"

DEPORTES DE LOITA

ACTIVIDADES

Artes Marciais: Ademáis de implicar elementos de loita e combate, fan unha proposta filosófica-existencial, sendo o obxectivo principal o desenvolvemento integral da persoa en torno a unha serie de valores e códigos de conduta. Inclúen sistemas de combate que implican ou non o uso de armas e ante contextos variados como enfrontamentos 1vs1 ou contra varios oponentes. Adoitan vincularse á cultura asiática, pero non necesariamente.

Se temos que destacar algún sitio en relación ás artes marciais, ese é o Xapón, onde destacan numerosas artes marciais, algunhas delas convertidas en deportes internacionais e incluso olímpicos. Algúns exemplos son: Judo, Jiu-jitsu, Karate, Sumo, Kendo, Aikido.Outros exemplos interesantes serían:

  • Korea: Taek-wondo e Hapkido.
  • China: Wu-shu.
  • Tailandia: Muay-thai.
  • Brasil: Capoeira.
  • Indonesia: Silat.

Hapkido(korea)

Kendo(Xapón)

Muay-thai(Tailandia)

Aikido (Xapón)

Karate (Xapón)

Pencak Silat (Indonesia)

Capoeira (Brasil)

Taekwondo (Korea)

DEPORTES DE LOITA

TÉCNICAS

A continuación imos agrupar as técnicas que imos ver nas seguintes categorías

Proxeccións

Inmovilizacións por control

Inmovilizacións por luxación

DEPORTES DE LOITA

TÉCNICAS DE PROXECCIÓNS

Preme nas imaxes para ver as técnicas

Barrido interior "Ouchi gari"

Entrada a 1 perna de loita olímpica

Barrido exterior "osoto gari"

Cadeira flotante "Uki Goshi"

DEPORTES DE LOITA

TÉCNICAS DE INMOBILIZACIÓN - Controis

Preme nas imaxes para ver as técnicas

Control con 4 apoios de costado "Yoko-Shiho-Gatame"

Inmovilizacións: Control

Control laterocostal "Hon-Kesa-Gatame"

DEPORTES DE LOITA

TÉCNICAS - Luxacións

Preme nas imaxes para poder ver as técnicas

Luxación cobado no chan "Ude Hishigi Haza Gatame"

Luxación de pulso por xiro "Kote gaeshi"

Luxación cobado no chan "Ude Hishigi Juji Gatame"

Luxación de cóbado en pronación "Ude gatame"