Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

LER E CREAR CÓMIC

Covadonga Rodríguez

Created on January 20, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Higher Education Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Relaxing Presentation

Nature Presentation

Transcript

nº1

BD

2024

Para ler e crear

CÓMIC

Biblioteca Brea segade

ÍNDICE

ONOMATOPEAS ··············

LEMA ································

18

21

METÁFORAS VISUAIS ··

BD ou CÓMIC ··················

23

LINGUAXE BD ··············

LIÑAS CINÉTICAS ·········

IMAXE ·····························

26

MONTAXE ······················

29

ENCADRE ························

ESTILOS ··························

12

TEXTOS ····························

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS

Este é o lema da campaña proposta pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para o curso 2023-2024. A Biblioteca Brea Segade asume, encantada, o reto de fomentar a lectura e a creación de banda deseñada entre os nosos usuarios e usuarias.

+ info

banda deseñada OU CÓmic

Banda deseñada ou cómic

  • O cómic, ou banda deseñada en galego, conta unha historia mediante imaxes debuxadas e textos.
  • As viñetas son os espazos, normalmente rectangulares, nos que aparecen as imaxes e os textos.
  • As historias avanzan viñeta e viñeta; cada viñeta representa unha escena da historia.

Banda deseñada ou cómic

  • O cómic, ou banda deseñada en galego, conta unha historia mediante imaxes debuxadas e textos.
  • As viñetas son os espazos, normalmente rectangulares, nos que aparecen as imaxes e os textos.
  • As historias avanzan viñeta a viñeta; cada viñeta representa unha escena da historia.

linguaxe da banda deseñada

cales son os 3 elementos PRINCIPAIS das historias en cómic?

VAS BEN, SÓ FALTA UN ELEMENTO MÁIS, QUE TAMÉN É MOI IMPORTANTE!

Imaxe, texto e...

IMOS DESCUBRIR QUE É O MÁIS IMPORTANTE DA LINGUAXE DA BANDA DESEÑADA.

EU SEI UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE IMAXE E TEXTO, CÓNTOCHAS E TI DISME CAL É ESE 3º ELEMENTO?

A IMAXE NA BANDA DESEÑADA

TEN UN PAPEL FUNDAMENTAL, SEN ELA NON HAI CÓMIC.

+ info

ENCADRE: tipos de planos

CERTO, A IMAXE É FUNDAMENTAL. XA VEXO QUE ESCOLLECHES UNHA PÁXINA CON IMAXES MOI DIFERENTES

SI, PARA PODER FALAR SOBRE OS PLANOS EN BANDA DESEÑADA, QUE SON MOI SIMILARES AOS PLANOS NO CINEMA. VERÁS...

PLANOS

PLANO AMERICANO
PLANO ENTEIRO
PLANO XERAL

+ info

PLANOS

PLANO DETALLE
PRIMEIRO PLANO
PLANO MEDIO

+ info

O TEXTO NA BANDA DESEÑADA

DO TEXTO TAMÉN HAI MOITO QUE CONTAR

+ info

COMO APARECE O TEXTO NOS CÓMICS?

ISO É FÁCIL, EN GLOBOS! E VASME CONTAR QUE HAI DIFERENTES TIPOS DE GLOBOS, A QUE SI?

SI, PERO NON SÓ HAI TEXTO EN GLOBOS , TAMÉN ESTÁN AS CARTELAS E AS ONOMATOPEAS. IMOS VER...

OS GLOBOS SON OS ELEMENTOS MÁIS CARACTERÍSTICOS DA LINGUAXE DA BANDA DESEÑADA.

tipos de globos

Conversación

PENSAMENTO

BERRO!

MEDO

CHORO OU SUOR

SUSURRO

Ademais dos globos o texto tamén pode ir en cartelas.

As cartelas son textos de apoio que dan información que só coas imaxes e os diálogos non poderiamos coñecer. Normalmente van insertados na viñeta dentro dun recadro.

TIPO DE LETRA

TRADICIONALMENTE OS TEXTOS EN BANDA DESEÑADA USABAN LETRA MAIÚSCULA.

NA ACTUALIDADE EMPEZAN A APARECER CÓMICS QUE USAN MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS.

onomatopeas

Onomatopeas

Boa pregunta!

Outro recurso fundamental da linguaxe dos cómics son as onomatopeas. Ti que cres? Son texto ou son imaxe?

Son palabras que se utilizan para representar sons feitos por obxectos, persoas ou animais. Nelas é tan importante a palabra , como a forma e a posición na viñeta.

Adoitan representarse fóra dos globos, pero tamén poden ir dentro deles. Ás veces son tan importantes que ocupan toda a viñeta. Teñen carácter universal, son palabras que se entenden en todos os idiomas.

Así que son texto feito imaxe!

metáforas visuais

Un recurso habitual nas viñetas son as metáforas visuais, imaxes que representan accións ou estados de ánimo.

Si: bombillas, corazóns, estrelas, serpes, raios, sapos, caveiras... Sabes que significan?

liñas cinéticas

  • No cómic as imaxes son estáticas, non se moven, pero desde os seus inicios usáronse as liñas cinéticas ou liñas de movemento para transmitir a sensación de movemento dos personaxes.
  • As liñas cinéticas (case sempre rectas ou curvas) sinalan a traxectoria da persoa ou obxecto, dando así sensación de movemento.
  • Son moi utilizadas nos cómics de supeheroes e tamén no manga.

liñas cinéticas

liñas cinéticas

montaxe

  • Xa podemos ver o terceiro elemento da linguaxe do cómic: a montaxe.
  • Consiste na colocación ordenada das viñetas na tira ou plana (páxina).
  • As viñetas, case sempre, están separadas entre si por unha liña ou tira branca, que se usa para illalas unhas das outras.
  • As viñetas agrúpanse en secuencias, que representan unha escena, para o cal se usan diferentes tipos e tamaños de recadros en cada páxina, en función da acción que se desenvolva en cada escena.

montaxe

Imaxe, texto e montaxe son os elementos básicos da linguaxe da banda deseñada.

Montaxe!! Claro! A colocación das viñetas, o seu tamaño e forma axudan ao avance da narración.

estilos de banda deseñada

Diferentes esTILOS de cómic

EUROPEO
AMERICANO
XAPONÉS

OS TRES ESTILOS OU ESCOLAS DE CÓMIC MÁIS DESTACADOS E CARACTERÍSTICOS SON: OS CÓMICS DE SUPERHEROES E SUPERHEROINAS, O REALISMO E O MANGA. SABES DE ONDE PROCEDE CADA UN DELES?

NON FALAMOS DAS CARACTERÍSTICASDOS ESTILOS...

PERO HABERÍA MOITO QUE CONTAR!

TES RAZÓN!

DE MOMENTO TEMOS ABONDO PARA COMEZAR A CREAR OS NOSOS CÓMICS E TEMOS A BBS PARA BUSCAR EXEMPLOSDE CADA ESTILO.

POÑÉMONOS MANS Á OBRA! A LER E A CREAR, BANDA DESEÑADA.

XANEIRO 2024

Asesoría de Bibliotecas Escolares

Para saber máis sobre a campaña preme no lema:

Unha biblioteca escolar en viñetas

Castelao en banda deseñada

Imaxes tomadas das obras: O pobre tolo, Titoán e Máis alá! de Inacio e Iván Suárez. Forman unha biografía parcial de Castelao en banda deseñada. O pobre tolo céntrase na etapa de Castelao en Badaxoz que durou entre 1934 e 1935. Titoán, obra que recibiu o Premio castelao de Banda Deseñada 2011, parte dunha anécdota de xuventude de Castelao contada no seu relato Peito de Lobo. Máis alá! Recolle as viaxes europoeas de castelao no ano 1921.

Castelao en banda deseñada

Imaxes tomadas das obras: O pobre tolo, Titoán e Máis alá! de Inacio e Iván Suárez. Forman unha biografía parcial de Castelao en banda deseñada. O pobre tolo céntrase na etapa de Castelao en Badaxoz que durou entre 1934 e 1935. Titoán, obra que recibiu o Premio castelao de Banda Deseñada 2011, parte dunha anécdota de xuventude de Castelao contada no seu relato Peito de Lobo. Máis alá! Recolle as viaxes europoeas de castelao no ano 1921.