Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Poesía 1936-1975

traballoogalego

Created on January 6, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

POESÍA GALEGA

1936-1975

Do exilio

1. Luís Seoane

2. Lorenzo Varela

Forte denuncia social.

3. Emilio Pita

De posguerra

Tres xeracións poéticas sucesivas que, polas circunstancias, comezan a publicar todas a partir de 1950.

LUÍS SEOANE

  • Destacou nas artes plásticas e na poesía.
  • Denuncia social: emigración, exilio e historia de Galicia centrándose nas personaxes máis humildes.
OBRAS:
  • Fardel de exiliado.
  • Na brétema, Sant-Iago.
  • As cicatrices.
  • A maior abondamento.

LORENZO VARELA

OBRAS:

  • Catro poemas para catro gravados. (Con gravados de Seoane).
  • Lonxe. (Experiencia persoal no exilio e saudade da terra).

EMILIO PITA

OBRAS:

  • Jacobusland. (Sobre a traxedia da Guerra Civil e a nostalxia pola natureza galega).
  • Cantigas de nenos.
  • Os relembros. As cantigas.
  • O ronsel verdegal.

XERACIÓN DO 36

4. Celso Emilio Ferreiro

  • Uso dunha linguaxe coloquial e popular para crear un discurso directo e claro.
  • Pseudónimos: Arístedes Silveira ou Alexis Vainacova.
  • Tamén escribiu en prosa: A fronteira infinda e A taberna do galo.

Liñas temáticas

SATÍRICA

SOCIAL

INTIMISTA

Denuncia, cun ton crítico cheo de humor e sarcasmo, a mesquindade humana e canta as traxedias do home en xeral.

Desacougo existencial.Lembranzas dun tempo pasado e feliz. Evoca con nostalxia a súa terra natal. Reflexiona sobre a fugacidade da vida, do amor, a morte....

Denuncia das inxustizas sociais.Solidariedade cos oprimidos. Compromiso antibelicista e antifascista.

Poesía con metáforas e imaxes simbólicas organizadas en dúas series opositivas:

Termos referidos á claridade e á altura, con ideas de esperanza, liberdade e xustiza.Evocan un pasado feliz ou expresan esperanza nun futuro de liberdade.

ELEMENTOS POSITIVOS

Termos referidos á escuridade, a espazos pechados e profundos e á pedra.Aluden ao presente da ditadura franquista e expresan medo, opresión, inxustiza, rabia, impotencia...

ELEMENTOS NEGATIVOS

OBRAS

  • O soño sulagado.
  • Longa noite de pedra. (Poeta social contra a ditadura. Algúns dos seus versos foron musicados.)
  • Viaxe ao país dos ananos.
  • Cimenterio privado.
  • Onde o mundo se chama Celanova.

PROMOCIÓN DE ENLACE

5. Luz Pozo Garza

  • O plástico e musical completan e enriquecen as ideas ou sentimentos que quere expresar nos seus versos: música e pintura.
  • Importante obra ensaística: foi unha das pioneiras no cultivo da crítica literaria e publicou artigos nas revistas Grial e Nordés.

Liñas temáticas

INTIMISTA

COMPROMETIDA E SOLIDARIA

Nostalxia, memoria, paso do tempo, morte, sensualidade, amor...

OBRAS

  • O paxaro na boca.
  • Verbas derradeiras.
  • Concerto de outono.
  • Prometo a flor de loto.
  • Rosa tántrica.

XERACIÓN DAS FESTAS

6. Uxío Novoneyra

7. Manuel María

8. Xohana Torres

UXÍO NOVONEYRA

Importancia dos efectos fónicos nos poemas e brevidade e condensación dos versos, reducidos ao esencial. OBRAS E TEMÁTICAS:
  • Poesía paisaxística ("poeta do Courel"), centrada nas terras da montaña luguesa onde naceu. Natureza grandiosa ante a que o ser humano queda anulado. Os eidos
  • Poesía política-social reivindicativa.
Do Courel a Compostela
  • Poesía amorosa. Muller pra lonxe
  • Poesía caligráfica: cunha disposición visual do texto e expresividade das grafías. Entronca coa tradición da literatura chinesa, coa escritura ornamental árabe e cos graffiti urbanos actuais.
Poemas caligráficos

MANUEL MARÍA

Autor dunha extensa obra, moi variada formal e tematicamente. OBRAS E TEMÁTICAS:
  • Poesía paisaxística: centrada na Terra Chá. Terra Chá.
  • Poesía social: compromiso político mediante a sátira e a ironía. Poemas pra construír unha patria.
  • Poesía intimista: principalmente amorosa. Documentos personaes.

XOHANA TORRES

Abrangue todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro e ensaio. OBRAS E TEMÁTICAS:
  • Poesía intimista: angustia, soidade, paso do tempo, memoria, fugacidade...
Do sulco.
  • Poesía social: preocupación por Galicia. Ferrol, corazón de navío.