Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Protección de datos
analiliotero
Created on January 4, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Learning Unit
View
Akihabara Learning Unit
View
Genial learning unit
View
History Learning Unit
View
Primary Unit Plan
View
Vibrant Learning Unit
View
Art learning unit
Transcript
protocolo de proteccion de datos persoais
accede ó protocolo
TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS POLOS CENTRO EDUCATIVOS
Empezar
PREGUNTAS E RESPOSTAS FRECUENTES ( FAQS)
ÍNDICE
1.Antes de empezar... coñecemos os conceptos básicos de protección de datos?
7. Imaxes
8. Uso de Whasapp e mensaxería instantánea
2. A recollida de datos persoais
9. Docencia e exames en liña
3. O consentimento para o tratamento dos datos persoais
10. Videovixilancia
4. A publicación de datos persoais
11. Exercicio de dereitos en materia de protección de datos
5. Acceso á información do alumnado
12. Modelos editables do protocolo de protección de datos
6. A comunicación dos datos persoais
Enlaces de interese
Que é un dato de carácter persoal?
+ INFO
Cales son os datos de categoría especial ou sensibles?
+ INFO
Antes de empezar... coñecemos os conceptos básicos de protección de datos?
Que se entende por tratamento de datos?
+ INFO
Quen é a persoa responsable do tratamento dos datos?
+ INFO
Quen é o/a Delegado/a de Protección de Datos (DPD)?
+ INFO
Que datos persoais poden solicitar os centros educativos?
Pódense solicitar datos sobre a situación familiar do alumnado?
Pódense solicitar datos de saúde do alumnado?
A recollida de datos persoais
Pódense solicitar datos persoais do alumnado para finalidades distintas da función propiamente educativa?
Pódense recoller datos persoais directamente dunha persoa menor, sen autorización?
Pódenselle pedir ao alumnado datos dos seus proxenitores ou titores/as legais?
Cando é preciso obter o consentimento do alumnado ou dos seus pais, nais ou titores/as legais para tratar os seus datos persoais?
+ INFO
A que idade se pode prestar o consentimento para o tratamento de datos persoais?
+ INFO
O consentimento para o tratamento dos datos persoais
Nos casos en que é necesario o consentimento do alumnado ou dos seus pais, nais ou titores/as legais, cando e como hai que solicitalo?
+ INFO
O alumnado ou os pais, nais, titores/as legais, pódense negar a dar o consentimento para que o centro trate os seus datos?
+ INFO
Para comunicar datos do alumnado a un centro hospitalario, se necesita atención médica urxente, fai falta o seu consentimento ou o dos seus pais, nais, titores/as legais?
+ INFO
Pode o centro dar publicidade ás listas de alumnado admitido?
+ INFO
En situacións de violencia de xénero, pódese opoñer o alumnado á publicación da súa admisión nas listaxes dun centro educativo?
+ INFO
Poden os centros facer públicas as relacións de persoas beneficiarias de bolsas, subvencións e outras axudas públicas?
+ INFO
Poden os centros colocar nos taboleiros de anuncios ou ás portas das aulas a relación de alumnado por clases e/ou actividades?
+ INFO
Pódense publicar os diferentes menús do comedor xunto cos datos do alumnado con necesidades alimentarias?
+ INFO
A publicación de datos persoais
Pódense publicar as cualificacións do alumnado nos taboleiros do centro?
+ INFO
Pódense publicar as cualificacións do alumnado na intranet?
+ INFO
Pódense facilitar as cualificacións oralmente na clase?
+ INFO
Pódense publicar na web do centro, os nomes e datos de contacto profesional dos/as titores/as, do profesorado e doutras persoas responsables do centro?
+ INFO
Pode publicarse na web do centro información relativa ao alumnado, como fotografías ou vídeos?
+ INFO
Poden publicarse datos persoais do alumnado no blog do centro?
+ INFO
O profesorado pode publicar no seu blog as actas do departamento, exames do seu alumnado ou as súas fotografías?
+ INFO
Poden publicarse datos ou imaxes do alumnado en redes sociais?
+ INFO
Acceso por parte de nais, pais ou titores/as legais ou familiares
Acceso á información do alumnado
Máis info
Acceso por parte de docentes e persoal en prácticas
Máis info
Pódense facilitar os datos do alumnado a outros centros educativos?
+ INFO
Pódense facilitar os datos do alumnado a centros educativos situados noutros países para intercambios ou estancias temporais?
+ INFO
Pódense comunicar os datos ás Forzas e Corpos de Seguridade?
+ INFO
A comunicación dos datos persoais
Pódense comunicar os datos aos Servizos Sociais?
+ INFO
En que supostos están os centros educativos obrigados a comunicar datos do seu alumnado ás autoridades ou aos seus axentes?
+ INFO
Pódense comunicar os datos aos servizos sanitarios?
+ INFO
Pódense comunicar os datos do alumnado a institucións, entidades ou empresas que van ser visitadas polo alumnado nunha actividade extraescolar? Por exemplo, exposicións, museos, fábricas, clubs deportivos, etc.
+ INFO
Pódense comunicar os datos do alumnado e dos seus pais, nais ou titores/as legais ás ANPA?
+ INFO
Pódense facilitar os datos persoais do alumnado a alguén que os solicita por teléfono?
+ INFO
Captación de imaxes en actividades docentes
Imaxes
Máis info
Captación e difusión de imaxes en eventos
Máis info
Pode o profesorado crear grupos de aplicacións de mensaxería instantánea co alumnado?
Info
Pode o profesorado crear grupos con aplicacións de mensaxería instantánea para que sexan membros os pais, nais ou titores/as legais do alumnado da súa clase?
Uso de Whasapp e mensaxería instantánea
Info
Pode o profesorado gravar imaxes do alumnado e difundilas a través de aplicacións de mensaxería instantánea aos pais e nais?
Info
Poden os centros educativos impartir clases e realizar exames en liña sen o consentimento das persoas interesadas?
Docencia e exames en liña
Máis info
Que cautelas se deben adoptar nas clases e exames en liña?
Máis info
Pódense instalar cámaras de videovixilancia nas instalacións dun centro educativo?
+ INFO
10
Que condicións básicas deberá cumprir a instalación de sistemas de videovixilancia nos centros educativos?
+ INFO
Videovixilancia
Débese informar da existencia dun sistema de videovixilancia?
+ INFO
Pódense instalar cámaras de videovixilancia nas aulas alegando motivos de conflitividade?
+ INFO
Pódense instalar cámaras de videovixilancia nos patios de recreo e comedores?
+ INFO
Cuestións xerais
+ INFO
11
Dereito de acceso
+ INFO
Exercicio de dereitos en materia de protección de datos
Dereito de rectificación
+ INFO
Dereito de supresión
+ INFO
Dereito de oposición
+ INFO
Cando se vaian utilizar os datos persoais para finalidades distintas á función educativa ou orientadora, será necesario obter o consentimento do alumnado ou dos seus pais, nais, titores/as legais (segundo sexa menor ou maior de 14 anos), que poden negarse a facilitalo.En cambio, se a obtención da información é necesaria para o desenvolvemento da función educativa, non é necesario o consentimento previo.
NON. Poderanse facilitar datos sen o consentimento das persoas interesadas cando sexa necesario para a prestación de asistencia sanitaria ou de tratamentos médicos, por parte de profesionais da sanidade suxeitos/as ao segredo profesional, ou para salvagardar o interese vital da persoa afectada no caso de que estea física ou xuridicamente incapacitada para dar o seu consentimento.En situacións nas que estea en xogo a vida ou a saúde, estas priman sobre o dereito á protección de datos persoais. Neste caso a base lexitimadora do tratamento non é o consentimento senón a necesidade do tratamento para protexer intereses vitais da persoa interesada ou doutra persoa física.
Toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable (a persoa interesada); considerarase persoa física identificable toda persoa cuxa identidade poida determinarse, directa ou indirectamente, en particular mediante un identificador, por exemplo un nome, un número de identificación, datos de localización, un identificador en liña ou un ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social da devandita persoa. Por exemplo, o nome e apelidos dun alumno ou alumna, do/s seu/s pai/s ou nai/s, o seu enderezo, o seu número de teléfono ou o seu correo electrónico son datos persoais. Tamén o son as imaxes do alumnado e as súas cualificacións ou, por exemplo, a profesión, os estudos ou o lugar onde traballan o pai/nai, ou o seu número de conta bancaria. Os datos identificadores e profesionais ou de contacto do profesorado dos centros ou do persoal non docente son tamén datos persoais.
O consentimento, cando sexa necesario para lexitimar o tratamento, débese obter con carácter previo ao inicio deste, incluíndose, por exemplo, a solicitude do consentimento no mesmo impreso ou formulario no que se solicitan os datos. O consentimento debe ser inequívoco e específico (o que implica que se deberá detallar no formulario, cada unha das actividades para as que se solicita, por exemplo no caso de redes sociais hai que indicalas especificamente...), correspondendo ao centro acreditar a súa existencia. Bastaría con que o consentimento se preste ao comezo de cada curso, sen que sexa necesario solicitalo novamente en cada actividade de tratamento sempre que responda á mesma finalidade, por exemplo, para os eventos que organice o centro. O consentimento debe ademais ser libre, e non supoñer consecuencias negativas para a persoa interesada no caso de que non consinta..
Poden os pais ou nais solicitar as cualificacións dos seus fillos e fillas maiores de idade?
O pai ou a nai poderán solicitar o acceso ás cualificacións do seu fillo ou filla maior de idade (18 anos) cando corran cos seus gastos educativos ou de alimentos, pois nese caso cabe presumir a existencia dun interese lexítimo sobre o que non prevalecerían os dereitos e liberdades do seu fillo ou filla. Cabe sinalar que, en tal caso, o interese lexítimo ostentaríao unicamente aquel proxenitor de quen dependa economicamente o/a alumno/a. Con todo, deberá comunicarse ao/á alumno/a maior de idade a solicitude dos seus proxenitores relativa á comunicación das súas cualificacións, de forma que poida opoñerse ao tratamento con anterioridade a que se leve a cabo, é dicir, antes de facer efectiva a comunicación aos proxenitores, pois, en caso contrario, perdería a súa razón de ser. Desta forma, cabe presumir con carácter xeral, a existencia dun interese lexítimo no devandito acceso, sempre que do exercicio do dereito de oposición pola persoa interesada non resulte outra cousa, como podería ser no suposto de que o/a alumno/a sufragase os seus propios gastos de educación e o xustificase convenientemente. Se o/a alumno/a maior de idade non se opuxese á comunicación dos seus datos aos seus proxenitores, ou non xustificase a súa independencia económica, a base lexitimadora para este tratamento de datos sería o interese lexítimo dunha terceira persoa, polo que non se requiriría o consentimento do alumno/a. Se polo contrario, o/a alumno/a acreditase que sufraga os seus propios gastos de educación, non se poderá comunicar a información solicitada polos proxenitores a estes sen o consentimento inequívoco do alumno/a que deberá constar por escrito.
Poden os pais e nais solicitar os exames dos seus fillos e fillas menores de idade?
Esta cuestión non depende da normativa de protección de datos, pois non se trata dun dereito de acceso aos datos, senón de acceso a documentación que, no seu caso, deberá ser resolta polo centro conforme á lexislación sectorial que sexa de aplicación e a súa normativa interna.
Poden os pais/nais acceder á información sobre as ausencias dos seus fillos e fillas menores de idade?
Si, os pais e nais, como suxeitos que ostentan a patria potestade e que teñen a obriga de educar e procurar unha formación integral aos seus fillos e fillas, teñen dereito ao acceso á información sobre o seu absentismo escolar dos seus fillos e fillas menores de idade.
E se son maiores de idade?
Do mesmo xeito que ocorre coas cualificacións escolares, os pais e nais poderán ser informados do absentismo escolar dos seus fillos e fillas maiores de idade cando corran cos seus gastos educativos ou de alimentación, ao existir un interese lexítimo derivado do seu mantemento, sempre que do exercicio do dereito de oposición pola persoa interesada (o/a alumno/a maior de idade) non resulte outra cousa.
Pódese facilitar a información escolar do alumnado menor de idade a familiares?
Non, salvo que estivesen autorizados polos pais/nais que ostenten a patria potestade ou aos titores/as legais, e constase claramente esa autorización.
En caso de separación ou divorcio, ambos os dous proxenitores teñen dereito a recibir a mesma información?
Si. Nos supostos de patria potestade compartida, con independencia de quen teña a custodia, ambos os dous proxenitores teñen dereito a recibir a mesma información sobre as circunstancias que concorran no proceso educativo do/a menor, o que obriga aos centros a garantir a duplicidade da información relativa ao proceso educativo salvo que se achegue unha resolución xudicial que estableza a privación da patria potestade a algún dos proxenitores ou algún tipo de medida penal de prohibición de comunicación co/a menor ou coa súa familia. En caso de conflito entre os proxenitores sobre o acceso á información académica dos seus fillos e fillas, deberá exporse ante o xulgado competente en materia de familia.
Poden os proxenitores ou titores do alumnado acudir ás reunións de titoría, co persoal orientador do centro ou outro profesorado acompañados de psicólogos, profesores particulares ou outros profesionais análogos?
Si, pero habería que ter en conta que neste tipo de reunións pódense tratar aspectos non só estritamente académicos senón tamén outros relacionados coa saúde e outros datos de categoría especial relativos ao alumno ou alumna. Por iso, o máis adecuado sería recoller o consentimento explícito dos proxenitores para a participación dos devanditos profesionais na reunión ou, cando menos, que os proxenitores informen ao centro educativo, con carácter previo ao día da reunión, do seu interese en que estes psicólogos, profesores particulares, pedagogos... estean presentes nela. Así mesmo, o centro educativo deberá requirir do profesional a sinatura do correspondente compromiso de confidencialidade.
A información sobre o alumnado ten que estar dispoñible para todo o profesorado?
Non. Con carácter xeral e salvo que existise algunha causa debidamente xustificada, o profesorado unicamente debe ter acceso ao expediente académico do alumnado ao que imparte a docencia, sen que estea xustificado acceder aos expedientes do resto de alumnado do centro.
Pode o profesorado acceder á información de saúde do seu alumnado?
O profesorado debe coñecer e, por tanto, acceder á información de saúde do seu alumnado que sexa necesaria para a docencia ou para garantir a adecuada atención, por exemplo, de discapacidades físicas ou psíquicas, síndromes ou trastornos ou enfermidades crónicas, entre outras. Igualmente, debe coñecer a información relativa ás alerxias, intolerancias alimentarias ou medicación para poder prestar o adecuado coidado ao alumnado, tanto no propio centro como con ocasión de actividades fóra del, como visitas, excursións ou convivencias guiadas.
Pode coñecer o equipo docente os datos relativos a enfermidades contaxiosas ou de risco?
SO equipo docente dun centro educativo poderá posuír información relativa ás enfermidades contaxiosas, ou outras enfermidades que poidan dar lugar a episodios de violencia, así como relativa a estados críticos, tales como drogodependencia ou alcoholismo, sen o consentimento das persoas afectadas, cando se atopen expostas a unha situación de risco para a súa integridade física e/ou saúde. A devandita información será a mínima precisa, conforme ao principio de minimización dos datos, e debe proporcionala a dirección do centro escolar aos/ás titores/as, e estes no caso de ser necesario ao restante profesorado para o correcto desenvolvemento das súas funcións, sempre que se valore previamente a verdadeira, efectiva e indubidable concorrencia do referido risco para a integridade física e/ou saúde das persoas. Non pode considerarse que existe este risco naqueles supostos nos que a praxe sanitaria ou as recomendacións das autoridades competentes en materia de saúde pública recomenden a confidencialidade absoluta dos devanditos datos sanitarios en atención ao seu carácter inocuo respecto de terceiras persoas ou en razón das características das formas concretas de contaxio da enfermidade.
Pode o profesorado en prácticas utilizar datos persoais do alumnado para traballos universitarios?
Non. Na medida en que non se estarían tratando os datos para a educación do alumnado senón para outra finalidade, como é a formación do profesorado, tería que procederse a disociar os datos de maneira que non se poida identificar o alumnado. En caso contrario, terá que contarse co seu consentimento ou o dos seus pais, nais ou titores /as legais se son menores de 14 anos.
Poden os centros educativos captar imaxes do alumnado durante as actividades escolares?
Si, no caso de toma de imaxes como parte da función educativa. Non obstante, de tratarse de gravacións que non respondan á devandita función, por exemplo, cando se capten para a difusión do centro e das súas actividades, deberase dispoñer do consentimento das persoas interesadas ou dos seus pais, nais ou titores/as legais.Tamén sería posible a toma de imaxes do alumnado en determinados eventos desenvolvidos na contorna escolar para a única finalidade de que os pais, nais ou titores/as legais puidesen ter acceso a elas. Este acceso ás imaxes deberíase levar a cabo sempre nunha contorna segura que esixise a previa identificación e autenticación do alumnado, pais, nais ou titores/as legais (por exemplo, nunha área restrinxida da web do centro). En todo caso, sería preciso lembrar a quen accede ás imaxes que non pode, á súa vez, proceder á súa divulgación de forma aberta.
Pode o profesorado gravar imaxes do alumnado para unha actividade escolar?
Si. O profesorado, no desenvolvemento da programación e ensino das áreas, materias e módulos que teña encomendados, pode dispoñer a realización de exercicios que impliquen a gravación de imaxes, normalmente do propio alumnado, que só deberán estar accesibles para o alumnado involucrado na devandita actividade, os seus pais, nais ou titores/as legais e o profesorado correspondente. É dicir, en ningún caso o mero feito de realizar a gravación supón que esta se poida difundir de forma aberta na internet e que se poida acceder a esta de maneira indiscriminada.
Pódense solicitar imaxes do alumnado para a ficha do expediente académico?
Si. Entre os datos que poden solicitar os centros educativos para o exercicio da función docente e orientadora sen consentimento das persoas interesadas inclúense as súas fotografías para os efectos de identificar a cada alumno/a en relación co seu expediente.
Poden familiares do alumnado gravar imaxes nun evento aberto ás familias?
Si, a condición de que se trate de imaxes captadas exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico, pois nese caso esta actividade está excluída da aplicación da normativa de protección de datos. Se as imaxes captadas polas familias se difundisen fóra do ámbito privado, familiar e de amizade, por exemplo mediante a súa publicación na internet accesible en aberto, estas asumirían a responsabilidade pola comunicación das imaxes a terceiras persoas, que non poderían realizar salvo que obtivesen o consentimento previo das persoas interesadas. É conveniente que os centros informen as familias da súa responsabilidade no caso de que as imaxes fosen divulgadas nas contornas abertas que acaban de sinalarse.
Que pasa se algún pai ou nai se negase a que se tomen imaxes do seu fillo ou filla nun evento do centro?
Débese informar aos pais e nais de que a toma de fotografías e vídeos é posible como actividade familiar, exclusivamente para uso persoal e doméstico, e que está excluída da aplicación da normativa de protección de datos.
Poden os centros escolares prohibir a toma de imaxes nas súas instalacións?
Si. A Lei orgánica de educación establece que os centros docentes dispoñen de autonomía para elaborar, aprobar e executar normas de organización e funcionamento do centro. Así, podería ser que en base a esta organización interna que lle outorga a lei, o centro estableza o criterio de non permitir que as familias graven os eventos escolares.
Pódense gravar as imaxes de actividades desenvolvidas fóra do centro escolar?
A gravación de imaxes fóra do recinto escolar require o consentimento das persoas interesadas cando sexan maiores de catorce anos, ou dos seus pais, nais ou titores/as legais cando sexan menores desta idade, sempre que non se realice en exercicio da función educativa. Se a gravación se realizase por terceiras persoas, por exemplo, polas responsables dunha empresa, museo, exposición ou club deportivo que se estea visitando, ou no que se desenvolva unha actividade deportiva, será obrigación destas terceiras persoas dispoñer do consentimento das persoas interesadas, o cal poderían solicitar a través do centro.
Non. As comunicacións entre profesorado e alumnado deben ter lugar dentro do ámbito da función educativa e non levarse a cabo a través de aplicacións de mensaxería instantánea. Se fose preciso establecer canles específicas de comunicación, deben empregarse os medios e ferramentas fornecidos pola administración educativa ou o correo electrónico (disponse de abalarMóbil).
Non como parte do exercicio da función educativa. Con todo, naqueles casos nos que o interese superior do/a menor estivese comprometido, como en caso de accidentes ou indisposicións nunha excursión escolar, e coa finalidade de informar e tranquilizar os pais e nais, titulares da patria potestade, poderíanse captar as imaxes e enviarllas. Tamén podería ser posible nos grupos xerados a través de aplicacións de mensaxería instantánea relacionados coa específica situación do alumno/a, aos que se fixo referencia na pregunta anterior. Con todo, nestes casos, será preferible a utilización doutros medios como a chamada telefónica.
Si, desde a perspectiva da protección de datos. O tratamento de datos que pode supoñer tanto a impartición de clases como a realización de exames en liña no ensino regrado non necesita o consentimento do alumnado ou dos seus pais, nais ou titores/as legais, pois está lexitimado pola realización dunha misión de interese público como é a función educativa, prevista nunha norma de rango legal, a Lei orgánica de educación (disposición adicional 23a); tampouco é preciso o consentimento do profesorado, que se debe ao cumprimento da súa relación contractual ou estatutaria no exercicio da función educativa.As entidades provedoras dos medios tecnolóxicos (plataformas, aplicacións...), na medida en que tratan datos de carácter persoal, son encargadas do tratamento. A persoa responsable do tratamento elixirá e contratará as encargadas coa dilixencia que esixe a normativa en materia de protección de datos persoais, para o que conta co asesoramento do/a Delegado/a de Protección de Datos. O profesorado no exercicio en liña da función educativa debe utilizar os medios postos á súa disposición pola a Administración educativa responsable do tratamento. En consecuencia, a normativa de protección de datos non constitúe obstáculo ningún para realizar a función educativa.
Ademais de seguir os protocolos, directrices, guías ou orientacións que adoptase a Administración educativa, e sen prexuízo de tomar as medidas adecuadas e proporcionadas para o control das probas de avaliación e das clases en liña, estas deberán realizarse da maneira menos intrusiva posible para a privacidade do alumnado, das súas familias e do profesorado, evitando a captación de información persoal que poña de manifesto as súas características sociais, económicas, relixiosas ou ideolóxicas. Na medida do posible deben realizarse no lugar viable máis neutro das vivendas do alumnado e profesorado, e non ser conservadas as imaxes ou, no seu caso, non por máis tempo do establecido para a revisión de exames. A gravación e/ou a difusión de imaxes e/ou audios humillantes e vexatorios constitúe unha infracción á normativa de protección de datos. A través da Canle Prioritaria da AEPD (https:/ /www.aepd.es/canalprioritario/), pódese solicitar a supresión da difusión destas imaxes e/ou audios.
Non durante o horario lectivo. Resultaría desproporcionado, pois durante as clases xa está presente un profesor ou profesora. Ademais dunha intromisión na privacidade do alumnado, podería supoñer un control laboral desproporcionado do profesorado. Cabería a posibilidade de que, fóra do horario lectivo e nos supostos de desocupación das aulas, se puidesen activar mecanismos de videovixilancia coa finalidade de evitar danos nas instalacións e materiais.
Non en todas as instalacións. Dada a intromisión que supón na intimidade das persoas, tanto do alumnado como do profesorado e demais persoas cuxa imaxe pode ser captada polas cámaras, os sistemas de videovixilancia non poderán instalarse en aseos, vestiarios ou zonas de descanso do persoal do centro.En todo caso, a instalación e posta en funcionamento de sistemas de videovixilancia nos centros educativos públicos dependentes da consellería con competencias en materia de educación precisará da autorización previa do responsable do tratamento, isto é, da Secretaría Xeral Técnica daquela.
Si, colocando un distintivo informativo nun lugar suficientemente visible e, como mínimo, en todos os accesos ás zonas vixiadas xa sexan interiores ou exteriores. No caso de que o espazo vixiado dispoña de varios accesos, deberase dispoñer do devandito distintivo de zona videovixiada. Estes distintivos deberán incluír unha cláusula informativa cos extremos esixidos pola normativa (identificación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como responsable do tratamento; lexitimación; prazo de conservación; destinatarios dos datos; etc.).
Si, sempre e cando a instalación responda á protección do interese superior do/a menor, tendo en conta que, sen prexuízo doutras actuacións como o control presencial por persoas adultas, se trata de espazos nos que se poden producir accións que poñan en risco a súa integridade física, psicolóxica e emocional.
Que dereitos teñen as persoas cuxos datos se tratan?
Estes dereitos son os de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, e pódense describir do seguinte modo:O dereito de ACCESO permite ás persoas titulares coñecer e obter gratuitamente información sobre se os seus datos persoais están a ser obxecto de tratamento, con que finalidade, que tipo de datos ten a persoa responsable do tratamento, a súa orixe, se non proceden das persoas interesadas, e, de ser o caso, cales son as persoas destinatarias dos datos. O dereito de RECTIFICACIÓN permite corrixir erros, modificar os datos que resulten ser inexactos ou incompletos e garantir a certeza da información obxecto de tratamento. O dereito de SUPRESIÓN permite que se supriman os datos que resulten inadecuados ou excesivos. A revogación do consentimento dá lugar á supresión dos datos cando o seu tratamento estea baseado nel, pero sen efecto retroactivo. O dereito de OPOSICIÓN é o dereito da persoa interesada a que, por motivos relacionados coa súa situación persoal, non se leve a cabo o tratamento dos seus datos de carácter persoal ou se cese nel. O dereito de LIMITACIÓN DO TRATAMENTO é o marcado dos datos de carácter persoal conservados co fin de limitar o seu tratamento futuro. O dereito de PORTABILIDADE supón o dereito da persoa interesada a recibir da persoa responsable do tratamento os datos persoais que lle incumban nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outra persoa responsable do tratamento sen que o impida a responsable a quen llos tivera facilitado.
Quen pode exercitar estes dereitos?
Estes dereitos teñen carácter persoalísimo, o que significa que só poden ser exercidos polas persoas titulares deles ou polas que teñan a súa representación legal. No caso de menores de 14 anos, os pais e nais, cando ostenten a patria potestade, ou os titores/as legais poderán exercitalos no seu nome. Se é maior desa idade poderaos exercitar o propio alumno/a ou quen o/a representa legalmente. Se se trata dos datos dos pais, nais ou representantes legais serán estas persoas as lexitimadas para exercitalos
Ante quen se exercita os dereitos?
Hai obriga de contestar ás persoas interesadas?
Exercítanse ante a persoa responsable do tratamento: a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Por isto, os centros que reciban este tipo de solicitudes deberán trasladalas sen dilación á Secretaría Xeral Técnica da Consellería, ben directamente, ben a través da persoa Delegada de Protección de Datos.
Si, sempre, aínda que non se dispoña dos datos sobre os que verse o dereito exercitado, circunstancia na que haberá que responder nese sentido, informando do dereito a presentar, no seu caso, unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. Hai que ter en conta ademais que, con carácter xeral, o prazo máximo para dar resposta a este tipo de solicitudes será dun mes desde a súa recepción.
O cumprimento do dereito de acceso obriga a facilitar copia do expediente escolar?
O dereito de acceso aos datos persoais é independente do dereito de acceso ao expediente, á información e documentación, que se rexen por outra normativa. Conforme á normativa de protección de datos, non hai obriga de facilitar copia do expediente escolar, sen prexuízo do acceso á información no marco da lexislación sectorial. A persoa responsable do tratamento facilitará ás persoas interesadas unha copia dos seus datos persoais, o que, en ningún caso, afectará negativamente os dereitos e liberdades doutras persoas.
Pode o alumnado solicitar a rectificación dos datos do seu expediente escolar?
Si, sempre que se constate un erro, e poderase exercitar tantas veces como estes se advirtan. A persoa responsable do tratamento ten que corrixilo sempre que se acredite o erro. Se se trata de menores de 14 anos, o dereito téñeno que exercer os seus pais, nais ou titores/as legais. Este dereito de rectificación non se aplica ás cualificacións ou ao contido dos informes do expediente escolar, que se rexen pola súa normativa específica.
Pode exercitarse o dereito de rectificación para modificar un informe de avaliación psicopedagóxica?
Non, xa que o dereito de rectificación se refire a modificar os datos de carácter persoal que sexan inexactos ou incompletos (por exemplo, o cambio de enderezo postal), pero non se pode utilizar para tratar de modificar a opinión profesional realizada a través do correspondente informe que se rexe pola súa normativa específica.
Teñen os centros educativos que suprimir a información dos expedientes académicos a solicitude do alumnado, dos seus pais, nais ou titores/as legais?
Sen prexuízo do establecido na normativa de educación aplicable, a información dos expedientes académicos require a súa conservación na medida en que pode ser solicitada polo alumnado despois de finalizados os estudos.
E dos datos de saúde?
Os datos de saúde deben suprimirse cando non sexan necesarios para o desenvolvemento da función educativa e, en todo caso, ao finalizar a escolarización do alumnado no centro (por exemplo, os datos sobre as alerxias alimentarias).
Poden o alumnado ou familiares opoñerse á publicidade dos seus datos?
Si, cando exista un motivo lexítimo e fundado referido a unha concreta situación persoal para opoñerse á dita publicidade. Por exemplo, nos casos nos que se acordou xudicialmente o afastamento dun dos proxenitores ou se lle privou da patria potestade e a publicidade de información persoal poida supoñer un risco para a integridade física e psíquica do/a alumno/a ou do outro proxenitor.
Algúns dos datos persoais son especialmente sensibles por revelar circunstancias ou información sobre a esfera máis íntima e persoal. Requiren que se lles preste unha especial atención e que se adopten as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar que o seu tratamento orixine lesións nos dereitos e liberdades das persoas titulares deles.Forman parte da categoría especial de datos persoais aqueles que revelen ideoloxía, afiliación sindical, relixión ou crenzas; fagan referencia á orixe racial, á saúde e á vida sexual; os datos biométricos dirixidos a identificar de maneira unívoca ás persoas e os datos xenéticos. No ámbito educativo é frecuente, sobre todo, o tratamento de datos relativos á saúde física ou mental do alumnado. Aínda que non se inclúen estritamente entre os datos de categoría especial, tamén deberán ser tratados con especial coidado os datos que se refiran á comisión de infraccións penais ou administrativas.
Na práctica, calquera actividade na que estean presentes datos persoais constituirá un tratamento de datos, xa se realice de maneira manual ou automatizada, total ou parcialmente, como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.A recollida dos datos do alumnado e dos seus pais, nais ou titores/as legais ao comezo do curso escolar é un exemplo claro de tratamento de datos persoais. Igualmente o é o mantemento e a actualización do expediente do/a alumno/a e a súa transmisión a un novo centro en caso de traslado, así como a captación e gravación de imaxes a través de sistemas de videovixilancia.
A normativa vixente define a persoa responsable do tratamento como a persoa física ou xurídica, pública o privada, que decide sobre a súa finalidade, contido e uso, ben por decisión directa ou porque así lle vén imposto por unha norma legal. No caso dos tratamentos realizados polos centros públicos non universitarios e dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a persoa responsable do tratamento é a Secretaría Xeral Técnica desta consellería. Quen é a persoa encargada do tratamento dos datos? A persoa encargada do tratamento é a persoa física ou xurídica, autoridade pública, servizo ou outro organismo que trate datos persoais por conta da responsable do tratamento. En determinados casos, os centros educativos para cumprir as súas funcións necesitan contar coa colaboración doutras persoas ou entidades que non forman parte da súa organización, por exemplo, para o servizo de comedor, transporte ou para a realización de actividades extraescolares. Estas persoas e entidades para prestar os seus servizos tamén tratan os datos persoais do alumnado e dos seus pais, nais ou titores/as, pero o fan por encargo da responsable do tratamento. As empresas que realizan este tipo de servizos teñen, en relación co tratamento de datos persoais que realizan, a consideración de encargadas de tratamento. É necesario que o tratamento de datos que implica a prestación do servizo se regule mediante un contrato que inclúa as garantías adecuadas. Non se consideran encargadas do tratamento as persoas físicas que, como persoal da Administración educativa, teñan acceso aos datos persoais.
A normativa vixente en materia de protección de datos persoais establece a obriga de designar a figura de Delegado/a de Protección de Datos (DPD) no caso de que o tratamento o leve a cabo unha autoridade ou organismo público, e máis especificamente cando se trate de centros docentes que ofrezan ensinanzas en calquera dos niveis establecidos na lexislación reguladora do dereito á educación. Entre as importantes funcións que lle corresponden ao/á DPD cabe destacar as de informar, asesorar e supervisar o cumprimento da normativa sobre protección de datos, ademais de ser interlocutor/a coa Axencia Española de Protección de Datos e coas persoas interesadas. Para o cumprimento das súas funcións e poder harmonizar os tratamentos de datos persoais nos centros educativos, as dúbidas que poidan xurdir ao respecto han de trasladarse ao/á DPD. Así mesmo, os centros docentes deberán notificar ao/á DPD calquera incidencia da que tivesen coñecemento que puidese afectar os datos persoais ou a información en xeral, así como calquera queixa ou reclamación que puidesen facerlles chegar o alumnado, as familias ou o propio persoal do centro, a fin de que poida valorar os feitos que fundamentan a devandita reclamación e asesorar sobre a xestión máis adecuada. Para o adecuado funcionamento destas comunicacións, cada centro deberá designar unha persoa interlocutora que traslade conxuntamente as súas cuestións ao/á DPD. Para contactar co/a Delegado/a de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e dos centros docentes dependentes dela, as persoas interesadas poden empregar o formulario electrónico ao seu dispor na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos
A LOE lexitima os centros para solicitar datos de carácter persoal para a función docente e orientadora do alumnado en referencia a:
- A orixe e ambiente familiar e social.
- As características ou condicións persoais.
- O desenvolvemento e resultados da súa escolarización.
- As circunstancias cuxo coñecemento sexa necesario para educar e orientar o alumnado.
- Os datos persoais non poderán usarse para fins diferentes ao educativo (función docente e orientadora).
- O profesorado e resto do persoal que acceda aos datos persoais do alumnado ou das súas familias está sometido ao deber de gardar segredo.
- É importante ter en conta que non poderán solicitarse datos que sexan excesivos para a finalidade coa que se recollen. Por exemplo, no caso das solicitudes de praza nun centro non é necesario solicitar os datos bancarios para o pago de actividades extraescolares ata que non se resolva o proceso e se admita o alumno ou alumna.
- Si, os centros educativos poden solicitar este tipo de información que debe estar actualizada, e os proxenitores deberán informar aos centros sobre calquera modificación.
- En caso de separación ou divorcio, debe solicitarse información sobre quen ostenta a garda e custodia e, no seu caso, se ambos proxenitores manteñen ou non a patria potestade. Tamén sobre quen son as persoas autorizadas a recoller ou recibir información relativa ao alumno ou alumna.
Si, na medida en que sexan necesarios para o exercicio da función educativa. Pódense distinguir os seguintes momentos:
- Na matriculación: discapacidades, enfermidades crónicas, síndromes e trastornos, intolerancias alimentarias ou alerxias...
- Durante o curso escolar: tratamentos médicos, informes sanitarios ou informes psicopedagóxicos.
Á marxe da función educativa, os centros poden solicitar datos para outras finalidades lexítimas, como pode ser a xestión de servizos deportivos, de lecer ou culturais. Nestes casos, deberase contar co consentimento previo do alumnado ou dos seus pais, nais ou titores/as legais. Ademais, con carácter previo á obtención do consentimento, débese cumprir co dereito de información das persoas titulares dos datos ou dos seus pais, nais ou titores/as legais se son menores de 14 anos.
- A LOE lexitima os centros educativos a solicitar datos dos proxenitores ou titores/as legais do alumnado. Poderá ter acceso a esta información o profesorado que a necesitase para o exercicio da docencia.
- Con todo, se se dese algunha circunstancia na que o profesorado non dispuxese destes datos e necesitase coñecelos, como podería ser ante situacións de risco, estaría igualmente habilitado para solicitarllos ao alumnado.
- Si. O centro necesita informar sobre o alumnado que foi admitido na medida en que a admisión se realiza mediante un procedemento de concorrencia competitiva no que se valoran e puntúan determinadas circunstancias.
- Con todo, a publicidade deberá realizarse de maneira que non supoña un acceso indiscriminado á información, por exemplo, publicando a relación de alumnado admitido nos taboleiros de anuncios no interior do centro ou nunha páxina web de acceso restrinxido a quen solicitase a admisión. A consellería conta con ferramentas específicas para facelo.
- Estas publicacións deberán recoller só o resultado final do baremo, non resultados parciais que poidan responder a datos ou información sensible ou poñer de manifesto a capacidade económica da familia. A información anterior, con todo, estará dispoñible para as persoas interesadas que exerciten o seu dereito para reclamar.
- Cando xa non sexan necesarias estas listaxes, hai que retiralas, sen prexuízo da súa conservación a fin de atender as eventuais reclamacións.
- A norma específica sobre medidas de protección integral de violencia de xénero establece que, en actuacións e procedementos relacionados coa violencia de xénero, se protexerá a intimidade das vítimas, en especial, os seus datos persoais, os da súa descendencia e os de calquera outra persoa que estea baixo a súa garda ou custodia. En consecuencia, os centros educativos deberán proceder con especial cautela ao tratar os datos de persoas que estean nestas situacións.
- O alumnado pódese opoñer á publicación da súa admisión nun centro educativo se alega motivos fundamentados e lexítimos relativos á súa concreta situación persoal, como, por exemplo, razóns de seguridade por ser vítima de violencia de xénero ou sufrir algún tipo de ameaza, etc. Se é menor de 14 anos, o dereito teno que exercer o seu titor ou titora legal. Neste suposto o centro educativo ten que excluír esta persoa da listaxe de admisión que se publique.
A normativa en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno determina a obrigación de facer pública, como mínimo, a información relativa ás subvencións e axudas públicas concedidas polas administracións públicas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade e das persoas beneficiarias. Sen prexuízo da publicación por parte da Administración convocante, os centros docentes tamén poderán publicar esta información a efectos informativos das persoas afectadas. A título xeral, en ningún caso debe publicarse o nome e apelidos de maneira conxunta co número completo do documento nacional de identidade, número de identidade de persoa estranxeira, pasaporte ou documento equivalente; como moito, publicarase o nome, apelidos e 4 cifras numéricas do DNI que ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima. Por exemplo, un DNI con formato 12345678X publicarase como ***4567**. Así mesmo, se fosen varios os requisitos para valorar, poderíase dar o resultado total e non o parcial de cada un dos requisitos. Aínda que os criterios das axudas non se baseen en circunstancias que impliquen o coñecemento de categorías especiais de datos, hai que valorar se, con todo, poderían afectar a esfera íntima da persoa, por exemplo ao poñerse de manifesto a súa capacidade económica ou a súa situación de risco de exclusión social. Nestes casos habería que analizar en cada caso se resulta necesario facer pública a información para garantir a transparencia da actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. Igualmente, cando estas listaxes xa non sexan necesarias hai que retiralas.
Para a organización da actividade docente os centros distribúen ao comezo de cada curso ao alumnado por clases, materias, actividades e servizos. Estas relacións pódense colocar nos taboleiros de anuncios ou nas entradas das aulas durante un tempo razoable para permitir o seu coñecemento por parte do alumnado e das súas familias.
Non. No comedor dos centros educativos pódense publicar os diferentes menús, xa que pode existir alumnado con necesidades alimentarias especiais, ben sexa por razóns de saúde ou de relixión, pero sen necesidade de que exista unha listaxe con nome e apelidos do alumnado en relación co menú que lle corresponde. Loxicamente, o centro si poderá dispoñer desas listaxes para o uso do seu servizo de comedor, pero sen darlles publicidade.
Hai que distinguir dous supostos:
- Se se trata dunha web en aberto, é necesario contar co consentimento previo das persoas afectadas, dado que se trata dunha comunicación de datos aos que pode acceder calquera persoa de maneira indiscriminada e que non resulta necesaria para o exercicio da función educativa encomendada aos centros.
- Se a información está restrinxida ao alumnado do centro e ás súas familias pódese publicar, aínda que se debe informar ás persoas afectadas e, en caso de incluír un enderezo de correo electrónico para contacto, debe ser o do centro e non os persoais que ten o profesorado no ámbito educativo.
- Si, sempre que se dispoña do consentimento do alumnado maior de catorce anos, ou en caso contrario, dos seus pais, nais ou titores/as legais.
- En caso de non mediar consentimento, poderíase levar a cabo de maneira que non se puidese identificar ás persoas interesadas, por exemplo, pixelando as imaxes.
- Cando queira poñerse a disposición das nais e pais a información de determinados eventos desenvolvidos na contorna escolar, e unicamente con esta finalidade, podería procederse á súa posta a disposición, tendo en conta unha serie de consideracións: este acceso debería facilitarse sempre nunha contorna segura que esixise a previa identificación e autenticación do alumnado, pais, nais ou titores/as legais (por exemplo, nunha área restrinxida da web do centro), limitándose á información correspondente aos eventos nos que o/a alumno/a concreto participase. En todo caso, sería preciso lembrar a quen accede á información que non pode, á súa vez, proceder á súa divulgación de forma aberta.
Como no caso da web, se o contido do blog en aberto do centro educativo incluíse datos que permitisen a identificación do alumnado, requiriríase o seu consentimento ou o dos seus pais, nais ou titores/as legais. Nestes casos aconséllase disociar ou anonimizar os datos do alumnado, de maneira que non se lle poida identificar.
Non se poden publicar datos persoais que permitan identificar o alumnado sen contar co consentimento das persoas afectadas, ou o dos seus pais, nais, ou titores/as legais. O blog é un medio de información e comunicación á marxe da función docente que o profesorado desenvolve nos centros educativos. Do seu contido será responsable o profesor ou profesora, que deberá observar a normativa de protección de datos sempre que inclúa información de carácter persoal. Do mesmo xeito que cos blogs dos centros educativos, poderíase publicar a información previa disociación ou anonimización dos datos do alumnado, de maneira que non se chegase a identificalo.
A publicación de datos persoais en redes sociais por parte dos centros educativos require contar co consentimento das persoas interesadas, ás que haberá que informar previamente de maneira clara respecto dos datos que se van a publicar, en que redes sociais, con que finalidade, quen pode acceder a eles, así como da posibilidade de exercitar os seus dereitos. Entenderase o consentimento como unha manifestación de vontade libre, específica, informada e inequívoca, mediante declaración ou clara acción afirmativa. A normativa inclúe a obrigación de informar sobre o prazo durante o que se conservarán as imaxes ou, se non fose posible, dos criterios para determinalo.Será necesario velar en todo momento polo interese superior dos menores.
- Si. En caso de traslado de centro (tanto público como privado), a LOE ampara a comunicación de datos ao novo centro educativo no que se matricule o alumnado sen necesidade de solicitar o seu consentimento ou o dos seus pais, nais ou titores/as legais. En todo caso, esta información limitarase á estritamente necesaria para a función docente e orientadora, e non poderá tratarse con fines diferentes ao educativo sen o consentimento das persoas interesadas.
- Con todo, cabe sinalar que a comunicación de datos entre centros públicos dependentes da consellería competente en materia de educación, non se considerará cesión xa que se trataría dunha comunicación necesaria entre diferentes unidades do mesmo responsable do tratamento.
Si, dado que o acceso aos datos do alumnado sería necesario para que o centro no que se vaia desenvolver o intercambio poida realizar adecuadamente a súa función educativa, tendo en conta que a participación do alumnado no programa deberá contar coa solicitude ou autorización das persoas titulares da patria potestade no caso de tratarse de menores de idade. A comunicación responderá ao adecuado desenvolvemento da relación xurídica solicitada polo propio alumno ou alumna no caso de ser maior de idade, ou polas persoas que o/a representan legalmente. A transmisión deberá limitarse aos datos que resulten necesarios para o adecuado desenvolvemento desa acción educativa e para o coidado da persoa menor, no seu caso, que o centro de destino puidese requirir. Cando o centro destinatario dos datos se atope nun país fóra do Espazo Económico Europeo, a comunicación constitúe unha transferencia internacional de datos.
As comunicacións de datos ás Forzas e Corpos de Seguridade son obrigatorias sempre que sexan necesarios para a prevención dun perigo real para a seguridade pública ou para a represión de infraccións penais. En todo caso, a petición que realicen as Forzas e Corpos de Seguridade, no exercicio das súas competencias, debe ser concreta, específica e motivada, de maneira que non haxa unha comunicación de datos indiscriminada. Aínda que se cumpran os requisitos para a comunicación de datos ás Forzas e Corpos de Seguridade, é aconsellable que o centro a documente.
Si, sempre que sexa para a determinación ou tratamento de situacións de risco ou desamparo competencia dos Servizos Sociais. A comunicación estaría amparada no interese superior da persoa menor, recollido na Lei orgánica de protección xurídica do menor. Nestes supostos non se necesita o consentimento das persoas interesadas.
Cando se teña coñecemento dunha posible situación de desprotección dun ou dunha menor: de malos tratos, de risco ou de posible desamparo, débese comunicar á autoridade ou aos seus axentes máis próximos. Tamén cando se teña coñecemento da falta de asistencia ao centro de forma habitual e sen xustificación durante o período lectivo deberá trasladarse á autoridade competente. Nestes casos non é preciso que medie solicitude de ningunha autoridade ou institución.
Pódense facilitar os datos aos servizos sanitarios sen consentimento das persoas interesadas cando o motivo sexa a prevención ou o diagnóstico médico, a prestación de asistencia sanitaria ou tratamentos médicos ou a xestión de servizos sanitarios, sempre que se realicen por profesionais da sanidade baixo segredo profesional ou por outras persoas suxeitas á mesma obriga. Por exemplo, cando sexa precisa a asistencia sanitaria por accidente, indisposición ou intoxicación.
Si, pero debe contarse co consentimento previo e inequívoco das persoas interesadas ou dos seus pais, nais ou titores/as legais, cando os datos sexan comunicados para finalidades propias do teatro, museo, exposición ou da fábrica, como poden ser, por exemplo, o control de entrada, de capacidade ou para as súas programacións futuras.A información que se facilite sobre estes eventos debe incluír a relativa á comunicación de datos a estas entidades e a súa finalidade, así como a propia autorización. A comunicación, en caso de ser autorizada, implicaría a posibilidade do tratamento dos datos por parte da entidade que vai ser visitada exclusivamente para os fins indicados.
- Non sen o previo consentimento das persoas interesadas. As ANPA son responsables do tratamento dos datos de carácter persoal que soliciten, debendo cumprir coa normativa de protección de datos no seu tratamento.
- Con todo, no caso de que as ANPA fosen contratadas para prestar un servizo ao centro educativo para o que tivesen que tratar os datos do alumnado e dos seus pais, nais ou titores/as legais terían acceso aos datos en condición de encargadas do tratamento.
A finalidade xeral do tratamento será preservar a seguridade das persoas e bens, así como das instalacións. Salvo en circunstancias excepcionais, que no seu caso deberán ser avaliadas polo/a Delegado/a de Protección de Datos, non poderán utilizarse con fins de control de asistencia escolar. As cámaras situaranse nos lugares necesarios para alcanzar a finalidade mencionada. A zona obxecto de videovixilancia será a mínima imprescindible, abarcando espazos públicos como accesos ou corredores. Non se admitirá en ningún caso a instalación de sistemas de gravación de sons nin de videovixilancia en lugares destinados ao descanso ou esparexemento dos traballadores ou empregados públicos tales como vestiarios, aseos, comedores do persoal e análogos, ou aqueles nos que se desenvolvan actividades cuxa captación poida afectar a imaxe ou a vida privada, como os ximnasios. Tampouco será posible a gravación nas aulas mentres o alumnado realiza probas de nivel de coñecementos por considerarse esta medida desproporcionada. Con todo, cabería aposibilidade de que, fóra do horario lectivo e nos supostos de desocupación das aulas, se puidesen activar mecanismos de videovixilancia coa finalidade de evitar danos nas instalacións e materiais. A utilización de sistemas para a gravación de sons admitirase unicamente cando resulten relevantes os riscos para a seguridade das instalacións, bens e persoas derivados da actividade que se desenvolva no centro de traballo e sempre respectando o principio de proporcionalidade, o de intervención mínima e as demais garantías previstas na normativa vixente. A captación de imaxes da vía pública só será posible na medida en que resulte imprescindible para a finalidade mencionada. Os monitores de visualización de imaxes, no seu caso, situaranse nun espazo de acceso restrinxido de forma que as imaxes non sexan accesibles a terceiros. O prazo de conservación das imaxes e sons no seu caso con carácter xeral, eliminaranse no prazo máximo dun mes desde a súa captación salvo cando teñan que ser conservadas para acreditar a comisión de actos que atenten contra a integridade de persoas, bens ou instalacións En tal caso, poñeranse ao dispor da autoridade competente (xulgados e tribunais ou forzas e corpos de seguridade) nun prazo máximo de 72 horas desde que se tivese coñecemento da existencia da gravación. No caso particular de que as imaxes se recollan coa finalidade de previr o maltrato físico, verbal ou psicolóxico dos/as menores, as gravacións deberán conservarse o mínimo tempo posible, sendo conveniente que non exceda dos 10 días.