Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Presentación Celso Emilio Ferreiro

Vanesa

Created on January 2, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Audio tutorial

Pechakucha Presentation

Desktop Workspace

Decades Presentation

Psychology Presentation

Medical Dna Presentation

Geometric Project Presentation

Transcript

1912-1979

CELSO EMILIO

FERREIRO

FERREIRO

Un dos poetas máis salientables da súa xeración.

Índice

5. LINGUA E ESTILO

1. BIografía

6. BIBLIOGRAFÍA

2. produción narrativa

índice

7. GRAZAS

3. produción poética

4. poesía de celso

4.1. cívico

4.2. INTIMISTA

4.3. SATÍRICO

Falaréivos de min anque me doanas escuras raíces dos meus soños. Celso Emilio me chaman pero eu teño outros nomes máis irtos apuntados nun rexistro de ventos polifónicos cun fondo musical de frauta triste. "Escolma", O soño sulagado

FERREIRO

Celso Emilio Ferreiro foi o escritor e político galego máis influente da xeración do 36, desenvolveu poesía social e combativa.

VIDA

Celso naceu en Celanova no seo dunha familia acomodada próxima ao galeguismo polo que, dende moi novo estivo próximo ao movemento galeguista e á literatura.

Durante a Guerra Civil chamárono a filas para combater no bando franquista e chegou a pasar uns días na cadea onde ordearan a súa execución que se cancelaría polas influencias da súa familia.

Despois da guerra, retornou a Vigo e iniciou os estudos en Dereito rematando a carreira con gran éxito á par de integrarse de cheo na vida cultural. Entre tanto destacou a súa colaboración na fundación de “Federación de Mocedades Galeguistas”, publicou o seu xornal “Adiante” (con unha soa entrega) e tamén participou na fundación da UPG (Unión do Pobo Galego) entre outras.

VIDA

No 1966 emigrou cara Venezuela onde non pasou moito tempo xa que axiña voltou cara Madrid e, nunha das súas estadías en Vigo, sorprendeulle a morte.

Como dato curioso, moitos dos seus poemas serviron de letras para as cancións de Suso Vaamonde ou Voces Ceibes.

PRODUCIÓN

NARRATIVA

A narrativa de Celso Emilio Ferreiro foi escasa por dedicarse máis a fondo a poesía, o campo onde triunfou.

PRODUCIóN

Curros Enríquez

A taberna do galo

A fronteira infinda

Semblanzas, crónicas e artigos

PRODUCIÓN

POÉTICA

A produción poética de Celso non é a das máis longas pero sí das máis coñecidas entre as da súa época pois destacan as seguintes obras:

Longa noite de pedra

O soño sulagado

PRODUCIóN

Cantigas de escarnio e maldicir

Viaxe ao país dos ananos

Onde o mundo se chama Celanova

Antipoemas

Cartafol de poesía

Terra de ningures

PRODUCIÓN

POÉTICA

Algunhas das portadas dos poemarios de Celso Emilio Ferreiro:

PRODUCIóN

POESÍA DE CELSO

POESÍA

A súa poesía está dominada por tres temas que podemos ver ao longo das súas obras:

POESÍA

CÍVICO

SATÍRICO

INTIMISTA

POESÍA

CÍVICA

CÍVICO

Como poeta cívico parecerase moito aos coñecidos Cabanillas e Curros porque todos comparten a visión da poesía como compromiso coa realidade social. Así, temas frecuentes na súa obra en relación ao cívico son antibelicismo, a liberdade, solidariedade…Nesta temática destaca Longa noite de pedra por seren un libro paradigmático aínda que no libro onde se comezan a ver pegadas cívicas é O soño sulagado onde vemos a emigración, reivindicación social…

POEMA LONGA NOITE DE PEDRA

POESÍA

CÍVICA

CÍVICO

Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra. Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro

O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra.

POESÍA

INTIMISTA

En relación ao intimismo, Celso sente a necesidade de plasmar o que sente o seu “eu” ante ó que están a vivir. Son poemas nos que falan do amor, recordos da infancia, denuncia de inxustizas, dor existencial… Destaca aquí o xa mencionado O soño sulagado.

intimismo

POEMA O MEDO

POESÍA

INTIMISTA

Cando o corvo da noite se pousaba nas derradeitas luces do solpor, os meus ollos de neno enchíanse de bágoas e de lóstregos. O vento que fungaba nas vereas era un home langrán envolto en brétema cun fol ó lombo pra levar meniños. Os albres semellaban pantasmas de cabalos desbocados agallopando os eidos. Un medo que me viña das raíces do mundo tremíame no sangue.

intimismo

"O medo", O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro

POESÍA

SATÍRICA

Coa súa chegada a Venezuela tivo un contacto desilusionado e conflictivo co mundo da emigración o que o motiva ao paso á poesía crítica e satírica. Podemos ver que a sátira e a ironía atópanse en tódolos seus libros máis destaca na obra Viaxe ao país dos ananos e co seu regreso a España en Onde o mundo se chama Celanova.

SATÍRICO

POEMA DIGO VIETNAM E BASTA

POESÍA

SATÍRICA

Digo bomba de fósforo. Apenas digo nada. Digo lombriga e larva de carne podrecida. Digo nenos de napalm, terror de noite e selva, fedor de cidade e cloaca. Fame, suor, aldraxe, pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial, tremor de terra, crime, lume, lava, estoupido, verdugo e mortandade en masa. Digo gas abafante. Apenas digo nada. Digo yanqui invasor, depredador de patrias.

SATÍRICO

"Digo Viet Nam e basta", Viaxe ao pais dos ananos de Celso Emilio Ferreiro

ESTILO E LINGUA

A lírica de Celso caracterízase pola súa sinxeleza expresiva xa que tiña como obxectivo chegar a un público amplo así que, as veces, a linguaxe achégase ao coloquialismo. No ritmo e a musicalidade destacan polo uso de metros curtos e pola abundancia de recursos repetitivos: paralelismo e anáfora. Na súa lírica destaca tamén o uso de símbolos da luz, escuridade, auga, pedra… Todas con significado de liberdade fronte a opresión e valores positivos fronte aos negativos.

ESTILO E LINGUA

BIBLIOGRAFÍA

Libro de Lingua Galega de 2ºBACPÁXINAS WEB: - https://celsoemilioferreiro.org/es/ - https://www.escritores.org/biografias/101-celso-emilio-ferreiro-miguez

BIBLIOGRAFÍA

CELSO EMILIO FERREIRO

mOITAS

FERREIRO

GRAZAS

REALIZADO POR: VANESA ROUCO CORDERO 2ºBAC-A