Want to make creations as awesome as this one?

proba atención diversidade

More creations to inspire you

Transcript

Medidas para atender a DiversidadeIES de Rodeira

GUÍA BÁSICA PARA FAMILIAS

Comezar

Que é un neae?

Obxectivo fundamental

Teño unha dúbida

Principais datos

Protocolos

Medidas en Rodeira

Que é a diversidade?

Índice

Capa inicial

Ante calquera dúbida, debe solicitar unha titoría. Tamén pode solicitar unha reunión coas orientadoras. É fundamental que lles dea traslado de informes, diagnósticos ou outra cuestión relevante.

Todos os recursos deben empregarse equitativamente para atender as necesidades individuais do alumnado

Índice

Conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e preferencias de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado

Que son as medidas de atención ádiversidade?

Índice

ORDINARIAS: Non se modifican os obxectivos, contidos ou criterios de avaliación.EXTRAORDINARIAS: Orientadas ao alumnado n.e.a.e. que precisa modificacións importantes no currículo ou organización escolar

Que tipo de medidas se aplican en Rodeira?

Índice

que é o alumnado neae?

algúns datos

  • Necesidades educativas especiais
  • Atraso madurativo
  • Trastornos do desenvolvemen-to da linguaxe e da comunica-ción
  • Trastornos de atención ou de aprendizaxe
  • Descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe
  • Situación de vulnerabilidade socioeducativa
  • Altas capacidades intelectuais
  • Incorporación tardía ao sistema educativo
  • Condicións persoais ou de historia escolar.

Volver

Que é alumnado neae?

nee: aquel alumnado que afronta barreiras que limiten o seu acceso, a súa presenza, a súa participación ou a súa aprendizaxe, derivadas de discapacidade ou de trastornos graves de conduta, da comunicación e da linguaxe

Aquel que presenta desigualdades derivadas de factores sociais, familiares derivados de violencia de xénero, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole

Aquel que presenta un C.I. >=130, alto nivel de creatividade e persistencia nas tarefas de alta complexidade intelectual ligadas ás súas áreas de interese. Corresponde á xefatura do dpto. orientación a acreditación da Alta Capacidade Intelectual.

Aquel que se escolariza tardiamente no noso sistema educativo e presenta dificultades para acadar os obxectivos e as competencias que lle corresponderían pola súa idade (esp. descoñecemento dalgunha lingua oficial galega ou desfase curricular).

estudantes da ESO son neaeNa FP Básica son 9 de 10

4 de 10

No resto de niveis a proporción de alumnado neae é inferior ao 5%Por esta razón, priorízanse as medidas no nivel da ESO, dos primeiros cursos aos últimos

Volver

Medidas ordinarias

01

Aspectos organizativos, curriculares e de tempos que se aplican de forma xeral a todo o alumnado

Seguinte

Volver

  • 2 orientadoras
  • Profesorado de apoio
  • Profesorado PT
  • Programa PROA+
  • Aula de atención educativa
  • Programa de habilidades sociais
  • Kiva
  • 2 tempos de descanso
  • Grupos heteroxéneos
  • Formación en aprendizaxe cooperativo
  • Plans de reforzo e/ou apoio
  • Exención da 2ª lingua estranxeira
  • RAOGAL

Que outras medidas ordinarias temos no IES de Rodeira?

Volver

Priorizamos nos horarios dos docentes o apoio dentro da aula ao profesorado principal. En moitas materias (sobre todo 1º e 2º ESO) entra un 2º docente para apoiar e axudar ao alumnado con máis necesidades (neae).

Dentro do número de docentes que nos outorga a Consellaría, decidimos solicitar unha segunda persoa orientadora, para lograr achegarnos a rateo que propón a UNESCO de 1 por cada 250 alumnos.

No IES de Rodeira contamos con dúas mestras da especialidade de Pedagoxía Terapéutica (PT) que teñen como prioridade atender ao alumnado con discapacidade. Nas horas restantes fan apoios e atención ao alumnado con exención de 2ª lingua estranxeira.

O IES de Rodeira participa voluntariamente no programa PROA+, orientado a mellorar os resultados académicos do alumnado neae. Solicitamos dúas docentes a media xornada que entran a apoiar nas clases de linguas e matemáticas ao alumnado neae.

Aquel alumnado que de forma reiterada interrumpe as clases ou non realiza adecuadamente o seu traballo é derivado a esta aula onde realizará actividades de reflexión e autocontrol.

Aquel alumnado que foi expulsado do centro por problemas de convivencia, realiza un programa de habilidades sociais coas orientadoras do centro á súa volta, co obxectivo de que reflexione e modifique a súa conduta.

Actividades programadas e sistematizadas a realizar nas titorías grupais, co obxectivo de mellorar a cohesión grupal, a convivencia, o sentimento de pertenza e evitar as situacións de acoso escolar.

O horario lectivo conta con dous descansos de lecer de 20 minutos cada día, para proporcionar descando entre sesións ao alumnado.

A organización dos grupos ao inicio de curso é proposta polo departamento de orientación en colaboración coas titorías e profesorado do grupo, conxuntamente con xefatura de estudos. O criterio fundamental é a heteroxeneidade polo que se busca un equilibrio en aspectos académicos, condutuais, socioeconómicos, etc...

Unha das liñas de formación do centro é a aprendizaxe cooperativa, procurando ter ferramentas didácticas para que o alumnado traballe en equipo, aprenda conxuntamente e logre aplicar os seus coñecementos na resolución de problemas e conflitos.

Os plans de reforzo, de recuperación de materias pendentes e/ou para alumnado repetidor, establécense nas primeiras semanas de curso co obxecto de lograr unha atención individualizada para o alumnado que poida ter dificultades en superar o curso.

O alumnado de 1º e 2º ESO que ten especiais dificuldades nas materias lingüísticas proponse para exención na 2ª lingua estranxeira. Nesas horas é atendido polas mestras PT que reforzan as materias instrumentais.

A Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galiza (RAOGAL) é unha posibilidade que temos como centro de acudir a un profesional da Consellaría para acompañar ao alumnado máis vulnerable, previndo fracasos e promovendo a aprendizaxe e éxito escolar.

Medidas extraordinarias

02

Modificacións no currículo, cambios organizativos esenciais ou modalidade de escolarización ao alumnado n.e.a.e., unha vez esgotadas as ordinarias.

Seguinte

Volver

  • Adaptación Curricular Individualizada
  • Profesorado PT
  • Flexibilización dos anos escolares
  • Programa de Diversificación Curricular
  • Alumnado que non asiste regularmente ao centro
  • Atención ao alumnado inmigrante

Que medidas extraordinarias aplicamos?

Volver

Atención prioritaria ao alumnado con necesidades educativas especiais, aínda que tamén pode atender a neae, dentro da aula ou, excepcionalmente, fóra. Priorízase a atención á comunicación.

As adaptacións curriculares, ou adaptacións do currículo, son medidas extraordinarias que afectan os elementos máis relevantes do currículo, eliminándoos ou modificándoos para adaptalos ás características do alumnado con necesidades educativas ou, excepcionalmente, n.e.a.e.

Este programa voluntario témolo implantado no IES de Rodeira para 3º ESO (para o ano tamén en 4º) para aquel alumnado neae que ten boa actitude no traballo que poida titular na ESO. É un grupo reducido de entre 5 e 10 alumnos. Intégranse no grupo de referencia nunhas poucas materias.

Pode ser aumpliando a etapa (a alumnado con necesidades especiais) ou reducindo a etapa (a alumnado con altas capacidades). Solicítase antes de abril de cada ano.

Se hai un alumno que non pode asistir ao centro por prescrición médica, doenzas, vulnerabilidade, lesións... pode recibir atención educativa domiciliaria ou virtual, segundo os casos.

TEA

TDHA - TDA

Altas capacidades

TEL

Dislexia e semellantes

DiscapacidadeAuditiva

Protocolos educativos

Índice

TANV

Os protocolos recollen medidas que se poden aplicar para o alumnado diagnosticado, en función de cada caso. Se desexa máis información sobre os mesmos, pode consultar coa persoa titora e/ou a orientación do centro.

estudantes por grupo

22

+

Estudantes na ESO

307

+

4 de cada 10 é neae16 repetidores55 con materias pendentes

A primeira decisión organizativa é lograr ter unha rateo de alumnado baixa

Seguinte

Índice

5 grupos

3º eso

3 grupos

2º eso

4 grupos

1º ESO

+

+

+

+

Seguinte

Volver

3 grupos

4º eso

No boletín de notas as medidas ordinarias reflíctense cun RE

Alumnado da ESO no IES de Rodeira que conta cun plan individualizado de reforzo, repetidor e/ou de materias pendentes

42.3%

+

Volver

  • 1h extra en linguas para mellorar a competencia lingüística
  • Profesorado de apoio na aula en galego, castelán, inglés, matemáticas
  • Desdobres de grupos en castelán, galego, física e química e tecnoloxía
  • 21 alumnos con exención de 2ª lingua estranxeira
  • PROA+ e PT para apoiar o alumnado neae.
  • Adaptacións Curriculares ao alumnado que o precisa
  • 48% alumnado é neae
  • Plans de reforzo (RE) para alumnado con dificuldades

Moitos recursos para o éxito escolar

Medidas para todo o alumnado

  • Profesorado de apoio na aula en galego, castelán, inglés, matemáticas...
  • Grupo de diversificación curricular.
  • PROA+ para apoiar o alumnado neae.
  • 25% é alumnado neae
  • 47% do alumnado con plans de reforzo, recuperación e repetición (RE) para alumnado con dificuldades

Moitos recursos para o éxito escolar

Medidas para todo o alumnado

  • O alumnado ten liberdade de escolla entre todas as materias optativas, respectando os seus intereses.
  • Dúas matemáticas diferentes segundo interese e nivel.
  • 20% do alumnado é neae
  • 33% do alumnado con plans de reforzo, recuperación e repetición (RE) para alumnado con dificuldades

Moitos recursos para o éxito escolar

Medidas para todo o alumnado

  1. Adaptación curricular individual
  2. Apoio de mestras PT
  3. Flexibilización das etapas
  4. Programa de Diversificación Curricular
  5. Atención ao alumnado con dificuldades de asistencia ao centro

Extraordinarias

  1. Organización da escola (grupos, agrupamentos, horarios...)
  2. Adaptacións programacións didácticas
  3. Metodoloxías cooperativas e proxectos
  4. Adaptación tempos, probas e avaliación
  5. Aula de atención educativa
  6. Reforzo e apoio por profesorado
  7. Enriquecemento curricular
  8. Plans de alumnado repetidor e/ou con materias pendentes
  9. Programa de habilidades sociais

Ordinarias

VS

  • 1h extra en lingua galega e bioloxía para reforzar o galego oral.
  • Profesorado de apoio na aula en galego, castelán, inglés, matemáticas, bioloxía, tecnoloxía...
  • 21 alumnos con exención de 2ª lingua estranxeira
  • PROA+ e PT para apoiar o alumnado neae.
  • Adaptacións Curriculares ao alumnado que o precisa
  • 45% alumnado é neae
  • Plans de reforzo (RE) para alumnado con dificuldades

Moitos recursos para o éxito escolar

Medidas para todo o alumnado

O alumnado repetidor e/ou con materias pendentes dispón dun plan individualizado para a superación das materias adaptado ás súas necesidades.O alumnado con dificuldades ou que suspende algunha materia ten un plan de reforzo individualizado que lle facilita a superación da mesma.

Plans individualizados