Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Lingua galega
Herramientas y Forma
Created on December 18, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Piñata Challenge
View
Teaching Challenge: Transform Your Classroom
View
Frayer Model
View
Math Calculations
View
Interactive QR Code Generator
View
Interactive Scoreboard
View
Interactive Bingo
Transcript
COMUNICACIÓN I
1. Que é comunicación?
Comunicación: é o proceso mediante o cal unha persoa (o emisor) transmite de xeito intencionado unha mensaxe a outra (o receptor).
2. As funcións da linguaxe
Na comunicación verbal, o emisor pode propoñerse distintos fins. Funcións da linguaxe: distintas intencións polas que empregamos a linguaxe.
- Función representativa ou referencial: é a propia das mensaxes en que o emisor transmite información sobre o mundo que o arrodea.
- Función expresiva ou emotiva: é a que predomina nas mensaxes en que o emisor expresa as súas emocións, sentimentos, opinións...
- Función poética é a que se dá cando a mensaxe se crea cunha finalidade estética.
LITERATURA II
2. A expresividade da linguaxe poética
1. O ritmo e a musicalidade do texto poético
- Figuras literarias vinculadas co son: aliteración, onomatopea...
- Figuras literarias vinculadas coa estrutura da oración: anáfora, paralelismo, hipérbato
- Figuras literarias vinculadas co significado: comparación, imaxe, metáfora, personificación, hipérbole, antitese...
- Verso (medida) + Rima = elementos básicos para crear ritmo e musicalidade nos textos poéticos.
- Verso:
- Series de palabras que suman un número de sílabas ⇾ cómputo silábico: licenzas métricas + acento final de verso.
- Arte menor (< 8 sílabas) ou Arte maior (>8 sílabas).
- Rima é a repetición total ou parcial dos sons finais dun verso a partir da última vogal tónica.
- Consonante: se se repiten tanto as vogais coma as consoantes.
- Asonante: se só se repiten as vogais.
GRAMÁTICA II
1. A oración: suxeito e predicado
A oración é un tipo de enunciado que se caracteriza por ter un verbo en forma persoal.
- Suxeito: é o grupo de palabras que nomea de quen dicimos algo na oración. A palabra máis importante é o núcleo (N), (substantivo/ pronome) ➝ Sintagma Nominal.
- Predicado: é o grupo de palabras que expresa o que se di do suxeito. O seu núcleo é un verbo ➝Sintagma Verbal.
2. Concordancia
Se cambiamos o número ou a persoa do verbo, o suxeito tamén varía. A concordancia entre o suxeito e o verbo é a correspondencia que gardan entre si en número e persoa.
3. Modalidade
- Modalidade: é a forma en que o falante presenta o enunciado.
- 3 aspectos: entoación + formas verbais + adverbios negación/afirmación/dúbida
4. Clases de oracións
- Enunciativas: presentan un feito coma real
- Interrogativas: ?
- Exclamativas: !
- Dubitativas: dúbida.
- Optativas ou desiderativas: desexo.
- Exhortativas ou imperativas: consello, rogo, mandato, prohibición.
- Posibilidade: suposición ou posibilidade
GRAMÁTICA III
1. O suxeito
4. Clases de suxeito
Suxeito: é un sintagma nominal, o cal ten un núcleo que xeralmente concorda co verbo en número e persoa. Para identificar o suxeito dunha oración pódense realizar as seguintes probas:
- Cambiar de número a forma verbal e mudar as palabras de número (do singular ao plural ou viceversa).
- Preguntarlle quen? ao verbo da oración cando e suxeito é animado.
- Suxeito léxico: palabra ou conxunto que fan de suxeito
- Suxeito gramatical: non se expresa a través dun nome ou sintagma pero identificase polo verbo
5. A omisión do suxeito
- Pódese carecer de suxeito léxico, pero ten suxeito framatical.
- Frecuente: xa nomeado, sobreentende...
2. A estrutura do suxeito
- A estrutura do suxeito = SN.
- Núcleo: substantivo ou palabra equivalente.
- Determinantes: artigos, demostrativos, posesivos...
- Complementos: adxectivos, S.Prep.
6. Oracións impersoais
Nalgunhas oracións non aparece o suxeito porque non o teñen; isto é, non é que estea elidido, senón que se trata de oracións sen suxeito. 3 tipos:
- Oracións con verbos de fenómenos da natureza.
- Oración nas que o verbo haber é independente.
- Oracións (algunhas) construídas con "se".
3. A posición do suxeito
- Inicio da oración
- Pode ter outras posicións
COMUNICACIÓN II
1. O texto
Un texto é un enunciado ou un conxunto de enunciados con sentido completo que, nunha determinada situación, transmite un emisor cunha intención comunicativa concreta.Para que un texto sexa considerado unha unidade de comunicación:
- o código compartido por emisor e receptor.
- unidade temática
- serie de propiedades.
2. Propiedades
Coherencia
Cohesión
Adecuación
- Un texto debe ser adecuado a quen vai dirixido + propósito.
- 3 factores:
- Destinatario.
- Rexistro.
- Propósito.
- Un texto é coherente cando as ideas que se expoñen nel están ordenadas de forma lóxica e fan referencia a un mesmo asunto.
- 3 principios:
- Relación temática.
- Pertinencia.
- Principio de non contradición.
- Un texto está cohesionado cando os enunciados que o compoñen están conectados entre si.
- Procedementos:
- Léxicos.
- Gramaticais.
- Discursivos.
Identifica os sintagmas nominais e os predicados das siguientes oracións:
- Este libro verde é moi interesante.
- Federico sempre foi un amigo perfecto.
- Xa están aquí os dous de sempre.
- A cafetería do instituto sempre está chea no descanso.
- O home é omnívoro.
- O irmán do meu mozo chegou tarde.
- O mariñeiro soportou as inclemencias do tempo.
- Aquel neno ten moitos amigos.
- Todos os pantalóns verdes gústanme moito.
- O meu colexio está en Pontevedra.
- Tres tristes tigres comían trigo nun trigal.
- Cantos libros necesitas?
- Que rapaz máis listo!
- Encántame o doce que é a súa mirada.
GRAMÁTICA I
1. A lingua e as unidades lingüísticas
3. As palabras
Lingua: sistema de comunicación que permite intercambiar ideas, sentimentos e experiencias mediante un número limitado de sons.
Palabras: unidades da lingua formadas por morfemas, que se escriben separadas unhas das outras.
- Desde o punto de vista do significado: expresan un determinado concepto ou indican xénero, número, persoa..
- Desde o punto de vista da forma: variables ou invariables
Unidades da lingua:
- Textos.
- Enunciados.
- Palabras e sintagmas.
- Morfemas: galeg- (de Galicia) + -a (femenino)
- Fonemas: sons + letras.
- Variables:
- Substantivos.
- Verbos.
- Adxectivos.
- Pronomes.
- Determinantes.
- Invariables:
- Adverbios.
- Elementos de enlace.
- Interxeccións
2. Os enunciados e as súas clases
Enunciados: conxuntos de palabras con que expresamos unha idea en forma de pregunta, afirmación, exclamación... Son unidades da lingua con sentido completo.Clasifícanse en:
- Oracionais: conteñen un ou máis verbos en forma persoal.
- Non oracionais: transmiten unha mensaxe, pero carecen de predicado
LITERATURA I
1. Os textos literarios
- Son manifestacións artísticas que utilizan a palabra como medio de expresión.
- O seu principal obxectivo é entreter e neles predomina a función estética e a capacidade para recrear mundos imaxinarios.
2. Os xéneros literarios
Xénero lírico ou poesía
Xénero narrativo
Xénero dramático
Inclúe os textos, xeralmente en verso, denominados poemas en que unha voz poética expresa emocións e pensamentos. Nas obras poéticas a linguaxe é moi expresiva e rítmica, e utilízanse moitos recursos estilísticos (metáfora, paralelismo, personificación...).
Constitúeno textos concibidos para seren representados ante un público. Teñen forma de diálogo directo entre personaxes e inclúen indicacións, chamadas anotacións, sobre como representar o texto (escenografía, iluminación, xestos, movementos...). Subxéneros: traxedia, comedia e drama.
Inclúe as obras en que unha voz narradora relata as accións duns personaxes e os feitos que estes viven nun tempo e nun lugar determinados. A maioría dos textos narrativos están escritos en prosa. Case sempre conteñen diálogos entre os personaxes. Subxéneros: conto, lenda, novela, mito, fábula
ORTOGRAFÍA I e II
As maiúsculas
Ditongos e tritongos
Escribense con letra inicial maiúsculas:
- A primeira palabra dun texto, detrás de punto, punto e seguido, signos de ! ou ?, ; , ...
- Os nomes propios
- Os nomes propios dos espazos xeográficos.
- Os substantivos e os adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras entidades formalmente constituídas
- A primeira palabra dos títulos de obras literarias e artísticas
- As palabras que teñen relevancia semántica e conforman o título de publicacións periódicas.
- As formas abreviadas de tratamento.
- Ditongo: é a unión de dúas vogais na mesma sílaba. Para que haxa un ditongo unha das vogais ten que ser pechada átona. Ex: buxaina, romeu..
- Tritongo: é a secuecia de tres vogais que se pronuncian unidas e pertencen á mesma sílaba; está formado por unha vogal aberta (a, e, o) entre dúas vogais pechadas átonas (i, u): xeniais, ansiei...
Acentuación de palabras con ditongo ou tritongo:
- As palabras con ditongo = normas xerais de acentuación. Se leva acento colócase sobre a vogal tónica aberta (a, e, o): composición.
- Ditongos decrecentes (ai, ei, oi, au, eu, ou) ≠ acento gráfico cando van na última sílaba tónica dunha palabra: caeu.
- As palabras con tritongo seguen as normas xerais de acentuación.