Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Un libro para agasallar 2023
Covadonga Rodríguez
Created on December 17, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Recomendacións lectoras
Un libro para agasallar
Aquí están as nosas recomendacións de lecturas para este tempo de Nadal. Libros e música para agasallar, para pedir como agasallo, para pedir prestados... pero, sobre todo, para ler, escoitar e gozar.
El Hematocrítico
El Hematocrítico
O escritor, mestre de Educación Infantil e Primaria e creador de contidos, Miguel López, El Hematocrítico, faleceu en novembro do 2023. Déixanos un rico legado de obras de literatura infantil, que, sen dúbida, pasarán a ser clásicos imprescindibles. Desde a BBS queremos rendirlle a nosa pequena homenaxe neste "Libros para agasallar".
¿Cómo baja Papá Noel por la chimenea?Mac Barnet
O moco máis rico do mundoValeria Kiselova Savrasova
Unha unicorniaEl Hematocrítico
Monstr3sLaura Parrulo
Primeiros lectores e lectoras
Feliz FerozEl Hematocrítico
Como funciona?Peter Hinckley
O trompetista e a Lúa. Xelís de Toro
Max Burbuja. Dejadme en pazEl Hematocrítico
CaramomiaLedicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico
lectores e lectoras autónomos
A media hora dos heroesEl Hematocrítico
HookyMíriam Bonastre Tur
O superdetective Blomkvist Astrid Lindgren
A botella de lentellasLeticia Barbadillo
A brigada iridescenteElena Andrés
lectores e lectoras Expertos
Sete chaves para abrir os soñosAlfredo Gómez Cerdá
Tamén no Nadal!
Cantigas de Nadal
O Quiquiriquí Cantos para o Nadal
Ailá de NadalAilá
sempre dando a nota!
FELICES FESTAS!
Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa, que agora está nunha residencia, e decide facer el unhas poucas. Emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas. Antes de deixarlle comer as orellas, a avoa sempre lle contaba as historias que esas orellas escoitaran. Agora será Manuel o encargado de imaxinar os relatos que escoitaron os doce: sorprendentes historias protagonizadas todas elas por lentellas.
A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Xerais
Que atoparías se cortases pola metade unha máquina de escribir, unha pelota de golf, unha colmea ou até un carrusel? Neste libro as mentes curiosas poderán botarlle unha ollada ao interior —literalmente— de extraordinarias estruturas e mecanismos dentro de obxectos cotiáns.
Como funciona? A extraordinaria natureza das cousas máis ordinarias. Peter Hinckley. Aira Editorial
Como baixa Papá Noel pola cheminea? E se a casa non ten cheminea? Axúdanlle os renos a entrar? E unha vez dentro, como pode non tropezarse cos mobles se todo está a escuras? E se na casa hai can, por que no le ladra? Este libro resolverá todas as dúbidas… Ou non. O importante é que Papá Noel seguirá baixando polas chemineas aínda que non teñamos ni idea de como o fai.
¿Cómo baja Papá Noel por la chimenea? Mac Barnett e Jon Klassen. Nubeocho.
Kalle Blomkvist naceu para ser detective e, aínda que só ten trece anos, controla todo o que sucede na pequena vila de Lillköping. Xunto a Anders e Eva-Lotta pasa o verán enredado nunha batalla contra banda de nenos rivais. Pero a chegada do tío Einar esperta as súas sospeitas, e os tres amigos poñen en marcha unha auténtica investigación detectivesca.
O superdetective Blomkvist Astrid Lindgren. Sushy Books
A Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo a libre disposición este disco de cancións de Nadal de Ailá, coa finalidade de contribuír a divulgar e dar a coñecer o rico patrimonio galego de tradición oral e cultural destas datas na lingua propia de Galicia. É un recurso que podedes escoitar con só premer no enlace ou no título.
Ailá de Nadal. Ailá
Chega a hora de durmir e o pequeno pide deixar a luz acesa porque ten medo do monstro de debaixo da cama. Imos descubrindo que nese cuarto habitan tres criaturas diferentes, e ningunha sabe da existencia das outras. Este conto, móstranos como as criaturas se atopan, se asustan e se reconcilian.
Monstr3s. Paula Parrula e Óscar Vilán. Patasdepeixe
“O quiquiriquí: Cantos para ou Nadal” é un traballo co-producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e os estudos Casa de Tolos. Trátase dun documento audiovisual onde se reflicten diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do nadal en Galicia. Preme no enlace para acceder ao canal de Youtube deste proxecto.
O Quiquiriquí. Cantos para o Nadal.
A Brigada Iridescente é un grupo de amigos que cada día procura unha nova aventura.Nas festas de verán da súa vila acaban nos inchables e algo estraño pasa. Non atopan a saída, hai un home raro... Serán capaces de saír ilesos do labirinto dos inchables os cinco amigos? Misterio e aventura en banda deseñada.
A brigada iridescente. O labirinto dos inchables. Elena Andrés. Galaxia.
Sete chaves para abrir os soños. Alfredo Gḿez Cerdá Kalandraka
Alfredo Gómez Cerdá reune neste libro sete autoras e autores que cambiaronr a vida das súas lectoras e lectores e se converteron en mitos. Sete autores que tiñan a chave máxica para nos adentrar no mundo dos soños máis fermosos: Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes.
O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relación cos misteriosos roubos que se están producindo na cidade?
Caramomia. Ledicia Costas, María Lado, Manuel Landesa e O Hematocrítico. Xerais.
Roberto é un neno de sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigaron sen fútbol no recreo o resto da semana. Xa pensaba que ía pasar uns descansos aburridísimos, cando foi convidado a formar parte dun grupo de nenos e nenas tan especiais coma el: o incrible e secreto equipo «Lendas do recreo».
A media hora dos heroes. El Hematocrítico. Xerais.
Ogrito era moi goloso, pero o que máis lle gustaba eran os mocos.Desexaba unha torta de mocos para o seus aniversario, así que Mamá e Papá Ogro convocaron a un gran concurso para atopar… o moco máis rico do mundo!Gañará o moco chamuscado de dragón? Ou o concentrado elaborado polas bruxas?
O moco máis rico do mundo. Valeria Kiselova Savrasova & Mamen Marcén. Ediciones Jaguar
A cidade enteira estaba patas arriba. Todos os músicos e aspirantes a músicos andaban atarefados. Axiña se ía formar a nova banda de música. Os aspirantes practicaban sen parar cos seus instrumentos. Evaristo, o xeadeiro, sopraba con ilusión a súa trompeta. Pero que mal soaba! Estaba claro que precisaba axuda.
O trompetista e a Lúa. Xelís de Toro. Xerais.
Todo se complica cando os xemelgos Dani e Dorian perden o autobús á Escola de Maxia. O que debía ser o comezo da súa educación como bruxos terminará nunha serie de aventuras —e algún que outro enredo— nas que coñecerán a novos amigos do máis diferentes. Para lectores/as de manga que gusten do mundo da maxia e da fantasía.
Hooky. Míriam Bonastre Tur. Ediciones Martinez Roca.
A media hora dos heroes. El Hematocrítico Xerais
Roberto é un neno de Sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigaron sen fútbol no recreo o resto da semana. Xa pensaba que ía pasar uns descansos aburridísimos, cando foi convidado a formar parte dun grupo de nenos e nenas tan especiais coma el: o incrible e secreto equipo «Lendas do recreo».
Unha unicornia. El Hematocrítico. Xerais
Estrela é unha unicornia á que lle encantan as nenas: todo no seu cuarto está decorado con imaxes de pequenas humanas. Cumprirá o seu soño de coñecer unha nena de verdade algunha vez?
Feliz Feroz. El Hematocrítico Xerais
Lobiño é un lobo dócil e bo. Preocupada pola súa falta de fereza, a nai de Lobiño decide envialo a xunto o seu irmán e tío de Lobiño, o Lobo Feroz. Lobo Feroz terá o cometido de converter a Lobiño nun gran depredador. Lobiño é ensinado polo seu tío a cazar coellos, asustar ás persoas, comer aos porcos... Pero non é quen de facelo. En lugar diso, come ensalada cos demais animais, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos porcos.
Cantigas de Nadal
Cantigas de Nadal é un cd recompilatorio editado por BOA Music en 1998. Nel hai once panxoliñas, cantigas populares propias do Nadal, interpretadas por diversos músicos e grupos galegos. Se premes no enlace terás acceso a unha lista de reprodución cos once temas.
Miña nai di que me chamo Burbuja porque son especial, delicado, marabilloso e porque lle gusto a todo o mundo. Iso non é certo. Chámome Burbuja porque ese é o meu apelido.Os meus pais están separados. A miña nai insiste en facer sempre actividades creativas. O meu pai planea excursións á natureza cada fin de semana. Se nalgo están de acordo é en non deixarme nin un minuto libre. Xa perdín a conta de todas as extraescolares ás que me levan apuntado nos últimos anos.