Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

covadonga

Created on December 15, 2023

Banda deseñada

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Correct Concepts

Microcourse: Artificial Intelligence in Education

Puzzle Game

Scratch and Win

Microlearning: How to Study Better

Branching Scenarios Challenge Mobile

Branching Scenario Mission: Innovating for the Future

Transcript

Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de darse conta, a pequena sorprenderaa cos seus inesperados poderes. Pero, de onde procede e que é realmente Vinca? Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo. Neste cómic descubrirás o valor da familia, da maxia e do amor.

Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa! Xunto ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa, aprendendo o valor da amizade e do compañerismo. Atréveste a acompañalo?

Astro-Rato leva tanto tempo viaxando polo espazo que xa esqueceu a súa misión. Menos mal que aí está lampadiña para lembrarlle os seus deberes. Viaxa cos nosos heroes polos planetas máis estraños da Galaxia, afrontando ameazas tan espantosas como o monstro Ciclópeo ou Patacator.

O doutor Malévolo converteu a Superman, o defensor da xustiza mellor peiteado, nunha pataca. E non só iso, senón que ameaza con converter en pataca a todo aquel que lle leve a contraria. Supermax, mesmo convertido en pataca, non é un tubérculo calquera. É superpatata.

Mus e Wagner, unha rata e un oso, atopan un robot no medio da estrada. Deciden levalo á casa e arranxalo. O seu nome é Bitmax e ten unha estraña profesión: é axudador! Xunto aos habitantes do Bosque Azul vivirán aventuras e axudarán a todo aquel que o necesite.

Narval é un narval despreocupado. Medu é unha augamar sensata. Poida que non teñan moito en común, pero aos dous encántanlles os gofres, as festas e as aventuras. Únete a Narval e Medu, e descobre o gran océano con eles e a súa pandilla.

Ariol é unha colección chea de humor e segue a vida diaria duns pequenos animais humanizados e con nomes moi divertidos (Vitorino, Naftalina, Pánfilo, Silueta, Borjajá, Pétula ou Mocosete). Cada volume inclúe varias historias diferentes. Ariol é o protagonista, un burro azul que leva lentes e o seu mellor amigo Ramono é un porco que lle acompaña en moitas aventuras.

Tigresa é un cachorro que sempre ten doces soños. Baixo a súa cama vive Monstro, e como son grandes amigos, el encárgase de asustar os seus pesadelos. Pero un día chega un pesadelo tan grande que Monstro non pode contra el, e Tigresa deberá atopar a súa valentía. En letra maiúscula.

Hilda é unha nena decidida, intelixente e moi aventureira. Ademais vive nunhas montañas cheas de troles, xigantes e todo tipo de seres extraordinarios. Así que as súas aventuras son todos menos ordinarias!

Con esta saga adentrámonos nun mundo fantástico cheo de sorpresas e misterios que se irán resolvendo pouco a pouco. Bea sae ao bosque en busca de herbas para as súas apócemas que crea xunto co seu avó e atópase con Cad, un ser diferente dunha especie que se consideraba en extinción… Ao volver á casa o avó de Bea non aparece e os novos amigos parten na súa búsqueda sen saber os peligros que lles esperan.

Margo é unha misteriosa nena mediadora de monstros que vive decenas de aventuras singulares nestes cómics cheos de aventuras e misterios, pero tamén con moitos toques de humor e cun fondo cheo de valores.

Unha serie de novelas gráficas que transmiten calma e promoven o coidado das cousas importantes como o amor e a amizade, pero tamén a paciencia, o valor do traballo ben feito e as tradicións.

Trátase dunha serie de cómics que atraen polas súas ilustracións e enganchan pola súa historia. Cereza é una nena curiosa e intelixente de 10 anos que soña con ser escritora, por iso empezou un diario e esmérase en observar a todas as persoas que se cruzan no seu camiño, pois sabe ben que todas teñen un segredo escondido que non contan a ninguén e que pode ser o inicio dunha gran historia que narrar… Aventuras cheas de misterio e personaxes inolvidables descubren historias de amizade, nostalxia, traballo en equipo e respecto pola memoria colectiva. Aínda que o mellor, sen dúbida, é a beleza das ilustracións.

Estas novelas gráficas reivindican o valor pola arte e a cultura na sociedade como fonte de inspiración, felicidade e plenitude. Cromo é unha cidade escura, triste e desolada pola tiranía de Margot e o seu exército de corvos que negan aos seu habitantes da cultura e da arte. Todo isto, xunto coa desesperación da lúa, ten a todos sumidos nunha enorme tristeza… Pero un día chegará a esta cidade imaxinaria a nosa protagonista, Alba, irradiando luz, esperanza e unha enerxía que a levarán a unha gran aventura por salvar á lúa e devolver vida á cidade.

As novelas gráficas de esta autora, Raina Telgemeier, son historias da vida cotiá das e dos adolescentes e preadolescentes. Nesta saga, a un grupo de amigas se lles ocorre unha xenial idea: organizar un club de chicas canguro. Traballar como canguro lles dará a oportunidade de pasalo ben e gañar uns cartos extra para as súas cousas. Pero ninguén as avisou das gamberradas dos nenos, das mascotas salvaxes, nin dos pais que non sempre contan a verdade.

Olivia encarna a todo neno ou nena na súa viaxe hacia a madurez. Os seus medos e inseguridades son as mesmas que atravesa toda persoa chegando á pubertade: o medo a non encaixar, o pánico por quedar fóra de todo o grupo social, á búsqueda da propia identidade… A autora e ilustradora Kayla Miller texeu unha historia sincera e profunda sobre como manexar as amizades, apoiarse na familia e aprender a tomar decisións por un mesmo.

Ás veces, ter irmás non é nada doado, pero si ademais son tan diferentes como Sarah, Casiopea e Lucille, é unha loucura. A primeira está preocupada por os soños que ten cada noite; a segunda ten a cabeza nas nubes e a terceira pasa todo o tempo có seu gato. Sen embargo, un día atopan unha misteriosa foto da súa nai embarazada… Quen é o bebé? E por que a foto estaba agochada no ático? A única forma de saber a verdade é aventurado no enzarzado bosque dos segredos da familia Grémillet.

Dous irmáns viven marcados polo feito que os seus pais rexentan o cemiterio local, o que provoca que sexan apestados na escola. Un bo día, limpando o cemiterio descubren unha marcas nalgunhas tumbas e, animados polo tallista do cemiterio, comezan a investigar sen ser conscientes de onde se están a meter…

Nesta viaxe polo sistema solar, Spirulina e os seus amigos viaxarán a Marte, un planeta que alberga a última esperanza para a humanidade. Non tardarán en verse envoltos nos segredos e perigos que agocha o planeta vermello. Cando a Terra se nos quede pequena, ata onde estariamos dispostos a chegar ?

O de Irene González é un caso único no mundo. Na década dos vinte do século pasado foi a primeira rapaza que rompeu barreiras no fútbol, ao se converter na porteira e capitá do equipo masculino coruñes ao que deu nome: O Irene F.C. Esta é a historia dunha nena que levou a súa paixón máis ala dos límites establecidos para as mulleres da época e fixo realidade o seu soño.

Sempre se falou da maxia e das lendas do Castro da actual Baroña. Pero o que ninguén sabe é o que aconteceu realmente....

1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta. W. C. Morgan é destinado á sucursal de The Anglo South

Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo é demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba.

Unha illa misteriosa na que ocorren cousas extraordinarias. Un cómic sen palabras con moitos niveis de lectura. Universos paralelos, un personaxe que vai decidindo que facer. Un labirinto narrativo que se estende como as páxinas deste libro en forma de acordeón sobre a mitoloxía popular sobre illas misteriosas. .

En Halloween, Will, Mike, Lucas e Dustin reúnense no Castelo Byers para comer caramelos e contar historias de terror. En Inverno, Once e o resto de protagonistas métense de cheo no Nadal. Mentres rememoran as súas historias… En Verán, os axentes Powell e Callahan patrullan as rúas de Hawkins, Indiana. Normalmente, non teñen que perseguir máis que pequenos roubos e adolescentes fugados, pero ultimamente a cidade volveuse cada vez máis estraña…

Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo. Esta é a historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.

Pop e Up levan unha vida plana no País de Papel... ata que atopan a Guía do Amor. Iso si, necesitarán a túa axuda para vivir esta nova aventura en todas as súas dimensións. Só necesitas unhas tesoiras, un tubo de pegamento e despregar a túa creatividade para montar os mecanismos que xorden destas páxinas. Atréveche a abrir este libro interactivo e segue as instrucións para realizar, paso a paso, cada enxeño de papel.

Un divertido libro de actividades para pequenos grandes artistas. A través desta divertida aventura protagonizada polo oso Silva e a súa amiga a tartaruga Cacahuete ensínannos todos os trucos para crear, guionizar e debuxar, paso a paso, os nosos propios cómics.

Neste libro ofrécese información sobre as seguintes profesións: escritor, xornalista, autor de cómic. Exponse actividades como: escribir un libro, montar a redacción dunha revista ou facer un cómic. Ten como elementos engadidos: 3 cadernos pequenos con información, 1 maqueta dun libro, 1 maqueta dunha revista, 1 maqueta dun cómic, 1 carné de prensa, 3 tiras gráficas e 1 folla con bocadillos.

Se che fascina o mundo das tebras e gústache enfrontarte a unha folla de papel en branco... Estás de sorte! Tes nas túas mans a guía ideal que te ensinará a debuxar, paso a paso, vampiros, vampiresas clásicas e algunhas máis góticas, homes lobo, zombis, gárgolas... e ata cazadores de vampiros! Así que... saca punta aos teus lapis, colle un par de allos e prepárache para dar vida a estas horribles criaturas da noite!

Se te fascinan os cómics, estás de sorte! Tes nas túas mans a guía ideal que te ensinará a debuxar, paso a paso, diferentes xéneros do cómic: fantasía, manga, superheroes, ciencia-ficción e terror. Ademais, atoparás moitos consellos sobre os personaxes, as posturas, os planos, as escenas e unha infinidade de detalles cos que poderás crear un cómic á túa medida.

Libro para debuxar CRIATURAS e bichos raros da man de corenta e tres artistas e ilustradores de todo o mundo. Un emocionante traballo de colaboración cos máis importantes artistas internacionais da ilustración infantil.

SERIE.Desde as liñas dos seus músculos ata os pliegues da súa roupa,son moitos os atributos que definen aos protagonistas masculinos dun manga. Este décimo volume aborda todos eses aspectos, axudándoche a definir mellor aos teus personaxes.