I guerra
Mundial
Daniel Amado Iglesias
4A ESO
CausasA rivalidade entre as grandes potencias
As relacións en Europa eran tensas por:A perda francesa de Alsacia e Lorena en 1870 debido á guerra franco-prusiana alimentara a ansia de desquite francés. Os imperios austrohúngaro e ruso disputaban entre eles o control económico e político dos Balcáns. A rivalidade económica entre Alemania e Reino Unido.
A formación de bloques
A política expansionista de Guillerme II provocou a dimisión de Bismarck en 1890.Así comezou a Paz Armada (1890-1914), un período en que as potencias europeas se agruparon en dous bloques militares: - Alemaña, Austria e Italia renovaron a Tripla Alianza, creada en 1882. - Francia, Rusia e Reino Unido formaron en 1907 a Tripla Entente. Rusia abandonara a súa alianza con Alemaña a causa dos problemas nos Balcáns. O temor mutuo levou a unha carreira de armamento.
As crises de Marrocos
As cuestións coloniais foron unha fonte continua de problemas e en Marrocos houbo varios conflitos protagonizados por Guillerme II.En 1905, o emperador alemán manifestouse a favor da independencia de Marrocos fronte ás pretensións francesas. Para evitar unha guerra en Europa, celebrouse a Conferencia de Alxeciras (1906), en que se reforzou a presenza francesa neste territorio.
A "cuestión de Oriente"
O Imperio otomán derrubábase e Austria e Rusia pretendían aproveitar a circunstancia para aumenteren o seu poder na zona dos Balcáns. Rusia apoiaba os Estados eslavos (Serbia e Bulgaria).Pola súa parte, Austria desexaba expandirse pola costa do mar Adriático. Entre 1908 e 1913 producíronse tres crises que se saldaron coa anexión de Bosnia e Hercegovina ao Imperio austrohúngaro e coa repartición de gran parte de Bulgaria entre os países
VS
O detonante: a crise do verán de 1914
O 28 de xuño de 1914, o heredeiro do Imperio austrohúngaro, o arquiduque Francisco Fernando, e a súa muller foron asasinados en Saraievo (Bosnia). O asasino pertencía á Man Negra, unha organización que desexaba crear unha Gran Serbia, libre de Austria.Austria, apoiada por Alemaña, propúxolle un ultimato a Serbia, ameazándoa coa guerra se non lle permitía participar na investigación do asasinato. Rusia mobilizouse en apoio a Serbia. Alemaña declaroulle a guerra a Rusia e, despois, a Francia e Reino Unido a Alemaña. Italia non apoiou nin a Austria nin a Alemaña, rompendo a Tripla Alianza. Estalara a Primeira Guerra Mundial.
VS
Bandos (Unha guerra total)
A guerra enfrontou os imperios centrais (Alemaña e Austria) contra a Tripla Entente (Francia, Rusia e Reino Unido), coñecidos como aliados.Os dous bloques buscaron novos aliados, o que supuxo a mundialización do conflito. Participaron catorce países europeos coas súas colonias, e mais Xapón e Estados Unidos. Foi tamén unha "guerra total", en que se utilizaron todos os recursos humanos, económicos e técnicos dos países contendentes.
Desenvolvemento da guerra: A guerra de movementos (1914)
Ao inicio da guerra, Alemaña esperaba obter unha vitoria ante Francia nas primeiras semanas para centrar despois o seu bélico na fronte rusa (plan Schlieffen).Con todo, o exército francés venceu a Alemaña na batalla do Marne e o plan alemán dun rápido avance fracasou. A finais de agosto de 1914, as tropas rusas atenderon as peticións de Francia e lanzaron unha sobre ofensiva sobre Alemaña. Aínda que o exército ruso foi derrotado en Tannenberg, logrou que Alemaña tivese que desvíar tropas cara ao leste, feito que axudou a Francia.
A guerra de trincheras ou de posicións (1915-1916)
A partir de 1915, as frontes bélicas estabilizáronse e os exércitos fixaron as súas posicións. Para iso, construíron trincheras para protexérense.Nesta situación de desgaste, Alemaña na batalla de Verdún (1916) e Reino Unido na batalla de Somme (1916) trataron de romper a fronte occidental. Na fronte oriental, acelerouse a descomposición do exército ruso e do réxime tsarista. No Mediterráneo, Reino Unido fracasou no seu intento de illar a Turquía (batalla de Gallípoli, 1915). No mar, a frota británica bloqueou Alemaña. Isto fixo que a mariña de guerra alemá reaccionara intensificando a guerra submarina, afundindo barcos e de quen comerciaba con eles. Na
O final da guerra
En 1917, dous feitos cambiaron o rumbo da contenda:En marzo de 1918 Rusia asinou o Tratado de Paz de Brest-Litovsk con Alemaña e a fronte oriental desapareceu. A guerra submarina de Alemaña prexudicaba as exportacións estadounidenses. Por iso, Estados Unidos entrou na guerra a favor dos aliados. Rendéronse Turquía, Bulgaria, e Austria-Hungría, e o 11 de novembro de 1918 Alemaña asinou o armisticio. A guerra rematara.
Tratados de paz:A Conferencia de Paz de París
A creación da Sociedade de Nacións
En 1919 acordouse crear a Sociedade de Nacións, unha organización internacional inspirada nos Catorce Puntos de Wilson. O seu obxectivo era manter a paz e resolver os conflitos entre países mediante negociacións.
En xaneiro de 1918, o presidente estadounidense Thomas Woodrow Wilson expuxo no Congreso de Estados Unidos os Catorce Puntos que consideraba que debían seguirse para organizar unha paz xusta e duradeira.A principios de 1919 inicouse a Conferencia de Paz de París, asinaron os cinco tratados que establecerían as condicións da paz: Tratados de Versalles (con Alemaña), Saint-Germain-en-Laye (con Austria), Trianon (con Hungría), Sèvres (con Turquía) e Neuilly (con Bulgaria). Os obxectivos foron: Impedir o rexurdimento de Alemaña como gran potencia, lograr un equilibrio de poderes entre os vencedores e manter illada a Rusia.
Consecuencias da guerra:Os efectos demográficos
A LOITA POLA EMANCIPACIÓN FEMININA
Durante a guerra, as mulleres ocuparon postos de traballo ata daquela masculinos. Ao final da contenda, o 35% da man de obra industrial en Reino Unido e Alemaña era femenina.As mulleres conseguiron o dereito ao voto en varios países, como Alemaña (1918) e Estados Unidos (1920).
A guerra ocasionou máis de 8 millóns de militares mortos.A escaseza de alimentos e as carencias sanitarias facilitaron a propagación da epidemia de gripe 1918, que causou 22 millóns de mortes. O elevado número de soldados mortos implicou un descenso da natalidade.
As consecuencias económicas
As perdas materiais foron bastante significativas.Destruíron núcleos de poboación, minas, industrias... Para sufragar os gastos, moitos países pediron préstamos no exterior.
Grazas por ver
Primeira Guerra Mundial
Daniel Amado
Created on December 14, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
View
Memories Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
View
Historical Presentation
Explore all templates
Transcript