Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Calendario de Nadal

Vanessa Arca

Created on November 30, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

3D Corporate Reporting

Discover Your AI Assistant

Vision Board

SWOT Challenge: Classify Key Factors

Explainer Video: Keys to Effective Communication

Explainer Video: AI for Companies

Corporate CV

Transcript

A LEBRE E A TARTARUGA

Era unha vez unha lebre que presumía de ser o animal máis veloz do mundo. E sempre que se cruzaba coa tartaruga mofábase dela:-Que lenta es, tartaruga. Cun só dos meus pasos vou máis lonxe ca ti con dez.E non se cansaba de repetilo.Un día, a tartaruga díxolle á lebre:-Non sempre chega antes o máis veloz.-Como? -contestoulle a lebre-. Estás dicindo que se botamos unha carreira ti vas chegar antes ca min?-Só dixen o que acabo de dicir -retrucou a pachorrenta tartaruga.-Pois botemos unha carreira. A ver quen chega antes -desafiou a lebre.E así o fixeron. A lebre saíu veloz coma un lóstrego e axiña perdeu de vista a tartaruga.Mais pensou que correr sen ver a súa contrincante non tiña graza. Así que sentou á beira do camiño para esperala e rirse dela. Estomballouse comodamente, pero ficou durmida. Cando a tartaruga chegou ao lugar, pasou sen facer ruído, e lentamente, paso a paso, seguiu o camiño.Cando a lebre espertou, decatouse de que a tartaruga xa pasara, e volveu correr coma un raio, pero só tivo tempo de ver como a sabia tartaruga cruzaba a meta antes ca ela.

Ballesteros, X. e Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

A RAPOSA E AS UVAS

Mirou entón as uvas con desdéne dixo, por se acaso oía alguén:- De querelas coller,dun brinco chego ben a esas alturas...mais non me vou deter,non valen pra comerpois non están maduras.A fábula conclúe sentenciosaque igual ca nesa historia da raposa,hai en todas as partesmoitos parvos renatesque dan en desprezaras uvas que non poder alcanzar.

De fame adoecida, unha raposaque pasaba unha tarde polo eirado,bateu cunha sorpresa apetitosa:un fermoso acio de uvas penduradoasomado por riba dun valado.Por máis que parecía un pouco altopensou que o collería cun bo salto,e saltou ao momentomais fracasou no intentopegando en van un brinco,como en van pegou dous, tres, catro e cincoe dez e doce e quince, sempre en vane acabou eslombada polo chan.

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

O LEÓN E O RATO

Era un león que estaba a durmir placidamente ata que un fato de ratiños, que andaba a correr por riba del, o espertou.Entón, todos os ratos fuxiron. Todos menos un infeliz ratiño, que deseguida se atopou entre as gadoupas do rei da selva a piques de ser devorado. Mais tanto suplicou o rato -incluso prometeu axudar o león se algún día fose preciso- que o enorme animal o deixou marchar dicíndolle entre risos:-Mira que cousiña ! Lisca de aí, que eu te perdoo!Pero resulta que, días despois, o león caeu prisioneiro nunha trampa. 0 seu ruxido resoou en toda a selva.0 rato oíuno e foi para ó lugar decontado, e nun visto e non visto roeu os nós da rede que o prendía ata que foi quen de liberalo.E antes de marchar díxolle:-0 outro día burlácheste de min, león, pero non me mataches. Agora eu axúdoche para que vexas que os pequenos tamén podemos ser agradecidos e cumprir as nosas promesas.

Ballesteros, X. e Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

O LABREGO E A NATUREZA

Unha abafante tarde de verán, un labrego descansaba a sombra dun carballo.Desde o seu lugar, ollaba admirado as marabillas que xurdían da terra, grazas ao seu incansábel traballo. Enormes cabazas, melóns e cogombros cubrían o solo cultivado. E o labrego preguntábase: «Por que a natureza é tan ingrata que decide que as landras penduren das pólas das árbores? Canto mellor sería que fosen os melóns, as cabazas e as sandías as que colgasen das ramas! Canto tempo e traballo aforrados!».Nese intre, soltouse da galla unha landra e caeu sobre o seu nariz.-Vaites!-dixo entón o labrego-. Se esta landra fose unha gorda cabaza, teríame desnarigado. Que sabia é a natureza!

Ballesteros, X. e Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

O LOBO E A OVELLA

Un lobo andaba polo monte a cazar ovellas para comer.Mais os cans de caza deron con el, e deixárono ferido e eivado. Apenas podía arrastrarse entre as pedras para alimentarse de herbas e lamber as pingas que deixaba o orballo.Entón apareceu unha ovella polo camiño, e o lobo chamouna:-Amiga ovella, ti, que tes tan bo corazón, auxilia este pobre e sedento lobo.E a ovella contestoulle desconfiada:-Pídesme auga, lobo, para calmar a sede? Non será mais ben para enxaugar a boca, limpar ben a gorxa, abrir o apetito e paparme despois coma a un pito? Anda, que sei do conto, mentirán.E, dicindo isto, seguiu o seu camiño.

Ballesteros, X. e Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

O ALDEÁN E A COBRA

Hai xa tempo, un coitado campesiñode moito corazón mais pouco siso,un día de xaneiro, de improviso,atopou unha cobra no camiño,medio morta, na neve estarricada,inmóbil, dura, tesa, conxelada.Sente mágoa da bicha aterecidao labrego e decide socorrela,recóllea agarimoso e vai con elaao seu fogar para salvarlle a vida.Colócaa onde a lareira nun asentoe espera que a calor lle dea alento.O réptil pouco e pouco recuperao tremor baixo a pel e o movemento,mais revive tamén o atrevementoda animalia feroz, e a brava feraataca cunha brusca sacudidaa man de quen lle veu salvar a vida.

“Maldita- di o labrego-, así agradeceso favor que che fixen, traizoeira!Pois agora vas ver de que maneirache dou, ingrata, o premio que mereces!”.E apañando de súpeto a machada,partiu a cobra en tres coma se nada.Observando os efectos desta acción,buscoulle o labrador lección moralpensando se fixera ben ou male acabou resolvendo en conclusiónque sermos xenerosos está ben,mais ás veces convén mirar con quen.E dos ingratos que se vai dicir...Mellor velos marchar ca velos vir.

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

O MORCEGO E A DONICELA

Un morcego distraído caeu un día ao chan, e enriba del botouse axiña unha donicela.0 vampiro imploroulle clemencia a roedora, que xa preparaba o dentame, e ela respondeulle:-Síntoo, mais a miña natureza obrígame a matar todo o que voa.-Non son ave, que son tan rato como foron os meus pais, e como serán os meus fillos -contestoulle, esperanzado, o morcego. E a doniña, asombrada, deixouno marchar.Resulta que outro día, o despistado morcego deu co seu corpo no mesmo sitio, e a áxil donicela volveu cachalo.El repetiu a ladaíña pedíndolle clemencia, mais ela respondeulle:-Agora, a miña natureza pídeme estar a ben cos que surcan o ceo, mais para os ratos, guerra!Daquela, o morcego dixo:-Acaso os ratos poden voar? Sóltame agora, e verás se son ave ou son rato.Meu dito meu feito. A doniña liberou o vampiro, e este saíu voando para nunca mais volver.

Ballesteros, X. E Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

O PASTOR MENTIREIRO

Estaba un bo día apacentando un mozo o seu gando e déuselle por facerlles unha falcatruada aos seus veciños.-0 lobo, que ven o lobo! -berrou desde o outeiro.Á súa chamada, os labregos pararon de traballar e acudiron con presteza no auxilio do pastor.Cando chegaron ao cumio, atoparon o rapaz esmendrellándose coa risa. Os labregos perdoáronlle a chanza e volveron ao rego.Uns días despois, o pastor volveu as mesmas:-0 lobo, que ven o lobo. Agora si que e certo!-berrou desde o outeiro.Outra vez os veciños volveron acudir, subindo as carreiras polo monte, e como pago recibiron os risos e as burlas do mozo. Os labregos, aínda que moi enfadados, volveron perdoarlle a broma, e baixaron aos seus labores.Pero poucos días despois, esta vez si apareceu o lobo. 0 pastor berrou e berrou desde o picoto do monte, mais a xente, escarmentada, non atendeu as súas voces. Así que o lobo, moi tranquilo, deu conta do rabaño ata que comeu a última ovella.

Ballesteros, X. E Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

O CAN E O CROCODRILO

Un can sedento achegouse a beira do río Nilo e axiña se decatou de que aquelas augas estaban ateigadas de crocodilos. Así que, mentres bebía, non paraba de correr. Nestas asomou un crocodilo que lle dixo:-Amigo can, non sabes que é moi malo correr e beber a vez? Acouga e bebe tranquilo, non temas por nada, que eu farei a garda.0 can, moi prudente, contestou sen deterse:-Xa sei que correr e beber ao mesmo tempo é insán, pero máis insán será será beber quieto, a espera de que me espiches os teus dentes.

Ballesteros, X. E Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

10

A ASEMBLEA DOS RATOS

Certo gato de afáns depredadoresdaba en murar nos ratos tan activoque en toda a poboación de roedoresdaqueles arredoresmalamente deixou un rato vivo.Os poucos que deixara, no buratometidos, non ousaban saír fóracoa frecuencia de outrora,por medo de bateren de socatocoa gadoupa asasinadunha fera felinaque tiña máis de demo ca de gato.E nin sequera a falta de comidaos levaba a asomaren o fociño:máis vale ir pasar fame na goridaca ir perder a vida no camiño!Un día, estando ausenteo gato casualmente,porque marchara nunha desas xeirasque adoitaba facer polas xaneiras,os ratos reuníronse en consello,presididos por un que era o máis vello,por ver de lle atoparen solucióna aquela situación.

E falou o decano con voz rouca:- Toda prundencia é pouca,mais cómpre non facernos do buratoo noso calabozo;eu coido que sería moi sensatoperdurarlle un chocallo do pezcozo.Así nós, alertados polo sonque anuncia que non anda lonxe o gato,botamos a correr para o buratobuscando protección.Con sonoro alborozocelebraron aquela grande idea:“Porlle ao gato un chocallo no pescozo!”.Foi unánime o voto da asemblea:“Que ocorrencia xenialque ao cabo ha de acabar co noso mal!”Que tome nota axina o secretario,pois cómpre proceder sen dilacióne converter as verbas en acción”.

Solicitouse entón un voluntariopara cumprir misión tan importantepolo ben da república dos ratos.“Eu non podo, que non corro bastante”,dixo un deles. “Eu teño alerxia aos gatos”,dixo outro. E outro: “eu vexo mal”,“a min dóeme a columna vertebral”,“pois a min non me deixan os meus pais”,“e eu son lento de máis”,“ omigo non contedes, xa vou vello”,“eu teño unha ferida nun nocello”,“eu non sei facer nós”, dicía algún,“eu quedo no meu tobo por se acaso…”.E así falaron todos, un por un,e ningún se atreveu a dar o paso.Pois darlle ao tarabelo sae barato…mais quen lle pon o seu chocallo ao gato?

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

11

A CHICHARRA E A FORMIGA

A chicharra, tras cantar todo o estío, non tiña no seu fogar cando veu o tempo frío nin un mísero anaquiño dunha bagaña de liño con que acalmar a barriga. Foi laiárselle á formiga da lareca que pasaba para ver se lle emprestaba algún gran con que facernos algo menos dura a espera da vindeira primavera. - Eu heillo de devolver con xutos polo verán, cando nunca falta pan.

Como non é a formiga moi dada a se desprender do que xuntou con fatiga (algunha chata ha de ter), vai e preguntar insolente: -Que fai polo tempo quente, miña amiga carricanta? -Que fago? Canta que canta día e noite estou, señora, e o verán pasa correndo. -Canta que canta? Entendo. Pois baila que baila agora!

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

12

O CORVO E A SERPE

Na procura de comida, un corvo viu desde o alto unha serpe que estaba adormecida sobre unha pedra, e foi contra dela. Mais a serpe revolveuse coma un lóstrego, e cravoulle os seus velenosos cairos. Mentres agonizaba, o corvo dicíase: «Ai, desgraciado de min. Que indixesta foi a miña comida sen sequera probala».

Ballesteros, X. E Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

13

O BURRO E O CAN

Un home estaba a facer unha longa andaina polo monte co seu can o seu burro.Nestas que se atopou canso e decidiu botar unha sesta nun prado, a beira do camiño. 0 burro comezou a pacer na herba, pero o can, famento, non tiña nada que levar á boca.Das alforxas que o burro cargaba recendía a touciño, chourizo e outras cousas gorentosas, que o can cheiraba desfalecido.-Amigo burro -dixo o can-, agáchate un momento para que eu poida comer un anaquiño de calquera cousa das que levas enriba, que morro coa fame.Mais o burro, en vez de agacharse, apartouse do can. Este, desfalecido, andou ao seu redor sen desistir no empeño.Por fin, díxolle o burro con sorna ao can:-Acouga un pouco, que, en canto o amo esperte, poderás gozar da comida e mais da súa compañía. E déixame pacer en paz.Daquela asomou un lobo con moito sixilo e, ao velo, o burro, morto de medo, pediulle ao can que ladrase para espertar o home. Pero o can, vingativo, contestoulle: -Acouga un pouco, burro. Deixa que durma o amo, que esta canso, que, en canto esperte, xa el te librara desta desgraza.

Ballesteros, X. E Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

14

OS DOUS GALOS

Estaban dous galos a pelexar feramente para ver quen se facía co mando do galiñeiro. Despois de picadelas e mais picadelas, o perdedor resgardouse no recuncho mais apartado, e o ganador subiu ao mais alto do poleiro para cantar fachendoso a súa vitoria.Nestas que apareceu no ceo un miñato, descendeu velozmente, apresouno coas garras e levouno con el. E o galo derrotado non tivo mais rival no galiñeiro.

Ballesteros, X. E Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

15

O GALO E A RAPOSA

Estando no seu posto de vixíacerto díaun elegante galo, tan campante,na póla dun salgueiro empoleirado,sentiu chegar polo carreiro adiantea raposa con paso apresuradoacenando coa mane berrándolle:-Irmán,pode baixar sen medo!Xa non lle farei mal!Non é ningún segredoque hoxe decretaron a Paz Universalpara o reino animal!E para celebralovéñame dar unha aperta cordial!E respóndelle o galo:-A Paz Universal! Quen o ía dicir...!Pois nada, irmá, xa baixo, que agora vexo vircara a nós dous mastíns aí nese ribazo...Ímolo celebrar os catro cun abrazo!

A raposa, ao momento que oíu falar de can,despídese do galo:-Deica loguiño irmán,que teño moita présa. Esa celebraciónimos ter que deixala para outra ocasión.Mentres lisca a raposa de alí nunha carreiralaiándose do escaso efecto do seu truco,o galo, moi farruco,regresa devagar á súa angueirae ponse a cavilar desta maneira:-Abofé que evitamos moito danolibrándonos do engano.Mais é pracer maiorcando acaba enganado o enganador.

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

16

O BURRO E O PORCO DE CEBA

Nestas queixas estaba cando sentecomo chega ao cortello algunha xente,arrastran o marrán ata un estradoe entre agudos griñidos do coitadoespétanlle un coitelo carniceiro,baleiran o seu sangue nun caldeiro,chamúscanlle con lume o coiro enteiroábreno polo ventre todo ao longo,despézano, redúceno a mondongoe adeus meu compañeiro!Ornea o burro entón e así razoa:-Se pagan deste xeito a vida boa...de levar a que levo non me doio;ao meu fado me ateño... e ao meu choio!

Envexoso da vida regaladaque lle daban ao porco, maldicíao burro a súa sorte desgraciada.-Carrexo sen descanso todo o díae a cambio non recibo máis ca pallaen ración ben mesquiña,e este, que non traballa,papa verzas e nabos e fariñae engorda satisfeitoentregado á nugalla no seu leito!

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

17

O LOBO, A CABRA E O CABRITO

Dona cabra, indo buscaralgo de herba pra xantaradvírtelle ao seu pequechoque peche a porta co pecho:- Criatura, moito ollocon descorrerlle o ferrolloa calquera. Lembra bennon lle abrires a ninguénse non pronuncia tal calo noso contrasinal:“peste de lobo mesquiño!”.Mais quixo o azar que xustiñonese preciso momentoandase o lobo famentoalí nun souto veciño,e sendo o lobo animalque ten un don especialpara sentir a voz das cabras,escoitou esas palabras.En canto a nai confiadase afasta polo camiño,o lobo lambe o fociñoante ocasión tan doadapara saciar o apetitocunha enchenta de cabritoque non lle vai custar nada.

Chega onda a porta pechada,encolle o peito e afinaunha vociña delgadaque arremeda a voz caprina,peta e di moi amodiño:“Peste de lobo mesquiño!”,coidando, todo contento,que se abriría ao momento.Na casa alguén rebulíamais a porta non se abría.- Será que non escoitouporque o dixen moi baixiño?,pensou o lobo, e berrou:“Peeeeste de looobo mesquiiiño!”.O cabrito desconfía,aguza a orella e amúa.Aquela voz non lle soa,non parece voz cabrúa,pode non ser cousa boa....Por puro instinto animal,considerou naturalpedir un novo sinal:- Amosa a patiña brancae entón eu descorro a tranca!

Quedoulle cara de bobode repente ao señor lobo,que dese xeito se víaobrigado a renunciara cabrito no xantar.Na lobuna anatomíapata branca é cousa escasa,conque marchou para a casaliscando veloz de alírepetindo para sitodo ao longo do camiño: - Que raro,dixen o sinal ben claro,pes-te-de-lo-bo-mes-qui-ño!Estar estaba ben dito,mais era listo o cabrito!A ensinanza que conténo conto é deste teor:unha certeza está ben,dúas certezas, mellor.

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

18

A RAPOSA E A CEGOÑA

Un día, a raposa invitou á cegoña a comer un delicioso xantar. A raposa tramposa serviu a sopa nuns pratos planos, moi planos, e despois dunhas cantas lambidas rematou a súa comida. A cegoña degoiraba por comer, pero como o prato era plano, moi plano, e o seu peteiro era longo, moi longo, non conseguiu tomar ningún bocado. - Non lle gustou o xantar, señora cegoña? -preguntou a raposa relambéndose.- Todo estaba moi apetitoso- dixo ela. Agora quero invitala eu. Mañá espéroa na miña casa á hora do xantar.Ao día seguinte, a cegoña serviu a comida en botellas altas, de pescozo moi estreito, tan estreito que a raposa nin sequera puido meter dentro a punta do seu fociño. A cegoña, pola súa banda, meteu na botella o seu peteiro longo e degustou ata o último bocado. Logo, mirando para a raposa, que estaba a rabear coa fame, dixo rindo:- Polo visto, señora raposa, gustoulle a miña comida tanto coma a min a súa.A raposa marchou sen dicir palabra, co rabo entre as pernas, xa que o tramposo non pode protestar cando lle devolvan coa mesma moeda.

Tradución e adaptación da fábula que recolle https://campuseducativo.santafe.edu.ar

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

19

AS MOSCAS

Nun dos panais próximos derramouse un delicioso mel, e as moscas acudiron ansiosas por devorala.Era tan doce que non podían deixala!Pero..., as súas patas íanse afundindo máis e máis no mel e non puideron voar de novo.Estando a piques de afogar, exclamaron:—¡Ai desgraciadas de nós, estamos morrendo por querer collelo todo nun instante de pracer!É moi importante tomar sempre con serenidade as cousas máis bonitas da vida para gozalas plenamente; non vaiamos afogar dentro delas.

Tradución e adaptación da fábula que recolle https://campuseducativo.santafe.edu.ar

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

20

O LOBO CON PEL DE CORDEIRO

Un lobo famento camiñaba polo bosque buscando algo de comer. Cando xa non puido máis, sentou e, foi nese intre cando tivo unha idea. Entón pensou:- Se como lobo non podo atrapar nin unha soa presa, entón cambiarei o meu aspecto e con engano poderei comer.E iso foi o que fixo o lobo para conseguir a súa comida. Meteuse nunha pel de ovella e foi pacer co rabaño, confundindo por completo ao pastor.Pero o seu plan non foi como esperaba.Ao anoitecer, para a súa sorpresa, o lobo disfrazado de ovella foi levado xunto coas outras ovellas a un recinto, deixando a porta pechada.Pola noite, o pastor buscaba carne para o día seguinte, colleu o lobo, crendo que era un año, e sacrificouno ao instante.Polo que, segundo como fose o engano, así recibiremos o dano.

Tradución e adaptación da fábula que recolle www.guiainfantil.com

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

21

A GALIÑA DOS OVOS DE OURO

Vaia caso extraordinario! Nunca se viu cousa tal!". Pensa entón o bo señor que algo ha de ter o animalescondido no interior:“Para poñer ovos de ouroten que ter dentro un tesouro...Eu son o seu propietario...Voume poñer millonario!”.“Seguramente- imaxina-ten na barriga unha miña”.E por ver se a ten ou nondecide entrar en acción:mata a pita, ábrea, examína- lle con atención a entrañamais non acha cousa extraña.

“Non hai tesouro ningún!É unha galiña común.E eu, por cobiza mesquiñaperdín o mellor que tiña!”.Queda entón mudo un anacoe ao cabo rosma, tristeiro:A cobiza fura o saco, que dito máis verdadeiro!

Contan dun home que tiñano poleiro unha galiñaque un bo día de repenteen vez dun ovo correnteda súa especial animal,puxo un ovo de metalde brillo entre rubio e louro:Que era aquilo? Un ovo de ouro!Que cousa sensacional!Coma un tolo, de contentobrinca o dono do animalcon tal acontecemento,e aínda máis cando ao outro díaa galiña repetíae outro ovo de ouro poñía.Exclama o dono: “Hai que ver,a churra deu en poñerun ovo de ouro diario!

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

22

A LEITEIRA

Unha muller, que era máis pobre que rica, foi un día á feira cun cántaro repleto de leite sobre a cabeza. Mentres andaba polo camiño, esquivaba as pedras, as raíces e as fochancas, para non tropezar. E para levar mellor a andaina, pois o mercado aínda quedaba lonxe, deu en pensar a canto vendería o leite, e tamén en que, cos cartos que gañaría, podería mercar unha cesta de ovos, e deses ovos nacerían pitos, que se converterían en galiñas. Vendería as galiñas e compraría ovellas, e, ao vendelas, mercaría porcos; e, ao vendelos, mercaría vacas e tenreiros; e chegaría a ser a máis rica da aldea. Despois deu en pensar que podería casar moi ben os seus fillos e fillas, e que pasearía pola vila con todos eles e cos seus xenros e noras. E a xente gabaría a súa boa sorte e o seu bo xuízo ao vela pasar, pois sendo pobre chegara a ser tan rica. E, de tan contenta que estaba, púxose a dar saltiños de alegría sen reparar no que levaba sobre a cabeza. Mais a muller deu un mal chimpo, caeulle o cántaro ao chan, rompeu sobre unha pedra e derramouse todo o leite no camiño. Que desgraza! Adeus, leite; adeus, ovos e pitos e galiñas; adeus, porcos e vacas e tenreiros. Adeus, xenros e noras; adeus, soños

Ballesteros, X. E Padrón, D. (2018). “Fábulas de Esopo”. Kalandraka Editora

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

23

A RAPOSA E A LEBRE

Un día unha lebre díxolle a un raposo:—Poderías dicirme se é verdade que tes moitos beneficios, e por que che chaman?-Se queres sabelo-respondeulle o raposo- convídote a cear esta noite.Aceptou a lebre e seguiuna; pero ao chegar á casa da raposa viu que non había cea máis que ela mesma. Entón a lebre dixo:—Por fin entendo, para a miña desgraza, de onde che ven ese nome: non é das túas obras, senón dos teus enganos!

Tradución e adaptación da fábula que recolle www.campuseducativo.santafe.edu.ar

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

24

O CABALO E O BURRO

Un cabalo e un burro vivían nunha granxa e compartiron, durante anos, a mesma corte, comida e traballo que consistía en levar fardos de herba seca da palleira á feira na cidade. Todos os días facían o mesmo. Seguían un camiño de terra, conducido polo seu dono, ata a cidade.Un día, sen darse conta, o dono puxo máis carga no lombo do burro que no lombo do cabalo. Nas primeiras horas ninguén se decatou do erro do dono, pero co paso do tempo, o burro comezou a sentirse moi canso e esgotado. O burro comezou a suar, a sentirse mareado e as súas patas comezaron a tremer.Cando o animal non puido máis, parou e preguntoulle ao seu amigo cabalo:- Amigo, creo que o noso dono cometeu un erro e puxo máis carga ás miñas costas que ás túas. Estou esgotado e xa non podo seguir, podes axudarme a levar parte da miña carga?O cabalo, facéndose o xordo, non lle dixo nada ao burro. Mirou para el e continuou polo carreiro coma se nada pasase.Minutos despois, o burro, con aspecto de pánico e visiblemente deprimido, derrubouse no chan, vítima dun cansazo tremendo.O dono, entristecido e desgustado polo que lle pasara ao seu burro, tomou unha decisión. Botou enriba do cabalo toda a carga que levaba o burro. E o cabalo, profundamente arrepentido e suspirando, dixo:- Que mala sorte teño! Por non querer levar unha carga leve, agora teño que cargalo todo!

Tradución e adaptación da fábula que recolle www.guiainfantil.com

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

25

O RATO DE CIDADE E O RATO DE CAMPO

Un rato de cidade, fachendosode residir nun barrio populoso,convidou un parente seu da aldeaa unha cea.Acudiu á cidade o convidadoe logo de entusiasta recepcióno anfitrión conduciuno decontadoá súa gran mansiónencarecéndolle a fartura inmensada despensa.-Que me dis, meu curmán, nunca na vidate viches tan folgado de comida...Escolle ti o entrante, que te deixo.-Se deixas escoller, escollo queixo.-Queixo, queixo, vexamos, queixo dis...Será que queres queixo do país...Ou prefires quizais de importación,tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón...?

Aínda non fixeran eleccióncando senten uns pasos no salón...O rato de cidade sae mangadoe o mesmo fai o rato convidado.Pasa o ruído. Nada. Saen de novodo seu tobo,regresan á despensa e de socatoantes de lle poderen meter denteao primeiro expediente,presenten vir o gatoe emprenden outra vez fuxida urxente. Entón o convidado di:-Desisto,creo que abonda co que levo visto.O menú é moi bonito, pero ao cabonon puidemos probar un só bocado.

Máis me presta unha landra ou algún grilo,na miña humilde e rústica morada,ca a promesa dun queixo bo dun quiloque me pon intranquiloe logo queda en nada.Porque ao meu entendernon é vida a de andar susto tras sustoe penso que o praceradobiado con medo perde gusto.Atéñome ao consello daquel ditado velloque di: “Máis vale fraco no matoantes ca gordo no papo do gato”.

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

26

O CORVO E O RAPOSO

O señor Corvo, nun freixo pousado,tiña unha peza de queixo no bicoe o señor Golpe chegou decontadoestimulado por cheiro tan rico:- Ei, señor Corvo, que esvelta figurates, e que pluma brillante e escura!Se inda por riba de tanta belezacontas cun canto que non desmereza,non tes, con certeza, no monte rival!Ti es o fénix do reino animal!Ante estas verbas, o corvo, folgadode verse tan gabado,quixo amosar o seu canto harmonioso.E en abrindo o peteiro, malpocado,caeulle para o chan o seu bocado.

Apañouno o raposoe dixo, sentencioso:- Has de saber, meu señor, que o chufónvive daquel que lle presta atención.Ben vale un queixo esta boa lección.O señor corvo, amolado e sen queixo,rosma queixoso na póla do freixo:- Con ou sen queixo, lección aprendida:noutra coma esta non pico na vida!

Navaza, G. (2020). “Fábulas contadas”. Xerais Edicións (Sopa de Libro)

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

27

O RATO E A RA

Esta fábula conta que un rato bastante inxenuo fíxose amigo dunha ra. Pero a ra, que era bastante cruel, quería burlarse del, así que atou o rato a unha das súas patas, para que non puidese ir a ningún sitio sen ela.Primeiro foron comer trigo a un campo próximo. Pero pouco despois, cando se achegaba a un pantano, a ra saltou á auga e mergullouse completamente nela.O rato afogouse e o seu corpo, aínda atado á ra, flotaba fóra. Entón, un papaventos, voando, viuno e botouse en picado cara á súa presa. Que sorpresa levou cando o tirou! Non era só un rato, senón que atado a unha das súas patas, tamén levaba unha ra. E así foi, que ao final, a ra compartiu a mesma triste sorte que o rato.

Tradución e adaptación da fábula que recolle https://tucuentofavorito.com/

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

28

A PORCA E O LOBO

Unha porca acababa de parir os seus leitóns cando veu visitala un lobo.No fondo, só pensaba en devorar un dos porquiños, pero non sabía moi ben que facer. Entón preguntoulle á porca como estaba, dicindo:— “Se algún día che podo servir, búscame. Quizais necesites facer exercicio e tomar aire fresco. Se queres, estarei encantado de coidar da túa familia".Porén, a porca entendera o plan do lobo.- "Moitas grazas, señor Lobo", dixo ela, "Enténdoo moi ben, e o maior favor que lles podes facer aos meus porquiños é que te quedes lonxe!"

Tradución e adaptación da fábula que recolle https://tucuentofavorito.com

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

29

A POMBA E A FORMIGA

Case morrendo de sede, unha formiga baixou correndo ata un regato e, arrastrada pola corrente, viuse a piques de morrer afogada.Unha pomba que estaba nunha rama próxima observou a emerxencia; Desprendendo unha póla da árbore, tirouna ao regueiro, montou a formiga enriba e salvouna.A formiga, moi agradecida, aseguroulle ao seu novo amigo que se tiña ocasión devolveríalle o favor, aínda que sendo tan pequeno non sabía como lle podía ser útil á pomba.Pronto, un cazador de paxaros preparouse para cazar a pomba. A formiga, que estaba preto, viu a emerxencia e picoulle no talón, facéndolle soltar a arma.A pomba aproveitou o momento para botar o voo, e así a formiga puido devolverlle o favor ao seu amigo.

Tradución e adaptación da fábula que recolle www.guiainfantil.com

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

30

O LOBO E O LEÓN

Un día un lobo, despois de capturar un carneiro nunrabaño, arrastrouno ata a súa gorida.Pero un león que o miraba, saíu no seu camiño e arrebatoullo.O lobo moi molesto, esixiu que llo devolvese, e lle dixo:—Quítasme inxustamente o que é meu!O león, rindo, dixo:—Ai amigo, vasme dicir ti que o recibiches de boa fe. Recorda que o que foi mal conseguido, dalgunha forma será perdido.

Tradución e adaptación da fábula que recolle https://campuseducativo.santafe.edu.ar

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei

31

O REFLEXO DO CORZO

Nun bosque tranquilo, vivía un corzo novo chamado Lino. Era coñecida pola súa fermosa pelaxe e os seus cornos longos e puntiagudos que brillaban ao sol. Lino era vaidoso e sempre buscaba oportunidades para admirar o seu reflexo en calquera superficie brillante.Un día, mentres camiñaba polo bosque, Lino atopou unha fonte de auga cristalina. Achegouse lentamente, emocionado de ver o seu reflexo na auga. Mentres se miraba a si mesmo, fascinaba a beleza dos seus cornos, pero mentres seguía mirando para si mesmo notaba tamén as súas pernas delgadas e fráxiles. Comparaba os seus maxestosos cornos coas súas patas e sentiu desprezo por esta última.Mentres estaba metido no seu pensamento, un león achegouse, atraído polo reflexo do cervo na auga. Lino, decatándose do perigo, decidiu fuxir. Correu o máis rápido que puido, e grazas as súas áxiles e fortes pernas conseguiu escapar do león. Non obstante, mentres corría entre os grosos arbustos, os seus cornos enredáronse nas pólas, atrasándoo momentaneamente. Loitou e loitou ata que finalmente se liberou e continuou a súa fuxida.Despois de poñerse a salvo, Lino parou para recuperar o alento. Reflexionou sobre o acontecido e deuse conta de que, aínda que os seus cornos eran fermosos, tamén podían ser unha desvantaxe en situacións perigosas. Por outra banda, as súas patas, ás que desprezara, foron as que lle salvaron a vida.A partir dese día, Lino aprendeu a ser máis cauteloso e a non xulgar a súa valía baseándose só nas aparencias. Entendeu que cada parte del tiña un propósito e que a verdadeira sabedoría residía en recoñecer e apreciar as súas fortalezas e debilidades.

Tradución e adaptación da fábula que recolle https://fabulas.wiki

CEIP Nosa Señora das Dores- Forcarei