AS NOVAS DE PEPA 23-24
Susana Rego
Created on November 19, 2023
More creations to inspire you
Transcript
EDICIÓN XVII
AS NOVAS DE PEPA
EDLG
CURSO 2023- 2024
BIBLIOTECA CREATIVA
HI !
INGLÉS
MÚSICA
AUDICIÓN E LINGUAXE
EDLG
CONMEMORACIÓNS
ESTA REVISTA DIXITAL AGOCHA SORPRESAS DENDE A PORTADA ATA A CONTRAPORTADA, PASANDO POLA LIMIAR E POR CASE TODAS AS SÚAS PÁXINAS. BUSCA E PREME OS BOTÓNS INTERACTIVOS PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN OCULTA NELES.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
OBRADOIROS
Dende aquí, agradecemos enormemente a colaboración , implicación e bo facer das familias , así como do resto da Comunidade Educativa.
AS NOVAS DE PEPA, na súa XVII edición, presenta UNHA ESCOLMA Das experiencias vividas no CRA de Culleredo durante o curso 2023/2024, no cal desenvolveuse o Proxecto Documental Integrado SEMENTANDO SAÚDE.PARTICIPAN NELA O PROFESORADO E O ALUMNADO, COORDINADOS POLO EDLG, QUE PRETENDE ACHEGAR A LINGUA GALEGA A TODAS AS LECTORAS E LECTORES. ESTE ANO , INCORPORAMOS A SECCIÓN PEQUENOVAS, NA QUE AS NENAS E NENOS ELIXIRÁN E DESENVOLVERÁN UN ARTIGO PERIODÍSTICO DE ACTUALIDADE SOBRE A SÚA ESCOLA OU CONTORNA.
PSICOMOTRICIDADE
PRESENTACIÓN
CHOEIRA II
PDI
GAMIFICACIÓN
PEQUENOVAS!
SÉSAMO
LIMIAR
CHOEIRA I
LEDOÑO
VINSEIRA
E INICIA A SÚA VIAXE DESDE A ESTACIÓN DE TREN DA CORUÑA:
DÍAS DESPOIS RECIBIMOS NAS AULAS OS MATERIAIS
de grao (TFG) fai unha viaxe por europa en tren para coñecer as diferentes disciplinas artísticas, que tanto lle gustaron ao longo destes 4 anos. nesta viaxe non estará só, Catarina viaxa con el.
a gamificación deste curso estivo relacionada coas disciplinas artísticas, as cidades de europa e o coidado do medio ambiente. Breogán é un mozo que está a rematar os seus estudos de historia da arte na universidade de santiago de compostela. como traballo de fin
as emocións na infancia
propostas contra o sedentarismo
xogos para despois da infancia
cociñasaudable
primeirosauxilios
obradoiros da escola de nais e pais do pdi
levamos a cabo o noso produto final en comunidade!
GAMIFICACIÓN
facemos unha romaría?
a moucha do xalo!
árbores froiteiras,froitas emúsica!!
receitas doces e salgadas saudables...bo proveito!
¡SHHH! TENEMOS UN PLANCOCORICO¡BUU!NON ABRAS ESTE LIBROCOCORICO
OS SENTIDOS,A LUZ,A DIXESTIÓN,AS SEMENTES eA PLANTACIÓN
unha morea de cousas relacionadas co centro de interese. algunhas foron:
o noso pdi deste curso tivo como centro de interese os hábitos saudables e o benestar, onde a alimentación, a hixiene, as emocións, o exercicio físico, a música, as lecturas, os xogos... son pezas fundamentais para conseguilo. programamos ao longo do curso diferentes tarefas de aprendizaxe integradas (tais) coas que investigamos
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
ESCULTURA:PIZZA
6º PARADA
LITERATURA:O CÓMIC
MÚSICA E DANZA:O DANUBIO AZUL
ARQUITECTURA:+ PONTES - MUROS
5º PARADA
3º PARADA
4º PARADA
CINE:IRMÁNS LUMIÈRE
2º PARADA
PINTURA:JOAN MIRÓ
1º PARADA
BANCO DE PALABRAS
LECTOESCRITURA: FROITAS E VERDURAS
PDI SEMENTANDO SAÚDE
EDICIÓN DE MATERIAL EN GALEGO
XOGOS DE ADIVIÑAS NO MAGOSTO
NO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA , XUNTO CO RESTO DO PROFESORADO, TEMOS O OBXECTIVO FUNDAMENTAL DE ACHEGAR, TRANSMITIR E NORMALIZAR O USO DA LINGUA GALEGA ENTRE A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA, SEMENTE DE FUTURO E DE IDENTIDADE CULTURAL.CON ESTE PROPÓSITO DESEÑAMOS PROPOSTAS PARA LEVAR ÁS AULAS E COMPARTIR CON TODO O ALUMNADO. AQUÍ VOS PRESENTAMOS AS MÁIS DESTACABLES DESTE CURSO.
EDLG
LUISA VILLALTA
REVISTA AS NOVAS DE PEPA
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024/25
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
23 DE FEBREIRO
NO DÍA DE ROSALÍA, UNHA FLOR E UNHA POESÍA
MOVEMENTO E SAÚDE
AS EMOCIÓNS
NENAS E NENOS DE VINSEIRA
MERENDAS AO AIRE LIBRE
LEITE QUENTE
CAIXA DE FROITA DO PROGRAMA FOGGA
PEQUENOVAS NACE COMO HOMENAXE A LUISA VILLALTA E AO XORNAL A NOSA TERRA . NESTA SECCIÓN O ALUMNADO DO CRA CONTARÁ AS SÚAS NOVAS , DENDE O TOTAL RESPECTO ÁS SÚAS INQUEDANZAS, ILUSIÓNS, FORMA DE EXPRESARSE E XEITO DE VER A REALIDADE.
DE FEITO, O LIBRO DAS COLUNAS É UNHA COMPILACIÓN DAS PUBLICACIÓNS DE LUISA VILLALTA NO SEMANARIO A NOSA TERRA, ESCRITOS DE TEMÁTICA VARIADA SEMPRE DEFENSORES DA LINGUA E CULTURA GALEGAS, COMO TODO O QUE ESCRIBíU ELA.
Ano tras ano celebramos o día das letras galegas nO COLE dando a coñecer áS autoraS E autorES homenaxeadoS a partir dos seus textos, biografíaS, obraS, IMAXES e/ou curiosidades. TODAS, PERSOAS MOI comprometidas coN galicia QUE usaROn a prensa como medio de comunicación e difusión das súas ideas e inquedanzas.A NOSA TERRA CONSIDÉRASE O XORNAL GALEGO MÁIS IMPORTANTE DA HISTORIA, ACTIVO DENDE 1907 ATA 2011. NEL PARTICIPARON TODOS OS/AS INTELECTUAIS DO SÉCULO xx, INCLUÍDA A AUTORA HOMENAXEADA ESTE ANO, LUISA VILLALTA.
PEQUENOVAS
NENAS E NENOS DE SÉSAMO
NENAS E NENOS DE CHOEIRA 2
NENAS E NENOS DE LEDOÑO
NENAS E NENOS DE CHOEIRA 1
ELABORAMOS MENÚS EQUILIBRADOS CO PRATO DO BO COMER E COCIÑAMOS RECEITAS SAUDABLES E DELICIOSAS.
CLASIFICAMOS OS ALIMENTOS PARA RECOÑECER OS MÁIS SAUDABLES, QUE SON OS QUE DEBEMOS COMER A COTÍO, E OS MENOS, QUE COMEREMOS OCASIONALMENTE.
QUE PASA COS ALIMENTOS QUE INXERIMOS? COÑECEMOS O SISTEMA DIXESTIVO E OS NUTRINTES QUE NOS APORTAN OS ALIMENTOS
DESCUBRIMOS AS PAPILAS GUSTATIVAS E OS SABORES
APRENDEMOS QUE A DIXESTIÓN EMPEZA NA BOCA FORMANDO O BOLO ALIMENTICIO, NO QUE TAMÉN INTERVEÑEN A SALIVA E A LINGUA
NA ESCOLA DE VINSEIRA ARRANCAMOS O PDI SEMENTANDO SAÚDE COINCIDINDO COA REVISIÓN DENTAL DALGUNHAS NENAS E NENOS. DE AQUÍ XURDIRON MOITAS CUESTIÓNS: O COIDADO DA DENTADURA, DIFERENCIAS ENTRE MOAS E DENTES , NÚMERO DE PEZAS, OS DENTES DE LEITE, O RATO PÉREZ... DECIDIMOS DAR RENDA SOLTA Á INVESTIGACIÓN DESTES ASPECTOS E MOITOS MÁIS .
ESCOLA DE VINSEIRA
ENTRE TODAS E TODOS DESEÑAMOS UN CIRCUITO ACTIVO PARA INCENTIVAR O EXERCICIO NA HORA DO RECREO , PINTANDO DIFERENTES ESTACIÓNS QUE FAVORECEN O MOVEMENTO. PREVIAMENTE , FABRICAMOS XIZ DE CORES PARA MARCAR E PINTAR O CHAN.
PARA LEVAR UN ESTILO DE VIDA SAUDABLE HAI QUE FACER EXERCICIO FÍSICO. NA ESCOLA USAMOS A RULETA DE MOVEMENTO E SAÚDE QUE NOS OFRECEU O EDLG PARA OS MOMENTOS EN QUE PRECISAMOS ACTIVARNOS, FACILITANDO ASÍ O TRÁNSITO ENTRE OS TEMPO DE ATENCIÓN E DISPERSIÓN. USAMOS A ROBÓTICA PARA COÑECER DIFERENTES DEPORTES E FALAR DOS NOSOS PREFERIDOS .
CREAMOS A CAIXA DA MIÑA PAZ INTERIOR, COA QUE PODEMOS INTERACTUAR EN CASO DE SENTIRNOS MAL, AXUDANDO Á RELAXACIÓN E Á SUPERACIÓN DE MOMENTOS DE TRISTURA, ANOXO OU CARRAXE, A TRAVÉS DA RESPIRACIÓN, DO TEMPOS DE CALMA , DE ELIMINAR TENSIÓNS, DE BUSCAR SENSACIÓNS AGRADABLES.
O BENESTAR EMOCIONAL É FUNDAMENTAL PARA SENTIRSE SAN. USAMOS AS PIRULETAS DAS EMOCIÓNS DO EDLG PARA RECOÑECELAS E FALAR DAS NOSAS REACCIÓNS ANTE ELAS, APRENDENDO ESTRATEXIAS PARA O DIÁLOGO E O CONTROL DAS MESMAS.
NATUREZA
LÓXICA MATEMÁTICA
LECTOESCRITURA
CELEBRACIÓNS
ARTE
O NOSO DÍA A DÍA EN VINSEIRA
"SI REALMENTE AMAS LA NATURALEZA, ENCONTRARÁS BELLEZA EN TODAS PARTES" VICENT VAN GOGH
NA ESCOLA DE LEDOÑO VALORAMOS MOITO A NOSA CONTORNA E APROVEITAMOS TODOS OS RECURSOS OU ELEMENTOS QUE NOS OFRECE PARA LEVAR A CABO ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS AO LONGO DO CURSO. TAMÉN GOZAMOS DELA E RESPECTÁMOLA, FACENDO TODO O QUE ESTÁ NAS NOSAS MANS PARA COIDALA.PARA PODER VER TODAS ESTAS COUSAS, SÓ TEDES QUE PICAR NAS IMAXES OU ICONAS.
ESCOLA DE LEDOÑO
NON NOS ESQUECIMOS DE COIDAR O BENESTAR EMOCIONAL E APROVEITAMOS UNHA DAS PROPOSTAS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA PARA COÑECER ALGUNHAS EMOCIÓNS EN GALEGO.
SECAMOS RODAS DE LARANXA PARA CREAR UN ADORNO DE NADAL.
PROBAMOS A XERMINAR SEMENTES DE CÍTRICOS E ATA DALGUNHA OUTRA FROITA, PERO SEN ÉXITO.
DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE, E APROVEITANDO A FROITA DE TEMPADA, INVESTIGAMOS SOBRE OS CÍTRICOS. ESTA ACTIVIDADE LEVOUNOS A EXPLORAR COS SENTIDOS E XURDIRON NOVOS INTERESES E PROPOSTAS.
NA NOSA HORTA PLANTAMOS AMORODOS E UNHA FAMILIA, REGALOUNOS UNHA PLANTA DE AMORODOS ITALIANOS.NON COMEMOS MOITOS AÍNDA, PORQUE TEMOS UNS CARACOIS QUE SE NOS ADIANTAN. PERO NÓS, SEGUIMOS COIDANDO A HORTA NA QUE TAMÉN HAI OUREGO E MENTA DOUTRO CURSO.
TAMÉN CAMBIAMOS A MANEIRA DE FESTEXAR OS ANIVERSARIOS NA ESCOLA. ESTE ANO ENCARGÁMONOS DE COCIÑAR UNS GOFRES SEN AZUCRE, ACOMPAÑADOS DE FROITA DE TEMPADA. GÚSTANNOS MOITO!
COMEZAMOS INVESTIGANDO E ANALIZANDO ALIMENTOS SAUDABLES E MENOS SAUDABLES E INCLUÍMOS, NAS NOSAS MERENDAS DIARIAS, COMO ALIMENTO PRINCIPAL, A FROITA.
O PDI DESTE CURSO, SEMENTANDO SAÚDE, NON SÓ NOS AXUDOU A VALORAR A IMPORTANCIA DE TER UNS HÁBITOS SAUDABLES EN CANTO A ALIMENTACIÓN E AO EXERCICIO, SENÓN TAMÉN AO BENESTAR EMOCIONAL.
LÓXICA- MATEMÁTICA
LÓXICA- MATEMÁTICA
CONTEO
CONCIENCIA FONOLÓXICA
MOTRICIDADE
LECTOESCRITURA
LECTOESCRITURA
ACTIVIDADES
ESCOLA DE LEDOÑO
PODEDES DESCUBRIR E COÑECER MÁIS DA NOSA ESCOLA, SE VISITADES O NOSO BLOG
PROPOSTAS DE APRENDIZAXE
AO LONGO DO CURSO, TIVEMOS TEMPO PARA: EXPERIMENTAR, EXPLORAR, COÑECER, PREGUNTAR, PROBAR, INVESTIGAR, FACER E DESFACER,... TODO ISO E MÁIS, A TRAVÉS DAS PROPOSTAS DE APRENDIZAXE E ACTIVIDADES , NAS QUE TRABALLAMOS LECTOESCRITURA, LÓXICA-MATEMÁTICA, CREATIVIDADE, MOTRICIDADE FINA,... UN SINFÍN DE APRENDIZAXES!
QUEREDES VER A NOSA CARBALLEIRA?E CONTÁMOSVOS UNHA CURIOSIDADE: A RÚA QUE CONECTA A NOSA ESCOLA E A CARBALLEIRA CHÁMASE "CHOEIRA"
UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTA NESTA AULA SON AS PLANTAS. COMEZAMOS PLANTANDO AGUACATES E AGORA XA CULTIVAMOS LEITUGAS, TOMATES, TRANSPLANTAMOS, REGAMOS...PREME NA IMAXE PARA VER UN VIDEO RESUMO
O NOSO CHISTE! PREME NA IMAXE PARA ESCOITALO
NESTAS PÁXINAS ÍMOSVOS CONTAR, QUEN SOMOS, CALES SON AS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTAN NO MUNDO E ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS. OLLADE!
ESCOLA DE CHOEIRA 1
MENTRES PREPARAMOS A MERENDA OU AS RECEITAS TRABALLAMOS: HÁBITOS E HABILIDADES DE VIDA DIARIA, CONCEPTOS LÓXICO-MATEMÁTICOS, DESENVOLVEMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA, A LECTO ESCRITURA...
SABEDES QUE MÁIS NOS GUSTA NESTA CLASE? A FROITA!! MIRADE MENUDAS MERENDAS FACEMOS. E ÁS VECES MERENDAMOS ENSALADA CON LEITUGA DA HORTA1
PERO O TESOURO MÁIS VALIOSO DESTA ESTANTERÍA É O NOSO LIBRO DE RECORDOS
CONTÁMOLOS, DEBUXÁMOLOS, CLASIFICÁMOLOS, OBSERVÁMOLOS DE MIL MANEIRAS...
NA NOSA CLASE TEMOS UNHA ESTANTERÍA DE TESOUROS, NELA IMOS GARDANDO AS NOSAS COLECCIÓNS. ATA TIVEMOS ALGUNHAS VISITAS QUE NOS TROUXERON TESOUROS DO MAR, ALGÚNS MOI MOI ANTIGOS
SECUENCIA DIDÁCTICA "O PROTAGONISTA DO CONTO"
A LUZ E O NOSO CORPO
ESTUDIO SOBRE O NOSO ASPECTO FÍSICO
A ASEMBLEA
NA NOSA CLASE, ADEMAIS DO QUE VOS CONTAMOS, FACEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES, ASEMBLEAS, PEQUENAS INVESTIGACIÓNS, PROPOSTAS CREATIVAS...PREME NAS IMAXES PARA VER OS VIDEOS
APARELLO CIRCULATORIO
APARELLO RESPIRATORIO
APARELLO LOCOMOTOR: ÓSOS E MUSCULOS
O TACTO E AS PEGADAS DACTILARES
O GUSTO E AS PAPILAS GUSTATIVAS
AS PARTES DA CARA E DO CORPO
O OIDO
O OLFACTO
A VISTA
TRABALLAMOS O AUTORRETRATO
DESTE XEITO COMEZAMOS VENDO COMO ERA O NOSO CORPO POR FÓRA E COMO NOS RELACIONAMOS CO MUNDO QUE NOS RODEA.
INVESTIGAMOS E EXPERIMENTAMOS A TRAVÉS DOS 5 SENTIDOS:
DESPOIS DE COÑECER O CORPO POR FÓRA CENTRÁMOS EN INVESTIGAR SOBRE O SEU INTERIOR E TRABALLAMOS ALGÚNS DOS APARELLOS PRINCIPAIS QUE O COMPOÑEN.
ESTE CURSO CENTRÁMONOS NO ESTUDO DO NOSO CORPO, COINCIDINDO CO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO QUE LEVA POR TÍTULO "SEMENTANDO SAÚDE".
ESCOLA DE SÉSAMO
DE RECOLLER FOLLAS E FROITOS XURDIU A CURIOSIDADE DE SABER COMO SE CHAMABAN AS DISTINTAS ÁRBORES E PRANTAS QUE TEMOS NO PATIO. FOMOS TRABALLANDO COAS FOLLAS QUE RECOLLIAMOS: OBSERVÁMOLAS, PRESERVÁMOLAS, IDENTIFICÁMOLAS, CUBRIMOS FICHAS DE REXISTRO, FOTOGRAFIAMOS ÁS ARBORES ÁS QUE PERTENCÍAN E SITUÁMOLAS NO PLANO DA ESCOLA.
POR OUTRA BANDA, O PATIO DA ESCOLA É PARA NÓS MOI IMPORTANTE POR TODO O QUE NOS APORTA. A OPORTUNIDADE DE VIVIR EXPERIENCIAS NA NATUREZA, A OBSERVACIÓN E EXPERIMENTACIÓN NO MEDIO, OS MOMENTOS DE XOGO EN COMUNIDADE... PERO TAMÉN A GRAN CANTIDADE DE FROITOS QUE NOS PERMITE DEGUSTAR.
SE QUERES SABER MAIS SOBRE A NOSA ESCOLA PODES VISITAR O BLOG
EXPERIMENTOS
LECTURAS COMPARTIDAS
COIDADO DOS ANIMAIS E MÚSICA
EDUCACIÓN VIAL
LAND ART
FAMILIAS NA ESCOLA
O CORPO POR DENTRO
OSSENTIDOS
COAS NOSAS MANS PODEMOS FALAR, ACARIÑAR, SENTIR...
O CORPO POR FÓRA: PARTES, ESQUEMA CORPORAL, AUTORRETRATOS...
ASÍ COMEZAMOS...
NAS PRIMEIRAS CONVERSAS DESTE CURSO XURDIRON MOITOS INTERROGANTES SOBRE A REPRODUCIÓN HUMANA. ESTE INTERESE APARECE A RAÍZ DE QUE A PROFE GUADA E AS NENAS E NENOS DE VINSEIRA NOS AGASALLARON CUNS BEBÉS PARA A AULA. E ASÍ ESTIVEMOS DOUS TRIMESTRES, ENTRE BEBÉS E O CORPO HUMANO, RELACIONÁNDOO DESTE XEITO COA TEMÁTICA DO PDI .
SEMENTANDO SAÚDE
PROXECTOS E PEQUENAS INVESTIGACIÓNS
CIRCULACIÓN LIBRE POR PROPOSTAS DE APRENDIZAXE
ASEMBLEAS E RUTINAS DIARIAS DA ENCARGADA/O: TEMPO ADICADO A COMPARTIR VIVENCIAS, TRABALLAR CONTIDOS TEMPORAIS/ ESPACIAIS/ MATEMÁTICOS/ LÓXICOS/ LECTOESTRITURA...). ADEMAIS NESTE TEMPO TAMÉN RESOLVIMOS RETOS, ADIVIÑAS/ CAIXAS MISTERIOSAS/ FIXEMOS AUTORRETRATOS....
NA AULA DE CHOEIRA 2 PASAMOS O CURSO ARGALLANDO. AO LONGO DAS NOSAS XORNADAS TIVEMOS TEMPO PARA:
ESCOLA DE CHOEIRA 2
VERMES DE SEDA
E SE OBSERVAMOS A NATUREZA DE CERCA E CON CALMA?A NATUREZA E OS SEUS DETALLES, CORES, LIÑAS, TEXTURAS... A PEL DOS VERMES DE SEDA, O SEU ALIMENTO E CAMIÑAR (PROPOSTA REALIZADA A PARTIR DA INVESTIGACIÓN QUE LEVAMOS A CABO SOBRE ESTES INSECTOS)
TEMPO DE LECERA IMPORTANCIA DESE TEMPIÑO DE DESFRUTE, XOGO AO AIRE LIBRE, INTERACCIÓNS COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS. LUGAR DE TOMA DE DECISIÓNS, DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS, ZONA DE APRENDIZAXE CONTÍNUA...
RUTINAS DE ASEO E MERENDA. A MEDIA MAÑÁ, PARA REPOÑER ENERXÍA TOMAMOS UN PICOTEO NON SEN ANTES LEVAR A CABO UNS HÁBITOS DE HIXIENE. NESTE TEMPO ESTIVERON MOI PRESENTES AS ENCARGADAS/OS DA MERENDA: LAVAR E CORTAR A FROITA CALCULANDO A QUE ERA PRECISA, POÑER A MESA, LAVAR A LOUZA...
DESFRUTANDO DA CONTORNA DA NOSA ESCOLA
VISITA A CORREOS
FELICITANDO O NADAL AS NOSAS/OS VECIÑAS/OS
SENSORIAL
SAMAÍN
ENTROIDO
SONORA
OUTONO
CONTO NA TABOA DE LUZ
QUE PODE SER UN CAROZO?PROPOSTA REALIZADA A PARTIR DO CONTO SACAPENAS
LIBRO DOS ILUSTRADORES
OUTRA DAS RUTINAS DIARIAS É O MOMENTO DO CONTO: IMAXINACIÓN, CREATIVIDADE, LINGUAXE, VOCABULARIO, EXPLORACIÓN DE EMOCIÓNS. DENTRO DESTA RUTINA TEMOS O LIBRO DOS ILUSTRADORES, SECUENCIA DIDACTICA NA QUE DEBUXAN O PROTAGONISTA.
TEMPO DE CONTO, PROPOSTAS A PARTIR DELES E SECUENCIA DIDÁCTICA DO PROTAGONISTA DO CONTO.
XOGO AUTÓNOMO. FERRAMENTA FUNDAMENTAL DA APRENDIZAXE.
INSTALACIÓNS DE XOGO
SAÍDA POLA CONTORNA
A NATUREZA XUNTO CO RITMO ANUAL DE CELEBRACIÓNS MOSTROUNOS O PASO DAS ESTACIÓNS CO HALLOWEEN, CHRISTMAS E EASTER. COMPARTIMOS MOITOS CONTOS, CANCIÓNS, CORROS, XOGOS DE DEDOS E SORRISOS.
Falamos das nosas emocións co conto "Glad Monster, sad monster". Algúns sentían anoxo, outros tristura, TAMÉN namoramento.
SEMENTANDO SAÚDE COS CONTOS EN INGLÉS, TOMARON O PROTAGONISMO NESTE CURSO.
THE "HAPPY DRUM"
APRENDEMOS INGLÉS
LaLaLa
MÚSICA
UN CURSO MÁIS ONDE a Música FOI Unha estupenda compañeira coa que comezar e vivir aventuras!!! SON tantas as experiencias compartidas que non É doado recollelas TODAS nun par de páxinas... pero se tivéramos que facer unha selección para o recompilatorio musical deste curso, podería ser algo así... (premede sobre cada "froito")
SUBIMOS AO BUS PARA CANTAR "THE WHEELS ON THE BUS" E ESCACHAMOS Á RISA. APRENDEMOS OS NOMES DAS CORES E DOS ANIMAIS COS XOGUETES DE MADEIRA E TOCAMOS O "HAPPY DRUM" UN LOTE DE VECES! TEN UN SON TAN RELAXANTE...
DESFRUTAMOS COS NOSOS XOGOS E XOGUETES
" THE WHEELS ON THE BUS"
O ENTROIDO DOS ANIMAISEstase a converter nunha tradición, e non nos pode divertir máis, un entroido de animais!
o quebranocesun ano máis, como xa é tradición, a música do ballet de tchaikovski nos conta esta fantástica historia de nadal. este curso ademais, puidemos desfrutar dos reinos en vivo e en directo na festa de nadal!
pantasmas de samaíneste samaín visitáronnos unhas pantasMas que resultaron ser GRANDES bailarINAs!
UN PASEO POLO BOSQUEMÚSICA E MOVEMENTO SON UNHA GRAN COMBINACIÓN. neste BOSQUE MUSICAL SEMPRE é unha sorpresa o que nos podemos atopar... IMOS DE PASEO?
MÚSICA TRADICIONAL CON FELISA E XAN!Na nosa Romaría das Letras Galegas a música nunca falta! da man de felisa e xan sempre preparamos algunha peza para bailar en familia!
FROITAS!este curso "sementamos" moitas aprendizaxes para mellorar os nosos hábitos de vida saudable. A froita protagonizou as nosas merendas e tamén nos inspirou a cantar!
CANTAMOS COAS MANSPariticipamos por CUARTO ano no concurso DA FAXPG COA CANCIÓN FUN AO MERCADO DE MARÍA FUMAÇA.E NESTA OCASIÓN LEVÁMONOS O PREMIO DO XURADO!! PARABÉNS ARTISTAS!!
OS COELLIÑOSPor petición popular, non podIamos deixar fóra este recompilatorio, O NOSO CONTO dramatizado FAVORITO!
BO DÍA!A canción de saúdo forma unha parte fundamental DAS SESIÓNS DE MÚSICA, é como un himno para nós! un curso máis o Bo día de Golfiños, FOI o NOSO arranque musical de cada día!
QUENTAMENTOS MUSICAISfacemos e vivimos a música con todo o corpo, por iso nas nosas clases nunca falta o QUENTAMENTO corporal ó ritmo de diferentes estilos musicais. Preparad@s!?
CONCIENCIA FONOLÓXICA
"SEMENTANDO SAÚDE"
SAMAÍN
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
CONTAMOS HISTORIAS
EXPRESIÓN
RIMAS
XOGOS DA LINGUAXE
TODAS AS SEMANAS ADICAMOS UN ANAQUIÑO A REALIZAR DIFERENTES PROPOSTAS QUE TEÑEN COMO OBXECTIVO ESTIMULAR A LINGUAXE E OS CATRO COMPOÑENTES DA MESMA: FONÉTICO-FONOLÓXICO VOCABULARIO MORFOSINTAXE PRAGMÁTICAPICADE NAS IMAXES E NA SÚA DESCRICIÓN E PODEREDES VER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE LEVAMOS A CABO NO NOSO TALLER FALADOIRO!
OBRADOIRO DE AUDICIÓN E LINGUAXE
COA FiNALIDADE DE OBSERVAR OS CAMBIOS NOSO CORPO AO LONGO DO TEMPO REXISTRAMOS A PRINCIPIO E FINAL DE CURSO AS NOSAS MEDRAS.
NAS DIFERENTES ESCOLAS REALIZAMOS A NOSA PRIMEIRA CARREIRA DE ORIENTACIÓN POR EQUIPOS.
AS NOSAS FAMILIAS SON MOI IMPORTANTES PARA NÓS, POR ISO REALIAMOS UN MAPA VIRTUAL DE RUTAS DE SENDEIRISMO.
XOGOS E ACTIVIDADES
A IMPORTANCIA DO TRABALLO EN VALORES
AS MIÑAS MEDRAS
O COÑECEMENTO DO NOSO CORPO AXÚDANOS A MELLORAR A NOSA PERCEPCIÓN DO ENTORNO E DESENVOLVER AS NOSAS HABILIDADES MOTORAS E SOCIAIS.
ORIENTACIÓN NAS ESCOLAS
OCIO EN FAMILIA
COIDA O TEU CORPO
PSICOMOTRICIDADE
SEMENTANDO SAÚDE
FROITAS
NO SEGUNDO TRIMESTRE, ADENTRÁMONOS DE CHEO NO MUNDO DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE, POÑENDO EN MARCHA UN CONCURSO QUE SE DENOMINOU SEMENTANDO SAÚDE. ASÍ, NESTE CONCURSO LEVAMOS A CABO DIFERENTES PROBAS A TRAVÉS DAS CALES NOS FIXEMOS UNS EXPERTOS E EXPERTAS NA MATERIA.
CENTRAMOS O TRABALLO DESTE OBRADOIRO EN LEVAR A CABO E ARGALLAR DIFERENTES PROPOSTAS RELACIONADAS CO PDI. ASÍ, NO PRIMEIRO TRIMESTRE E BASEÁNDONOS NO LIBRO DE FROITAS DE KALANDRAKA FIXEMOS PROPOSTAS SENSORIAIS E ARTÍSTICAS COAS QUE PROFUNDIZAR NO COÑECEMENTO DE DIFERENTES FROITAS, ÁRBORES E DO ROSTRO HUMANO.
OBRADOIRO ARGALLANTE
CIRCUITOS DE AUGA
O CICLO DA AUGA
EXPERIMENTOS
ESTADOS DA AUGA
PROPIEDADES DA AUGA
A AUGA
E COMO REMATE AO NOSO CONCURSO, CREMA DE CACAO SAUDABLE. COMO VEDES, NON FOI TAREFA FÁCIL, TOCOU APRENDER A RECEITA, TER CLAROS OS INGREDIENTES E FERRAMENTAS PRECISOS E POÑERNOS MANS Á OBRA. UN DOS PREMIOS, XUNTO CUNHA MEDALLA QUE RECOÑECERA O TRABALLO FEITO AO LONGO DESTE CONCURSO E QUE XA SOMOS UNS AUTÉNTICOS EXPERTOS EN ALIMENTACIÓN SAUDABLE, FOI UN PLANIFICADOR DE MENÚS SEMANAIS CO QUE OBSERVAR SE ESTAMOS COMENDO DUN XEITO EQUILIBRADO E, COMO NON, UNHA PEQUENA MOSTRA DA CREMA DE CACAO QUE ELABORAMOS.
PINGUI
NO TERCEIRO TRIMESTRE O NOSO OBRADOIRO ESTIVO CENTRADO EN CONVERTERNOS EN AUTÉNTICAS CIENTIFICAS E CIENTÍFICOS INVESTIGANDO E DESCUBRINDO TODO O QUE FORA POSIBLE SOBRE A AUGA. PUXÉMONOS MANS A OBRA!
xogos de mesa
biblioteca creativa
paixases de luz
BIBLIOTECA CREATIVA
escola de nais e pais
obradoiros en familia
"Estudo do rostro", unha proposta de experimentación, creación e xogo
OBRADOIRO creativo con espazo arkhe
APRENDEMOS AS BASES PARA CREAR UN VÍDEO "lip dub"
OBRADOIRO creativo lip dub
NOVOS DESEÑOS COA IMPRESORA 3D
DÍA DA PAZ
FIN DE CURSO: BELELLE
FUNDACIÓN LUIS SEOANE: LA TÁCTICA DEL COLIBRÍ
RECOLLIDA DO PREMIO: CANTAMOS COAS MANS
UDC: INSTALACIÓN SONORA
AFUNDACIÓN: PINGÜÍN
EXPOSICIÓN HELMUT NEWTON
MUSEO DE BELAS ARTES
DOMUS
8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
3D: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
MAGOSTO
ENTROIDO
NADAL
FESTAS, SAÍDAS E COMMEMORACIÓNS
DEBUXOS REALIZADOS POLAS NENAS E NENOS DE 6º DE E.D INFANTIL
CANDO REMATA O MES, REXISTRAMOS EN PAPEL, CANTOS DÍAS FIXO SOL, SOL E NUBES, NUBES. CHOIVA E NÉBOA.
REXISTRO DO TEMPO
TODOS OS DÍAS, NO MOMENTO DA ASEMBLEA, MIRAMOS POLA VENTÁ DA ESCOLA QUE TEMPO FAI, E COLOCAMOS UNHA BOLIÑA NO TEMPO QUE CORRESPONDA.