Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Copia - REFORZO EDUCATIVO (IES DE TEIS)

Adela Lamoso García

Created on November 14, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Body Parts

Choice Board Flipcards

January School Calendar

Genial Calendar 2026

School Calendar 2026

January Higher Education Academic Calendar

School Year Calendar January

Transcript

O REFORZO EDUCATIVO (re)

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE TEIS

start

índice

Quen debe estar informado e como se rexistra?

Que é o RE?

Quen desenvolve a medida e onde se desenvolve?

A quen está destinado?

Quen o elabora e o decide?

Cando debe aplicarse?

TIPOS DE RE

que é o RE?

É unha MAD (medida de atención á diversidade) ordinaria que afecta a:

  • secuencia de contidos,
  • as formas e os instrumentos de avaliación,
  • a organización da aula,
  • o agrupamento do alumnado e
  • todo o incluído dentro do ámbito da metodoloxía.

A QUEN ESTÁ DESTINADO?

Ao alumnado que coa modificación dos elementos citados pode seguir o proceso ordinario deensino e de aprendizaxe. É dicir, medida dirixida a calquera alumno/a ou grupo de alumnos que presenten dificultades nun momento dado, teñan ou non NEAE (Necesidade Específica de Apoio Educativo).

quen o elabora?

O profesorado que impartan a área, a materia, o ámbito ou o módulo en que a alumna ou o alumno necesiten esa medida.

quen o decide?

É decisión do profesor ou profesora que imparte a materia, e non precisa de informe do DO (Departamento de orientación) nin autorización de IE (Inspección Educativa).

quen debe estar informado?

O DO e o profesorado titor. Este último debe informar a nai, o pai ou as persoas titoras legais do alumnado (ABALAR pode ser un bo sistema para transmitir dita información xa que quedará rexistrado).

como se rexistra?

- Reflectirase nos documentos oficiais de avaliación do alumnado. - Sinalarémolo en XADE coa lupiña amarela (cada profe das materias debe marcalo en cada unha das avaliacións parciais e na final). - Ao final de cada curso, o profesorado elaborará un informe individual dos reforzos educativos levados a cabo, segundo o modelo que será aportado polo DO e que será arquivado no propio DO.

quen desenvolve a medida?

O profesorado que imparta a área, a materia, o ámbito ou o módulo. En determinados casos pode contar coa colaboración de profesorado con dispoñibilidade horaria, que actúa como un apoio xeral ao conxunto da aula.

onde se desenvolve?

Dentro do contexto escolar ordinario, polo xeral, na propia aula.

cando debe aplicarse o re?

A avaliación inicial e avaliacións parciais son un bo momento para decidir as medidas de reforzo no seguinte trimestre. É conveniente informar ao resto do equipo docente nas reunións de avaliación e sempre manter informado o titor/a. Debemos ter en conta que trátase dunha medida temporal e pode deixar de aplicarse no momento que se considere que o alumno ou alumna adquiriu as aprendizaxes obxecto de reforzo.

cando debe aplicarse o re?situacións de obrigada aplicación

1. previo a unha repetición

2. previo a medidas máis extraordinarias

3. alumnado con materias pendentes

5. alumnado de 1º e 2º exento da sle

5. alumado de incorporación tardía

4. alumnado repetidor

TIPOS DE RE?

Trátase dunha medida ordinaria que afectan ao ámbito da metodoloxía, pero nunca supoñen a eliminación e/o modificación de obxectivos, contidos, competencias e/ou criterios de avaliación. PODEN CONSISTIR EN MODIFICACIÓNS: - nas actividades de ensino- aprendizaxe, - nas actividades e instrumentos de avaliación, - na organización da aula, - no agrupamento do alumnado.

TIPOS DE RE?MEDIDAS GRUPAIS

  • Desdobres de grupos.
  • Establecer secuencias de contidos que aseguren aprendizaxes básicas para todos, e coñecementos de maior complexidade para algúns.
  • Deseñar actividades de ensino-aprendizaxe variadas e con diferente nivel de dificultade.
  • Considerar diferentes tempos de realización das actividades en función dos diferentes ritmos de aprendizaxe.
  • Utilizar recursos e materiais diferenciados e complementarios (gráficos, audiovisuais, manipulables,…), para contemplar os distintos estilos de aprendizaxe dos alumnos/as.
  • Incluír actividades de recuperación, afianzamento ou consolidación para aqueles alumnos/as que non seguen un determinado ritmo de aprendizaxe.
  • Adaptacións xerais (para todo o grupo) nas probas e instrumentos de avaliación.
  • Utilización de estratexias específicas de DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe), o que supón utilizar unha variedade de métodos de ensino para eliminar barreiras que interfiran na aprendizaxe.

TIPOS DE RE?MEDIDAS INDIVIDUALIZADAS

  • Apoio directo e atención preferente a determinados alumnos/as dentro da aula, xa sexa realizado polo profesor da materia ou por outro profesor/a especialista ou con dispoñibilidade horaria.
  • Actividades de recuperación de aprendizaxes non adquiridas.
  • Plans específicos de reforzo para o alumnado que pase de curso con materias sen superar (debéramos aplicar sempre RE a un alumno nas materias pendentes).
  • Plans específicos personalizados para o alumnado que repite curso.
  • Aplicación de medidas metodolóxicas de reforzo recollidas en determinados protocolos para alumnado NEAE (TDAH, TEA, Dislexia etc).

TIPOS DE RE?MEDIDAS APLICADAS Á AVALIACIÓN

Diversificación dos procedementos e instrumentos de avaliación ou adaptación dos tempos de avaliación.

3. adaptacións non significativas dos criterios de avaliación

2. utilización de métodos de avaliación alternativos ás probas escritas

1. ADAPTACIÓN NAS PROBAS ESCRITAS

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN

Se tedes calquera dúbida dirixirvos ao departamento de orientación

Debemos ter en conta que no noso centro prodúcense continuas incorporacións de alumnado procedente do estranxeiro ao longo de todo o curso, nestes casos, dado que imos adaptar as avaliacións ás súas características e ao momento da súa incorporación, é recomendable aplicarlles medidas de RE.
Aplicar criterios de avaliación que contemplen diferentes graos de logro, priorizar criterios de avaliación mínimos en casos de alumnos con dificultades de aprendizaxe.
Alumnado que promocione ao seguinte curso con materias sen superar deberá ter un plan de reforzo en cada unha desas materias, que será elaborado polo profesorado que imparte a materia pendente, baixo as directrices do departamento didáctico e con coñecemento do titor/a. Debéramos pois aplicar RE na/s materia/s que leva pendiente/s.
Non podemos facer unha AC sen antes ter aplicado RE. Non podemos derivar a un PDC ou FPB sen previas medidas ordinarias, tales como o RE. Por estes motivos é tan importante FACELO CONSTAR NO EXPEDIENTE, xa que o non facelo impide a aplicación doutras medidas extraordinarias que precisan da autorización de IE.
Exemplos: - observación do traballo do alumno/a mediante portofolios, - rúbricas, - rexistros, - listas de cotexo, - diarios de clase, - producións orais, - etc

Lorem ipsum

O alumnado que repita curso terá un plan específico personalizado adaptado ás súas características e necesidades, que será elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do titor/a.
O alumnado de 1º e 2º de ESO que está exento de cursar a 2º Lingua Estranxeira debe recibir RE naqueles aspectos nos que se detectasen as dificultades, no noso centro Lingua e Matemáticas.
As repeticións son unha medida excepcional, que só deben aplicarse unha vez esgotadas todas as medidas ordinarias á nosa disposición, a aplicación do RE é unha das máis axeitadas.
- Adaptacións do formato da proba escrita: tipo de letra, tamaño, organización das preguntas, apoios visuais ou orais, uso do computador no canto de papel, supervisión e guia durante a proba de avaliación, ... . - Adaptación nos tempos: ampliación do tempo, dividir a proba en dous días, ... .