Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

As Mulleres do Seminario de Estudos Galegos

Carina Fernández

Created on November 13, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Snow Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Transcript

As mulleres do seminario de estudos Galegos

As 12 socias activas

As 9 socias protectoras

As 4 USUARIAS DA BIBLIOTECA DO SEG

cuantitativaMENTE

Socios activos

Socios protectores

5%

2%

Mulleres

Mulleres

12 traballos de investigación para o Seminario

Sara Leirós

María Corredoyra

Sara Leirós

Sara Leirós

Luisa Cuesta

Pura Lorenzana

Amparo Arango

Celsa Pérez

Margot Sponer

Dolores Lorenzo

Josefa Iglesias

Encarnación Fraga

Contribucións destacables destas mulleres

Primeira tese do galego
Primeiro método de lectura en galego
Investigacións sobre a emigración galega, a imprenta en Galicia, a Universidade e a súa biblioteca

Seguir co proxecto do Seminario

Investigación, estudos

  • Luisa Cuesta
  • Sara Leirós
  • Pura Lorenzana
  • Margot Sponer
  • Carmen Pardo
  • María Silgar
  • María Tobío

Galicia

  • Margot Sponer
  • Pura Lorenzana
  • Josefa Iglesias
  • Emilia Álvarez
  • Daría González
  • María Tobío
  • María Silgar

LOITA POLos dereitos da muller

Historia das MULLERes EN ESPAÑA

Asociación Nacional de Mujeres Españolas

Clara Campoamor

Concepción Arenal

Constitución española

1910

1923

1936

1918

1870

1978

1931

Emilia Pardo Bazán

Ditadura Primo de Rivera

Golpe de estado e Guerra Civil

Nace o SEG

Morre o SEG

Pioneiras

Profesora universitaria en España

Matriculada na Facultade de Dereito da USC

Profesora na Facultade de Ciencias da USC

Galega matriculada na Facultade de Dereito da USC

Primeiras profesoras da Facultade de Ciencias da USC

Socia dun centro de altos de estudos (SEG)

Primeiras mulleres galegas en publicar na revista Anales de la Soc. Española de Física y Química

Promoción de Inspectoras de Traballo

Membro da Asociación de Artistas da Coruña e da Real Academia de Belas Artes da Coruña

Vivir da profesión

Vivir da profesión

Participar na vida pública

COMPROMETIDAS

Exposicións

Conferencias

ECO SOCIAL

Teatro

Prensa

Unha alemá en Galicia en 1926

A primeira tese do galego
Vítima do nazismo
Fichada polo Seminario
Máis Margot

Margot

Internacionalismo do Seminario

Sponer

Fontes
Neisse, 1898 - Berlín, 1945
Brillante muller
Ideoloxía
Paso por Galicia
Prensa
Bibliotecaria en guerra
Máis sobre ela

Luisa Cuesta Gutiérrez

Prolífica investigadora
Fontes
Medina de Rioseco (Valladolid), 1892 - Madrid, 1962

Pura e o Seminario

Pura pioneira e promotora

Os traballos de Pura

Pura Lorenzana Prado

Máis sobre ela
Fontes
Vilasante (O Saviñao), 1907 - Santiago de Compostela, 1997
A súa pintura
No Seminario
Prensa
Pioneira
Máis María
Exposicións

María

Corredoyra

Fontes
A Coruña, 1893 - 1970
No Seminario
Ela
As súas obras

Sara

Ela na prensa

Leirós Fernández

Fontes
As Neves, 1897 - Santiago de Compostela, 1978
O seu método
O Seminario
Máis sobre ela

Josefa

Iglesias Vilarelle

Fontes
Santiago de Compostela, 1883 - Pontevedra, 1966
Carmiña actriz
Carmiña na política
Máis Carmiña
No Seminario

Carmen

Fontes

Sierra Domínguez

Pontecesures (Valga), 1906 - Caracas, 1996

As científicas

Dolores Lorenzo Salgado
León, 1905 -
Encarnación Fraga Padín
Amparo Arango Fernández
Cambados, 1908 - 2000
A Habana, 1907 -
Celsa Pérez Moreiras
Para saber máis
León, 1912 - Madrid, 2010
Mestra de mestras
Cargos
Para saber máis

Carmen

Pardo Losada

Fontes
Ourense, 1890 - Madrid, 1983
Protectora do Seminario
Emilia escritora
A súa voz

Emilia

Fontes

Álvarez Álvarez

Trado (Pontedeva, Ourense), 1910 - 2000
Daría docente
Daría galeguista
Daría política

Daría

Fontes

González García-Paz

Pontevedra, 1912 - 1999
Beneficencia
Mecenado

Ángela

Fontes

Santamarina Alduncín

Tandil (Bos Aires), 1863 - Ourense, 1956
A súa influencia
Fontes

A súa obra

María

Silgar

Cádavo (Baleira), 1910 - Lugo, 2001
Unha muller galega
Fontes

María

Tobío

Viveiro, 1908 - Vitoria, 2004

Fontes xerais utilizadas

  • Consello da Cultura Galega
  • Galipedia
  • Galiciana : Biblioteca Dixital de Galicia
  • Alfonso Mato Domínguez
  • Aurora Marco

grazas

Carina Fernández Faya carina.fernandez.faya@xunta.gal
O método de Josefa, a mestra de Mourente, publicado no ano 1932, foi o primeiro manual para a aprendizaxe do galego, xa que ata 1969 non se publicou o Catón Galego de Ben-Cho-Sey, R. Fernández Oxea.
Amparo Arango Fernández, coma Dolores, tamén era química e farmacéutica e colaboradora de Isidro Parga Pondal. Publicou en 1930 este artigo que presentou no Seminario. Pouco máis sabemos dela.
Nesta publicación do ano 1958 xa se recolle unha extensa bibliografía de Luisa Cuesta, ademais da biografía
Artigos contemporáneos sobre ela
Na Biblioteca de Galicia conservamos outras publicacións sobre ela :
  • Socia do Instituto de Estudios Gallegos da Coruña
  • Formou parte da xunta para a Institución da Gota de Leche
  • Vogal da Xunta Especial de Autoridades de Primeira Ensinanza
  • Directora da Escola Elemental do Traballo
  • Vogal da Xunta Provincial de Ensinanza
  • Formou parte do Padronato de Cantinas y Colonias Escolares
  • Directora da Escola Normal de Lugo
  • Presidenta de tribunais de oposicións e doutros actos oficiais como representante das mestras
  • Josefa Iglesias Viarelle / María Xesús Escudeiro. Do gris ao violeta
  • Xosefa Iglesias Vilarelle / Xermán Torres. Pontevedra viva.com
Josefa ingresa no Seminario en 1933 e ademais de socia activa será socia protectora. Seu irmán Antón estivo a cargo da Sección de Pedagoxía e do Laboratorio de Psicotecnia do Seminario. Josefa implicouse no problema do idioma no ensino nas escolas rurais, esta era unha liña de traballo marcada polo Seminario, xa que Risco asumiu o reto de elaborar un "Plan Pedagóxico pr’a galeguización d’as escolas" na asamblea de 1921
En 1925 foi nomeada presidenta de honra da Cruz Vermella Española e condecorada coa Gran Cruz de Beneficencia. Pero ademais de caridade, dedicouse tamén ao mecenado de intelectuais. Foi a protectora por excelencia do Seminario, a maior mecenas, despois das institucións (deputacións, concellos...) achegaba 200 ptas anuais, grazas a ela pudieron imprimir os primeiros tomos da revista do SEG “Arquivos”. Polo visto na súa casa recibía aos intelectuais máis ilustres de Ourense. Tamén lle axudou ao seu confesor, Antonio Rey Soto, a reunir a súa célebre biblioteca, que hoxe está localizada no mosteiro de Poio.
Máis tarde montou unha botica en Cambados. Alí, nos anos 70, tamén deu clase de Matemáticas no Instituto.

Ao igual ca outras socias, será unha das primeiras mulleres que entrará en redutos masculinos:

  • Membro directivo da Asociación de Artistas da Coruña (1934)
  • Membro de número da Real Academia Provincial de Belas Artes da Coruña (1938)
  • Foi profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios da Coruña.
A súa obra mereceu distincións na época :
  • Diploma na exposición de México
  • Triunfou na de Bos Aires de 1911
  • Medalla de Ouro na Exposición Rexional de Santiago en 1926

E na revista Grial publicou estoutras obras.

Nace a "Asociación Nacional de Mujeres Españolas", que defende

  • a reforma do Código Civil
  • a promoción educativa e
  • o dereito das mulleres a exercer profesións liberais.

Promoveu a creación do instituto Rosalía para mulleres, pero tamén promoveu o seu aproveitamento para a formación laboral

Suso de Toro no libro sobre Ramón Baltar, dedícalle un capítulo a súa figura.

Outro libro que nos fala de Carmen Sierra
Cando Margot xa é profesora na Universidade de Berlín serviralles de vínculo coa súa universidade aos membros do Seminario.
Postal de felicitación de Nadal e Ano Novo de Margot a Vicente Risco
  • Álbum de los lucenses María Pura del Rosario Lorenzana Prado
  • Vídeo : Pura Lorenzana e as arqueólogas galegas na historia con Xurxo Ayán. G24.gal
  • Rexistro de autoridade de Pura Lorenzana en Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia
Por outra banda, o propio Risco defendérono abertamente na revista Nós. El dicía que o método tiña en conta a realidade escolar dos nenos galegos e sobre todo precisamente por estaren escrito en galego, máis en consonancia coa lingua dos rapaces e rapazas das escolas galegas.
  • Galipedia
  • Consello da Cultura Galega. Álbum de mulleres / Lourdes Pérez González : http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=189
  • Marco, A. Dicionario de mulleres galegas. Santiago : Promocións Culturais Galegas, 2007, páxina 124
  • Marco, A. Irmandiñas. Santiago : Laiovento, 2020, páxinas 204-210
  • La Voz de Rioseco
  • Datos BNE
  • Combatientes.es
  • Galiciana : Biblioteca Dixital de Galicia

Admiradora de Concepción Arenal, deu unha conferencia sobre ela en 1930, o certo é que gustaba de escribir, de feito, gañou un certame literario nun acto organizado pola Juventud Católica Femenina. Escribiu en defensa da igualdade das mulleres e da cultura galega.

  • Galipedia
  • Villaverde, María Dolores (2009). "María Corredoira". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega : http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=937
  • Marco, A. Dicionario de mulleres galegas. Santiago : Promocións Culturais Galegas, 2007, páxinas 119-120
  • Asociación Española de Pintores y Escultores
  • A Fundación Abanca

• Garrido Moreno, Antonio. Mª do Carmo Corredoira. En: Artistas galegos, Pintores. Rexionalismo III, páxinas 58-99. Vigo : Nova Galicia, 1997

  • Galipedia
  • Santos, Xandra : Josefa Iglesias Vilarelle. Publicado o 1/1/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2001.
  • Marco, A. Dicionario de mulleres galegas. Santiago : Promocións Culturais Galegas, 2007, páxinas 217-218
  • Marco, A. Irmandiñas. Santiago : Laiovento, 2020, páxinas 217-223
A outra usuaria da Biblioteca a destacar é María de los Ángeles Tobío Fernández (María Tobío), irmá de Lois Tobío (socio fundador do SEG). Foi outra bibliotecaria e tamén escritora como Luisa Cuesta. Traballou no Centro de Estudios Históricos e na Biblioteca Nacional de España antes da guerra. Despois do golpe militar tivo que fuxir a Francia, onde o seu home foi confinado nun campo de concentración. No ano 1939 puideron marchar a México onde dirixiu a Escola de Señoritas, filial do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón.

A estas alturas as mulleres tiñan pouco dereitos e as normas discriminábanas polo seu xénero. Os seus traballos reducíanse aos circuitos domésticos. O papel das mulleres estaba asociado ao casamento e á crianza dos fillos.A educación empezaba a ser paritaria na escola elemental, pero nas universidades eran unha proporción moi pequena. Precisamente é grazas á educación que comezaron a producirse avances.As mulleres empezaron a asociarse e a reclamar os seus dereitos, a invadir dominios masculinos coma cafés e ateneos. Contra estes avances produciuse unha reacción violenta dos máis conservadores, moitos crían que estas mulleres estaban confusas co seu xénero.

O Seminario era un centro de investigación e divulgación do saber, centrado na cultura e a realidade galegas, que pretendía ser escola de formación de investigadores no futuro, de aí o nome de Seminario.
  • Profesora no Instituto Calderón de la Barca de Madrid, no Xelmírez e no Rosalía de Santiago, no de Tui e no de Ourense.
  • Profesora na Facultade de Filosofía e Letras, materia Historia.
En Ourense exerce os cargos políticos ao servizo do Goberno alzista de Burgos:
  • Depuradora das Bibliotecas Públicas,
  • Delegada Provincial de Frontes e Hospitais e
  • Organizadora dos servizos culturais do Fogar e do Ferido.
En 1940 o Ministerio de Guerra do Goberno de Franco concedeulle a Medalla de Campaña de Retaguardia por méritos e servizos.
Tese de doutoramento en Historia
Tese de doutoramento en Dereito
Conseguiu dúas licenciaturas (Filosofía e Letras e Dereito) con altísimas cualificacións e premios. Dous doutoramentos (Historia e Dereito). Converteuse en pioneira ao seren a primeira profesora universitaria española e a primeira muller en matricularse na Facultade de Dereito da USC.Compaxinou estudos e investigación cos seus traballos de mestra, de profesora universitaria e de bibliotecaria.
  • Galipedia
  • Marco, A. Irmandiñas. Santiago : Laiovento, 2020
  • Salgado, Rafael. Ourense no tempo.
  • Mulleres ourensás
"Altgalizische Urkunden = Documentos antigos de Galicia"

Ademais de comprometida politicamente, Daría defendeu tamén a cultura galega. Foi socia fundadora da Fundación Alexandre Bóveda, formou parte da xunta reitora da Fundación Castelao, sempre estivo vinculada ao Museo de Pontevedra e tivo un destacado papel na cultura local pontevedresa durante moitos anos. En Pontevedra foi moi recoñecido o seu labor, por iso lle deron o Premio Cidade de Pontevedra en 1988 e Premio Amigos de Pontevedra en 1989. Tamén lle deron o seu nome a un colexio : CEIP Daría González García.

En 1924 participa na representación da obra de teatro "Lubicán" de Cotarelo Valledor
Luisa estivo afiliada aos sindicatos da ensinanza da UXT e ao de bibliotecarios, e tamén ao Partido Comunista. Formou parte da Fronte Popular de Funcionarios e da Asociación de Amigos da Unión Soviética. Debido a isto, tras o éxito do golpe militar fascista, sofre purga e persecución, destínana forzosamente a outras bibliotecas con redución de soldo e, ata 1945, non se lle permite volver á Biblioteca Nacional de España. Aínda que despois consegue viaxes de estudos ao estranxeiro, onde continúa coas súas investigacións, vive e traballa marxinada. Malia súa brillantez, non puido conseguir o éxito profesional e social que acadou por exemplo Pura Lorenzana. A ideoloxía feminista e socialista de Luisa non encaixaron no réxime ditatorial franquista.
En 1910 aprobouse unha Real Orden que autorizou o acceso á universidade ás mulleres, pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fose nomeada conselleira de Instrucción Pública.
  • Inspectora Extraordinaria de Ensinanza Media, nos anos 50 e 60, que exerceu en Barcelona, Salamanca e Madrid e logo
  • Inspectora Xeral do distrito de Madrid
Realizou unha intensa actividade no campo da reforma do Ensino Medio e do Bacharelato feminino na España da época, asistindo como relatora en congresos e xuntanzas. Obtivo unha bolsa do Ministerio de Educación para estudar en París o réxime de Centros Docentes Femininos de Ensino Medio. Por toda esa traxectoria e dinamismo déronlle a Encomenda de Alfonso X O Sabio
Nesta publicación do ano 1958 xa se recolle unha extensa bibliografía de Luisa Cuesta, ademais da biografía
Obras contemporáneos sobre ela
Relación da súa obra, elaborada polo Consello da Cultura Galega, dispoñible en : http://www.culturagalega.org/album/docs/doc_de_189_1.pdf
Antón Figueroa: “Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia”
Fontes :
  • Galipedia
  • Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 216–17

A súa relixiosidade cristiá e a ideoloxía monárquica e conservadora vana levar a vincularse a organizacións relixiosas e conservadoras. Ademais de expresarse coa pintura tamén probou coa poesía :

Á parte de galeguista Josefa era conservadora, sumamente católica, patriarcal e de dereitas. De feito, formou parte como tesoureira da directiva na Dereita Galeguista, logo da escisión do PG en 1935. Non obstante, a súa non foi unha implicación política convencida, posto que non figura noutros documentos. Poida que estivera motivada pola filiación do seu irmán Antón e por incorporar simbolicamente as mulleres na causa.De feito, ela, ao final do seu Método di o seguinte : "aínda que non metía baza no asunto porqu’eles falaban de política, e a min, dito sexa de camiño, dame noxo".

Cando Margot visita Galicia en 1926, era unha estudante de filoloxía que buscaba documentación sobre o galego medieval para a súa tese de doutoramento

  • Directora de colexio e de Instituto
  • Formou parte das xuntas directivas de colexios profesionais ou de padroados
  • Membro do Primeiro Consello Nacional do Servizo Especial do Profesorado de Ensino Medio
  • Pertenceu ao instituto Gonzalo Fernández de Oviedo ( CSIC)
  • Presentouse a unhas “eleccións” municipais
  • Depuradora das Bibliotecas Públicas
  • Delegada Provincial de Frontes e Hospitais
  • Organizadora dos servizos culturais do Fogar e do Ferido Inspectora extraordinaria de Ensinanza Media
  • Inspectora xeral
Celsa era farmacéutica que traballou en varios laboratorios. Foi unha das primeiras docentes de Ciencias na Universidade de Santiago, xa que no ano 1933 impartiu clases prácticas de Técnica Física. Estudou en Santiago e en Madrid, alí traballou no Instituto de Patología Médica do Hospital General de Madrid, dirixido por Gregorio Marañón, co que publica un traballo de investigación e outro con outro colaborador seu :
  • METABOLISMO MINERAL Y DEL AGUA EN LA ENFERMEDAD DE ADDISON VII Comunicación: El quimismo muscular bajo la influencia del tratamiento de cloruro de sodio en los addisonianos /G. Marañón, J. A. Collazo, Celsa P. Mo-reiras.-Madrid: [s.n.], 1935.-4 p.; 28 cm. Publicado en el n. 723 de Archivos de Medicina, Cirugía y Especialidades.
  • QUIMISMO MUSCULAR Y CORTHORMO-NA. Por J. A. Collazo y Celsa Pérez Moreiras.Publicado en el número 725 de “Archivos de Medicina, Cirugía y Especialidades”, Madrid 1935; p. 1-4.
O inicio do feminismo español relaciónase co Krausismo e a "Institución Libre de Enseñanza" a través fundamentalmente da "Asociación para la Enseñanza de la Mujer " creada en 1870 e da que Concepción Arenal foi unha gran colaboradora
Nosoutras. Nós TV
Naquelas épocas (1928), 2 anos antes de ingresar no Seminario, Pura dedícase á investigación histórica.
Luisa dedica este artigo de prensa á Residencia de Señoritas de Madrid, primeiro centro oficial destinado a fomentar a ensinanza universitaria para mulleres en España.Concedían bolsa ás graduadas para continuar os seus estudos nas universidades estranxeiras. Ademais de Luisa Cuesta, nesta Residencia tamén estiveron Carmen Pardo Losada, Celsa Pérez Moreiras (a científica que traballou con Charro Arias e Gergorio Marañón) e Joaquina Rodríguez Caminero (unha usuaria da biblioteca do SEG).
Outros libros sobre ela conservados na Biblioteca de Galicia

Durante a dictadura de Franco a muller casada non ten autonomía económica, depende do seu pai ou do seu home (permiso parental), para comprar, ter propiedades, un emprego ou mesmo viaxar. Limitóuselles a oportunidade de facer carreira profesional. O código moral e legal no relativo á sexualidade era moito máis estricto para elas que para os homes. O papel das mulleres que se promocionaba era o de esposas (casadas pola lei da Igrexa) e sobre todo de nais. Prohibiuse o divorcio, a anticoncepción e o aborto, pero tolerouse a prostitución.

  • Galipedia
  • Costa Rico, Antón : Sara Leirós. Publicado o 3/12/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2182 . Álbum da ciencia : http://www.culturagalega.org/albumdajae/detalle.php?id=126
  • Marco, A. Dicionario de mulleres galegas. Santiago : Promocións Culturais Galegas, 2007, páxinas 235-236
  • Marco, A. Irmandiñas. Santiago : Laiovento, 2020, páxinas 213-215
  • Alfonso Mato Domínguez. Álbum de mulleres (Consello da Cultura Galega) : http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=200
  • Galipedia
  • Marco, A. Dicionario de mulleres galegas. Santiago : Promocións Culturais Galegas, 2007, páxina 249-250
  • Marco, A. Irmandiñas. Santiago : Laiovento, 2020, páxinas 217-223
  • Galiciana : Biblioteca Dixital de Galicia
  • Galipedia
  • Marco, A. Dicionario de mulleres galegas. Santiago : Promocións Culturais Galegas, 2007, páxinas 365-366

Foi tamén unha das pensionadas na Residencia de Señoritas de Madrid.

Ángela Santamarina Alduncín, Condesa do Val de Ouselle, marquesa de Atalaya Bermeja (título que mercou), foi coñecida tamén como Angelita Varela. Foi moi coñecida polas súas obras de caridade. Fundou o asilo do “Santo Ángel” en Ourense para nenas orfas (financiado por ela na súa totalidade). O asilo é xestionado pola Fundación Santamarina-Temes, á que lle cedeu todas as súas propiedades, (entre as que se atopan a mellor colección de pezas de cerámica de Sargadelos, obras pictóricas de gran valor, xoias etc).
  • Mulleres ourensás
Figueroa é un dos investigadores da vida e obra de Margot.

-Non houbo mulleres no Consello Director do Seminario -Non ditaron conferencias nas asembleas anuais extraordinarias, nin nos diferentes cursos que organizou a asociación

-Eran unha minoría social, todas de boa familia e boa posición. Foron unha elite intelectual.

A súa tese sobre o galego "Altgalizische Urkunden: Documentos antigos de Galicia" foi considerada unha das primeiras teses sobre a lingua galega, se non a primeira.
Despois de Luisa Cuesta, Sara foi a muller do Seminario que máis obras publicou.
O método de Josefa, a mestra de Mourente, publicado no ano 1932, foi o primeiro manual para a aprendizaxe do galego, xa que ata 1969 non se publicou o Catón Galego de Ben-Cho-Sey, R. Fernández Oxea.
  • Pura Lorenzana. En : Galiciana : Biblioteca Dixital de Galicia

O seu primeiro destino como bibliotecaria foi Santiago, onde contactou co seminario.

Obra de ingreso no Seminario
Fontes :
  • Galipedia
  • Mulleresourensas

María Ignacia Ramos Díez (María Silgar) foi unha das catro mulleres usuarias da biblioteca do Seminario. Era unha muller de grandes capacidades, que puido ser ser docente na universiadade, pero rexeitou a oferta. Dedicouse á docencia na secundaria, pero tamén á literatura. Á parte deste artigo de Vida Gallega, tamén escribiu unha obra de teatro “Abuelas en la modista” representada no colexio Fingoy de Lugo.

Segura, Javier. El Anticallejero: Luisa Cuesta Gutiérrez. Personajes y parajes de la provincia que merecerían tener su nombre en alguna de las calles de la ciudad. Cadena SER. Programa de radio : “Hoy por Hoy Guadalajara”.
A prensa da época dedicoulle bastante atención
  • Galipedia
  • Marco, A. Dicionario de mulleres galegas. Santiago : Promocións Culturais Galegas, 2007, páxina 425
  • Ana Celia Rodríguez Buján (2014). Álbum de mulleres (Consello da Cultura Galega) : http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=502
  • Rodríguez Buján, Ana Celia : María de los Ángeles Tobío Fernández. Publicado o 1/1/2014 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22238.
Outras obras de Sara que temos na Biblioteca de Galicia
Pura ingresa no Seminario en 1930 coa obra das Mámoas do Saviñao. Encaixa no Seminario polo seu galeguismo, que demostra nesta conferencia de 1929, pero sitúase na Dereita Galeguista. A súa ideoloxía conservadora e relixiosa unidas á súa valía, fan que consiga cargos e éxitos profesionais na Ditadura franquista. Todo o contrario que Luisa Cuesta.
En 1935 conseguiu unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudos (JAE), coa que fixeron unha visita en grupo profesores e inspectores. Botaron dous meses visitando varios países europeos para coñecer interesantes experiencias pedagóxicas.Escribiu sobre a corrente filosófica do existencialismo en relación coa educación. Tamén é autora dunha pequena obra poética en castelán, cunha pequeniña achega en lingua galega. Pola súa ideoloxía podemos situala dentro catolicismo e do conservadurismo, que plasmou nos seus escritos e que encaixou ben no franquismo.
A investigadora Aurora Marco acaba de publicar neste ano 2023 este libro sobre ela
Algunhas das súas obras de Historia
De Emilia conservamos a súa voz nesta casete na que fala do seu home. Despois de morto, Emilia procurou manter a súa memoria viva
Mulleres en Compostela
A súa traxectoria foi moi ampla e comezou moi pronto :
  • En 1919 foi nomeada socia do Instituto de Estudios Gallegos da Coruña.
  • No 1928 formou parte da xunta para a Institución da Gota de Leche.
  • No 1930 nomeárona vogal da Xunta Especial de Autoridades de Primeira Ensinanza.
  • No ano 1935 nomeárona directora da Escola Elemental do Traballo e ocupou o cargo ata 1936. Tamén foi vogal da Xunta Provincial de Ensinanza.
  • Organizou o funcionamento das escolas graduadas anexas ás Escolas de Maxisterio de Lugo e formou parte do Padronato de Cantinas y Colonias Escolares, contribuíndo á súa organización. Este padroado eran experiencias de convivencias temporais de nenos con profesores, entre outros fins perseguía mellorar a alimentación, saúde, personalizar as titorías.
Tamén o defendeu Clemente López Pasarón na revista A Fouce. Josefa non introduce novos métodos, o novidoso que ela achega é incorporación da realidade máis próxima na metodoloxía de aprendizaxe : a lingua, a xeografía e o medio natural galegos, ademais de propoñer exercizos baseados no noso folclore.

Despois da guerra marchou para Pontecesures co seu home Carlos Díaz Rodríguez, onde rexentaron a explotación gandeira “Cortinallas”. Participou na estrutura clandestina do PCE mantendo contactos con Isaac Vázquez Pardo a través do seu curmán Ramón Baltar Domínguez. Foi detida no 1946 e estivo presa no Cárcere de Ventas. Foi xulgada en consello de guerra e condenada a catro anos de prisión, ao levar case tres anos detida, saíu en liberdade condicional. Marchou entón para Madrid cos seus fillos e alí traballou nunha libraría. En 1952 marchou para Venezuela.

Daría doi militante do Partido Galeguista desde 1932 ata 1983, foi concelleira en Pontevedra por Unidade Galega en 1979 e será tenente de alcalde de Cultura entre 1980 e 1983.

Fontes :
  • Galipedia
  • Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 216
A publicación do método, provocou críticas encontradas. Por unha banda, o Método foi obxecto de crítica por parte da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense, en concreto por Herrero Fuentes. El cría que non supuña un avance xa que se baseaba en procedementos vellos, sen ter en conta a renovación metodolóxica. O método tradicional partía de aprender a sílaba e desde ela a palabra e as oracións simples.
Cando volveron a España no 48, María foi readmitida como bibliotecaria, pero sancionada e degradada e inhabilitada para ocupar cargos directivos ou de confianza, como lle pasou a Luisa Cuesta. Máis tarde chegou a traballar no Arquivo Xeral de Galicia, na Biblioteca da USC e no Instituto Xelmirez. Un ano antes de morrer publicou este libro de memorias.
Así como o proxecto do seminario foi truncado polo fascismo franquista, o nazismo hitleriano acabou co proxecto profesional de Sponer ao expulsala da universidade no ano 1942. E, á fin, en 1945 rematou coa súa vida, pois foi arrestada por membros das SS, os cales declararon horas máis tarde que Margot fora asasinada por mor da súa resistencia fronte a Alemaña.
Carmen Pardo impartiu conferencias sobre ensinanza ou disciplina no ensino primario. Figura en numerosas noticias de prensa como presidenta de tribunais ou outros actos oficiais como representante das mestras ou directora do centro de Maxisterio Feminino
O xornalista Felipe Fernández Armesto entrevista a Margot en Berlín e dá fe do dominio de Margot do idioma, da literatura e do folclore galegos.
Margot agradece o trato recibido en Galicia.
Pura Lorenzana. Vicedirección Rosalía de Castro
Incorporouse ao Seminario no 1929 e presentou estas tres obras
Foi a primeira galega en matricularse na Facultade de Dereito da USC. Era unha muller de gran valía e moitas dotes de mando. Fíxose sitio en todos os lugares onde se decidía algo:
  • Directora do colexio relixioso Nuestra Señora de Loreto de Madrid
  • Formou parte das xuntas directivas de colexios profesionais (Colexio de Doutores e licenciados de Madrid) ou de padroados (coma o da casa museo de Rosalía)
  • Foi membro do Primeiro Consello Nacional do Servizo Especial do Profesorado de Ensino Medio da Delegación Nacional de Educación
  • Incluso presentouse a unhas “eleccións” municipais no Santiago de 1948 polo terzo familiar (17 homes e ela)
Alí dedicouse a conformar a Biblioteca América da USC e a realizar varios estudos sobre a universidade, a biblioteca universitaria e a imprenta en Galicia
Tamén se constata a súa imbricación co SEG no deseño da cuberta do manual por parte de Castelao. Josefa deixou claro nas ideas plasmadas no seu Método que cría no proxecto do Seminario, no galeguismo e as súas propostas.
Lois Tobío tamén deixa constancia desa relación con Margot Sponer.
Fontes
  • Galipedia
  • Doña Choncha, unha adiantada da súa época". A ti meu Cambados. 4 de setembro de 2013 : http://atimeucambados.blogspot.com/2013/09/dona-choncha-unha-adiantada-da-sua-epoca.html
  • Marco, A. Irmandiñas. Santiago : Laiovento, 2020, páxina 228
Foi Directora do Instituto Rosalía de Santiago, do que foi fundadora

Traballou co catedrático de Farmacia Aniceto Charro Arias, no Instituto de Estudos Regionales e no Laboratorio de Bromatoloxía do Seminario, do que foi colaboradora. Tras o golpe de estado de 1936, foi voluntaria no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago.

No Seminario presentou este traballo para ingresar
  • Consello da Cultura Galega. Álbum de mulleres. Alfonso Mato Domínguez (2010). Mulleres no Seminario de Estudos Galegos : investigadoras e docentes de primaria, ensino medio e universitario (http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211)
  • Consello da Cultura Galega. Álbum de mulleres : http://www.culturagalega.org/album/
  • Consello da Cultura Galega. Álbum de Galicia : http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/
Revista arxentina na que Luisa escribiu un artigo (non neste número). Portada moi ilustrativa da súa ideoloxía : estaba dirixida por mulleres e era moi reivindicativa cos seus dereitos. Ademáis estaba creada dentro do partido socialista. Nela Luisa publicou un artigo sobre María Lejarraga (María de la O, 1874-1974), unha escritora, feminista e deputada, que foi a autora orixinal de varias obras do seu marido, o escritor Gregorio Martínez Sierra. Foi deputada por Granada no Congreso español. Cuesta, Luisa. “María Lejarraga de Martínez Sierra. Mujeres Españolas”, Vida femenina, Buenos Aires, 1934, n. 7.
Sábese que colaborou na sombra en todos os traballos do seu home (Ricardo Carvalho Calero, membro do SEG) e influiu na súa obra literaria. Partillou con el proxectos e ideais. Mentres el estivo preso na posguerra ela mantivo a familia (tiñan dúas nenas) dando clase en academias de Ferrol.
  • Galipedia
  • Rosario Portela Yáñez. Álbum de mulleres (Consello da Cultura Galega, 2012) : http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=348
  • María Xesús López Escudeiro. "Daría González García". Do Gris ao Violeta.

Margot personaliza a dimensión internacionalista do Seminario de Estudos Galegos. O seminario pretendía proxectar os seus estudos no exterior e ser recoñecido. A súa rede estatal e internacional de contactos foi moi extensa.

Narración da propia Margot da súa visita a Galicia , moi divertida e significativa.
  • Arias Chachero, Patricia : Margot Sponer. Publicado o 26/7/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) : http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=27936
  • Galipedia
  • Real Academia Galega. Quen foi Margot Sponer
  • Margot Sponer en Das orixes de marzo
  • Biografía de Margot Sponer realizada por Annette Vogt
  • Margot Sponer na Revista Nós
  • Galiciana : Biblioteca Dixital de Galicia
Os seus traballos foron premiados en varias ocasións :
  • Premio Duquesa de Alba por “El feminismo y sus orientaciones actuales” en 1929 Premio Sr. Yagüas Messía por “Las riquezas de la Provincia de Jaén”
  • Premio do Presidente de Arxentina e o
  • Premio do Monarca Alfonso XIII por “La Universidad gallega: su pasado, su presente, su porvenir” e “Galicia en la historia de América”
  • Premio Bibliográfico Nacional do Ministerio de Educación por dúas veces

A súa valía fíxoa destacar sempre entre os seus compañeiros, maioritariamente homes.

Foi a última directora republicana da Biblioteca Nacional de España, onde se encargou de protexer o patrimonio bibliográfico incautado nos tempos da guerra e depositado na BNE. Neste libro recóllese información sobre ela e o seu labor na Biblioteca.
Evolución pictórica :
  • 1ª etapa :
    • De retratos costumistas ou de familiares a retratos psicolóxicos e profundos
  • 2ª etapa :
    • Espazos sen xente, silenciosos, místicos e melancólicos.
Situada na xeración de 1916 a súa pintura considérase chea de humildade, moi persoal, afastada dos movementos coetáneos.Conxuga un excelente debuxo coa sutil captación do espazo, sen estridencias de luz nin de cor.

Emilia contribuiu economicamente ao funcionamento do Seminario. Defendeu a cultura galega ao longo da súa vida. Estaba casada cun socio fundador do Seminario, Fermín Bouza Brey. Despois da súa morte dedicouse a manter vivo o seu legado. A través deste libro dedicado a el, podemos achegarnos tamén a ela. Emilia era farmacéutica, rexentou unha farmacia na rúa do Vilar e pertenceu á Sociedad Española de Física y Química.

Sara Leirós foi profesora en varias escolas primarias máis tarde profesora numeraria de Filosofía e de Psicoloxía na Escola Normal de Ourense. Despois da Guerra Civil exerceu na Escola Normal do Maxisterio feminina de Santiago.Realizou investigacións pedagóxicas dirixidas por expertos profesores :
  • Con Anselmo González, estudos sobre a intelixencia dos escolares, en torno á educación dos deficientes.
  • Con Luís Hoyos, sobre metodoloxía científica aplicada á psico-pedagoxía e con Domingo Barnés, o mellor tratadista e coñecedor dos estudos paidolóxicos.
Foi unha conferenciante habitual e moi recoñecida.

Daría era socia protectora do Seminario. Seu irmán Sebastián era socio activo. Dedicou 44 anos da súa vida á docencia. Estaba licenciada en Filosofía e Letras e en Maxisterio, pero non puido exercer durante un tempo pola súa implicación na política. Cando xa puido dedicarse á ensinanza, foi mestra no Colexio Inmaculada de Pontevedra, que creou co seu home e outra xente. Logo foi profesora nos institutos de secundaria de Marín e, sobre todo, de Pontevedra.

Carmen Pardo era protectora do Seminario. Foi unha muller que gozou de enorme prestixio profesional ao longo da súa vida e foi moi recoñecida no seu ámbito e pola sociedade en xeral. O máis destacable é que foi directora da Escola Normal de Lugo durante 45 anos ata a súa xubilación en 1961, daquela nomeárona Directora honoraria da Escola de Maxisterio Feminino e ingresou na Orde de Alfonso X O Sabio polo seu labor.
Dolores Lorenzo Salgado foi química e farmacéutica e a primeira docente na Facultade de Ciencias da USC, en 1930 impartiu Química técnica. Foi unha das cinco primeiras mulleres galegas que publicaron na revista Anales de la Sociedad Española de Física y Química , nesa época case todas as publicacións de mulleres procedían da Universidade Central (Madrid), só outras cinco mulleres publicaban dende as universidades periféricas. En 1930 publicou este traballo, xunto con Isidro Parga Pondal co que ingresa no Seminario. No ano 1939 trasladou o seu expediente a Madrid e xa se lle perde o rastro.
Carmen era unha alumna de moi boas cualificacións, así que pronto foi proposta e admitida no Seminario, sendo a primeira muller en ser admitida. Ingresou no ano de fundación do Seminario, en 1923, cando aínda era unha estudante de 17 anos.Posteriormente foi profesora de Literatura no Instituto de Sanlúcar de Barrameda e logo no de Linares.
  • Museos de Galicia
  • Galantiqua
  • Real Academia de la Historia
  • A Corunha das mulleres
  • Concha Mayordomo

María del Carmen Corredoira Ruiz de Baro ingresa en 1928 no seminario. É a representante feminina da Sección de Arte e Literatura do seminario dirixida por Castelao, co que se suma a esa orientación da arte que pretendía difundir a galeguidade polo mundo.

"Cabeza". Obra de ingreso no Seminario
A súa tese sobre o galego foi considerada por algún estudoso (Antón Figueroa) unha das primeiras teses sobre a lingua galega, se non a primeira.
  • Galipedia
  • Combatientes.es
  • Marco, A. Dicionario de mulleres galegas. Santiago : Promocións Culturais Galegas, 2007, páxina 412
  • Marco, A. Irmandiñas. Santiago : Laiovento, 2020, páxinas 201
Artigo sobre a súa visita na revista Nós
Outras obras dela sobre a imprenta e bibliografía
Rapidamente foi apreciado o seu labor polos compoñentes do seminario, que a propuxeron como socia xa no ano 26.
Obra presentada por Margot no Seminario

En 1931 apróbase a Constitución da Segunda República que establece os mesmos dereitos electorais para mulleres e homes. Votan por 1ª vez en 1933

  • O permiso marital das mulleres casadas aboliuse en 1975
  • As leis contra o adulterio foron canceladas en 1978
  • O divorcio legalizouse no 1981
  • Ano no que se reformaron os apartados do código civil referidos ás finanzas familiares.
Encarnación tamén foi química e farmacéutica e colaboradora de Isidro Parga Pondal. Foi membro da Sociedad Española de Física y Química. Traballou no laboratorio de Xeoquímica do Instituto de Estudios Regionales. Presentou este traballo no Seminario. Ademais de socia activa foi socia protectora do Seminario.